Ante a tardanza ante esta última inmersión o seu sobriño e compañeiro tirou da goma que subministraba aire ao mergullador a través dun compresor e xa non subeo a flote Joaquín.
Como adiantou CORES DE CAMBADOS, a Salvamar Sargadelos, xunto con outros operativos de Salvamento Marítimo, ademais do helicóptero Pesca I e voluntarios de Protección Civil, buscaban ao mergullador desde que se alertou da súa desaparición, pasadas as 11 da mañá.
Pasadas as dúas da tarde o corpo de Joaquín Oubiña era trasladado ao muelle de Cambados para que o forense procedera ao levantamento do cadáver e posterior traslado a Pontevedra para que lle fora practicada a autopsia que desvelará as causas da morte.
Joaquín Oubiña de 50 anos estaba casado e tiña unha filla.
O suceso causou gran consternación en Cambados .
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.