Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta AXUDAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AXUDAS. Mostrar todas las entradas

22 de octubre de 2020

CAMBADOS HABILITA A BIBLIOTECA LUIS REI PARA A PRESENTACION DAS AXUDAS AO ENSINO E ASESORAMENTO AS ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO



– Incrementase a 31.300 euros as axudas a ensino e transporte escolar para este ano, e mantéñense en 120.000 euros as axudas a entidades sen lucro, o prazo de presentación das axudas finaliza o vindeiro 5 de novembro.

– Cambados habilita a Biblioteca Luís Rei mediante o servizo de cita previa para presentar no Rexistro do Concello as axudas ao ensino e transporte escolar e asesorar as axudas ás entidades sen fins de lucro.

O Concello de Cambados vai habilitar durante os vindeiros 15 días na Biblioteca Luís Rei o servicio de Rexistro Municipal para a presentación das axudas ao ensino e transporte escolar e asesorar as axudas ás entidades sen fins de lucro, e desta maneira evitar aglomeracións no Rexistro do Concello de Cambados como medida de prevención ante o Covid-19.

O ano pasado máis de un cento de veciños foron beneficiarios das axudas ao ensino e transporte escolar do Concello de Cambados, o que provocaba certa acumulación de xente no Rexistro municipal para presentar a solicitude destas axudas, xa que coincidía co resto de veciños que viñan realizar outro tipo de tramites administrativos. Para que non se volva a repetir esta situación, e máis estando nunha situación de pandemia onde non son aconsellables as concentracións de persoas, o goberno municipal decidiu habilitar como Rexistro de entrada do Concello de Cambados a Biblioteca Luís Rei mediante cita previa, para que aqueles veciños que o desexen poidan presentar as axudas de estudio e transporte escolar sen ter que facer colas e de forma moito máis segura. Desta forma a veciñanza que queiran realizar a presentación da solicitude ou asesorarse nas mesmas, conforme as bases das axudas que están publicadas no portal de transparencia, dende maña poden solicitar cita previa no teléfono da Biblioteca Luís Rei, no 986 52 00 08. Neste número tamén se vai realizar a cita previa para o servizo de asesoramento a aquelas entidades sen animo de lucro que están interesadas en presentarse na convocatoria de Axudas do Concello de Cambados deste ano.

Este servizo e compatible coa presentación telemática a través da Sede Electrónica do Concello de Cambados, pero para o que é preciso dispoñer de Certificado Dixital, e do que moitas familias carecen. Por tal motivo, o Goberno municipal decidiu habilitar unha nova vía de presentación das axudas para ensino e transporte escolar destinadas a poboación con carencias económicas, co obxecto de paliar os gastos que supón a escolarización pública, ensinanzas artísticas e a formación universitaria en familias con menos recursos económicos do Concello de Cambados.

As axudas ao ensino e transporte escolar deste ano presentan varias novidades, así por unha banda, incrementase o montante total das axudas a 31.300 euros (importe que cuadriplica as axudas ao ensino de fai 5 anos). A este incremento no importe total das axudas, sumase tamén o incremento no importe das axudas a cada estúdiante. Así as axudas ao Ensino Primario e Secundario, Bacharelato, FP, Universidade e Ensinanzas Artísticas Superiores e Conservatorios increméntanse este ano a 150 euros/alumno/a, chegando as de alumnado con Necesidades Educativas Especiais aos 200 euros. Tamén se incrementaron as axudas para transporte, así os estudantes que cursen estudios fora de Cambados percibiran unha axuda de 150 euros e no caso de estar a máis de 30 quilómetros o centro educativo, a axuda ao transporte vai ser de 200 euros.

Ademais ás bases das axudas ao ensino e o transporte escolar de este ano van a chegar a máis familias de Cambados, xa que outra das novidades é que se incrementan os limites de renta per capita, así este ano as familias que teñan ingresos inferiores a 7.000 euros por membro da unidade familiar poden acceder as mesmas.

Por ultimo as axudas para o ensino deste ano van a servir, ademais de financiar os gastos que se viñan subvencionando de material escolar e deportivo dos estudantes en pasados cursos, como novidade nesta convocatoria para a adquisición de material de prevención da Covid-19 (mascarillas, xel, etc…) e de tablets ou PCs para realizar as tarefas escolares na casa.

O prazo para a presentación das axudas é dende maña 22 de outubro ata o vindeiro 5 de novembro, polo que o Goberno municipal, preocupado pola situación de crise sanitaria que estamos a vivir, está a facer tódolos esforzos posibles para incrementar e facilitar a presentación das axudas a veciñanza e entidades sen fins de lucro do noso municipio. Froito desta implicación e marcado carácter social do Goberno municipal de Cambados, incrementáronse as axudas ao estudio e transporte escolar neste ano que van chegar a un maior número de familias de Cambados, ademais de manter o noso compromiso social coas entidades sen fins de lucro nesta situación de pandemia. 

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS 2020/2021

SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA O ANO 2020

15 de abril de 2020

A DEPUTACIÓN INXECTA 320.000 € A CONCELLOS E ENTIDADES EN LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Deputación de Pontevedra
A igualdade é un dos eixos prioritarios do goberno da Deputación de Pontevedra, establecéndose como política transversal que vertebra a acción da institución provincial. Deste xeito, vén de inxectar 320.000 € á cobertura de plans e iniciativas de igualdade, así como programas de loita contra a violencia machista que impulsaron concellos e entidades da provincia. Máis polo miúdo 220.000 euros foron dirixidos a 42 concellos de menos de 20.000 habitantes e 100.000 euros a 21 entidades.
En canto aos concellos, a institución máis próxima á cidadanía, as axudas de 220.000 euros concedidas tiveron por obxectivo previr a violencia de xénero e fomentar a igualdade de oportunidades. Preténdese así colaborar cos municipios para que impulsen e realicen actuacións de cara a conseguir unha sociedade máis xusta e equitativa con proxectos e actividades de sensibilización, formación e prevención da violencia machista; iniciativas xurdidas dos acordos das mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero; proxectos para a mellora da atención integral ás vítimas de violencia de xénero, fillas e fillos ou persoas dependentes ao seu cargo; actuacións destinadas a mulleres vulnerables ou con dificultades; iniciativas para mellorar a formación e orientación para o emprendemento e inserción laboral das mulleres; proxectos para elaborar plans municipais de igualdade ou difundilos;  accións para crear redes e servizos de apoio que favorezan a corresponsabilidade e conciliación da vida persoal, familiar e profesional; proxectos de prevención e sensibilización no eido educativo e campañas de difusión e sensibilización en materia de igualdade.
Os concellos beneficiados por esta liña de axudas da Deputación foron Arbo, Barro, Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, A Lama, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Poio, O Porriño, Portas, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda, Salvaterra, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Valga, Vilaboa e Vilanova de Arousa.
En canto ás entidades, as achegas concedidas ascenden a 100.000 € distribuídos entre 21 entidades de 10 concellos da provincia (Caldas, Cambados, Cangas, A Guarda, Mos, Pontevedra, Silleda, Vigo e Vilagarcía) que están a traballar para fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a loitar contra a violencia de xénero.  En liñas xerais, a través desta iniciativa estanse a impulsar proxectos de ámbito provincial centrados na sensibilización, formación e prevención da violencia de xénero; na atención integral a vítimas de violencias machistas; programas destinados a mulleres vulnerables ou con dificultades; iniciativas de fomento da igualdade; accións para mellorar a formación e orientación para o emprendemento e inserción laboral das mulleres; iniciativas para crear redes e servizos de apoio e campañas de difusión e sensibilización da cidadanía.

12 de abril de 2020

A DEPUTACIÓN INXECTA AOS CONCELLOS 2M DE EUROS CON AXUDAS EXTRAORDINARIAS FRONTE Á CRISE

Os 52 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes xa teñen a súa disposición case 2 millóns de euros da Deputación de Pontevedra, correspondentes ás primeiras medidas activadas polo goberno provincial para facer fronte ao COVID19. Trátase da Liña de Axudas Extraordinarias, cun importe de 1,3 millóns de euros, e do adianto do 100% das axudas de emerxencia dotadas con outros 500.0000 euros. En concreto, os 52 concellos pediron o adianto das de emerxencia e solicitaron a liña de axudas extraordinarias, aínda que tres deles están a cumprimentar a documentación e poderán ter a notificación esta próxima semana.
A institución provincial xa liberou estas dúas partidas polo que os concellos dispoñen do diñeiro para facer fronte ás novas necesidades da veciñanza ao fío da crise. A estas dúas liñas súmase o adianto, tamén do 100%, do financiamento do Plan Concertado de Servizos Comunitarios Básicos e o SAF, por 2,4 millóns de euros, que agora mesmo se está a tramitar para os concellos que o solicitaron, de momento 49 dos 52.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, mostrou a súa satisfacción ante a acollida das medidas. "Temos que ter moito orgullo da resposta dos concellos desta provincia que, amais de estar na primeira liña de loita contra o COVID, seguen a traballar a pesar das dificultades para conseguir todas as axudas posibles para a súa veciñanza".
Con esta inxección económica da Deputación, os concellos beneficiarios que a pediron están a poder financiar necesidades básicas da cidadanía e, sobre todo, da poboación máis vulnerable. Este diñeiro destínase á adquisición de alimentos, material de protección e desinfección como luvas e máscaras, así como gastos de asistencia en combustible o aluguer de vehículos para levar a compra de alimentos e medicinas aos domicilios das persoas maiores e en risco, especialmente ás que viven soas.
O obxectivo de estas medidas do goberno provincial, xunto aos anticipos do Fondo de Liquidez do ORAL, dotado con 21 millóns de euros, e á modificación da Liña 2 do Plan Concellos, por outros 3 millóns de euros, foi inxectar liquidez de xeito eficaz e case inmediato aos municipios máis pequenos, para financiar as consecuencias da crise do coronavirus. O investimento provincial total é de máis de 28 millóns de euros
Plataforma telemática para os órganos colexiados dos concellos
O 71% dos concellos da provincia adheridos á administración electrónica implantada pola Deputación de Pontevedra xa solicitaron a súa integración na plataforma telemática que a institución provincial puxo a súa disposición de xeito totalmente gratuíto, para a celebración de Plenos e Xuntas de Goberno. Ata o momento xa son 38 concellos os que formalizaron a súa petición para dispor da ferramenta con total seguridade e garantía.
Así, a aplicación estará habilitada na plataforma de administración electrónica e permitirá sesións telemáticas dos órganos colexiados, así como reunións, mesas de contratación a distancia, así como traballo colaborativo entre persoal funcionario. Amais, o novo sistema, ao que se pode acceder a través de ordenadores e dispositivos móbiles, permite retransmisións en directo a través da propia sede electrónica ou plataformas nas redes sociais, garantindo unha maior transparencia.
Os concellos que ata o momento solicitaron a ferramenta son: Caldas, Covelo, Mondariz, As Neves, Redondela, Tomiño, Vilaboa, A Estrada, Cambados, Cuntis, Meis, Mondariz Balneario, O Grove, Pazos de Borbén, Vila de Cruces, Baiona, Gondomar, O Rosal, Lalín, Mos, Ponte Caldelas, Salceda de Caselas, Bueu, Moaña, Moraña, Cangas, Silleda, Pontecesures, Tui, Ponteareas, Forcarei, A Guarda, Portas, Catoira, A Illa de Arousa, Poio, Arbo e Cerdedo-Cotobade.

24 de marzo de 2020

DEPUTACIÓN PON AO DISPOR DOS CONCELLOS DO SALNÉS CASE 820.000 EUROS


Os once concellos de menos de 20.000 habitantes da comarca do Salnés xa teñen á súa disposición case 820.000 € en axudas para emerxencias sociais, que a Deputación de Pontevedra pon en marcha para facer fronte ás novas necesidades da crise sanitaria do coronavirus. Hoxe publícanse no BOPPO a nova liña de Axudas Sociais Extraordinarias, e o Plan de Servizos Comunitarios Básicos e o SAF, que xunto ás Axudas de Emerxencia, constitúen un fondo que ascende a máis de catro millóns de euros destinado aos concellos máis pequenos da provincia. (0,5 millóns de € das Axudas Básicas de Emerxencia, 2,2 millóns de € do Plan de Servizos Comunitarios Básicos e SAF e 1,3 da nova liña de Axudas Extraordinaria). En concreto, os concellos da comarca do Salnés que xa poden pedir as axudas son A Illa de Arousa, Cambados, Catoira, Meaño, Meis, O Grove, Pontecesures, Ribadumia, Sanxenxo, Vilanova de Arousa e Valga.
Máis polo miúdo, o concello da Illa de Arousa recibirá máis de 51.000 € da Deputación de Pontevedra distribuídos entre 7.650 € de axudas de emerxencia, máis de 28.500 € da liña de axudas sociocomunitarias e SAF e 15.240 € da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación.
No caso de Cambados as axudas ascenden a máis de 85.000 € dos cales 10.200 € proveñen das axudas básicas de emerxencia, 54.670 € da liña de axudas sociocomunitarias e SAF e 20.320 € da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación.
Pola súa banda o concello de Catoira beneficiarase de preto de 59.000 € da Deputación de Pontevedra distribuídos en 7.650 € das axudas básicas de emerxencia, máis de 21.000 € das axudas de servizos sociocomunitarios e SAF, 15.240 € da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación e máis de 14.500 € segundo o índice de envellecemento.
O concello de Meaño percibirá máis de 82.000 € dos cales 9.500 € correspóndense con axudas de emerxencia, máis de 55.000 € cos servizos sociocomunitarios e SAF e 17.780 € coa nova liña de axudas extraordinaria segundo tramos de poboación.
No caso de Meis as achegas ascenden a máis de 70.500 € distribuídos en 9.500 € de axudas de emerxencia, máis de 31.000 € de servizos sociocomunitarios e SAF, 15.240 € da nova liña de axudas extraordinaria segundo tramos de poboación e máis de 14.500 € segundo índice de envellecemento.
As axudas da Deputación de Pontevedra para O Grove ascenden a preto de 90.000 € dos cales 10.200 € correspóndense coas axudas de emerxencia, máis de 59.000 € cos servizos sociocomunitarios e SAF e 20.320 € da nova liña de axudas extraordinaria segundo tramos de poboación.
Pola súa banda Pontecesures percibirá máis de 44.500 € dos cales 7.650 € proveñen das axudas de emerxencia, máis de 21.600 € dos servizos sociocomunitarios e SAF e 15.240 € da nova liña de axudas extraordinaria segundo tramos de poboación.
O concello de Ribadumia recibirá máis de 56.500 € dos cales 9.500 proceden das axudas de emerxencia, máis de 29.000 € dos servizos sociocomunitarios e SAF e 17.780 € da nova liña de axudas extraordinaria segundo tramos de poboación.
No caso de Sanxenxo as axudas rozan os 96.000 € dos cales 10.900 € proceden das axudas de emerxencia, máis de 62.000 € das axudas para servizos sociocomunitarios e SAF e  case 23.000 € da nova liña de axudas extraordinaria segundo tramos de poboación.
Vilanova de Arousa recibirá máis de 113.000 € deste novo paquete de medidas sociais da Deputación de Pontevedra. Desta contía 10.200 € destínanse ás axudas de emerxencia, preto de 83.000 € aos servizos sociocomunitarios e SAF e 20.320 proceden da nova liña de axudas extraordinaria segundo tramos de.
Pola súa banda, Valga vai beneficiarse de máis de 71.000 € dos cales 9.500 enmárcanse nas axudas de emerxencia, case 44.000 € para os servizos sociocomunitarios e SAF e 17.780 € proceden da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación.
Amais destas axudas aos concellos en materia social, o goberno da Deputación de Pontevedra tamén vén de publicar hoxe no BOPPO as axudas de anticipos tributarios do novo Fondo de Liquidez do ORAL, dotado con 21 millóns de euros para os concellos que teñen delegadas as súas competencias.

A DEPUTACIÓN CONCEDERÁ AXUDAS E ANTICIPOS TRIBUTARIOS AOS CONCELLOS POR MÁIS DE 25M DE €

O Comité de Seguimento da Deputación de Pontevedra fronte á pandemia do COVID19, presidido por Carmela Silva, aprobou esta mañá coa unanimidade de todos os participantes, a activación de novas medidas destinadas aos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes por importe de máis de 25 millóns de euros. A presidenta provincial puxo en valor "a altura de miras e o traballo conxunto de todos os grupos políticos con decisións consensuadas, algo que estamos a conseguir nesta provincia e da que estou particularmente orgullosa porque creo que é o que a xente necesita nestes momentos tan duros que estamos a pasar. Desexo que así o fagan o conxunto das administracións.
Carmela Silva, informou dos máis de 4 millóns de euros en materia social que se poñen a disposición dos concellos máis pequenos para que podan facer fronte ás novas necesidades a raíz da crise sanitaria, coas novas axudas de emerxencia, o Plan de Servicios Comunitarios Básicos e o SAF, e a liña de axudas extraordinarias.
Esta nova liña, dotada con 1,3 millóns de euros, garante que todos os concellos de menos de 20.000 habitantes disporán de recursos extraordinarios. "É certo, dixo Silva, que para acceder a estas axudas os concellos teñen que cumprir coa normativa do Decreto de Alarma e ter superávit. Como sabemos que, aínda que son poucos, nalgúns concellos non o teñen, nós imos financiar a todos os concellos cumpran o non, porque se non podemos facelo ao través de este fondo extraordinario, farémolo co Fondo de Continxencias. Polo tanto, concluiu a presidenta, ningún concello desta provincia de menos de 20.000 habitantes quedará fora". Estas axudas extraordinarias están destinadas a atender prioritariamente ás persoas maiores soas, ás persoas de especial vulnerabilidade, ás necesidades de desinfección nos municipios e a todas aquelas que podan ser de carácter básico, "como a compra de material mentres non o reciban doutras administracións".
Por outra banda, as bases do Plan de Servicios Comunitarios Básicos e do SAF, dotado con máis de 2,2 millóns de euros, tamén serán publicadas este martes no BOPPO. Ao igual que cos Axudas de Emerxencia, os concellos poderán solicitar o 100% sen xustificalo previamente. Amais desta novidade, se ampliará a casuística dos gastos para que podan facer fronte ás novas necesidades derivadas da pandemia nos seus municipios, no eido da atención sociocomunitaria.
Igualmente, Carmela Silva deu conta ao Comité do novo Fondo de Liquidez do ORAL de 21 millóns de euros destinado, a modo de anticipo, a que os concellos dispoñan de recursos para atender as emerxencias derivadas da crise. Con esta medida, os concellos poderán recibir de xeito extraordinario un total de 18 millóns de euros, do importe correspondente da súa recadación do ano pasado a modo do anticipo, ao que hai que sumarlle outros 3 millóns de euros en relación ao imposto de vehículos. Carmela Silva tamén lembrou que ata o 30 de abril están suspendidos todos os pagos por parte da cidadanía de taxas e impostos, salvo no caso que teñan que facer algunha declaración, que terán que facela, pero que non se pasará ao cobro.
Cara ás empresas e persoas autónomas, a Deputación tamén aprobou unha orde interna para axilizar os pagos a provedores para que teñan a maior liquidez posible, "e desde hoxe, informou a presidenta,  todo o persoal ten a instrución de tramitar as facturas ao 100% de xeito electrónico e non manual, a fin de acortar aínda máis os prazos de pago"

9 de marzo de 2020

MAÑÁ ABRE O PRAZO PARA QUE @S MOZ@S SOLICITEN AS AXUDAS PARA O PAGO DO PERMISO DE CONDUCIR DE COCHE E CAMIÓN


A partir de mañá e ata o 31 de xullo as mozas e mozas de Galicia poderán solicitar as axudas para o pago do permiso de conducir tipo B ou tipo C, isto é, de turismo ou camión, respectivamente. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta liña de axudas que forman parte do Plan Estratéxico de Xuventude da Xunta de Galicia.
A Xunta de Galicia, coa finalidade de mellorar a autonomía, mobilidade e empregabilidade da xente moza, pon en marcha esta orde que conta cun orzamento total de máis de 761.000 euros. Así, para a obtención do permiso de condución de clase B, de turismo, o importe da axuda será de 400 euros, e de 650 euros para o de clase C, o de camión.
Estímase que esta medida beneficiará a máis de 1500 mozas e mozos. Ás persoas beneficiarias faráselles un anticipo do 80% da axuda, se así o solicitan, unha vez que teñan notificada a concesión da achega económica. Cómpre sinalar que o prazo de solicitude podería rematar con anterioridade no caso de que se esgote o crédito orzamentario dispoñible.
As persoas interesadas en solicitar esta axuda deberán ter máis de 18 anos, estar empadroadas na Comunidade Autónoma desde hai un ano e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén teñen que estar matriculadas nunha autoescola de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter obtido o permiso entre o 1 de xaneiro e a data da presentación.
As solicitudes poden presentar por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, ou de maneira presencial en calquera rexistro oficial da administración.


13 de septiembre de 2019

AXUDAS A VIVENDA PARA XÓVENES, AXUDAS UNIVERSITARIAS E CURSOS CELGA


A Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda convoca axudas á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente.
Requisitos específicos:
a) Ser titular dun contrato de alugamento de vivenda, en condición de persoa arrendataria, con mención expresa da súa referencia catastral.
b) Ter menos de 35 anos na data de presentación da solicitude desta axuda.
As solicitudes tramitaranse en https://sede.xunta.gal co formulario VI432A.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 11 de outubro de 2019
Máis información no DOG do 11 de setembro de 2019 e en http://igvs.xunta.gal

-  A Consellería de Educación convoca Axudas para máster universitario oficial, en Galicia.



Axudas para máster universitario en Galicia

A Consellería de Educación convoca axudas para a matrícula nun máster universitario oficial, destinadas a titulados/as universitarios/as en situación de desemprego, para o curso 2019/20.
Requisitos:
a) Estar en situación de desemprego na data de presentación da solicitude.
b) Ter rematados os estudos universitarios que dan acceso aos estudos do máster universitario con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2017.
c) Estar matriculado no curso académico 2019/20 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia, dun mínimo de 60 créditos, excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados.
d) Non estar incluídas nos casos de exención total de matrícula.
e) Non ter gozado desta axuda en convocatorias anteriores.
Contía da axuda:
A contía da axuda cubrirá o importe das materias matriculadas por primeira vez, ata un máximo de 60 créditos, do máster universitario oficial
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 21 de outubro de 2019
As solicitudes deben tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED421A
Máis información no DOG do 11 de setembro de 2019 e en orientacion.sug@edu.xunta.es
http://www.edu.xunta.es
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 21 de outubro de 2019
As solicitudes deben tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED421A
Máis información no DOG do 11 de setembro de 2019 e en orientacion.sug@edu.xunta.es
http://www.edu.xunta.es

Ø  A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis  Celga 1, 2, 3 e 4.

Persoas destinatarias:  As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria,
nacionais ou estranxeiras.
Datas:  As probas terán lugar na segunda quincena do mes de novembro de 2019.
Lugares:  As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.
Os formularios de solicitude, segundo o modelo PL500C, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de
Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 1 de outubro de 2019
Máis información no DOG do 10 de setembro de 2019 e en www.lingua.gal


Ø  A Asociación Cultural Outra Vaca no Millo pon en marcha o II Certame literario Valórate sobre a importancia da autoestima. Financiado pola Dirección Xeral de Xuventude.
Poderá paricipar calqueira persoa física con idade comprendida entre 16 a 30 anos
            O prazo de presentación estará aberto ata o 1 de outubro de 2019.
II Certame Literario VALÓRATE
11 Set 2019
Publicado enPremios e concursos
A Asociación Cultural Outra Vaca no Millo pon en marcha o II Certame literario Valórate sobre a importancia da autoestima. Financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, participación e voluntariado dentro do programa de axudas Iniciativa Xove, pretende sensibilizar a mocidade galega sobre a importancia da prevención en conductas de risco ou violentas entre a pobación.
Na primeira fase do proxecto convócase un CERTAME DE MICRORRELATOS coas seguintes bases:

Poderá paricipar no certame calqueira persoa física con idade comprendida entre 16 a 30 anos (ambos incluídos).
O tema será “a autoestima”
A extensión das obras será de cincocentas (500) palabras como máximo -incluído o título-.
As obras estarán escritas en galego.             
Os textos deberán ser orixinais e non ser publicados en ningún medio ou soporte. Non poderán recibir previamente ningún premio ou accésit noutro certame ou concurso.
Os orixinais das obras presentaranse unicamente en formato dixital.
Os traballos deberán ser enviados á dirección electrónica: certamevalorate@gmail.com
No asunto do mail especificarase: II certame de relato Valórate e acompañarano dous arquivos adxuntos (en formato .doc ou .pdf).
O nome dos arquivos adxuntos terá a seguinte composición:
1- Para o relato: título do relato
2- Para a plica: título do relato_plica
Exemplo: Se o título do relato é “Atardeceres”,
Para o relato: Atardeceres
Para a plica: Atardeceres_plica
Os relatos irán asinados baixo pseudónimo.
O arquivo coa plica incluirá: título, pseudónimo, nome e apelidos, domicilio completo, fotocopia do DNI ou do pasaporte, teléfono e dirección de correo electrónico.
A organización non manterá correspondencia cos participantes no certame.
Premios:
Primeiro Premio: Tablet
Segundo Premio: Drone
Terceiro Premio: Altofalante
O prazo de presentación estará aberto ata o 1 de outubro de 2019.



O horario da OMIX no centro sociocultural “A Mercé”: de 10:00 a 14:00 h, de luns a venres.
                                            Tel 986542663 / 673533331






16 de mayo de 2019

A OMIX DE CAMBADOS INFORMA DE MÁIS BECAS E AXUDAS PARA XÓVENES


Achegamos información que pode ser do voso interese

o   Aloxamento nas Residencias de Xuventude durante o curso 2019/2020. Presentación das solicitudes: aberto ata o 17 de xuño de 2019.

o   Axudas complementarias de Erasmus+ para ensinanzas artísticas superiores. O prazo aberto ata o 10 de xuño de 2019.

Máis información no DOG do 9 de maio de 2019 e en www.edu.xunta.es


o   Bolsas para o Máster en Produción Xornalística e Audiovisual da UDC. Prazo aberto  ata o 10 de xullo de 2019.

Bases da convocatoria e solicitudes dispoñibles na páxina web: www.mpxa.net


o    Exames de carnés profesionais e das habilitacións profesionais. Prazo aberto  do 1 ao día 12 de xullo de 2019, ambos os dous incluídos.
Máis información na OMIX de Cambados e premendo aquí.



10 de mayo de 2019

A DEPUTACIÓN CONCEDE AXUDAS A 23 DEPORTISTAS DA COMARCA DO SALNÉS



A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar as bases reguladoras para a concesión de becas ás e aos deportistas que xa teñen o recoñecemento da marca provincial na categoría de deportistas de alto nivel (DEPO-DAN) e na de deportistas promesa (DEPO-PROMESA). As becas, dotadas cun total de 200.000 euros, destinaranse a apoiar e posibilitar a súa participación nas competicións internacionais e nacionais para o ano 2019 e así axudarlles na consecución dos logros que lles permitan acadar a súas futuras metas deportivas. Esta nova marca de alto rendemento deportivo da Deputación conta con 116 deportistas na categoría DEPO-DAN e 74 en DEPO-PROMESA. En total 87 mozas e 103 mozos.
Carmela Silva relatou que "tras publicar as bases reguladoras do proxecto no mes de decembro e unha vez publicada no BOPPO a lista definitiva de mozas e mozos deportistas da provincia que obtiveron o recoñecemento da nova marca da Deputación, agora aprobamos as bases reguladoras para que as e os interesados poidan solicitar as axudas". As solicitudes deberán realizarse preferentemente por medios electrónicos nun prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación das bases da convocatoria e do extracto no BOPPO.
A presidenta da Deputación de Pontevedra explicou que "as e os deportistas están divididos en dous grupos de axudas, grupo A, para deportistas con recoñecemento de DEPO-DAN, e grupo B, para deportistas con recoñecemento DEPO-PROMESA". Máis polo miúdo, no grupo A haberá catro categorías: A1, con 2.000 euros, para deportistas que acrediten un podio nun Campionato do Mundo; A2, con 1.250 euros, para deportistas do 4.º posto en adiante no Campionato do Mundo ou podio no Europeo; A3, con 900 €, do 4.º posto en adiante nun Campionato de Europa ou podio no Campionato de España, ou A4, 500 €, do 4.º posto en adiante no Campionato de España ou podio no Campionato Galego. O mesmo ocorrerá co grupo B, deste xeito as e os do B1 recibirán 1.200 euros; do B2, 800 euros; do B3, 500 euros, e do B4, 300 €.
Máis polo miúdo, en canto á categoría de Deportista de Alto Nivel (DEPO-DAN), obtiveron a marca da Deputación deportistas dos seguintes concellos: A Estrada (3), A Guarda (4), Barro (1), Cambados (1), Cangas (10), Catoira (3), Cerdedo-Cotobade (1), Gondomar (1), A Illa de Arousa (2), Lalín (1), Marín (3), Moaña (4), Mos (1), O Grove (5), Oia (1), Poio (3), Pontevedra (26), Salceda de Caselas (2), Salvaterra de Miño (1), Sanxenxo (3), Tomiño (2), Tui (12), Valga (1), Vigo (20), Vila de Cruces (1), Vilaboa (1), Vilagarcía de Arousa (2) e Vilanova de Arousa (1).
Por deportes, estarán representados na categoría DEP-DAN as Federacións de: Piragüismo (49), Vela (13), Atletismo (9), Taekwondo (8), Remo (6), Tríatlon (5), Loita (5), Deportes de Inverno (2), Ximnasia (2), Ciclismo (2), Judo (2), Karate (2), Tiro (2), Automobilismo (1), Bádminton (1), Caza (1), Esgrima (1), Motorismo (1), Natación (1), Patinaxe (1), Squash (1), Tenis (1).
Pola súa banda, en canto ás e aos deportistas que obtiveron a marca DEPO-PROMESA, rapazas e rapaces de entre 12 e 16 anos, pertencen aos seguintes concellos: A Estrada (1), A Guarda (1), Caldas de Reis (1), Cambados (1), Cangas (2), Gondomar (2), Marín (2), Moaña (6), Moraña (1), O Grove (4), O Rosal (1), Poio (2), Ponteareas (2), Pontecesures (2), Pontevedra (16), Salvaterra de Miño (2), Tomiño (5), Tui (1), Valga (1), Vigo (17), Vilagarcía de Arousa(2) e Vilanova de Arousa (2).
Nesta marca están representados os seguintes deportes: Piragüismo (26), Taekwondo (12), Ximnasio (9), Bádminton (6), Esgrima (4), Judo (4), Vela (2), Baile deportivo (2), Kickboxing (2), Atletismo (2), Tenis de Mesa (1), Motociclismo (1), Patinaxe (1), Tenis (1), Xadrez (1).


TRES CONFRARÍAS DO SALNÉS E UNHA S.A.T. RECIBIRÁN AXUDAS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA


A Deputación adxudica axudas a 21 confrarías e a 11 cooperativas agrogandeiras da provincia por case medio millón de euros
As achegas ás confrarías de pescadores, pescadoras e agrupacións de mariscadoras benefician a entidades de 17 concellos e ás cooperativas agrogandeiras, a 5 municipios
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe a adxudicación de axudas para confrarías de pescadores e pescadoras e para agrupacións de mariscadoras, así como para cooperativas agrogandeiras da provincia por valor de case medio millóns de euros. As primeiras, cunha contía de 250.000 euros, beneficiarán a 21 entidades de 17 concellos e, as segundas, concédense a 11 entidades de 5 municipios por un total de 200.000 euros.
Entre as actuacións máis demandadas polas confrarías e agrupacións de mariscadoras da provincia están as de mellora, reparación e mantemento das instalacións, así como a adquisición de materiais e vehículos. En concreto, as 21 entidades ás que se lle concederon estas axudas son a Confraría de pescadores La Anunciada, de Baiona; a Confraría de Pescadores de San Martiño de Bueu; a Confraría de Pescadores de San Antonio de Cambados; a Confraría de Pescadores de San Xose de Cangas e a Confraría de Pescadores San Cipriano de Aldán, tamén en Cangas; a Confraría de Pescadores de San Martiño do Grove; a Confraría de Pescadores Santa Tecla da Guarda; a Confraría de Pescadores San Xulián da Illa de Arousa; a Confraría de Pescadores de San Martiño de Moaña; a Confraría de Pescadores San Gregorio de Raxó, en Poio; a Confraría de Pescadores San Telmo de Pont e a Confraría de Pescadores San Andrés Lourizán, de Pontevedra; a Confraría de Pescadores de San Xoán, de Redondela; a Confraría de Pescadores Santa Rosalía de Sanxenxo; a Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Arcade e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra, en Soutomaior; a Confraría de Pescadores San Francisco, de Vigo; a Confraría de Pescadores de Vilaboa Pedra da Oliveira; a Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo de Carril e a Confraría de Pescadores Virgen del Rosario de Vilagarcía de Arousa; e, por último, a Confraría de Pescadores A Pastoriza, de Vilanova de Arousa.
En canto ás axudas a cooperativas agrogandeiras, que se destinan a 11 entidades, as actuacións máis demandadas tamén son a compra e a adquisición de maquinaria e materiais, así como a mellora nas instalacións e nos equipamentos. Máis polo miúdo, as cooperativas beneficiarias son Ullama, na Estrada; a Cooperativa Agrícola de Forcarei-Sociedade Cooperativa Galega, de Forcarei; Aprodeza-Sociedade Cooperativa Galega, Campodeza-Sociedade Cooperativa Limitada, Cobideza-Sociedade Cooperativa, Cooperativa Gandeira de Botos-Sociedade Cooperativa Galega, Sociedade Cooperativa Gandeiros do Deza, Valle del Deza-Sociedade Cooperativa Agraria Limitada e Xuncoga-Sociedade Cooperativa Limitada, todas de Lalín; a Sat N 4035, de Ribadumia; e a Cooperativa del Campo o Rodo, de Rodeiro.