Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta OBRADOIROS DE EMPREGO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta OBRADOIROS DE EMPREGO. Mostrar todas las entradas

9 de diciembre de 2020

PROCESO DE SELECCIÓN DOS ALUMNOS-TRABALLADORES DO OBRADOIRO DE EMPREGO


PROCESO DE SELECCIÓN DOS ALUMNOS-TRABALLADORES DO OBRADOIRO DE EMPREGO “CAMBADOS RUTA XACOBEA CAMIÑO DE SANTIAGO”

Os candidatos/as preseleccionados/as pola Oficina de Emprego, para as prazas de Alumnos-Traballadores/as que estivesen interesados/as en participar no proceso selectivo das prazas convocadas, deberán acudir as dependencias do Departamento de Persoal (situado na rúa Ourense. Primeiro andar) no dia e hora que se indica na citación que recibiron da Oficina de Emprego:

Para o módulo de Albaneleria o día 14 de decembro de 2020

Para o módulo de Xardineria-Forestal o día 15 de decembro de 2020

Máis información https://wp.me/p74tPV-1rK



1 de diciembre de 2020

CLAUSURADOS OS OBRADOIROS DE EMPREGO CO ANUNCIO DE DOUS NOVOS NO 2021

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, destacou hoxe, durante o acto de clausura do obradoiro de emprego Ruta Marítima Camiño de Santiago II, o “absoluto compromiso” do Goberno galego coa formación e a inserción laboral no Concello de Cambados, xa que anunciou o comezo inminente doutras dúas iniciativas destas características para favorecer a reactivación económica e incrementar os niveis de ocupación.

A representante autonómica revelou que a Consellería de Emprego e Igualdade vén de aprobar o obradoiro de emprego dual Rutas Xacobeas, que se desenvolverá cos módulos de Xardinaría e Forestal, e a iniciativa para xóvenes Cambados Emprendedor II, que impartirá Dinamización de Actividades de Tempo Libre e Culturais e Limpeza de Espazos Abertos, Instalacións Industriais e Xestión de Residuos. Ambas terán lugar durante nove meses e formarán, en total, a 40 persoas -vinte delas de ata 30 anos no caso da segunda- grazas a un investimento de 776.000€.

A delegada territorial engadiu que os esforzos continuados da Xunta nesta área “permiten que a nosa comunidade teña moito mellores datos de ocupación laboral que a media de España” e ademais deixou claro que a creación de emprego sitúase, no actual contexto da pandemia, no podio de prioridades xunto coa Sanidade e a Educación: “Estamos a redobrar os esforzos en formación e na inserción laboral especialmente nestes momentos tan complicados pola crise sanitaria, xa que temos como obxectivo principal o impulso, canto antes, da reactivación”.

Luisa Piñeiro, que estivo acompañada na clausura pola alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, tamén quixo agradecer ao persoal desta iniciativa laboral e aos vinte alumnos-traballadores “o seu traballo ao longo deste ano, a súa responsabilidade e o bo desempeño que realizaron durante as súas prácticas para mellorar as tres rutas do Camiño de Santiago ao seu paso por Cambados e para as labores de limpeza e prevención de lumes no monte da Pastora”. Ademais, animou aos participantes a que aproveiten as oportunidades que lles brinda a súa gañada formación e a experiencia deste ano “para adentrarse con forza no mercado de traballo”.

En canto a este clausurado obradoiro de emprego Ruta Marítima Camiño de Santiago II, desenvolveuse dende o pasado mes de novembro e recuperou as súas semanas de paralización polo estado de alarma decretado fronte á covid-19 grazas a un acordo da Xunta, que pretendía non prexudicar nin menoscabar a súa formación polos efectos da pandemia.

Así, celebrouse durante doce meses cun investimento de 336.446€ e contou coa participación dunha vintena de desempregados de Cambados que realizaron a súa actividade formativa nos módulos de Carpintaría de Madeira e Xardinaría-Forestal.

O acto de clausura, que tivo lugar na Praza de Fefiñáns, tamén contou coa participación do director, Enrique Ferreiro, a titora, docentes, persoal e os alumnos do obradoiro e culminou coa entrega de diplomas acreditativos. 


22 de noviembre de 2020

A XUNTA CONCEDE OBRADOIROS DUAIS DE EMPREGO A VILAGARCÍA, VILANOVA, CAMBADOS E A MANCOMUNIDADE


Estas catro iniciativas laborais, que se desenvolverán durante nove meses ata o outono de 2021, formarán a 80 persoas desempregadas con fases de prácticas

A Consellería de Emprego e Igualdade vén de conceder, tras a correspondente aprobación por parte do Consello da Xunta, catro obradoiros duais de emprego á comarca do Salnés que se desenvolverán nos concellos de Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa e Cambados e na Mancomunidade desta bisbarra cun orzamento global de 1.387.784€.
Así, o executivo galego acordou o financiamento dos proxectos Forme 2020, de Vilagarcía de Arousa, Vista Real VI, de Vilanova de Arousa; Ruta Xacobea Camiño de Santiago, de Cambados; e Hostalería do Salnés XIII, promovida pola Mancomunidade.
Todos eles contan cun orzamento que ascende a 346.946€ cada un e terán lugar durante os vindeiros nove meses, ata o outono de 2021, cunha participación de 20 persoas desempregadas en cada un deles. Os alumnos-traballadores seguirán recibindo a súa formación a través da modalidade dual implantada hai dous anos en toda Galicia e que oferta aos alumnos e alumnas a posibilidade de optar a un contrato de tres meses máis nunha empresa da contorna.


Cómpre sinalar que a bisbarra do Salnés foi a que obtivo unha maior cifra de obradoiros aprobados nesta convocatoria de toda a provincia de Pontevedra, que contará cun total de 14 iniciativas destas características cun investimento de 4,77 millóns de € para a formación de 275 persoas desempregadas.


O obxectivo dos obradoiros duais de emprego pasa por mellorar a empregabilidade e as opcións de inserción laboral dos participantes ao tempo que serven para a mellora de certas infraestruturas ou servizos públicos, xa que ditas actuacións adoitan incluirse nas fases de prácticas polas entidades promotoras, o que redunda no interese xeral da cidadanía.


28 de noviembre de 2019

PRESENTACIÓN DOS ALUMNOS-TRABALLADORES DO OBRADOIRO DE EMPREGO DE CAMBADOS

Os anteriores Obradoiros do Concello de Cambados acadaron un grado de ocupación superior o 70%

O concello de Cambados ven de presentar ao persoal docente e administrativo e aos traballadores-participantes do Obradoiro de Emprego RUTA MARÍTIMA CAMIÑO DE SANTIAGO II. Estiveron presentes a alcaldesa Fátima Abal e o concelleiro de Economía e Facenda Xurxo Charlín, ademáis de representantes da Xunta.
Aos candidatos que se seleccionaron semanas pasadas esixíuselles que estiveran anotados nas oficinas de emprego. Ademais, o proceso daba prioridade ás persoas beneficiarias da Renda de Integración social de Galicia (Risga), que comprende a mulleres vítimas de violencia de xénero, menores de 30 anos, traballadores que esgotaron as prestacións ou subsidios por desemprego, parados de longa duración, maiores de 45 anos, solicitantes con discapacidade ou en risco de exclusión social e persoas sen titulación universitaria ou de FP de grado superior.
Favorecer a inserción laboral
O Obradoiro de Emprego que arranca hoxe, terá unha duración 9 meses. 
Os desempregados seleccionados vanse formar nun oficio mentres realizan obras ou prestación de servizos de interese social, que posibiliten unha formación profesional para ou emprego e a súa posterior inserción laboral. Os participantes recibirán unha vez terminada a actividade un certificado de profesionalidade que terá validez en todo o Estado.
Os anteriores Obradoiros do Concello de Cambados acadaron un grado de ocupación superior o 70%, así o Obradoiro para a Mocidade 2015 “Cambados emprego xuvenil” contou cunha ocupación dun 77% de inserción, ou mesmo o Obradoiro “Cambados Turismo Sostible III” que acadou un 73% de inserción, o que demostra o alto indice de inserción dos obradoiros de emprego que se realizarón en Cambados.
A finalidade deste obradoiro de emprego é por un lado a formación e o emprego dun dos colectivos máis prexudicados pola crise como son os maiores de 45 anos e os mozos e, por outro lado, dar resposta á demanda dos cambadeses tanto do casco histórico como das parroquias do rural e, máis en concreto, dos emprendedores do sector do turismo e do comercio, para mellorar a imaxe patrimonial, cultural e de ocio, fomentando o turismo e facilitando a desestacionalización do mesmo neste Concello.



15 de noviembre de 2019

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNOS-TRABALLADORES DO OBRADOIRO DE EMPREGO

Os anteriores Obradoiros do Concello de Cambados acadaron un grado de ocupación superior o 70%

O concello de Cambados ven de publicar no portal de transparencia o listado do órgano de selección realizado polo grupo de traballo mixto, formado por Funcionarios da Consellería de Economía, Emprego e Industria, xunto técnicos municipais, para a contratación temporal de persoal para o proceso de selección de Traballadores-Participantes do Obradoiro de Emprego RUTA MARÍTIMA CAMIÑO DE SANTIAGO II
Aos candidatos que se seleccionaron estes días esixíuselles que estean anotados nas oficinas de emprego. Ademais, o proceso dá prioridade ás persoas beneficiarias da Renda de Integración social de Galicia (Risga), que comprende a mulleres vítimas de violencia de xénero, menores de 30 anos, traballadores que esgotaron as prestacións ou subsidios por desemprego, parados de longa duración, maiores de 45 anos, solicitantes con discapacidade ou en risco de exclusión social e persoas sen titulación universitaria ou de FP de grado superior.
Favorecer a inserción laboral
O Obradoiro de Emprego comezará a finais deste mes de novembro, e terá unha duración 9 meses. O Portavoz municipal e concelleiro de Somos Cambados, Xurxo Charlín, destacou que os desempregados seleccionados “vanse formar nun oficio mentres realizan obras ou prestación de servizos de interese social, que posibiliten unha formación profesional para ou emprego e a súa posterior inserción laboral”. Tamén resaltou que os participantes recibirán unha vez terminada a actividade un certificado de profesionalidade que terá validez en todo o Estado, destacando que “a creación de emprego segue sendo a principal prioridade do Goberno local” e que neste campo faránse todos os esforzos e impulsará, como vén facendo, todas as iniciativas que faciliten a creación de postos de traballo en Cambados.
Os anteriores Obradoiros do Concello de Cambados acadaron un grado de ocupación superior o 70%, así o Obradoiro para a Mocidade 2015 “Cambados emprego xuvenil” contou cunha ocupación dun 77% de inserción, ou mesmo o Obradoiro “Cambados Turismo Sostible III” que acadou un 73% de inserción, o que demostra o alto indice de inserción dos obradoiros de emprego que se realizarón en Cambados.
 A finalidade deste obradoiro de emprego é por un lado a formación e o emprego dun dos colectivos máis prexudicados pola crise como son os maiores de 45 anos e os mozos e, por outro lado, dar resposta á demanda dos cambadeses tanto do casco histórico como das parroquias do rural e, máis en concreto, dos emprendedores do sector do turismo e do comercio, para mellorar a imaxe patrimonial, cultural e de ocio, fomentando o turismo e facilitando a desestacionalización do mesmo neste Concello.
Consulta aquí o listado




12 de noviembre de 2019

LISTA DE PRESELECCIONADOS TRALAS ENTREVISTAS PARA OS OBRADOIROS DE EMPREGO


O pasado venres dia 8 de novembro tiña lugar nas oficinas do S.E.P.E. de Cambados as entrevistas para seleccionar aos alumnos do Obradoiro de Emprego “RUTA MARÍTIMA CAMIÑO DE SANTIAGO II” nas especialidades de  XARDINERÍA e CARPINTERÍA.
Unha vez feitas as entrevistas foron pre-seleccionados 26 aspirantes no módulo de Xardinería e 20 no módulo de carpintería.
Neste enlace podes acceder a lista e saber si eres un dos aspirantes pre-seleccionados.


http://transparenciacambados.gal/wp-content/uploads/2019/11/20191111_5.4-PUNTUACI%C3%93NS-ENTREVISTAS-ALUMNOS.pdf



7 de noviembre de 2019

LISTA ASPIRANTES A ALUMNOS DO OBRADOIRO “RUTA MARÍTIMA CAMIÑO DE SANTIAGO II”


Mañán dia 8 de novembro  nas oficinas do S.E.P.E. de Cambados terán lugar as entrevistas para seleccionar aos alumnos do Obradoiro de Emprego “RUTA MARÍTIMA CAMIÑO DE SANTIAGO II” nas especialidades de  XARDINERÍA e CARPINTERÍA.

Os aspirantes e as horas as que se teñen que presentar son as seguintes:
Ás 09:30 H
Abel Chaves, Juan Carlos
Amoedo Carbia, Jose Antonio
Bríñez Camperos, Dayori Andreina
Castro Blanco, Arantxa
Abal Bemposta, Santiago
Barros Cores, Martin
Buceta Piñeiro, Jose
Cardoso De Sousa, Marcos Yohan

Ás 10:00 H
Castro Guiance, José Ramón
Chantada García, José
Cordero Casal, Eva
Dominguez Figueiras, Estela
Casaldarnos Panadero, M.Raquel
Conde Sánchez, María Del Mar
Domínguez Graña, Consuelo María
El Kemakh Mohammed

ÁS 10:30 H
Fernandez Vallés, Viviana
Froján Chaves, Basilio
Garcia Parada Eva Maria
González Vázquez, Ana Maria
Fariña González Cristofer
Garcia Meis, Aitor
Gómez Núñez, Celestino
Gonz.Constantino, Antonio

ÁS 11:00 H
Lopez Romero, Eva Lorena
Molares Posada, Jose Angel
Noya Fernandez, Mary Cruz
Núñez Sineiro, Jose Benito
Lois Costa, Jose Cesáreo
Meis Gonz. Vicente
Orol Sineiro, Nicolás
Paz Márquez, Juan Julio

ÁS 11:30 H
Oboukhova Olga
Piñeiro Aragunde, Maria Luisa
Piñeiro Vidal, Francisco Javier
Quintans FariÑA,Alexandre
Rey Iglesias. Kevin
Ruel Pombo, José Luis
Somoza Núñez, Ramiro
Useros Fernández, Roberto

ÁS 12:00 H
Rey Rey, Eva
Rodriguez, Eva María
Roma Bermúdez, Nieves
Romero Múñiz María

ÁS 12:30 H
Sánchez Chantada, Diego
Zamora Barreno, Rosse Mery

Sorte a tod@s!!!


18 de octubre de 2019

PROCESO DE SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR E PERSOAL DO OBRADOIRO DE EMPREGO “CAMBADOS RUTA MARITIMA CAMIÑO DE SANTIAGO II”


Estas bases teñen como finalidade, de conformidade co previsto nos artigos 10º e 11 º da Orde do 17 de abril de 2019 da Consellería de Economía, Emprego e Industria pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG 09-05-2019), a determinación do sistema, procedemento, requisitos e baremos das probas que se aplicarán no proceso de selección dos alumnos-traballadores participantes no citado proxecto, promovido polo concello de CAMBADOS e subvencionado pola antedita consellería.
As prazas de alumnado-traballador que se convocan son:
  • 10 prazas na especialidade de ACTIVIDADES AUXILIARES EN VIVEIROS, XARDÍNS E CENTROS DE XARDINERÍA // ACTIVIDADES AUXILIARES EN CONSERVACIÓN E MELLORA DE MONTES – Nivel.1.
  • 10 prazas na especialidade de TRABALLOS DE CARPINTERÍA E MOBLE / APLICACIÓN DE VERNICES E LACAS EN ELEMENTOS DE CARPINTERÍA E MOBLE – Nivel.1
Experto/a docente en ACTIVIDADES AUXILIARES EN VIVEIROS, XARDÍNS E CENTROS DE XARDINERÍA // ACTIVIDADES AUXILIARES EN CONSERVACIÓN E MELLORA DE MONTES. Xornada: completa.
Experto/a docente en TRABALLOS DE CARPINTERÍA E MOBLE / APLICACIÓN DE VERNICES E LACAS EN ELEMENTOS DE CARPINTERÍA E MOBLE – Xornada: completa
TITORÍA: Xornada: completa
DIRECCIÓN: Xornada: completa
PERSOAL ADMINISTRATIVO: Xornada: completa.





27 de septiembre de 2019

7 OBRADOIROS DE EMPREGO NO SALNÉS DARÁN NOVAS OPORTUNIDADES LABORAIS A 132 PARADOS


O Consello da Xunta ven de resolver a convocatoria de axudas dos obradoiros de emprego dirixidas aos concellos, mancomunidades e entidades públicas dependentes que permitirá a realización dun total de 7 obradoiros de emprego na comarca do Salnés o que permitirá incrementar as oportunidades laborais de 132 desempregados desta área a través dun investimento de 2 millóns de euros.
Os beneficiarios recibirán formación con certificado de profesionalidade e tamén un contrato de traballo. Na provincia de Pontevedra desenvolveranse 21 iniciativas (15 duais e 6 xuvenís).
En concreto, na comarca do Salnés realizaranse 5 obradoiros duais de emprego aos cales se destinarán 1,7M€. Así, aprobouse “Forme 19” de Vilagarcía de Arousa; “Vista Real V” de Vilanova de Arousa; “Ruta Marítima Camiño de Santiago II” de Cambados; “Hostalería do Salnés XI” da Mancomunidade do Salnés e “A Lanzada II” do Grove. Ademais, tamén verase beneficiada esta comarca con dous obradoiros xuvenís para menores de 30 anos: “Labora Xove 2019” de Vilagarcía de Arousa e “Cambados Emprendedor” de Cambados, cun orzamento global de 360.000 euros.
Trátase da segunda convocatoria deste programa mixto de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten ao alumnado participante a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación para o emprego recibida, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa inserción laboral. A duración dos obradoiros duais será de 9 meses.
Ademais, no caso dos obradoiros xuvenís para menores de 30 anos, estes deberán estar inscritos e en situación de beneficiarios no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma. As actividades estarán relacionadas coa titulación ou formación previa que posúan ou para a mellora do seu nivel de competencia profesional. A súa duración será de 6 meses.
Entre os criterios de valoración desta convocatoria destacaron a maior puntuación para os concellos asociados ou resultantes de fusións de dous ou máis municipios, así como para os concellos emprendedores. Tamén se primaron os proxectos que tiveron máis actividades relacionadas coas TIC e coa economía dixital; a relación do proxecto co tecido empresarial do territorio e, nos casos dos obradoiros duais, valorouse o desenvolvemento dun programa de inserción laboral mediante incentivos á contratación laboral durante un mínimo de tres meses a xornada completa.
Os obradoiros de emprego, que comezarán a partir do 30 de setembro deste ano, forman parte da Axenda 20 para o Emprego que inclúe, entre os seus obxectivos, mellorar a formación, capacitación e especialización dos traballadores ao longo da vida laboral como panca de cambio. Permite, ademais, actualizar a formación para o emprego nun contexto de aparición de novas ocupacións e transformación ou desaparición doutras.




16 de agosto de 2019

CAMBADOS E VILAGARCÍA CONTARÁN CON DOUS NOVOS OBRADOIROS A FINAIS DE SETEMBRO


A Xunta informou hoxe sobre a concesión de dous novos obradoiros de garantía xuvenil para a comarca do Salnés, un en Vilagarcía de Arousa e outro en Cambados que formarán a un total de 32 menores de 30 anos.
Este tipo de programas mixtos de formación e emprego se centran na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibilitan un traballo para os menores de 30 anos que, xunto coa formación profesional para o emprego, procura a cualificación profesional e favorece a posterior inserción laboral das persoas desempregadas que o realicen. Ademais, esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibirán formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos.
Na provincia de Pontevedra acaban de ser aprobados seis obradoiros de garantía xuvenil, dous dos cales desenvolveranse nestes concellos do Salnés.
Cambados desenvolverá un obradoiro, “Cambados Emprededor”, centrado en dúas áreas, unha dedicada a montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos e outra á programación de actividades culturais para o outono-inverno. Cada un destes cursos contará con 8 alumnos, aos que hai que sumar un director, dous docentes, un titor e un administrativo.
No caso do concello de Vilagarcía de Arousa, Labora Xove 2019, “centrarase no eido do socorrismo en espazos acuáticos e promoción turística local e información ao visitante”. Os 16 alumnos serán menores de 30 anos e formaranse durante 6 meses.
Oito destes alumnos levarán a cabo accións para promover o turismo en Vilagarcía, así como poñer en valor os seus recursos naturais e patrimoniais. Os outros oito alumnos terán como obxectivo da súa formación e mellorar a seguridade nas actividades acuáticas, potenciar a actividade deportiva como recurso para a mellora da saúde e da calidade de vida da cidadanía.
Ambos obradoiros, o de Vilagarcía e o de Cambados, comezarán a finais de setembro e terán unha duración de seis meses. A Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, aportará en total, para ambas iniciativas 360.042 euros.
Este tipo de iniciativas, centradas nos menores de 30 anos, teñen “un obxectivo claro: dar formación a persoas desempregadas de cara a que logren reinsertarse laboralmente, especialmente tendo en conta que estamos a falar dun obradoiro dirixido aos nosos mozos e mozas, os que, na actualidade, están tendo máis problemas á hora de atopar o seu primeiro emprego”.


8 de agosto de 2019

CLAUSURA DO OBRADOIRO DE EMPREGO DE CAMBADOS



O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, participou hoxe en Cambados na clausura do obradoiro de emprego Ruta Marítima Camiño de Santiago, no que 20 persoas sen emprego, ao tempo que accederon a un traballo durante nove meses, recibiron cualificación en carpintería do moble e xardinería forestal.
O 90% dos participantes, cun perfil medio de idade de 42 anos, aprobou os certificados de profesionalidade impartidos en traballos de carpintería e moble, aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintería e moble, actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e en conservación e mellora de montes. Ademais, recibiron formación complementaria en informática, sensibilidade medioambiental, técnicas de busca de emprego e creación de empresas, formación en igualdade e en prevención de riscos laborais.
Os alumnos do obradoiro, á vez que se formaron, realizaron o acondicionamento e mellora das rutas marítimas do Camiño de Santiago, ao seu paso por Cambados, de cara ao vindeiro Ano Santo 2021 e recuperaron zonas verdes do casco urbano.
Casal sinalou que os obradoiros de emprego ofrecen unha formación dual, flexible e á carta, o que contribuirá a contar cunha Galicia máis preparada. Ao respecto, explicou que o programa combina formación e emprego e que ao ser dual os alumnos, a partir de agora, teñen a posibilidade de traballar, como mínimo, tres meses máis en empresas da contorna na especialidade na que se cualificaron.
O director xeral resaltou, así mesmo, a necesidade de ofrecer unha formación continua que garanta un acceso máis favorable ao mercado laboral, lembrando que a maior formación, máis posibilidades existen de competir nun mercado que cada vez esixe unha preparación máis versátil e comprometida co cambio tecnolóxico.
Casal, así mesmo, agradeceu ao Concello de Cambados a súa implicación destacando a importancia da colaboración entre administracións para acadar unha Galicia cada vez mellor formada que sexa capaz de seguir creando emprego de calidade.
Chama a atención a ausencia do Delegado da Xunta Cores Tourís habitual de estes actos e que prefireu ir esta mañá a clausura do obradoiro Vista Real IV no que participaron un total de 20 veciños de Vilanova de Arousa, .
Pola súa parte a alcaldesa e o tenente alcalde, Fátima Abal e Tino Cordal destacaron o traballo realizado polo Obradoiro nos módulos de Xardinería forestal e Carpintería do moble:
-Melloras dos xardíns e zonas verdes no casco urbano e centros socioculturais do rural (axardinado e mantemento dos espazos verdes, plantación de planta, podas, abonados, desbroces, etc).
-Acondicionamento da senda fluvial na desembocadura Rio Umia (colocación de vallados, pasarelas de madeira elevados, carteis informativos, desbroces, recollida de lixo, etc).
-Fabricación de mobiliario urbano (30 papeleiras, 6 mesas, 6 xardineiras, 6 carteis informativos, 6 vitrinas expositores acristaladas, varias estanterías, etc.).
-Limpeza e mantemento Monte da Pastora para protección de incendios (limpeza de zonas peonís, podas selectivas, desbroces, eliminación de vexetación invasora, etc.).
-Acondicionamento e sinalización de Rutas Xacobeas (melloras das sinalizacións e carteis de sinalización, outros).
-Reparación e mantemento de parques infantís (instalación e reparación de xogos nos parques infantís públicos).
-Fabricación de mobiliario de interior (estanterías e mobles modulares para centros públicos.




9 de noviembre de 2018

PRESENTADOS OS ALUMNOS DO OBRADOIRO DE EMPREGO



A vindeira semana poñerase en marcha o Obradoiro de Emprego “Cambados Ruta Marítima Camiño de Santiago”, 20 alumnos formaranse en Carpintería de Madeira e Xardinería Forestal, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Os anteriores Obradoiros do Concello de Cambados acadaron un grado de ocupación superior o 70%, o que demostra o alto indice de inserción dos obradoiros de emprego que se realizarón en Cambados.
Os alumnos aproveitarán a súa formación para levar a cabo durante este curso prácticas coas que se acondicionará e mellorarán as rutas marítimas do camiño de Santiago ao seu paso por Cambados, así como se recuperarán zonas verdes do casco urbano.
Tódalas aquelas persoas que participan no mesmo estaban inscritas como demandantes na Oficina de Emprego de Cambados. En concreto contratouse o seguinte persoal:
1 DIRECTOR
2 DOCENTES para a impartición dos referidos módulos
1 TITOR
1 ADMINISTRATIVO
10 ALUMNO-TRABALLADOR XARDINERIA-FORESTAL
10 ALUMNO-TRABALLADOR CARPINTARÍA
A finalidade deste obradoiro de emprego é por un lado a formación e o emprego dun dos colectivos máis prexudicados pola crise como son os maiores de 45 anos e os mozos e, por outro lado, dar resposta á demanda dos cambadeses tanto do casco histórico como das parroquias do rural e, máis en concreto, dos emprendedores do sector do turismo e do comercio, para mellorar a imaxe patrimonial, cultural e de ocio, fomentando o turismo e facilitando a desestacionalización do mesmo neste Concello.
Rexeneración Urbana e no Rural
Por outra banda, o Concello de Cambados vai acometer unha serie de actuacións tanto no núcleo urbano coma nas parroquias, así tense previsto realizar un total de seis actuacións/servizo ao longo dos 9 meses de duración do Obradoiro. Ás actuacións deste proxecto van encamiñadas a mellorar a calidade de vida dos cambadeses e visitantes, dar impulso aos itinerarios artísticos-culturais e apoio ás demandas dos sectores do Concello de Cambados.



29 de octubre de 2018

SELECCIÓN ALUMNADO-TRABALLADOR PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO DE CAMBADOS




O grupo de traballo mixto encargado da selección dos alumnos-traballadores do obradoiro de emprego RUTA MARÍTIMA CAMIÑO DE SANTIAGO, acordou por unanimidade, na súa xuntanza do mércores 24 de outubro de 2018, propoñer as persoas que figuran nas seguintes relacións, como titulares e suplentes.
Lémbrase que a normativa do programa de obradoiros de emprego esixe o cumprimento, por parte dos alumnos-traballadores, dos requísitos mínimos na data de inicio do obradoiro de emprego.
Os requisitos mínimos esixidos son:
  1. Idade: dezaoito anos ou máis
  2. Figurar inscritos como desempregados plenos (non melloras de emprego) na correspondente oficina de emprego.
  3. Cumprilos requisitos para a formalización dun contrato para a formación; único susceptible de realizarse ós alumnos-traballadores, segundo a normativa vixente.
  4. Cando a formación vaia dirixida á obtención de certificados de profesionalidade, cumprir cos requisitos de acceso sinalados nos reais decretos que regulan ditos certificados.

Así mesmo, lémbrase que si o candidato que figura seleccionado como titular non aceptase dito posto, deberá presenta-la súa renuncia por escrito, para poder oferta-la ó seguinte candidato que figure como suplente.
SELECCIÓN ALUMNADO-TRABALLADOR PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO  CAMBADOS RUTA MARÍTIMA CAMIÑO DE SANTIAGO

TITULARES ESPECIALIDADE DE XARDINERÍA
ACHA MARTINEZ, JOSÉ ANTONIO21
COSTA TRIGO BEGOÑA28
GONZALEZ VAZQUEZ CLEMENTE23
LONGO SEÑORANS RUBEN24
MARTINEZ MALLO ALBA27
MARTINEZ VAZQUEZ MARÍA28
TORRES OTERO MARÍA SOLEDAD25
MARTIÑAN FONTAN LOURDES29
LOUREIRO LOPEZ CRISTINA24
BLANCO VEGA RAFAEL22

SUPLENTES ESPECIALIDADE DE XARDINERÍA
GIL SUAREZ JORGE20
GUTIÉRREZ VALLE PATRICIA19
ARAGUNDE PIÑEIRO MARÍA LUISA18
GOMEZ MOURIÑO ISABEL18
ORTEGA VALDERRAMA JOSEFA14
CASTRO GUIANCE JOSÉ R.13
LORENZO DURÁN MARÍA ÁNGELES11

TITULARES ESPECIALIDADE DE CARPINTERÍA
ALFARO VERA CARMEN26
CORES PIÑEIRO CRISTIAN26
GALIÑANES GONZÁLEZ JUAN R.22
RIVA GUTÉRREZ M.ª ISABEL25
SABARIS PAZ M.ª CARMEN28
VIEITES RODRÍGUEZ CRISTIAN27
REBOIRA FERNÁNDEZ JOAQUÍN21
PEREZ BLANCO GUILLERMO21
REY GARCÍA ROSA M.ª26
CASTRO CASTRO FRANCISCO A.24

SUPLENTES ESPECIALIDADE DE CARPINTERÍA
VALIÑAS CHEDAS ANA M.ª20
MONTERO ARAGUNDE ALBERTO19
GOMEZ NUÑEZ CELESTINO18
NUÑEZ ALONSO RICARDO17
REY CASTRO JESÚS16
AGRA HERMIDA RUBÉN MANUEL16
REMISEIRO FERNANDEZ ROSARIO15
LEIRO FERNÁNDEZ ROBERTO M.13

NON SELECCIONADOS
CHAVES DAVILA JOSÉ
RODRIGUEZ REBOEIRAS OSCAR
ALONSO GUGIC STELLA MARY
MAYANS GONDAR JOSÉ LUIS


http://transparenciacambados.gal/2018/10/29/2542/?fbclid=IwAR3wMBqobwfu82BINbmHWj5eDPOPS955D-z8R4giFM8qnNtf_tjLoLH3CuY



28 de septiembre de 2018

ARRANCA A SELECCIÓN DE ALUMNOS-TRABALLADORES DUN SEGUNDO OBRADOIRO DE EMPREGO EN CAMBADOS




O Concello de Cambados terá este ano un segundo Obradoiro de Emprego.
Ademáis do "Emprende Xove" inaugurado esta maña a vila acollerá o denominado "Cambados Ruta Marítima Camiño de Santiago”, subvencionado, igualmente, pola Xunta cun importe de 282.807,01€.
O Concello comeza xa o proceso de selección dos alumnos-traballadores participantes.
Concretamente, serán 10 prazas na especialidade de "Actividades Auxiliares en Viveiros, Xardíns e Centros de Xardinería e Conservación e Mellora de Montes" e outras 10 prazas na especialidade de "Traballos de Carpintería e Moble", ademáis do persoal docente.
Os requisitos esixidos están publicados no portal de transparencia e na web municipal.
Os traballos que se van a realizar neste obradoiro serán de acondicionamento e recuperación de áreas recreativas e zonas verdes, dotación de mobiliario no casco urbano, limpeza, mantemento e prevención incendios no Monte da Pastora, acondicionamento das Rutas Marítimas Xacobeas o seu paso por Cambados, acondicionamento da senda peonil do Río Umia e restauración das carpinterías exteriores de madeira do Salón Peña.

Fonte: Arousa Sí Radio