Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta PATRIMONIO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PATRIMONIO. Mostrar todas las entradas

16 de octubre de 2020

O CONCELLO DE CAMBADOS PROXECTA A EXCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA DA TORRE E A SÚA DIVULGACIÓN PATRIMONIAL


Hai case 7 anos, concretamente o 8 xaneiro do 2014, Cores de Cambados publicaba a aparición de restos dun posible castro na illa da Figheira, o que todos coñecemos como illote da Torre.

Alertados por un veciño acudimos a súa chamada para contemplar o que parecían restos de vivendas ou dunha fortificación. Na nosa ignorancia non podíamos detallar con precisión o que alí se vía. Houbo incluso desde a dereita mediática quen nos acusou de reinventar a historia. Demostrouse despois que que a ignorancia era a deses escribidores.

Naquel momento gobernaba o PP e non se fixo nada por sacar a luz a realidade, fora a que fora. O que se fixo foi botar terra, area neste caso, sobre os restos.
Máis adiante co cambio de goberno tentouse investigar máis. Protexéronse os restos dunha maneira algo máis eficaz agardando a unha ocasión máis propicia económicamente.

Agora o Concello de Cambados proxecta unha actuación sobre o illote de San Sadurniño que permita a protección do espazo e ao tempo a súa divulgación patrimonial.

Con esta finalidade, o goberno municipal porá en marcha dúas intervencións que foron presentadas onte polos Concelleiros de Obras e Patrimonio, Samuel Lago e Xurxo Charlín, e a historiadora Alicia Padín.

A primeira, que comezará nos vindeiros días, será a creación dunha barrera física, para frear a erosión provocada polas mareas, mediante gavións de pequenas pedras cubertas cunha rede metálica.

Os traballos, que o Concello quere ter rematados antes de que empecen os temporais, xa foron adxudicados á empresa Covsa por un importe de 8.500 euros.

Pero ademáis desta actuación, o Concello quere profundizar sobre o valor patrimonial do illote e da Torre de San Sadurniño, non só a nivel turístico senon, sobre todo, entre a propia cidadanía de Cambados.

Para elo, aproveitando que se cumplen vinte anos dende a declaración do casco histórico como Ben de Interés Cultural, BIC, porase en marcha un proxecto arqueolóxico e divulgativo.

Por unha banda, cando volva o bo tempo, na próxima primavera, iniciarase unha excavación arqueolóxica que determine con máis exactitude a época do enclave, fenicio, castrexo, romano ou medieval segundo diversas teorías.

O proxecto, que se irá desenvolvendo en varias fases, incluirá a instalación de novos paneis informativos, para os que o Concello solicitará unha subvención da Deputación.

O custe restante, ainda sen orzamentar, será sufragado con fondos municipais.

Ao mesmo tempo, se a situación da pandemia o permite, organizaranse visitas guiadas para escolares e asociacións co fin de que a veciñanza de Cambados coñeza e valore este espazo do seu patrimonio.


Artigo de Cores de Cambados do 2014

Mareas vivas, vento do oeste e mar de fondo......


11 de agosto de 2020

POLÉMICA EN TWITTER POR UNHAS FOTOS NA TORRE DE SAN SADURNIÑO



A Apatrigal (Asociación pola defensa do patrimonio cultural de Galicia) pide máis respecto ao monumentos. En concreto nunha entrevista na COPE referíanse a Torre de San Sadurniño. que é maltratada sistemáticamente subíndose a ela para sacarse fotos.

Sen pensar no dano que se fai a un monumento datado de forma estimativa entre o século VIII e o IX, persoas de todas as idades subíronse á torre de San Sadurniño, en Cambados, só por facerse unha foto que compartir ás redes sociais.
Aparte sen contar co perigo de cair e facerse dano.


Varios menores, acompañados polos seus pais, visitan un dos maiores tesouros do municipio: os restos das torres de San Sadurniño, construídas entre o século VIII e o IX. Non se conforman con achegarse, con tocar o monumento. Os adultos animan aos nenos a que ruban polas pedras. A que se suban a varios metros de altura. O obxectivo? Inmortalizar o momento. A incívica escena foi denunciada por un usuario da rede social Twitter e compartida pola Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego ( Apatrigal). "É unha mostra máis de malos tratos ao patrimonio por unha foto. Neste caso, co agravante de que son os propios pais os que incitan aos seus fillos para subirse, co perigo que ademais conleva. Que necesidade hai de danar o patrimonio e de arriscar a vida do neno por facer unha simple foto?", pregúntase Carlos Henrique Fernández Couto, o presidente de Apatrigal. De feito, xa non é a primeira vez que se produce un accidente neste monumento. O pasado verán, unha moza de 16 anos sufriu lesións nunha cadeira tras caerse desde unha altura de cinco metros. A adolescente acudira cun grupo de amigos ata o monumento e gravara un vídeo ascendendo polas ruínas. “Hai que ver o patrimonio como un atractivo e non como unha atracción. Non é un parque de atraccións, é o que queda da nosa historia, da nosa memoria, algo que foi levantado con esforzo durante séculos e é unha falta de respecto aos nosos antepasados”, comenta Fernández Couto. Unha barbaridade máis na era de Instagram Desde Apatrigal instan as administracións a colocar unha sinalización que informe os visitantes do valor patrimonial do monumento e, tamén, da prohibición de subirse a el. “Eu non creo que haxa que valar os monumentos. De feito, creo que é o último que se debe facer porque sería ' musealizarlos'. Pero si hai que advertir e educar no respecto cara ao patrimonio histórico”, engade. Nos últimos anos e co auxe de Instagram, están a atoparse "auténticas barbaridades" nas redes sociais. “Hai quen se subiu a un dolmen en Ourense tras gañar un rali, quen se puxo a facer un churrasco dentro dun castro na Guarda e vemos habitualmente como os nenos sóbense por encima dos muros do Castro de Baroña, en Porto do Son. Estamos a presenciar unha vulneración constante do patrimonio cultural”, explica Fernández Couto. Atentados contra o patrimonio en busca de ' likes' que, segundo explica, serían impensables noutros países e que só se poden evitar, din, con máis educación.
Este atentado ao patrimonio foi denunciado en twitter e compartido por Apatrigal (Asociación pola defensa do patrimonio cultural de Galicia). En COPE Pontevedra, o seu presidente, Carlos Fernández, lamentou a falta de conciencia social en respecto a restos históricos.

Plantéxase incluso a posibilidade de que a Torre sexa rodeada dun valdo para evitar imaxes como as que vemos.


Escoita a entrevista aquí.


Polémica en twitter







4 de diciembre de 2019

QUE VAI PASAR CO CRISTO DAS RUÍNAS DE SANTA MARIÑA?



O Cristo do altar maior das ruínas de Santa Mariña Dozo (a antiga igrexa parroquial do centro de Cambados) foi retirado hai case 5 anos polo Concello debido ao seu avanzado estado de deterioración. Levouno ao taller dun restaurador, que tras examinar a peza ditaminara que necesitaba un tratamento insecticida e funxicida para eliminar as causas que provocaron que podrecese a madeira. Posteriormente, engade no seu informe, faríanse outros labores de protección e restauración para dar unha maior durabilidade á imaxe.

A pregunta é porque o Concello se mete nestes asuntos sen ter clara unha solución e pretende arranxar algo que non é da súa propiedade?

O restaurador recibira tres presupostos para arranxar a peza, que oscilaban entre os 3.700 e os 7.000 euros. O grupo de goberno que dirixía por entón Luís Aragunde, sinalaba respecto diso que "aínda que non se trata dunha actuación urxente nin prioritaria" levará a cabo a restauración. Iso si, pedirase algunha subvención e tamén se está barallando a posibilidade de solicitar a axuda veciñal, dado que a talla é propiedade da parroquia, e non do Concello. Pois nin subvención nin axuda dos veciños.
Posto que a peza é da igrexa e esta está declarada desde 1943 Monumento Histórico-Artístico suponse que a Xunta debería estar pendiente de todo o que aconteza neste ben cultural de Cambados e Galicia. Pois a Xunta, a través de Patrimonio non fixo nada por restaurar o Cristo ou cando menos tentar mudar a situación. Ben é certo que reparar a escultura sen despois tomar medidas de protección non serviría de nada. Temos que lembrar que o Cristo xa estivo en parte protexido. A finais da década dos 80 colocouse o Cristo no interior dun baldaquino que fixeran os alumnos da escola taller e que protexía a escultura. Pero o Concello non pedira permiso a Patrimonio, e tras unha denuncia a mediados dos 90 houbo que retirar a protección. Porque o Arcebispado non consulta con Patrimonio e de ser posible por medios para que a talla non se deteriore pedir unha sbvención para arranxalo e non deixar nas mans dos veciños ou do propio concello o arranxo. Si non é posible arranxalo e dotalo de protección o mellor sería deixarllo claro aos veciños e deixar o tema pechado. Outra solución sería o que se está a facer agora pero co Cristo de Paco Leiro, que moito nos tememos non volva a presidir as ruínas. Exemplos da colaboración entre igrexa e Xunta temos moitos e so imos por uns cuantos destes meses últimos. Imaxinade os que houbo nestes derradeiros cinco anos. Un deles de hoxe mesmo.











13 de noviembre de 2019

CAMBADOS CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO

O 16 de novembro de 1972 asinábase en Paris a Convención Patrimonio Mundial Cultural e Natural, que sentaba as bases para desenvolver este tipo de protección que o patrimonio requiría. Para conmemorar esa data, cada 16 de novembro celébrase o Día Internacional do Patrimonio Mundial, e moitos Concellos súmanse á celebración con actividades especiais.
Cambados súmase este ano a esta iniciativa de celebración. Neste senso, organízanse unha xornada con unha visita guiada ao Pazo de Fefiñans organizada pola “Asociación de amigos de Fefiñans” para 20 persoas, unha mesa redonda baixo o titulo “O Patrimonio Histórico de Cambados”, e a presentación dos proxectos de restauración e conservación previstas para o vindeiro ano das obras de singular relevancia do Concello de Cambados.
Ás 12:00 h comezaran as xornadas coa visita guiada ao Pazo de Fefiñans, para logo, ás 13:00 h realizar a mesa redonda na que participaran o Técnico Municipal de Patrimonio, Javier Montero, os Historiadores locais, Maribel Iglesias e Gumersindo Montero, xunto coa Diseñadora e Arquitecta, María Nuñez e o restaurador José Rey Aguiño. Nestas xornadas tamén se fara a presentación e explicación do laborioso proceso de restauración de obras de gran valor e calidade que forman parte do patrimonio municipal, como son o Proxecto de Restauración e Conservación do Cruceiro de Terra Santa (O Cruceiro- Vilariño) cun Orzamento de 12.434,31 €., a Colaboración para a Restauración do Conxunto Escultórico da Divina Pastora (Capela da Pastora), e o Proxecto de eliminación e limpeza de “grafittis” no muro Norte da Capela da Pastora, no que se aproveitará para eliminar as xuntas actuais de cemento “Portlan” para a execución dun novo encintado de morteiro que se integre mellor coa fábrica de pedra. Este proxecto está presupostado nun total de 7.000 €.
Tamén se explicará a Recuperación das pezas de pedra que formaban a canle de abastecemento de auga do antigo Convento de San Francisco, que serán depositadas no xardín da Igrexa Parroquial, como recordo e evocación dun dos elementos esenciais da antiga finca do Convento.
Traballos de Arqueoloxía na Torre
Por outra banda no vindeiro ano esta previsto dende o departamento de Patrimonio a construción dun gavión para protexer as estruturas arqueolóxicas e o levantamento dun mapa topográfico do subsolo mediante xeorradar na Illa de San Saturniño. Empregarase esta técnica non invasiva co fin de obter información sobre as estruturas antigas soterradas no subsolo da Illa sen necesidade dunha intervención que altere a súa orografía e topografía, xa moi deteriorada pola acción das mareas e do cambio climático. Con esta técnica preténdese estudar os restos existentes para verificar a existencia da antiga casa-pazo e da capela edificadas na Baixa Idade Media, así como outros restos de épocas anteriores, profundizando no coñecemento desta Illa da Figueira como cerne da Vila de Santomé.
Tamén dentro do Conxunto Histórico de Cambados dende a area de Patrimonio imos manter o compromiso para axilizar os prazos nas licenzas de obra mediante a redución da perioicidade das Comisións de Patrimonio, xa se celebraron unha no mes de outubro e outra no mes de novembro, e a apertura dunha nova Convocatoria 2020 para a solicitude de axudas a fondo perdido para a restauración e rehabilitación de vivendas no Conxunto Histórico, cunha dotación de 150.000 €, que se engadirán aos 55.000 € xa executados no 2019.


16 de octubre de 2019

O VENTO DERRUBA UN CRUCEIRO EN CASTRELO


Un total de 81 incidencias son as rexistradas no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, durante o período comprendido entre as 00:00 e as 18:00 horas deste día. Todas elas relacionadas co episodio de meteoroloxía adverso por choiva e vento que afecta á nosa comunidade.
 Aínda que no CIAE 112 Galicia non constan incidentes nos que houbese que lamentar danos persoais, as incidencias de prevención de risco, bolsas de auga nas vías de circulación e restos de obxectos nas estradas son as que máis se repetiron durante este período de tempo.
En canto ás provincias afectadas, a de A Coruña é a que está a rexistrar un maior número de incidencias con un total de 63, seguida de Pontevedra con 18 incidentes.
Por outra banda, os concellos onde máis se está deixando notar o fenómeno meteorolóxico adverso, na provincia da Coruña destaca o de Muros con un total de 9 incidencias. Salienta tamén o de Cee con 6, seguido de Dumbría, que suma 5. A respecto dos concellos máis afectados da provincia de Pontevedra, resalta o de Vigo con 3 e o de Vilagarcía e Tui con 2, respectivamente.

En Cambados cabe salientar escasas incidencias. Contenedores do lixo e algunha ramas caídas sin causar danos.O máis destacado foi a rotura dun cruceiro en Castrelo. Os membros do Servicio de Emerxencias do Concello de Cambados procederon a recuperar os anacos e gardalos na sua nave á espera de que técnicos de Patrimonio valoren os danos e a sua posible restauración.








18 de junio de 2018

CAMBADOS ENTRE OS CONCELLOS QUE RECIBIRÁN AXUDAS PARA REHABILITACIÓN DO PATRIMONIO HISTÓRICO




Axudas Patrimonio

A Deputación aproba actuacións no patrimonio histórico e cultural para 45 concellos

Esta liña de axudas contempla a restauración de bens inmobles de titularidade municipal, conxuntos urbanos e contornas naturais; a adquisición de bens integrantes do patrimonio histórico; e a instalación de paneis informativos neste tipo de bens
A Xunta de Goberno aprobou na súa última sesión a resolución de axudas para actuacións no patrimonio histórico e cultural. Esta liña foi convocada cun orzamento de 500.000 euros e o número total de concellos beneficiarios ascende a 45. Hai que lembrar que o obxectivo xeral destas subvencións é o de promover a recuperación e rehabilitación deste tipo de patrimonio existente na provincia, sempre que sexa de titularidade municipal.
As bases contemplaban actuacións que incluísen propostas de obras de conservación, restauración e sinalización. Así, como obras de conservación estipulábanse as que tivesen como finalidade o mantemento do inmoble coas súas características e materiais orixinais, fosen reparacións puntuais, substitucións concretas de elementos deteriorados, ou as que derivasen de reparacións dos danos habituais provocados polo paso do tempo ou polo seu uso característico. Tamén contemplaba como subvencionables as obras de sinalización dos bens inmobles, e os estudos museográficos e arqueolóxicos coa información previa ao deseño dos mesmos e que son necesarios para a elaboración de sinais. A orde incluía ademais os proxectos técnicos oficiais e colexiados das actuacións a levar a cabo; o deseño e instalación de paneis informativos; e os gastos de estudos museográficos e arqueolóxicos para a elaboración dos paneis de sinalización, coa recollida da información precisa e veraz dos mesmos.
En canto á distribución das axudas, do total de 500.000 euros, un importe fixo de 250.000 euros repartiuse de forma lineal entre os concellos da provincia que presentaron solicitudes. Os outros 250.000 euros foron repartidos do seguinte xeito: o 20 % desta cantidade destinouse ao grupo de concellos de ata 10.000 habitantes; unha porcentaxe do 40 % destinouse ao grupo de concellos que teñan entre 10.001 e 20.000 habitantes; e outro 40 % destinouse ao grupo de concellos que teñen entre 20.001 e 50.000 habitantes. A porcentaxe económica correspondente a concellos incluídos nestes grupos pero que non presentaron solicitude, foi redistribuída e engadida ás cantidades iniciais.
Distribución por comarcas
Na comarca de Vigo foron aprobadas axudas por un importe total de 79.349,28 euros, que corresponden a un total de 6 c0ncellos solicitantes: Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, O Porriño, Redondela, e Salceda de Caselas. Na comarca do Salnés as axudas ascenden a un total de 85.245,9 euros e corresponden aos concellos de Cambados, A Illa de Arousa, Meis, Ribadumia, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa. No Baixo Miño aprobáronse axudas por un importe de 33.738,53 euros para os concellos da Guarda, Oia, e Tomiño. Na comarca de Pontevedra o importe dos proxectos aprobados suma 60.404,4 euros e corresponden a solicitudes dos concellos de Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Poio, e Ponte Caldelas. Na comarca de Deza e Tabeirós o importe total é de 35.116,51 euros para proxectos procedentes de Forcarei, Lalín, Silleda, Agolada e Vila de Cruces. Na comarca do Morrazo a suma ascende a 74.748,15 euros e corresponde a solicitudes dos catro concellos: Cangas, Bueu, Marín e Moaña. Na comarca de Caldas as axudas suman 45.016,82 e corresponden aos concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Portas e Valga. Por último, na comarca do Condado-A Paradanta as axudas suman 86.380,41 euros e corresponden aos concellos de Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.




8 de diciembre de 2017

A DEPUTACION DE PONTEVEDRA PRESENTA O MAPA-GUÍA DO PATRIMONIO PROVINCIAL










A nosa provincia ten tantas reliquias patrimoniais que non é doado saber onde empezar a visitalas. Por iso a Deputación de Pontevedra publica, no , un mapa-guía, con case medio millar de elementos xeorreferenciados dixitalmente.

Preséntanse os resultados do proceso de elección de fitos patrimoniais na provincia de Pontevedra. Con esta selección procurouse a identificación dun conxunto de elementos homoxéneos en número por cada concello, tendo en conta para iso o patrimonio histórico, artístico, cultural e arqueolóxico. 
A escolla realizouse seguindo criterios de singularidade e representatividade dentro do conxunto do patrimonio local. Achéganse máis de 460 elementos cunha breve descrición, a súa xeorreferenciación en formato dixital para web e o deseño dun mapa guía para a súa divulgación.
Este proceso é aberto para favorecer a participación dos concellos; tamén se consultan diversos aspectos co persoal técnico do Museo de Pontevedra.


20 de marzo de 2017

XA ESTÁ ABERTO O PLAZO PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA "EN RUTA COA DEPO"










O programa "En ruta coa Depo" 2017 está dirixido ás entidades sociais da provincia de Pontevedra.

Este programa ten como finalidade mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra, impulsando a igualdade de oportunidades para as persoas con diversidade funcional, ofrecéndolle alternativas de lecer e tempo libre á poboación xuvenil da nosa provincia e promovendo rutas destinadas ás entidades de nais e pais que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias nas que participen activamente nenas e nenos.

Na pasada edición do programa a contía consignada para o seu financiamento ascendía a 238.500 € e este ano aumentouse ata 260.000 €. O programa dispón dun total de 20.000 prazas fronte ás 18.346 ofertadas na pasada edición e, como novidade, ofrécense 400 prazas que serán gratuítas para aquelas persoas que se atopen en situación ou risco de exclusión social.

Ofértanse un total de 32 rutas por lugares emblemáticos da nosa provincia que figuran no catálogo.

O prazo de presentación de solicitudes é do 15 de marzo ao 3 de abril de 2017.


  








23 de abril de 2015

O B.N.G. PIDE RECUPERAR UNHA ANTIGUA FONTE E LAVADOIRO EN VILARIÑO






Típica fonte e lavadoiro de Galicia
No lugar de Cuíña, na parroquia de Vilariño, lindando coa parroquia de Tremoedo, do veciño concello de Vilanova de Arousa, nun camiño que vai cara ao monte Troviscoso, hai unha fonte pública que, dende hai anos, está nun total estado de abandono. Esta fonte contaba tamén cun lavadoiro que, co tempo, foi desaparecendo. A pesar de todo isto, os veciños/as sempre seguiron a facer uso do servizo que, cada vez menos, lles  ofrecía a fonte, ata chegar ao actual estado de total abandono.

Opinan os veciños/as, e o BNG coincide con eles, que cun mínimo custo podería volverse a poñer en funcionamento a fonte. A colocación dunha billa ou picho, previa unha laboura de limpeza a fondo, facilitaría que a auga volvese a manar de novo. Se isto non fose posible, porque hoxe en día moitas fontes ven diminuído o seu caudal pola baixa no nivel freático, debido á construción de moitos pozos nas proximidades, indican os veciños/as que a solución sería a instalación dunha bomba de achique manual, como hai noutros lugares.

Por todo isto, facéndose eco das demandas veciñais, o B.N.G. solicita que por parte do concello de Cambados se acometan as obras necesarias para conseguir que a fonte de Cuíña volva dar servizo ao vecindario.




5 de febrero de 2015

A FONTE E O LAVADOIRO DE FEFIÑÁNS PASTO DOS GRAFITIS





Hai tempo, CORES DE CAMBADOS denunciou que o lavadoiro de Fefiñáns atópase nun estado lamentable, agora son os veciños quenes amosan o seu descontento a través da web PontevedraViva.
Os veciños de Cambados amosan a súa preocupación pola imaxe que presenta a Fonte Lavadoiro de Fefiñáns que se atopa nun estado deteriorado ante a presenza de numerosos grafitis e pintadas.
Esta obra está incluída no Plan Especial de Protección e Ordenación do Casco Histórico de Cambados para a súa "protección integral" e sinalan que levan dous anos en estado de abandono.
PontevedraViva
Segundo indican os veciños, as primeiras pintadas apareceron no verán de 2012 nos carteis e postes deste lavadoiro. Dende entón, apuntan que tanto na pedra coma na estrutura se observa un incremento do número de grafitis.
PontevedraViva
Afirman que polas noites reuníanse xóvenes provocando algún incidente traendo consigo queixas entre os veciños. O lavadoiro utilízabase como zona para a celebración de botellóns, ata que se trasladaron para o Parque de Torrado. Seguen reuníndose de cando en vez e vese claramente os luns, cando os servizos de limpeza se empregan a fondo para recoller os restos das "festas".
Por este motivo, os veciños reclaman medidas de control por parte da Policía Local que eviten estes actos vandálicos na zona.

Info: PontevedraViva


O CONCELLO NON SABE O QUE TEN





Os socialistas de Cambados denuncian, unha vez máis, a falta de transparencia do concello, que carece de inventario de bens mobles e inmobles
A formación que lidera Fátima Abal volve a mostrar o seu asombro ante a falta de transparencia do concello de Cambados, xa que, despois de solicitar unha relación de bens mobles e inmobles o pasado 21 de xaneiro, a resposta recibida foi que non existe dito inventario.
Os socialistas lembran que é obriga de tódolos concellos inventariar os bens e os dereitos que integran o seu patrimonio, facendo constar co suficiente detalle as mencións necesarias para a súa identificación e as que resulten precisas para reflectir a súa situación xurídica e o destino ou uso ao que están sendo adicadas. Sen embargo, dito inventario parece non constar no concello cambadés.
Segundo Fátima Abal: “en realidade xa non debería sorprendernos esta forma de facer as cousas. A falta de transparencia é perseverante na actuación deste goberno municipal. Negan información aos grupos municipais, ocultan todo canto poden, poñendo sempre trabas para que a oposición poida facer o seu traballo. Da a sensación de que queren ocultar algo, cando en realidade todolos bens dos que dispón un concello son propiedade dos veciños e veciñas, que deberían poder saber en que emprega o concello os cartos dos seus impostos. Ou é que acaso teñen medo de que se saiba? Acaso o concello ten algo que ocultar aos cambadeses?”

Dende o grupo socialista afirman que a transparencia debe ser un dos eixes fundamentais dun bo goberno municipal, xa que este goberno debe estar ao servizo dos veciños e veciñas, e non ao revés, que é o que sucede actualmente, por desgraza, en Cambados, onde Luís Aragunde pensa que a xente está ao servizo dos seus intereses.
    


28 de enero de 2015

PATRIMONIO SI SE OCUPA DE COUSAS "IMPORTANTES"








Dias atrás o Concello de Cambados procedeu a tala de varias árbores no entorno da Igrexa Parroquial. Todo segundo fontes do propio Concello por recomendación de Patrimonio. Ao parecer, as raíces destas árbores comezaban a provocar problemas na estructura da igrexa.

É unha pena que Patrimonio, non recomendara tamén que se fixera un arranxo das luces que están preto desas árbores e que se atopan nun estado deplorable como se pode apreciar nas fotografías, que foron tomadas dias despois da tala.



É unha pena que patrimonio non vixiara co mesmo 
agarimo o deterioro do Cristo da Igrexa de Santa Mariña. 

ARTIGOS RELACIONADOS: CAMBADOS NON QUERE QUE SE EMPREGUEN CARTOS PÚBLICOS NA REPARACIÓN DO CRISTO



15 de enero de 2015

SALIDA DE TONO DE ARAGUNDE (OUTRA MÁIS)




A RESPOSTA DADA POR ARAGUNDE  A OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS NA PRENSA LOCAL NO DIA DE HOXE E QUE PODEDES LEER NA "La Voz de Galicia" NON É MÁIS QUE OUTRA SALIDA DE TONO DO ALCALDE.


PATRIMONIO TEN CARTOS PARA ARRANXALO?
A SUPOSTA AXUDA TERÁ QUE PEDILA A PARROQUIA OU A IGREXA, NON O CONCELLO, POIS SON OS PROPIETARIOS.
OS CEMITERIOS QUE SE ARRANXAN SON SUFRAGADOS POLOS USUARIOS. exemplo O DE SAN MIGUEL.
OS SOCIALISTAS SO DIN QUE SI TAN BEN ESTÁ O CONCELLO "PERITA", NON DEBERÍA TER DIFICULTADES PARA PAGAR A REPARACIÓN. E NON BOTAR MÁN DOS CAMBADESES, PERO COMO DIXEMOS ONTE HABERÁ XENTE QUE ESTÉ DISPOSTA A PAGAR, COMO O ESTIVERON PARA A ESTATUA DE FRAGA.
QUEN PAGOU AS REPARACIÓNS DOS CRUCEIROS ROTOS? OU SEGUROS NO CASO DO DE FEFIÑÁNS. E PATRIMONIO NO CASO DO DA PARROQUIAL. 
POR CERTO, QUEN SE OFRECEU A ARRANXALO E MONTOU UNHA PELÍCULA PARA SAIR NA PRENSA? 

SI NON É COUSA DO CONCELLO PARA QUE TE METES?





18 de octubre de 2014

O B.N.G. PON EN DÚBIDA AS OBRAS NA RUA ROSALÍA DE CASTRO





Unha vez consultado o expediente de autorización para a execución das obras  de “Mellora na rúa Rosalía de Castro” en Cambados, o BNG puido comprobar que na valoración da Comisión Técnica de Patrimonio Histórico Municipal, dos 5 membros integrantes da mesma, só os tres dependentes do concello (presidente, aparellador e Técnico Xestor do Patrimonio municipal) votaron a favor deste proxecto, mentres caos dous técnicos pertencentes á Xunta de Galicia (Arquitecta e Arqueólogo da Consellería de Cultura, Educación e O. U.) se abstiveron. Como queira que as citadas abstencións, por parte dos técnicos da Consellería de Cultura da Comisión de Patrimonio, deberon responder a criterios ou opinións técnicas que os levaron a non apoiar o proxecto presentado; opinións que pensamos, deberon ser explicadas na citada Comisión para ter que xustificar esa decisión, é polo que se lle informe ao BNG cales foron as razóns técnicas polas que Arquitecta e Arqueólogo da Consellería de Cultura, Educación e O. U. non apoiaron o proxecto aprobado de “Mellora na rúa Rosalía de Castro”.





10 de enero de 2014

ANOVA FAISE ECO DUNHA INFORMACIÓN DE CORES DE CAMBADOS




Despois da publicación por parte de CORES DE CAMBADOS da reaparición dos restos arqueolóxicos na TORRE Anova Cambados pídelle ao Concello que protexa estes restos. 
A resposta do Concello por parte do seu voceiro oficioso é que para protexer este achádego van a tapalos. 
Por outro lado tanto A Voz de Galicia o Diario de Arousa publican que se van a protexer. Veremos quen ten razón


A Agrupación local de Anova IN de Cambados, demanda o Concello de Cambados e a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural que proceda a acometer a actuación precisa para protexer e a vez por en valor o entorno da Torre de San Sadurniño, unha vez que volveron a saír a luz os restos do que parece ser a muralla medieval que se atopaban soterrados.




Dende ANOVA IN de Cambados, consideramos que o patrimonio histórico cultural de Cambados, debe ser un referente moi a ter en conta na nosa vila, polo que é preciso protexer e por en valor este patrimonio. Neste senso, cremos que é urxente realizar traballos arqueolóxicos no entorno da Torre de San Saturniño, xa que poderían ter un alto interese histórico, cultural e a vez turístico para o noso Concello.

Cabe lembrar, como apunte histórico, que a Torre de San Saturniño  co descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago a principios do s. IX e o posterior levantamento da catedral, provocaron que xurdisen estas torres de vixía para defender a ría de Arousa e Compostela dos ataques de normandos e viquingos. Construída na antigamente coñecida como a illa da Figueira, en tempo do bispo compostelán Sisnando I, na Alta Idade Media e reparada posteriormente polo arcebispo Xelmírez. Por medio de fogueiras avisábase da chegada dos piratas á ría. A Torre da Lanzada enviaba o sinal de fume á Torre de San Sadurniño que o remitía  á Torre de Cálogo en Vilanova de Arousa  e esta, á súa vez, llo facía chegar ás Torres do Oeste en Catoira, pondo en estado de alerta e defensa a toda a comarca e a Santiago de Compostela. Esta torre representa os restos do que antigamente fora unha fortaleza, que sería destruída polos rebeldes Irmandiños, e de novo reedificada por Gómez de Sotomayor ata o seu abandono. Xunto a ela, había unha capela, da que non quedan vestixios, coas imaxes de San Tomé, que lle deu nome á vila, e San Sadorniño, que lle deu nome á torre, conservadas na capela da Valvanera.


Esta defensa contra os ataques dos pobos viquingos e sarracenos valeulle para ser nomeada "Moi Leal Vila" polo rei Fernando II no s. XII, iniciándose entón un período de esplendor que queda reflectido na multitude de pazos que existen no municipio.

Logo de que en marzo de 2011 sairán a luz os restos do que parece ser a antiga muralla da fortaleza medieval, e que o arqueólogo municipal remitira un informe a patrimonio para que indicara o procedemento a seguir ante a posibilidade de tratarse dun descubrimento arqueolóxico, decidiuse volver a soterrar con area os restos da fortificación para evitar a erosión da mesma, e que nunha posterior visita a zona, especialistas da materia avaliasen o seu estado e accións futuras. Pero ata o dia de hoxe, isto último non se produciu debido o pouco ou nulo interese mostrado polas distintas administracións, comezando polo propio goberno municipal do PP.



Dende Anova Cambados non entendemos como contando cun arqueólogo municipal, que ademais esta contratado irregularmente dende o 2003 segundo reparo da interventora municipal,  cun custe mensual que rolda os 1.500 €, e que tendo constancia deste achádego arqueolóxico no que probablemente sexa o primeiro núcleo poboado de Cambados, catalogado como monumento de interese cultural cunha protección arqueolóxica integral segundo o Plan Especial de Protección Histórico de Cambados, non se procedera dende o Concello de Cambados a elevar unha proposta de actuación ao órgano competente, como establece o punto 5.4 do Plan Especial, nin se insista para obter os permisos pertinentes para  acometer os traballos de posta en valor destes restos arqueolóxicos, se non que sinxelamente se tapen con terra estes restos que forman parte da historia de Cambados.   


Nestes días podemos ver como o Camposanto de Santa Mariña foi incorporado a “Ruta de los Cementerios singulares de Europa” e como dende a propia web do concello consideran que esta posta en valor vai beneficiar para o seu coñecemento e conectar a investigadores, historiadores e profesionais deste tipo de patrimonio, e mesmo se fala de realizar unha ruta de visitas guiadas.  Dende Anova consideramos que a posta en valor dos restos arqueolóxicos que están a saír a luz na Torre de San Sadurniño, son do mesmo xeito precisos e beneficiosos non so para a cultura de Cambados, se non tamén para o turismo e a economía da nosa vila.