Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta PESCA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PESCA. Mostrar todas las entradas

8 de noviembre de 2020

MAÑÁ ABRE A CAMPAÑA DA CENTOLA E DO BOI NAS PROVINCIAS DA CORUÑA E PONTEVEDRA


A Consellería do Mar abre mañá a campaña extractiva da centola e do boi nas provincias da Coruña e Pontevedra. Nas áreas que van da Guarda ata cabo Corrubedo (na provincia de Pontevedra) e de cabo Corrubedo ata cabo Estaca de Bares (na provincia da Coruña), a frota que se dedica á extracción destas especies pode calar os aparellos a partir da próxima madrugada e levar as especies á lonxa mañá luns.

A campaña destes crustáceos nestas dúas provincias prolongarase ata o inicio da veda do ano 2021, que se fixará a través do correspondente plan de xestión. No caso da costa que vai de cabo Estaca de Bares ata o río Eo -incluíndo a ría do Barqueiro-, na provincia de Lugo, a campaña iniciarase o 30 de novembro.

A cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 quilos por barco e día, á que se lle engadirán 35 quilos ao día por cada tripulante enrolado e a bordo. Poderán participar na campaña todas as embarcacións de artes menores e con porto base nesta comunidade así como aquelas que, tendo porto base noutras comunidades autónomas, teñan permisos especiais de pesca para faenar nestas augas.


29 de octubre de 2020

A XUNTA DESTACA EN CAMBADOS O PAPEL CLAVE DOS GRUPOS DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO



A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, participou hoxe na inauguración da xornada Talento azul. Compartindo experiencias para avanzar cara o crecemento sostible dos nosos territorios costeiros, onde puxo en valor o labor realizado polos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) para mellorar a economía das zonas costeiras de Galicia e fixar poboación no territorio. Por iso, destacou, son elementos clave para acadar o relevo xeracional na cadea mar-industria da comunidade.

A representante do Executivo galego explicou durante este encontro, organizado polo GALP Ría de Arousa, que a remuda xeracional é un dos retos máis importantes que ten o conxunto de Galicia -incluído o sector marítimo-pesqueiro- nos próximos anos. Neste sentido, salientou que é fundamental facer atractivos para a xente nova os oficios vencellados co mar e incidiu en que os GALP contan cun papel determinante neste obxectivo pois teñen demostrado que son un instrumento moi útil para a creación de emprego e riqueza vencellados ao mar dun xeito sustentable e respectuoso cos recursos.

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro lembrou que os grupos de acción local do sector pesqueiro fomentan a aprendizaxe e a cooperación entre territorios para avanzar no eido da economía azul e subliñou que a xornada Talento azul se enmarca neste obxectivo pois permite coñecer o labor realizado nos distintos territorios costeiros de Galicia. “Aproveitamos así as distintas experiencias e todos os recursos que nos dá o mar porque é importante compartir os éxitos e os fracasos para avanzar en beneficio do conxunto da comunidade”, destacou Susana Rodríguez.

Nesta liña, a representante da Consellería do Mar explicou que as accións desenvolvidas polos GALP veñen a constatar a importancia do mar como motor da economía de Galicia e contribúen a mellorar as condicións de traballo e de futuro das persoas que viven do mar. Por iso, insistiu, teñen un papel transcendental para superar o desafío que supón a remuda xeracional no eido marítimo-pesqueiro.

Xornada ‘Talento azul’

Este encontro está promovido polo GALP Ría de Arousa e consiste nunha sesión de traballo na que os oito GALP de Galicia presentarán os proxectos máis destacados dos seus territorios e intercambiarán experiencias e impresións sobre como avanzar no crecemento azul para acadar o desenvolvemento socioeconómico das zonas costeiras.

Os grupos de acción local do sector pesqueiro puxeron en marcha desde 2016 preto de 400 proxectos que mobilizaron un investimento total próximo aos 60 millóns de euros. Estas accións xeraron máis de 360 empregos directos a tempo completo e arredor de 2.100 postos de traballo nas actividades vencelladas co seu desenvolvemento, o que contribuíu a impulsar a economía local das zonas beneficiadas. 

12 de octubre de 2020

A DEPUTACIÓN, ÚNICA ADMINISTRACIÓN PENINSULAR CON FINANCIAMENTO EUROPEO LANZARÁ O PROXECTO ‘DEPOMAR’

A Deputación, única administración peninsular en acadar financiamento europeo para lanzar o proxecto ‘Depomar’.

Carmela Silva subliña a importancia deste proxecto para “sensibilizar sobre a preservación dos ecosistemas e recursos mariños e empoderar e visibilizar ás mulleres e o seu papel nas actividades pesqueiras e marisqueiras”.

A presidenta da Deputación Carmela Silva amosou a súa satisfacción tras ter coñecemento de que a institución provincial é a única administración peninsular española en acadar financiamento do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) para poñer en marcha o proxecto ‘Depomar’. En total, esta iniciativa ten un orzamento de máis de 59.280 dos cales 44.460 € proveñen de Europa e preto de 15.000 € da Deputación, para –en palabras de Silva– “sensibilizar sobre a preservación dos ecosistemas e recursos mariños e empoderar e visibilizar ás mulleres e o seu papel nas actividades pesqueiras e marisqueiras”.

O programa ‘Depomar’ conta con cinco liñas de accións que vai liderar a Deputación e “nas que as mulleres van ter un papel fundamental”. A primeira consiste no deseño dun código de boas prácticas de actividades que se desenvolven na Rede Natura 2000 para incentivar a protección e conservación, a recuperación da biodiversidade, a organización do sector pesqueiro con criterios de sustentabilidade, o respecto polas zonas protexidas do literal, así como o liderado e empoderamento da muller profesional do mar. Ao respecto, a presidenta detallou que “o código plasmarase nun documento sinxelo e breve, práctico, visual e moi pedagóxico, dirixido tanto a profesionais como público en xeral que tamén difundiremos a través da web e das redes sociais”.

Tamén, a través de ‘Depomar’ vaise lanzar un vídeo para divulgar a importancia de conservar o patrimonio mariño e visibilizar o papel da muller nas industrias pesqueiras e marisqueiras. Así, tal e como adiantou Carmela Silva, “a muller mariscadora será protagonista do guión, con testemuñas en primeira persoa, pero tamén aparecerán persoas en representación das federacións de confrarías, grupos de pesca, Seo Birdlife, e outras organizacións”. Igualmente, desenvolverase unha campaña de concienciación que se concentrará sobre o terreo en espazos protexidos e na que participarán as mulleres mariscadoras e da industria pesqueira de xeito activo. A maiores se impulsará unha xornada técnica, “na que as mulleres volverán ser protagonistas” e na que participarán persoas relatoras especializadas en diferentes materias, así como ONG, empresas pesqueiras ou grupos de acción local. Finalmente, o proxecto DepoMar inclúe unha liña de publicidade, para que todas as actividades cheguen á cidadanía mediante os medios de comunicación tradicionais e as novas tecnoloxías.

A Deputación de Pontevedra é a única administración peninsular e unha das tres de España, xunto co Cabildo Insular de Fuerteventura e o Consell de Menorca, en acadar financiamento do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) para a posta en marcha do proxecto ‘Depomar’. Esta iniciativa forma parte do programa europeo Pleamar, creado co obxectivo de axudar á sustentabilidade da actividade pesqueira e acuícola en Europa, que xestiona en España a Fundación Biodiversidade do Ministerio de Transición Ecolóxica. 

 

8 de septiembre de 2020

UN NOVO ACCIDENTE MARÍTIMO SALDASE CON UN HOME FERIDO DE CONSIDERACIÓN



O tripulante dunha embarcación sufriu pequenas lesións malia envorcar a embarcación que manexaba contra unha batea na Illa de Arousa.
Ocorreu pasada a medianoite, tal e como indicou unha persoa particular que chamou ao 112 Galicia para pedir asistencia médica para o tripulante ferido.
As lesións parecían de escasa importancia, sinalou, e a embarcación foi recollida coa axuda doutros particulares. Así, malia contactar o 112 Galicia con Salvamento Marítimo, descartouse a necesidade de enviar medios de rescate debido a que a lancha xa fora remolcada e o ferido xa estaba a ser atendido polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. O home presentaba cortes profundos no queixo e na gorxa, segundo a información facilitada polos servizos de Emerxencias, e foi trasladado ao Hospital do Salnés.
Cómpre sinalar que o accidente produciuse no Peirao do Campo e alí acudiron tamén os axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil de Cambados.


30 de junio de 2020

MAÑÁ COMEZA A CAMPAÑA EXTRACTIVA DO POLBO, DA NÉCORA E DO LUMBRIGANTE EN GALICIA

Mañá a partir das 05:00 horas comeza en Galicia a campaña extractiva do polbo e prolongarase ata a data de inicio da veda do ano 2021 que se fixará a través do correspondente plan e se publicará antes do seu comezo. Así o especifica a resolución do plan experimental para a xestión desta especie para a campaña 2020/2021. Ademais, tal e como establece o plan xeral de explotación marisqueira vixente, mañá tamén comeza a campaña extractiva da nécora e do lumbrigante, que permanecerá autorizada ata o vindeiro 31 de decembro, día incluído.
En canto ao polbo, o plan consensuado pola Consellería do Mar e o sector para esta especie permanecerá vixente ata que se publique o plan do ano que vén, que fixará a seguinte veda. Segundo establece este documento, a partir do día 1 de xullo -data na que remata a veda- ata o 31 de agosto, a cota máxima de captura desta especie é de 30 quilogramos por barco e día. A esta cantidade engádenselle 30 quilos ao día por cada tripulante enrolado a bordo, ata un máximo de 210 quilogramos ao día. No resto de campaña a cota máxima será de 50 quilos por embarcación e día, cantidade á que se lle engaden 50 quilogramos ao día por cada tripulante enrolado a bordo, ata un máximo de 350 quilos por día.
O horario de traballo das embarcacións con nasa para polbo iniciarase ás 06:00 horas -aínda que poden saír do porto ás 05:00 horas- e finalizará ás 16:00 horas. Mentres, o descanso semanal desenvolverase desde as 16:00 horas do venres ata as 06:00 horas do luns. O número de nasas permitido queda establecido en función do tamaño da embarcación e do número de tripulantes enrolados.
En canto ao réxime de calamento das nasas de cabo Silleiro a Corrubedo, os aparellos terán que levantarse do seu calamento e levarse a porto todos os días coas seguintes excepcións: na zona de cabo Silleiro a Con da Aguieira aquelas que estean establecidas en fondos superiores aos 20 metros poderán permanecer no seu calado sen ser levadas a porto incluso durante o período de descanso semanal. O mesmo rexerá para a cara oeste da illa de Ons, desde O Con da Serriña ata o illote do Centulo, onde as nasas poderán permanecer no seu caladoiro sen seren levadas a porto e sen limitación de profundidade.
Na zona de Con da Aguieira a cabo Corrubedo ata o 1 de outubro terán que levantarse as nasas e levarse a porto todos os días. Desde esa data ata o inicio da veda do ano seguinte as nasas poderán permanecer caladas incluso durante o período de descanso semanal. No resto do litoral galego as nasas poderán permanecer no seu calamento sen seren levadas a porto incluso durante o período de descanso semanal.
A actividade será controlada a través do programa de seguimento e control, levado a cabo pola Subdirección Xeral de Gardacostas en colaboración cos gardapescas das confrarías e os servizos contratados ao efecto.

Nécora

En relación coa nécora, as medidas de xestión para a súa explotación desenvólvense nun plan experimental para a xestión desta especie e do camarón coa arte de nasa para nécora e camarón. A vixencia deste plan é ata o 30 de xuño de 2021.

Nel establécese o número de nasas permitido segundo o tamaño da embarcación e o número de tripulantes enrolados e a bordo. Ademais especifica que o horario de lance de nasa de nécora e camarón será nocturno con excepcións na ría de Arousa e de Vigo, nas que o calamento tamén poderá ser diúrno. Unha vez cumprido o horario de traballo, deberán ser levadas a porto diariamente.

27 de junio de 2020

PARTE DA OPOSICIÓN CAMBADESA PRESENTASE A UNHA REUNIÓN SEN ESTAR INVITADA


A que estaba prevista como unha reunión entre goberno municipal e representantes de Anfaco, asociación de depuradores, confraría e sector bateeiro e deputados do PSdeG quedou truncada pola presenza imprevista da oposición cambadesa sen estaren invitados.


Finalmente o equipo do goberno de Cambados mantivo a reunión co Deputado no Congreso, Guillermo Meijón e co deputado no Parlamento Galego, Julio Torrado ante a preocupación amosada polo sector Industria Mar, ante a redacción do art 18 no Proxecto de Lei de Cambio Climático e Transición enerxética.

Tanto a Ministra, Teresa Ribera, no pleno do Congreso, como o Secretario de Estado, Hugo Morán, aseguraron que a redacción do artigo 18 non modifica o marco lexislativo actual e que polo tanto, non debería causar ningún tipo de preocupación ás empresas actualmente instaladas.

Desde o goberno local, insisten en que é moi importante dar seguridade xurídica ao sector e que exista un diálogo amplio e fluído que asegure en todo caso a estabilidade das industrias na comarca do sector Industria Mar.

Os dous deputados manifestaron que no proceso de tramitación da Lei, o PSOE se compromete a estudar as alegacións de todos os sectores que conforman o sector Industria Mar, de xeito que na redacción final do articulado da lei e singularmente do artigo 18, quede garantizada a estabilidade e a seguridade xurídica para o sector, evitando que se puideran dar situacións erróneas e negativas.

Lamenta o goberno municipal, que una parte da oposición en Cambados, en lugar de traballar para aportar solucións constructivas, opte por boicotear reunións e querer utilizar ao sector para facer campaña política.



19 de junio de 2020

MAÑÁ COMEZA A VEDA DA CENTOLA E DO BOI

A veda da centola e do boi na parte litoral que vai desde A Guarda ata cabo Corrubedo e de cabo Corrubedo ata cabo Estaca de Bares comeza mañá e prolongarase ata o vindeiro 8 de novembro, día incluído. Na zona comprendida entre cabo Estaca de Bares ata o río Eo, incluíndo a ría do Barqueiro, a veda comezará o 26 de xuño, venres, e prolongarase ata o vindeiro 29 de novembro, día incluído.
Así o especifica a resolución pola que se aproba o plan de xestión destas especies para a campaña 2020-2021, que establece o período de veda para este ano nas provincias da Coruña e Pontevedra desde as 00:00 horas do sábado 20 de xuño ata as 00:00 horas do domingo 8 de novembro. Na provincia de Lugo a veda prolongarase das 00:00 horas do venres 26 de xuño ata as 00:00 horas do domingo 29 de novembro.
O período de veda significa que queda expresamente prohibida a captura destas especies para todas as embarcacións por medio de calquera arte na nosa comunidade. De feito, as embarcacións dedicadas á captura de centola e boi con nasas deberán retiralas do seu calamento e levalas a porto.
A veda é unha das medidas que contribúen a aumentar a biomasa e a regular a pesqueira da centola e do boi co fin de axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida da especie e así protexer a súa reprodución e favorecer unha explotación máis sustentable.


10 de junio de 2020

250 QUILOS DE MARISCO E PEIXE COMISADO NA RÍA DE AROUSA

-Os Gardacostas requisan preto de 14.000 metros de artes de enmalle, 345 útiles e máis de 450 quilos de distintas especies de peixe e marisco
-A ría de Arousa foi a zona que rexistrou máis comisos e incautacións nos últimos días con 7.900 metros de artes de enmalle, 84 aparellos e máis de 250 quilos de distintos produtos do mar requisados

-A Costa da Morte tamén foi escenario de diferentes actuacións dos gardacostas que tiveron como resultado a aprehensión de preto de 5.000 metros de artes de enmalle, 36 útiles e arredor de 80 quilos de marisco e peixe

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron arredor de 14.000 metros de artes de enmalle, 345 útiles e máis de 450 quilos de distintas especies de peixe e marisco en distintos controis realizados nos últimos días no litoral de Galicia.

A ría de Arousa foi a zona que rexistrou máis comisos e incautacións con 8.400 metros de artes de enmalle, 84 aparellos e máis de 250 quilos de distintos produtos do mar requisados. Un dos controis máis destacados desenvolveuse na illa de Sálvora e saldouse coa incautación de 1.900 metros de vetas, 1.100 metros de miños e 500 metros de trasmallos. Nesta inspección os axentes tamén se incautaron de 10 nasas e comisaron 12 quilos de polbo, 15 de centola e máis dun quilo de nécora que estaban sen identificar.

A Costa da Morte tamén foi escenario de diferentes actuacións dos axentes de Gardacostas que tiveron como resultado a aprehensión de preto de 5.000 metros de artes de enmalle, de 36 útiles e de arredor de 80 quilos de marisco e peixe. Malpica rexistrou un dos controis máis relevantes no que os axentes requisaron 3.600 metros de miños que estaban sen identificar, 36 nasas e preto de 70 quilos de peixe e marisco.

Na provincia da Coruña tamén se rexistraron comisos na ría de Muros-Noia, onde os axentes requisaron 88 útiles, a maioría cacharros, e case tres quilos de marisco. Na ría de Corme e Laxe comisaron arredor de tres quilos de marisco e un viveiro, na de Ares-Betanzos dous aparellos e 400 metros de artes de enmalle e na da Coruña seis quilos de marisco e un útil.

A maiores, na provincia de Pontevedra os axentes realizaron diferentes controis. Na ría de Vigo requisaron 128 útiles, a maioría cacharros, e preto de 20 quilos de polbo, mentres que na ría de Pontevedra comisaron arredor de 90 quilos de marisco e cinco útiles.


27 de mayo de 2020

O VENRES COMEZA A VEDA DO POLBO EN GALICIA E REMATARÁ O 1 DE XULLO

A veda do polbo en Galicia comezará o próximo venres e rematará o 1 de xullo de 2020. Así o especifica a resolución pola que se aproba o plan experimental para a xestión desta especie durante a campaña 2020/2021 que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG). Nela establécese que o período de veda do polbo para este ano vai das 16:00 horas do venres, 29 de maio, ata as 05:00 horas do mércores 1 de xullo. Non obstante, as capturas desembarcadas o 29 de maio poderán ser comercializadas tamén o 30 de maio naquelas lonxas nas que tradicionalmente se viñesen realizando vendas de polbo os sábados.
O período de veda do polbo significa que queda expresamente prohibida a captura desta especie, por medio de calquera arte, en augas nas que Galicia ten competencias en marisqueo. Polo tanto, as embarcacións dedicadas á captura deste cefalópodo con nasas deberán retiralas do seu calado e levalas a porto. O tempo de veda é tamén aplicable á pesca marítima de recreo e ás capturas con calquera outra arte distinta da nasa para polbo.
A veda é unha das medidas técnicas que comprende o plan da especie, co fin de axustar a xestión pesqueira ao seu ciclo de vida e así protexer a súa reprodución e contribuír a unha explotación máis sustentable.

Plan 2020-2021

A Consellería do Mar e o sector consensuaron un novo plan do polbo para o vindeiro ano, que entra en vigor o venres e que permanecerá vixente ata que se publique o plan do ano que vén, que fixará a seguinte veda. Segundo establece este plan, a partir do día 1 de xullo -data na que remata a veda- ata o 31 de agosto, a cota máxima de captura da especie é de 30 quilogramos por barco e día. A esta cantidade engádense 30 quilos ao día por cada tripulante enrolado a bordo, ata un máximo de 210 quilogramos ao día. No que resta de campaña a cota máxima será de 50 quilos por embarcación e día, aos que se engaden 50 quilos ao día por cada tripulante enrolado a bordo, ata un máximo de 350 quilos por día.
O horario de traballo das embarcacións con nasa para polbo iniciarase ás 06:00 horas -aínda que poden saír do porto ás 05:00 horas- e finalizará ás 16:00 horas. Mentres, o descanso semanal desenvolverase desde as 16:00 horas do venres ata as 06:00 horas do luns. O número de nasas permitido queda establecido en función do tamaño da embarcación e do número de tripulantes enrolados e a bordo.
En canto ao réxime de calamento das nasas de cabo Silleiro a Corrubedo, os aparellos terán que levantarse do seu calamento e levarse a porto todos os días coas seguintes excepcións: na zona de cabo Silleiro a Con da Aguieira aquelas que estean establecidas en fondos superiores aos 20 metros poderán permanecer no seu calado sen ser levadas a porto incluso durante o período de descanso semanal. O mesmo rexerá para a cara oeste da illa de Ons, desde O Con da Serriña ata o illote do Centulo, onde as nasas poderán permanecer no seu caladoiro sen seren levadas a porto e sen limitación de profundidade.
Na zona de Con da Aguieira a cabo Corrubedo ata o 1 de outubro terán que levantarse as nasas e levarse a porto todos os días. Desde esa data ata o inicio da veda do ano seguinte as nasas poderán permanecer caladas incluso durante o período de descanso semanal. No resto do litoral galego as nasas poderán permanecer no seu calamento sen seren levadas a porto incluso durante o período de descanso semanal.
A actividade será controlada a través do programa de seguimento e control, levado a cabo pola Subdirección Xeral de Gardacostas en colaboración cos gardapescas das confrarías e os servizos contratados ao efecto.


23 de abril de 2020

OS GALP DE GALICIA LANZAN A CAMPAÑA “QUEDA NA CASA, QUEDA CO NOSO MAR”


Os GALP de Galicia acaban de lanzar a campaña “Queda na casa, queda co noso mar”, que utiliza o hashtag # QuedaCoNosoMar “para visibilizar o labor da xente do mar #ante a situación provocada polo coronavirus Covid-19”, explican. A iniciativa achega información de primeira man sobre a importancia que ten o traballo do sector, tanto a nivel económico como social, mediante os testemuños de representantes das distintas actividades do mar (pesca extractiva, acuicultura, marisqueo a pé, comercios, etc.). Entre esas voces destaca a do presidente da Federación Galega de Confrarías, José Antonio Pérez, que recoñece que “son días moi complicados” para o sector, do que viven directamente 22.000 persoas en Galicia. Sinala respecto diso que desde a Federación traballan para defender “a importancia que o consumo de produtos do mar ten para a sociedade”, así como as características particulares que existen entre as distintas actividades do mar. Pola súa banda, o presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, Basilio Otero, asegura que desde o inicio do estado do alarma o sector do mar, tanto en Galicia como no resto de España, “reduciu en gran medida a súa actividade, con paróns de ata o 70% da frota nalgunhas autonomías”, provocado pola necesidade de equipos de protección individuais, a caída da demanda doméstica e o peche da hostalería. A pesar diso, Otero destaca a “valentía” da xente do mar que, a pesar da menor actividade, continuou traballando para garantir a subministración de produtos á cidadanía. A pesca, o marisqueo, a acuicultura mariña e o sector transformador dos produtos do mar dan traballo en Galicia a máis de 100.000 persoas de forma directa ou indirecta, e xeran unha riqueza superior aos 1.100 millóns de euros, o que representa o 2% do PIB galego. Esta importancia da pesca é moi superior mesmo nalgúns municipios costeiros, onde a actividade extractiva, acuícola e transformadora son claves na economía local. Isto sucede nun de cada cinco concellos costeiros, onde o peso deste sector supera o 10% do seu PIB. “O sector do mar non só é un alicerce estratéxico para a economía galega, senón que é a actividade produtiva máis característica de Galicia #ante a economía europea”, conclúen desde os GALP.


8 de abril de 2020

AS XENTES DO MAR XA SE PODEN ACOLLER AS AXUDAS DO GOBERNO

O Goberno modificou a regulación da prestación extraordinaria que aprobou a mediados de marzo para os autónomos que se visen afectados pola suspensión de actividades decretada no estado de alarma ou que visen reducidos os seus ingresos como consecuencia da crise sanitaria.

Aproveitando o Real Decreto-lei para a contratación de parados e inmigrantes no sector agrario, aprobado onte no Consello de Ministros e publicado hoxe no Boletín Oficial do Estado (BOE), o Executivo permitirá agora que esta prestación extraordinaria para autónomos sexa compatible con calquera outra prestación da Seguridade Social que viñese percibindo e que fose compatible co desempeño da actividade que desenvolvía. Na redacción anterior, non se permitía tal compatibilidade.

Iso si, para os autónomos incluídos no Réxime Especial de Traballadores do Mar, o Goberno establece que esta prestación extraordinaria será "incompatible" coa percepción de axudas pola paralización da frota.

Ademais, a norma precisa que non será necesario para causar dereito a esta prestación tramitar a baixa na Seguridade Social e especifica os medios que se admitirán para que os autónomos que non cesasen na súa actividade e queiran acceder á prestación proben que a súa facturación no mes natural anterior ao que se solicita esta axuda reduciuse en polo menos un 75% en relación coa media de facturación do semestre natural anterior.

TRABALLADORES AGRARIOS, PESQUEIROS E DO MUNDO DO ESPECTÁCULO

O Executivo deu tamén unha nova redacción para determinar quen poden ser os beneficiarios desta prestación extraordinaria e temporal. Así, ademais dos traballadores autónomos incluídos no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) especifícase que poderán acceder á mesma, cumprindo os requisitos establecidos, os traballadores autónomos agrarios incluídos no Sistema Especial para Traballadores por Conta Propia Agrarios e os traballadores autónomos incluídos no Réxime Especial de Traballadores do Mar cuxas actividades quedasen suspendidas coa declaración do estado de alarma.

Aos autónomos que traballen en actividades de exhibición cinematográfica; de produción de programas de televisión; de distribución cinematográfica e vídeo; de gravación de son e edición musical; en artes escénicas ou nas súas actividades auxiliares, na creación artística e literaria e na xestión de salas de espectáculos, sempre que non cesasen a súa actividade, esixiráselles, para ter dereito á prestación, que a súa facturación no mes natural anterior ao que se solicita a prestación se vexa reducida en polo menos un 75% en relación coa efectuada nos 12 meses anteriores para ter dereito á prestación.

6 de abril de 2020

A XUNTA SEGUIRÁ A COBRAR AS TAXAS PORTUARIAS

Non lle dará vergoña ao sr Feijóo estar a reclamar do goberno central axudas a autónomos e xentes do mar, e a súa vez seguir cobrando as taxas portuarias? Adiar facturas significa que nuns meses o sector atoparase con facturas de meses nos que non tivo actividade e polo tanto non gañaron un peso. Así se desprende o comunicado de prensa emitido esta mañán e que reproducimos íntegramente.

O que non se indica é que pasa cos terreos de titularidade portuaria e que son utilizados por concello para actividades como mercados, no caso de Cambados e outros concellos da comarca, e que van camiño de un mes sen actividade.

NOTA DE PRENSA
"Portos de Galicia, dependente da Consellería do Mar, vén de flexibilizar o pago das taxas nos peiraos autonómicos ante a declaración do estado de alarma polo coronavirus co obxectivo de aliviar a situación económica dos seus usuarios. Entre as medidas adoptadas polo ente público encóntrase a ampliación do prazo voluntario para o pago das liquidacións de impostos xa emitidas e que vencían a partir do 18 de marzo, unhas taxas que agora poderán aboarse ata o próximo 30 de abril.
Portos de Galicia tamén acordou adiar ata dous meses despois de que remate a declaración do estado de alarma a emisión de novas facturas por taxas portuarias, unha decisión que ten como obxectivo aliviar posibles tensións de tesourería ás entidades e empresas usuarias dos portos e favorecer a existencia de liquidez para que poidan manter a súa actividade unha vez superada esta situación excepcional pola alerta sanitaria. A maiores, os contribuíntes poderán beneficiarse dos adiamentos e fraccionamentos habituais previstos tanto na lei xeral tributaria coma nos regulamentos de recadación en vigor na comunidade.
Estas medidas, que foron comunicadas hoxe pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, á Federación Galega de Confrarías de Pescadores e á Asociación Galega de Depuradores de Moluscos (Agade), afectan a servizos especiais como a entrada ou estadía de barcos nos peiraos galegos, a atracada, o tráfico de mercadorías e pasaxeiros, de produtos do mar ou o tránsito de embarcacións deportivas ou de lecer. Tamén a outros servizos específicos como guindastres, almacenaxe, locais e edificios, fornecementos ou servizos diversos, así como as taxas portuarias polo exercicio de actividades comerciais, industriais e de servizos".


1 de abril de 2020

A XUNTA XA TEN A ACLARACIÓN SOBRE O DEREITO DA FLOTA A ACOLLERSE A ERTE


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, recibeu hoxe a aclaración realizada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación sobre o dereito da frota pesqueira de acollerse a expedientes de regulación temporais de emprego (ERTE) naqueles casos nos que voluntariamente os armadores decidan non saír ao mar tendo en conta as súas circunstancias. Casos como poden ser a imposibilidade de cumprimento das medidas que garantan a saúde dos tripulantes, o peche das canles comerciais ou as dificultades de atopar tripulación e se acrediten debidamente ante a autoridade laboral competente.
A titular de Mar non tivo en conta esta posibilidade prevista no artigo 22 do real decreto-lei aprobado polo Estado de medidas urxentes extraordinarias a semana pasada para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19. 
A conselleira fixo fincapé no valor do labor que realiza o sector “posto que está intentando seguir subministrando alimento á sociedade”. Nesta liña destacou “a importancia do compromiso de axuda das administracións relacionadas co sector co obxectivo de garantir o desenvolvemento futuro da actividade”.


31 de marzo de 2020

A DEPUTACIÓN ADIANTA AS BASES DE AXUDAS ÁS CONFRARÍAS, MARISCADORAS E COOPERATIVAS AGROGANDEIRAS


A Deputación de Pontevedra publica hoxe no BOPPO as bases reguladoras de dúas liñas de subvencións para investimentos no sector primario para este ano 2020 por un importe total de 450.000 euros. Por unha banda, cun orzamento de 250.000 euros, as axudas ás confrarías de pescadoras e pescadores, á federación de confrarías e ás agrupacións de mariscadoras da provincia; e, pola outra, cun crédito total de 200.000 euros, as subvencións dirixidas ás cooperativas agrogandeiras.

Malia que, debido á situación derivada pola COVID-19, o prazo de formalización de solicitudes para ambas as subvencións non se abrirá ata que finalice o estado de alarma, as entidades que o desexen xa poden ir preparando toda a documentación necesaria para axilizar o proceso e ter todo listo para cando se poidan comezar a tramitar. Deste xeito, a Deputación está traballando arreo para poder poñer todo en marcha en canto a situación mellore nun momento no que, ante as circunstancias da actual crise sanitaria e da situación laboral que sofren numerosas traballadoras e traballadores, estas axudas se converten en máis necesarias que nunca.

Con estas achegas a Deputación aposta pola economía e por un sector primario que ten un gran peso nesta provincia e que soporta coa súa actividade o sustento de moitas familias que se poden ver beneficiadas con estas axudas. Así, estas dúas liñas de subvencións encaixan coa aposta da institución provincial polo rural e pola súa economía, dándolle resposta a unha urxencia social como é o despoboamento.
En concreto, no caso das confrarías, o importe das axudas van dun mínimo de 600 euros ata un máximo de 30.000. O que se pretende con estas achegas é axudar a levar a cabo todas aquelas accións que sirvan para apoiar as confrarías, a federación e as agrupacións de mariscadoras da provincia en proxectos e actuacións que teñan como obxecto a comercialización e valorización das producións, a formación técnica e o asesoramento para o desenvolvemento da actividade das confrarías e da federación e a divulgación e posta en uso das novas tecnoloxías, as enerxías renovables e o aforro enerxético, así como a compra de material para vixiar as producións e investimentos para mellorar os servizos prestados.

No que respecta ás cooperativas agrogandeiras, as subvencións irán dun mínimo de 600 euros ata un máximo de 35.000. Así, serán susceptibles de axuda as accións destinadas á recuperación e posta en valor dos recursos agrarios endóxenos de carácter agrícola e gandeiro que teñan como obxecto a comercialización, transformación e valorización das producións; a formación técnica e o asesoramento para desenvolver proxectos de investigación e innovación tecnolóxica; a posta en uso das novas tecnoloxías, as enerxías renovables e o aforro enerxético, e aqueles investimentos que axuden a mellorar os servizos prestados pola cooperativa.


16 de marzo de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA REFORZAR AS MEDIDAS DE PREVENCIÓN ÁS LONXAS, Á FROTA E MARISQUEIRO

A Consellería do Mar vén de enviar ás confrarías de pescadores galegas unha serie de recomendacións para o desenvolvemento da actividade nas lonxas, nos barcos de pesca e nos bancos e puntos de control marisqueiro ante a situación do coronavirus. Estas medidas preventivas complementan as xa establecidas polo Goberno galego ante a situación do COVID-19 e teñen como obxectivo manter a actividade con todas as garantías nuns establecementos fundamentais para asegurar o abastecemento de materias primas alimentarias de calidade para a poboación.
En relación ás lonxas, a Consellería do Mar sinala que se deben reducir as actividades presenciais recorrendo aos medios telemáticos e telefónicos na medida do posible, medida que se estende tamén aos trámites coas oficinas administrativas das lonxas. Ademais, limita o acceso á lonxa coa prohibición de entrada a toda persoa allea á operativa e comercio de produtos frescos do mar. Isto implica a cancelación das visitas turísticas ou similares e que só poidan acceder aos locais os compradores e vendedores autorizados en cada lonxa.

No caso das poxas, a Xunta limita a asistencia a un máximo de 50 persoas e establece que a presenza durante a súa celebración debe ser a mínima imprescindible co obxectivo de evitar as concentracións de xente e aplicando sempre as medidas de distanciamento entre persoas que se establecen nas recomendacións sanitarias. Con esa finalidade, en caso de ser necesario, aumentarase o número de poxas e a pesada das capturas tamén se realizará por quendas para evitar aglomeracións. A exposición dos produtos farase deixando a suficiente distancia entre filas para manter o espazo mínimo recomendado entre persoas.
En canto ás medidas de hixiene, a Consellería do Mar aconsella incrementar o nivel de limpeza e desinfección de todas as dependencias das lonxas así como aumentar a dispoñibilidade de lavamáns ou dispensadores de limpadores desinfectantes nas zonas de poxa e pesada das capturas. Neste sentido, tamén lembra a necesidade de cumprir de xeito estrito coas medidas xerais de hixiene e uso de equipos persoais de protección.

Recomendacións a bordo

No que respecta ás directrices para os buques de pesca, marisqueo e auxiliares de acuicultura, son complementarias ás decretadas pola Xunta e polos outros organismos competentes na materia, como Sanidade Marítima (o Instituto Social da Mariña) e as capitanías marítimas e que teñen como obxectivo garantir o funcionamento e operatividade das embarcacións, minimizar os riscos e evitar contaxios.
De xeito xeral, a Consellería do Mar aconsella realizar controis previos ao embarque para verificar que os tripulantes non tivesen contacto de primeiro grado con algunha persoa afectada pola enfermidade, caso no que se optaría por aprazar o seu embarque. Tamén se solicita a comprobación de ausencia de sintomatoloxía (febre, tose e problemas respiratorios) nos traballadores e que se recorde á tripulación a conveniencia de non embarcar en caso de ter síntomas ou especial sensibilidade á incidencia do coronavirus.
O Executivo galego tamén recomenda o reforzo das medidas de hixiene a bordo coa posta a disposición da tripulación de panos dun só uso e solucións ou toallas alcohólicas así como elementos respiratorios de protección individual. Ademais, pide que se intensifiquen os labores de limpeza e desinfección das distintas estancias e elementos do buque e que se lle recorde á tripulación a necesidade de reforzar as medidas de hixiene persoal.
A comunicación enviada ao sector tamén inclúe a necesidade de organizar o traballo a bordo para evitar a presenza en instalacións comúns de máis de cinco persoas e mantendo unha distancia mínima de metro e medio, evitando os contactos persoais.
No caso de que haxa sospeita da existencia dun positivo por coronavirus a bordo, a Consellería do Mar aconsella a colocación dunha máscara de protección ao afectado e chamar ao Centro Radio Médico para que ditamine se é necesaria a súa evacuación, faga un seguimento do caso e decida as medidas de confinamento a adoptar e os procedementos para o seu control. Tamén se debe comunicar este feito á autoridade laboral competente.
O Executivo galego lembra ademais que se atenderá de xeito especial a aquelas recomendacións e instrucións que emitan as autoridades sanitarias e laborais con competencias na materia, con especial atención a Sanidade Marítima, o Instituto Social da Mariña ou as capitanías marítimas.

Sector marisqueiro

No caso do marisqueo, a circular remitida ao sector pola Consellería do Mar recomenda que as persoas que por motivos de saúde sexan vulnerables e estean máis expostas aos riscos de infección, ou que teñan menores ou maiores ao seu cargo, non asistan ás actividades de marisqueo pois esa inactividade non suporá penalización na renovación dos seus permisos de explotación. En caso de estar entre estes supostos e querer seguir coa actividade, deberán avisar á entidade asociativa á que pertenzan para adoptar as medidas oportunas.
As recomendacións ao sector do marisqueo tamén inclúen evitar as aglomeracións tanto nas zonas de traballo como nos puntos de control, manter a distancia de seguridade e non ter contacto físico en ningún momento. Ao mesmo tempo, ao igual que para o resto do sector, aconséllase reforzar as medidas de hixiene dos profesionais así como a limpeza das instalacións para evitar contaxios.
A Xunta tamén aclara que as xefaturas territoriais emitirán resolucións ampliando ata o 30 de abril o período de vixencia das autorizacións marisqueiras que estean actualmente en vigor para permitir o traballo dos profesionais. Neste sentido, a Administración galega indica ademais que coa declaración do estado de alarma están suspendidos os prazos para a tramitación dos procedementos administrativos, que se retomarán unha vez finalizado este período, algo a ter en conta na renovación dos permisos de explotación de marisqueo a pé.
Todas estas medidas súmanse ás normas de aplicación establecidas nos últimos días pola Xunta de Galicia para loitar contra a expansión do coronavirus así como ás obrigas impostas polo Goberno do Estado con ese mesmo obxectivo. Estas recomendacións particulares pretenden clarificar e orientar ao sector pesqueiro galego no desenvolvemento da súa actividade para loitar contra esta enfermidade e evitar a súa expansión.

A Consellería do Mar establece un protocolo de servizos esenciais para garantir a actividade portuaria pesqueira

As directrices oriéntanse a facilitar o subministro de servizos básicos aos mercados e evitar a propagación do COVID-19 nos portos

Todos os peiraos serán atendidos por alomenos un celador con capacidade de asistencia presencial

Nas instalacións náutico recreativas a circulación de persoas e vehículos queda restrinxida a necesidades básicas

O servizo de practicaxe mantense en casos de necesidade inevitable.

A Consellería do Mar vén de elaborar un protocolo de servizos esencias que rexerá a actividade portuaria durante o tempo de vixencia das medidas especiais derivadas da emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus COVID-19. Este protocolo de servizos esenciais oriéntase a garantir a actividade portuaria pesqueira, facilitando o subministro de servizos básicos aos mercados, e evitar a propagación do virus nos peiraos de titularidade autonómica.

O carácter fundamental do tráfico marítimo no abastecemento de mercados obriga a manter as actividades portuarias en condicións de operatividade para as que se fan necesarios os servizos básicos de vixilancia e control das instalacións. En particular, o protocolo céntrase nas tarefas dos celadores gardapeiraos, figuras esenciais para garantir o bo funcionamento das tarefas pesqueiras e comerciais, sempre dentro do respecto ás condicións de seguridade destes traballadores.

Así, o protocolo recolle que, pese a que as oficinas portuarias permanecerán pechadas ao público e a atención delas será telefónica, todos os peiraos serán atendidos por alomenos un celador con capacidade de asistencia presencial para todas aquelas tarefas que non poidan desenvolverse de xeito telemático. Nestes casos limitarase o contacto interpersoal e respectaranse as instrucións indicadas polas autoridades sanitarias. En canto aos elementos de uso común, serán convintemente desinfectados antes da súa devolución á oficina ou almacén portuario para evitar posibles contaxios en posteriores usos.

Polo que respecta aos portos deportivos, durante a vixencia do estado de alarma polo COVID-19, a circulación de persoas e vehículos quedará limitada ás necesidades básicas. Deste xeito, a Consellería do Mar recomenda manter só servizos esencias en cada instalación e unicamente o persoal indispensable para realizar tarefas básicas como o control das instalacións, amarre, subministro de auga, electricidade e carburante no seu caso. Os salóns ou estancias de uso común deberán permanecer pechados.


Finalmente, en relación ao servizo de practicaxe, manterase en caso de necesidade inevitable e para o seu desenvolvemento seguiranse todas as directrices de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias.


26 de febrero de 2020

AS MULLERES DO MAR DE AROUSA LEVAN A SÚA ARTE A CUBA

Mariscadoras pertencentes á Asociación de Mulleres do Mar de Arousa realizaron un proxecto coordinado desde a Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo pola profesora de Arte e Espazo Social, Natividad Bermejo. Devandito proxecto, que trata de dar visibilidade e poñer en valor o traballo que desenvolven estas mulleres, e a elas mesmas, será presentado o próximo 9 de marzo na Habana, na exposición ‘Bruxas e bolboretas’ coordinada pola profesora Ana Seoane. Nela participarán varias artistas vinculadas coa Facultade de Belas Artes xunto con outras artistas cubanas. A representación do colectivo arousán está composta por diferentes obxectos escultóricos partindo da tradición artesanal do traballo con cunchas nos pobos costeiros de Galicia, aplicada na arquitectura e a fabricación de obxectos. As esculturas reproducen, en gran formato, o símbolo da muller e o propio logotipo da asociación. A Asociación de Mulleres do Mar de Arousa naceu dun proxecto do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa (GALP 5). Neste sentido cabe destacar o valor dos GALP para reforzar o papel das mulleres no mar e darlle máis visibilidade. As Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo aprobadas pola Consellería do Mar pretenden contribuír á promoción da igualdade entre homes e mulleres. Ao amparo das destas estratexias, os GALP desenvolven diferentes proxectos que inclúen actuacións destinadas a aumentar o emprego e a cohesión territorial nas comunidades pesqueiras e acuícolas, ademais de fomentar o emprego feminino e contribuír a diversificar as actividades realizadas no marco da actividade da pesca e respecto doutros sectores da economía marítima.

O principal fin desta asociación será defender os intereses das mulleres vinculadas ao mundo do mar, reforzando o seu empoderamento e visibilidade.


24 de febrero de 2020

A CONSELLEIRA DO MAR VISITA A CONFRARÍA DE CAMBADOS


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou hoxe a Confraría de Pescadores de Cambados, onde mantivo un encontro cos seus representantes para coñecer as necesidades da entidade e dos seus socios e aclarar dúbidas relacionadas coa súa actividade. A titular de Mar, que estivo acompañada durante o encontro co cabido pola directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, salientou a importancia de que se manteña un contacto fluído e constante entre sector e Administración para buscar as mellores solucións ás necesidades que lle van xurdindo aos profesionais do mar.
Nesta liña, a representante do Executivo galego fixo fincapé na transcendencia do mantemento das instalacións dos portos e das lonxas galegas para facilitar o traballo diario dos profesionais do mar. Este tipo de visitas periódicas, lembrou a titular de Mar, enmárcanse nese obxectivo e permiten intercambiar impresións co sector en primeira persoa, analizar e coñecer en directo os problemas existentes en cada zona e buscar o mellor xeito de solucionalos o antes posible.
A petición máis destacada que os membros do Cabildo lle fixeron a Rosa Quintana foi a necesidade de acometer, canto antes, ben unha reforma en profundidade da lonxa de Tragove, ben a construción dun novo edificio.

14 de febrero de 2020

APARECE O CORPO DO MARIÑEIRO DA ILLA QUE DESAPARECESE EN ONS


A embarcación 'Punta Roncadoira' dos efectivos da Xunta de Galicia localizou o corpo sen vida do tripulante da planeadoira afundida o pasado martes nas inmediacións da Illa de Ons, en Pontevedra. Segundo confirmaron fontes de Salvamento Marítimo, a embarcación, que participaba no operativo de procura, atopou o cadáver no mediodía deste venres despois de catro xornadas de rastrexo.
Tras días de procura por terra, mar e aire, o corpo apareceu entre Ou Centulo e Torre de Camouco. Foi localizado a uns 20 metros de profundidade polos mergulladores, tal e como confirmaron desde Salvamento Marítimo.
Traballaban na zona efectivos de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia. Igualmente, durante estas xornadas contouse coa axuda dos membros do GES de Sanxenxo, do Servizo Local de Protección Civil do Grove e de Ribeira, do GES de Muros, do vixiante do Parque Nacional das Illas Atlánticas e dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. 


Salvamento Marítimo foi informada por Gardacostas ás 13,47 horas de que o corpo fora atopado. Así, realizouse o seu traslado por unha embarcación particular a Cabodeiro, na Illa de Arousa (Pontevedra), acompañado por un barco da Garda Civil. Sobre as 13,00 horas do pasado martes Salvamento Marítimo recibiu o aviso de que a embarcación 'Rosa', con tres tripulantes, envorcara por un golpe de mar ao norte de Ons. Tratábase dunha planeadoira con matrícula de Cambados e base na Illa de Arousa. Dous dos tripulantes chegaron a nado polos seus propios medios a terra a Ons, desde onde un, o patrón da embarcación, alertou a Salvamento Marítimo.


12 de febrero de 2020

SIGUEN AS LABOURAS DE PROCURA DO MARIÑEIRO DESAPARECIDO ONTE EN ONS

A planeadora  ‘Rosa’ a fundida preto da illa de Ons (Pontevedra) foi remolcado onte pola tarde ata o porto de Portonovo, no municipio de Sanxenxo, pero sen rastro do mariñeiro desaparecido, mentres se mantén o operativo de procura.

Salvamento Marítimo atopou pezas de roupa na embarcación, pero eran dos outros dous tripulantes, que nadaron ata a costa e deron aviso do naufraxio. Segundo contan, un golpe de mar fixo envorcar ao ‘Rosa’, un pesqueiro con matrícula en Cambados pero con base na Illa de Arousa. 

A búsqueda foi renovada á primeira hora desta mañá
Segundo veciños da Illa o patrón do barco e irmán do desaparecido, Arturo Otero, foi o primeiro en chegar a Ons e alertar do accidente. O segundo dos tripulantes estivo en paradoiro descoñecido durante unhas horas, aínda que se lle viu nunha praia próxima.

Diversos medios aéreos e marítimos suspendéronse pola noite a causa do temporal e as ondas de ata sete metros de altura complican os labores de rescate.



9 de febrero de 2020

UN MARIÑEIRO MORTO E OUTRO GRAVE NUN ACCIDENTE MARÍTIMO ENTRE SÁLVORA E ONS

Dúas persoas foron rescatadas esta mañá polo helicóptero Pesca 1 do Servizo de GardaCostas de Galicia despois de caer á auga desde unha embarcación.

Sobre as 11:15 horas, persoal da Sala de GardaCostas informaba ao 112 Galicia da mobilización da aeronave para o rescate das persoas que caeran á auga entre Sálvora e Ons.

Ademais dos servizos sanitarios de urxencia foron informados os axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Unha vez rescatados, os tripulantes foron derivados na aeronave ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Segundo informacións de última hora a embarcación que sufriu o accidente é o TUCAN DOUS con matrícula e base en O Grove. Ao parecer un dos mariñeiros da súa tripulación morreu e o patrón está ingresado no Álvaro Cunqueiro, en reanimación xa que, ao tentar salvar ao tripulante desapareceu uns minutos na auga e sofre unha forte hipotermia. Outro dos tripulantes trae o barco a terra. E o cadáver do mariñeiro de preto de 50 anos está sendo trasladado por Salvamento Marítimo.