Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta FESTAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FESTAS. Mostrar todas las entradas

9 de noviembre de 2020

CAMBADOS NON TERÁ CABALGATA DE REIS NIN FESTAS NO SALÓN PEÑA

Que este Nadal ía ser atípico xa o presumíamos todos.

Cando apenas levamos 3 días coas novas resticións e sin saber canto tempo estaremos así, o 4 de decembro tomarase a decisión de continuar ou non e que concellos poden librarse desta"condena", si por razóns positivas non o fixeron antes, o Concello de Cambados ven de descartar a celebración da tradicional cabalgata de Reis. O concelleiro de Cultura, Tino Cordal, anunciaba este mediodía que non se celebrará o tradicional paseo dos Reis Magos así como a ludoteca e as festas que como en anos anteriores (agás o nadal pasado) se viñan celebrando no salón Pena. Malia todo, os Reis Magos si farán parada en Cambados. O Concello estuda a maneira en que os Reis Magos poidan facer unha parada na praza de Fefiñáns e e facer outras polas parroquias cambadesas. Só un cambio radical en positivo nestes case dous meses tata a data podería facer mudar de idea ao equipo de goberno local.

Unha novidade que o Concello estuda é a da posibilidade de crear unha Aldea de Nadal na praza de Fefiñáns e como non a colocación de iluminación de nadal polas rúas de pobo e as parroquias, como se está a facer nos últimos días..

O Concello tamén cancela os actos previstos para este mes porque. "a pesares de que a cultura é segura, o Concello ten que dar exemplo e concienciar á poboación cambadesa", indicou Cordal.


13 de octubre de 2020

A XUNTA PUBLICA QUE DOMINGOS E FESTIVOS AS GRANDES SUPERFICIES PODERÁN ABRIR NO 2021

Os concellos poden solicitar ata o 15 de novembro a modificación de ata dúas destas datas para adaptalas ás súas características

A Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) os domingos e festivos nos que os establecementos comerciais que non gozan de liberdade horaria, entre os que se atopan as grandes superficies, poderán abrir ao longo do vindeiro ano 2021.

Logo da consulta previa ás principais organizacións do sector, ao Consello Galego de Consumidores e Usuarios e ao Consello Galego de Cámaras, os días de apertura, que tal e como marca a normativa son dez cada ano, repártense do seguinte xeito: os dous primeiros domingos do ano (3 e 10 de xaneiro); o Xoves Santo (1 de abril); o domingo 31 de outubro, véspera do día de Todos os Santos; os domingos 28 de novembro e 5 de decembro; o 8 de decembro, día da Inmaculada Concepción; e os domingos 12, 19 e 26 de decembro.

Calquera concello que o estime oportuno poderá solicitar ata o próximo 15 de novembro a modificación de ata dúas datas para o seu termo municipal para adaptalo aos festivos locais ou atendendo a calquera outra circunstancia motivada.

Cómpre sinalar que estes domingos e festivos non son de aplicación para o pequeno comercio, xa que, con carácter xeral, poden decidir libremente o seu horario e días de apertura os establecementos de ata 300 metros cadrados, coa excepción dos que non teñan a consideración de pequena e mediana empresa. 


1 de agosto de 2020

CANDO TODOS SUSPENDEN FESTAS VILANOVA INVENTA UNHA


Cando todos os concellos e comisións de festas entán a suspender todo tipo de fstas o alcalde de Vilanova sácase da manga a primeira edición da Festa da Conserva e Produtos elaborados do Mar, un evento que busca promocionar as conservas e produtos elaborados do mar estratéxicos para a economía de Galicia. O centro de operacións será o Xardín Umbrío e non faltarán as degustacións e as actividades divulgativas e formativas ao redor da conserva.
O propio concello de Vilanova suspendeu as duas citas gastronómicas do verán, As Festas do Mexilón e do Berberecho. Non se entende que se suspenderan esas festas e agora se invente unha.
Anfaco- Cecopesca terá un protagonismo especial no evento, onde promocionará as conservas de peixe e marisco desde a súa caseta “Cata a lata” e coa celebración o domingo 2 de agosto ás 12:00 h. dun showcooking, en colaboración coa Consellería do Mar. Desenvolverao o chef cambadés Miguel Mosteiro de GastroLab Arousa, quen poñerá de manifesto a versatilidade das conservas de peixe e marisco na cociña actual. Ademais, estas accións gastronómicas compleméntanse con actividades de divulgación co obxecto de informar sobre as propiedades nutricionais e beneficios do consumo de peixe e de conservas, o papel da industria, así como o traballo da Asociación e Centro Tecnolóxico. Tamén estarán presentes con caseta varias empresas conserveiras e adegas da zona.


28 de julio de 2020

DESMANTELAN UNHA FESTA NUN BARCO NA ILLA D´AROUSA

Co fin do confinamento e a chegada do verán, aínda que poida parecer unha irresponsabilidade polas últimas noticias de rebrotes neste tipo de eventos, tamén chegan as festas. Esta vez, a Garda Civil de Pontevedra desmantelou unha festa a bordo dun barco na Illa de Arousa (Pontevedra), na que había máis de 20 persoas sen, por suposto, máscaras e sen manter a distancia de seguridade. O mesmo corpo de seguridade xa puxera máis de 200 denuncias na noite de Sanxenxo e Vilagarcía por non levar a máscara, ademais dalgunhas outras a locais por non cumprir o límite de aforo. Con todo, estas advertencias parecen non calar na parte máis fiestera da sociedade. A festa estaba a celebrarse o pasado domingo nun veleiro que estaba fondeado preto da illa cando, a última hora da tarde, os axentes recibiron unha chamada na que se alertaba do multitudinario evento, no que había música e «moita xente». Ás 20,50 horas, unha patrulleira do Servizo Marítimo da Garda Civil localizou o veleiro fondeado nas proximidades dunha praia e observaron que na cuberta había «unha importante aglomeración de xente sen respectar a distancia mínima de seguridade, consumindo bebidas alcohólicas e sen facer uso das máscaras». Ao proceder á inspección do veleiro, púidose comprobar que fora alugado por un veciño de Vilanova de Arousa que, a pesar de que se facía pasar polo patrón do barco, non chegou a presentar ningún título administrativo que o habilitase para esta función. Ademais, carecía do contrato de arrendamento e tampouco puido acreditar que estivese ao corrente de pago do seguro de responsabilidade civil obrigatorio. A pesar de que a pasaxe máxima do veleiro era de 12 persoas, contabilizáronse 22, que, ademais, non levaban no seu maior parte máscaras nin respectaban a distancia de seguridade, como establecen os protocolos contra a covid-19. A incidencia concluíu coa disolución da festa e o traslado do veleiro ao peirao de Vilanova de Arousa. Ao mesmo tempo, formuláronse as preceptivas denuncias administrativas, que se remitiron á Consellería de Sanidade e á Capitanía Marítima de Vilagarcía de Arousa.



26 de junio de 2020

ASÍ SERÁ O OCIO NOCTURNO SEGUNDO FEIJÓO

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, presentaron hoxe o protocolo coas medidas de seguridade e limitacións de aforo que deberán seguir os locais de ocio nocturno, as verbenas e as festas populares a partir do 1 de xullo, cando retomarán a súa actividade que leva paralizada desde o inicio do Estado de Alarma en marzo.
O protocolo foi elaborado, segundo a Xunta,  por expertos sanitarios (xa sabemos quenes son eses expertos), e é tamén froito do diálogo e de numerosas reunións cos representantes destes sectores, que mostraron o seu compromiso con facer cumprir as medidas e recomendacións recollidas no documento. Esto último é falso posto que a Xunta so se reuneu coas orquestras e non o fixo nin con comisións de festas, nin concellos nin forzas de seguridade. Eso sí agora botan man da Fegamp, cando esquecéronse dela desde o inicio das conversas.
Trátase dun protocolo gradual e reversible, no caso de que se detectaran brotes ou incumprimento das medidas. “As garantías sanitarias son o primeiro que se ten que observar”, salientou o vicepresidente.
A reanudación destas actividades articúlase en dúas fases. A primeira durará todo o mes de xullo e se regulará en base as medidas incluídas no protocolo presentado hoxe. A segunda fase comezará a partir do 31 de xullo e poderá supoñer unha ampliación do aforo, se a evolución epidemiolóxica e o cumprimento das medidas durante a fase un así o aconsellan. En calquera caso, aínda que se poidan avaliar a ampliación de aforos, na segunda fase manteranse as restantes medidas de seguridade e prevención fixadas no protocolo.
O Protocolo establece que tanto locais nocturnos, como verbenas ou festas populares, deberán seguir as medidas xerais de prevención ante a covid-19. Isto é, mantemento de distancia interpersoal, uso de equipos de protección, hixiene e desinfección, ou ventilación.

Locais de ocio nocturno

Xa máis polo miúdo, e no que se refire aos locais de ocio nocturno, o seu interior estará limitado a un aforo de dous terzos, isto é, por debaixo do 75 por cento que está fixado para os locais de hostalería a restauración. As terrazas, que xa poden abrir actualmente, terán o aforo limitado ao 80% como o resto de terrazas. E as pistas de baile estarán limitadas ao 50% da súa ocupación.
O uso da máscara será obrigatorio dentro do local e haberá un sistema de rexistro para poder localizar aos clientes no hipotético caso de que se detectase un positivo. Este sistema de rexistro será obrigatorio en todos os locais, pero a cesión de datos por parte do cliente será voluntaria. Os datos empregaranse só para o ámbito sanitario, e non poderán usarse para fins comerciais. Neste sentido, o vicepresidente apelou á responsabilidade individual dos clientes e recordou que os datos “pídense no seu interese”.

Verbenas e atraccións de feiras

No caso da verbenas, o aforo calcularase cunha persoa por cada tres metros cadrados e haberá fixados aforos máximos. Nos espazos de 8.000 metros cadrados ou menos, o máximo serán 1.000 persoas; no caso de ter unha superficie superior, o máximo serán 2.000 persoas. Para poder facer cumprir estes aforos, será preciso que a zona do evento estea delimitada. Deberá tamén un punto de entrada e de saída diferenciados.
O escenario deberá estar a, polo menos, catro metros de distancia do público; e tanto os compoñentes das orquestras e bandas como o público deberán portar máscaras de forma obrigatoria. Serán unha excepción os vocalistas e intérpretes de instrumentos de vento, que poderán quitar a máscara durante a súa actuación.
En canto ás atraccións de feira, o aforo tamén se calculará na base dunha persoa por cada tres metros cadrados. Neste caso, o máximo será de 700 persoas nas superficies iguais ou inferiores aos 8.000 metros cadrados; e de 1.000 persoas no caso de superficies superiores.
As atraccións poderán ocuparse ata un máximo que permita manter a distancia de seguridade interpersoal e, se esta non se pode asegurar, reducirase ao 50% en cada fila (aínda que esta limitación non será de aplicación en caso de persoas convivintes). Nas atraccións que non teñan asentos, o aforo máximo será do 50 por cento. Neste caso, será tamén obrigatorio o uso de máscaras
O vicepresidente asegurou que a Xunta ía ser “moi esixente” co cumprimento dos protocolos e que estará “vixilante” para comprobar que se cumpre. Apelou á “responsabilidade individual” das persoas á hora de cumprir medidas que redundan na saúde pública e advertiu que a Xunta “reaccionará inmediatamente se hai que facelo”, en tanto esta reanudación da actividade é reversible.
Por último, adiantou que a Xunta porá a funcionar un Plan especial de vixilancia por parte da Policía Autonómica para facer comprobación de que se están a cumprir as medidas sanitarias, non só nestes sectores, senón de forma xeral.
Para este Plan pedirase a colaboración de Delegación de Goberno e Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), en tanto se trata dunha tarefa de “interese xeral” que é competencia de “todas as administracións”.


8 de junio de 2020

FEIJÓO RETRASA A APERTURA DE DISCOTECAS E OUTROS LUGARES DE OCIO NOCTURNO


Tantas ansias para adiantar a desescalada, tanto empeño en que haxa verbenas. tanto alentar a os furanchos. Presumir de aumentar o afor nos bares e restaurantes cando era unha medida do goberno central..... E agora a Xunta frena a apertura de discotecas e o resto de establecementos de ocio nocturno.
Agora que farán algúns alcaldes que eran os adalides da hostelería?
A Xunta de Galicia decidiu hoxe retrasar unhas semanas a entrada en funcionamento das discotecas e dos restantes establecementos de ocio nocturno, de xeito que a apertura deste tipo de locais estará autorizada a partir do vindeiro mes de xullo.
Tras unha reunión interdepartamental na que a Consellería de Sanidade expuxo un informe relativo a este tema, o presidente da Xunta fixo uso da súa capacidade como autoridade competente delegada e asinou o Decreto polo que Galicia apraza a apertura de discotecas e establecementos de ocio nocturno.
En opinión do Goberno galego, o funcionamento destes locais non procede por agora e considera preferible agardar a que se poida avaliar o resultado do levantamento doutras restricións, como o libre tránsito entre as catro provincias galegas que entrou hoxe en funcionamento xunto coa entrada da Comunidade Autónoma na fase 3.
Durante as conversas mantidas con membros do sector, a Xunta de Galicia recoñeceu e agradeceu o esforzo que está a facer ao ver prolongadas as restricións que lles afectan en aras da maior seguridade para o conxunto dos galegos, e trasladoulle o seu compromiso para seguir traballando conxuntamente co obxectivo de que a apertura a partir de xullo poida facerse nas condicións máis viables que sexan posibles.

Despois esixirá que o goberno de Pedro Sánchez pague esas restricións.


16 de mayo de 2020

A GARDA CIVIL E A POLICÍA LOCAL DESALOXAN UNHA FESTA EN VILANOVA CON PRETO DE 100 PARTICIPANTES

Unha suposta festa en Vilanova de Arousa (Pontevedra) que aglutinaba a preto de 70 persoas foi desaloxada na noite deste venres pola Garda Civil e a Policía Local do municipio. Segundo informan varios medios, varios veciños da zona deron a voz de alarma ás autoridades tras advertir que non se estaba cumprindo o regulamento que regula a disposición de terrazas para a fase 1 da desescalada. Unha vez compareceron, os axentes puideron comprobar que nin o aforo permitido nin as normas referidas ao distanciamento social estaban a ser respectadas, xa que os asistentes atopábanse espallados por outras zonas do establecemento ademais da propia terraza.
Tras proceder ao desaloxo do establecemento, a Garda Civil levantou 22 denuncias a clientes e outra ao dono do local por non respectar as medidas de distanciamento social nin o aforo permitido durante a fase 1 da desescalada. Os propietarios do local enfróntanse a unha multa de entre 601 e 30.000 euros. Os clientes, pola súa banda, tamén foron identificados e expóñense a sancións económicas por incumprimento individual do decreto.


18 de abril de 2020

VILAGARCÍA SUSPENDE AS FESTAS DE MAIO

O Concello de Vilagarcía de Arousa viuse obrigado a suspender todos os actos públicos previstos para o mes de maio, dada a máis que posible prórroga do estado de alarma. Estes incluían a Festa dúas Maios, os concertos ao aire libre do Ágora Vermú, as actividades de conmemoración das Letras Galegas e as Festas de Santa Rita, que atraen á localidade a miles de persoas. “A incerteza sobre a data definitiva para o levantamento do estado de alarma, nuns casos, e as normas de distanciamento social que, a recado, impoñeranse a continuación, se non as imposibilitaban na súa totalidade, si que impedirán celebrar todas estas celebracións tal como adoitaban realizarse”, admite a Concellería de Cultura para xustificar a decisión de suspender todo o calendario de maio, do mesmo xeito que se fixo co de abril. O departamento que dirixe Sonia Outón explica que, aínda que os Maios e Santa Rita “non teñen sentido en datas que non sexan as súas propias” si se pretende dar cabida, a partir do último trimestre do ano, a todas as actividades que se poidan recolocar noutras datas. De feito, a edil insiste en que pretende recuperar a actividade cultural “tan pronto sexa posible” e, así, o Concello está a estudar novos métodos de promoción e difusión cultural, tanto en canto a modalidades presenciais “que se terán que adaptar ás novas circunstancias”, como ao aproveitamento das novas tecnoloxías.


26 de febrero de 2020

CAMBADOS ENTERRA AS LONGAS ESPERAS NA SANIDADE PÚBLICA


MÉRCORES DE CINZA 


ENTERRO DA SARDIÑA 


18:00 h. Na Praza do Concello*, degustación de doces típicos do Entroido, grazas á colaboración da Asociación “Amas de Casa Albariño”. 


19.00 h. Trala papatoria, terá lugar a homilía, antes do Enterro da Sardiña, que este ano contará coa presenza da Frade Goio, cos cánticos sacros das Charangas Os Jaláticos e As de sempre + nós e o Grupo de Batucada Olodum do Coio. 
A sardiña este ano representará ás longas esperas na Sanidade Pública.

Choróns e choronas quedades todos convidados formar parte deste sepelio que terá lugar na praia de San Tomé.


24 de febrero de 2020

MARTES DE ENTROIDO EN CAMBADOS. CONCURSOS DE DISFRACES E COMPARSAS


MARTES DE ENTROIDO

GRAN CONCURSO DE DISFRACES XUVENÍS E ADULTOS E CONCURSO DE COMPARSAS 

12.00-14.00 h. Obradoiro infantil de entroido diante do concello. 

17.00 h. Na Praza Alfredo Brañas, Concurso de Disfraces nas categorías de xuvenil e adulto amenizado polos DJs Studio 21 con premios en vales de compra nos establecementos comerciais asociados a Zona Centro ao mellor disfrace individual de 100€, parella 150€ e grupo 200€. 

18.30 h. Concurso de Comparsas con premios para as tres primeiras clasificadas: 1º premio de 400€, 2º premio de 300€ e 3º premio de 200€. Para o resto de participantes non premiados haberá unha gratificación de 100 €. 

(Para máis información, consultar as bases). 

*En caso de choiva trasladarase ao Auditorio da Xuventude no mesmo horario. 



22 de febrero de 2020

DOMINGO DE ENTROIDO EN CAMBADOS

DOMINGO DE ENTROIDO 

DESFILE DE CARROZAS 

16.00 h. Na Escalinata de San Tomé, recepción das carrozas e maquetas inscritas que participen no desfile. 
17.00 h. Comezo do desfile das carrozas acompañadas da música do Grupo de Batucada Olodum do Coio e a Charanga As de sempre + nós polas seguintes rúas: Escalinata de San Tomé – Avda. de Galicia – Praza do Concello – Avda. de Madrid – Praza de Fefiñáns. 
O desfile será retransmitido polo DJ Studio 21. 

18.30 h. Entrega de premios e participacións do concurso, na Praza de Fefiñáns. 

Para a 3ª Clasificada: 400€, á 2ª clasificada: 500€ e á 1ª clasificada: 600€. Ademáis, farase constar a gratificación de 200€ ás carrozas e de 100€ ás maquetas pola súa participación. (Para máis información, consultar bases) 

* En caso de choiva o desfile farase o martes 25 ou como última data o sábado 29 de febreiro no mesmo horario.


BASES CONCURSO CARROZAS ENTROIDO 



21 de febrero de 2020

COMEZA O ENTROIDO DE CAMBADOS


Un ano máis volve polo Entroido a Cambados o espectáculo musical A TÚA CARA SÓAME. Hoxe venres as 22.30 h. na Praza de Alfredo Brañas.
A túa cara sóame, espectáculo musical imitando o programa “Tu cara me suena” onde haberá actuacións con música en directo. Anímase a toda a xente a que participe disfrazada de cantantes ou grupos musicais. Haberá premios para as mellores actuacións.

Actividades para nenos o Sábado de Entroido no Parque de Torrado
A Concellaría de Cultura tamén organizou actividades infantís no Parque de Torrado ao cargo da empresa Nordelaina, que contará cun posto de pintacaras e tatuaxes temporais, simultaneamente vaise realizar un taller de antefaces e xogos con música. A partir das 7 da tarde todos os nenos poderán desfrutar dunha merenda típica con doces de entroido e chocolatada. Ademais tamén estará o Obradoiro de Emprego xuvenil “Cambados Emprendedor” de animación sociocultural levando a cabo Obradoiros de manualidades, xogos de destreza e xogos predeportivos para que os máis cativos da casa desfruten dun día de festa o sábado de entroido en Cambados.


28 de enero de 2020

ENTREVISTA A FÁTIMA ABAL. OS ESPUMOSOS RÍAS BAIXAS EN XAPÓN E A FESTA DA VIEIRA


A alcaldesa Fátima Abal adiantou varias novas nunha entrevista nen COPE Pontevedra.
O viño albariño espumoso servirase nunha feira de Tokio grazas á promoción que fixo Cambados en FITUR, a Feira Internacional do Turismo celebrada a pasada semana en Madrid. Profesionais xaponeses solicitaron unhas botellas da Denominación de Orixe Rías Baixas para o seu evento. Posteriormente, confirmaron que visitarán Cambados na festa do Albariño de agosto, segundo anunciou en COPE + Pontevedra a alcaldesa Fátima Abal. Esta variedade de espumoso promocionarase tamén na Festa do Albariño que se celebra en Mallorca no mes de abril e nas novas xornadas que organizará Cambados os días 14, 15 e 16 de febreiro no Salón José Pena. Sobre esa localización, Abal recoñeceu que non corre risco por necesitar dunha autorización de Portos de Galicia, xa que o viño maridará con conservas e, desta forma, mantense un uso relacionado co sector do mar. Segundo o que a presidenta de Portos de Galicia transmitiulle á rexedora do Salnés, este ano resolverase a petición de Cambados para que o paseo dá Calzada deixe de ser terreo portuario e pase a ser municipal.
FESTA DA VIEIRA Despois de non poder celebrarse en 2019 por falta de produto, o Concello de Cambados e a confraría local recuperará a festa da Vieira durante a fin de semana do 17 ao 19 de xullo, posiblemente cambiando de localización ao parque Torrado e pasando a ser un evento máis popular.



A entrevista completa AQUÍ.



23 de enero de 2020

XA PODES VER "EL SECRETO DE CAMBADOS" VÍDEO DA PRESENTACIÓN DA FESTA DOS ESPUMOSOS DE ALBARIÑO

A Alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, desvelou en Fitur a promoción da Festa do Albariño Espumoso.O Concello de Cambados da man da súa alcaldesa fixo esta tarde a presentación promociónal da Festa do Albariño Espumoso, que neste 2020 estreará datas, imaxe e actividades complementarias. A festa celebrarase os dias 14, 15 e 16 de febreiro. Como adiantamos a semana pasada, Cambados xunto ao de Meis foron os únicos concellos do Salnés que fixeron presentación individual xunto a que realizou a Mancomunidade do Salnés na caseta de Galicia.

O Concello de Cambados emiteu en directo a presentación das tres entidades e que podedes ver picando aquí.

A presentación de Cambados picando aquí.


"El Secreto de Cambados"



22 de enero de 2020

CAMBADOS PRESENTA MAÑÁN EN FITUR "EL SECRETO DE CAMBADOS"


Mañá ás 17:30h no stand de Turismo de Galicia da feira de Fitur, o concello presentará "El secreto de Cambados".

Cambados, como adiantamos en días pasados, non faltará á cita con Fitur que hoxe abría as súas portas. O Concello de Cambados da man da súa alcaldesa fará a presentación promocionando a Festa do Albariño Espumoso, que neste 2020 estreará datas, imaxe e actividades complementarias. A festa celebrarase os dias 14, 15 e 16 de febreiro. Como adiantamos a semana pasada, Cambados xunto ao de Meis serán os únicos concellos do Salnés que farán presentación individual xunto a que realizará a Mancomunidade do Salnés na caseta de Galicia. Este ano só ofreceranse espumosos amparados. En anteriores edicións participaron algunhas adegas adscritas á denominación, pero que non someteron estes viños á certificación da D.O. Rías Baixas. Ademais de degustacións, que incluirán un showcooking para aprender máis sobre a súa maridaxe gastronómica, ofreceranse charlas formativas dirixidas aos profesionais da hostalería e as adegas e tamén para particulares. Versarán sobre as formas máis adecuadas para servilo, as súas calidades fronte a outros espumosos, etc. Tampouco faltarán as actuacións musicais cuxos grupos se desvelarán próximamente.


22 de diciembre de 2019

OS BOLECHAS O LUNS E PAPÁ NOEL O MARTES, VISITARÁN CAMBADOS



Os Bolechas celebran o Nadal, sen neve e moi preocupados polo quecemento do planeta, no marco das propostas de dinamización lingüística do programa Nadal en Rede impulsado pola Rede de Dinamización Lingüística. E dentro do percorrido por varios concellos galegos o luns 23 estarán en Cambados (no Salón de Congresos e Exposicións José Peña, ás 17,30 horas).

E Papá Noel tamén visitará Cambados neste caso será o martes 24, tamén no Salón Peña. 
Os horarios da visita de Papá Noel a Cambados serán os seguintes:
11:30 a 13:30 h. e 16:00 a 19:30 PAPA NOEL 11:30 h. Recollida Papa Noel na súa casiña 12:00 a 13:30 h. Viaxa con Papa Noel no Pavitren 13:30 h. Despedida de Papa Noel
16:00 h. Comezo quenda para encontro con Papa Noel 16:30 h. Recepción Papa Noel



9 de diciembre de 2019

A ORDE DE HORARIOS DE ESTABLECEMENTOS E ESPECTÁCULOS PÚBLICOS PERMITE AOS CONCELLOS AMPLIAR OU REDUCIR A HORA XERAL DE PECHE


O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu hoxe a Comisión de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, reunión na que se presentou e aprobou o proxecto de orde pola que se determina o horario xeral de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas na comunidade galega. Desta forma, o proxecto avanza na súa tramitación con este paso previo á súa aprobación definitiva.
Santiago Villanueva destacou que a nova orde establece que serán os concellos os que poderán ampliar ou reducir de forma extraordinaria os horarios xerais de peche, tal e como xa se establecía na nova Lei de espectáculos, que entrou en vigor o pasado ano. Os municipios poderán ampliar ata un máximo de dúas horas o horario de peche de establecementos durante a celebración das festas e verbenas populares e en datas como o Entroido, a Semana Santa e o Nadal, facendo compatible o seu desenvolvemento coa aplicación da normativa en materia de contaminación acústica.

Os concellos tamén terán facultade para reducir os horarios fixados na orde en dúas horas en áreas de alta concentración de establecementos, espectáculos ou actividades cualificadas como residenciais, medioambientais protexidas ou saturadas.
Por outra parte, poderán acollerse a un réxime especial de horarios as actividades de restauración que se vaian celebrar en establecementos de hospedaxe, polígonos industriais, centros sanitarios e tanatorios, así como áreas de servizo de estradas, aeroportos, estacións de ferrocarril e autobuses.
Ademais, os concellos catalogados como zonas de gran afluencia turística poderán autorizar horarios especiais para os titulares dos establecementos que o soliciten porque vaian a levar a cabo actividades de restauración, ocio e entretemento.
Cabe destacar que, por exemplo, no tocante á restauración, o texto recolle que os restaurantes o horario xeral de peche é ás 02.00 horas, nas cafeterías e bares ás 02.30 horas e nos salóns de banquetes ata as 03.30 horas. Entre os locais de ocio e entretemento o horario de apertura remata ás 02.00 nos furanchos, ás 04.00 nos pubs, ás 04.30 nos cafés-espectáculo e ás 06.00 nas salas de festas e discotecas.
Durante a fin de semana (venres, sábados e domingos) e nas vésperas de festivos e festivos o horario de peche ampliarase media hora.
Esta nova orde de horarios adecúase ao decreto do novo Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos na comunidade galega que regula e organiza as distintas actividades e elimina categorías con escasa incidencia ou que se poden encadrar noutras tipoloxías xa existentes.
Entre as principais novidades deste catálogo, destaca a eliminación de figuras como os karaokes ou tablaos flamencos, xa que a súa incidencia en Galicia non xustifica unha tipoloxía propia e ademais poden encadrarse noutras xa existentes como os pubs ou os cafés-espectáculo respectivamente. Ao mesmo tempo, incorpóranse novas figuras como os espectáculos pirotécnicos, as salas de concertos, os parques multiocio ou os furanchos.


23 de noviembre de 2019

QUE DÍA SE ILUMINARÁN DE NADAL OS CONCELLOS DO SALNÉS


Sanxenxo será o Concello que adiante máis o aceso do Nadal na comarca de O Salnés. O xoves 28 de novembro, inaugurarase a iluminación con 378 figuras que iluminarán as rúas de maior afluencia de Sanxenxo e Portonovo, ademais dos núcleos das sete parroquias do municipio. O goberno popular de Sanxenxo alongará o iluminado ata o 12 de xaneiro, investindo 90.000 euros en luces. O sábado 30 de novembro é a data escollida por Ribadumia. Non temos constancia da duración do alumbrado nin a inversión deste concello para iluminar as rúas ribadumienses. Pola súa banda, Vilagarcía de Arousa elixiu o mesmo domingo día 1 para o aceso. A ambientación do Nadal contará este ano cun 'Mercado de Nadal' como novidade, as rúas de Vilagarcía encheranse de comerciantes e artesáns locais do 20 de decembro ao 5 de xaneiro. Cambados, O Grove e Meis elixiron o 5 de decembro como a data de inauguración da súa iluminación, no caso de Cambados, a maior parte do alumeado está xa colocado i este ano parece que aumenta a cantidade de luminarias. Pola súa banda, o municipio meco comezará a próxima semana a instalación de 40 arcos que decorarán a vila mariñeira, aumentando a súa aposta polo Nadal sen grandes dispendios e comprando ano a ano luces que pasan a formar parte do inventario municipal. Antes do actual boom das luces de Nadal, o habitual en concellos de menor poboación e actividade comercial era acender a súa iluminación pouca antes do día da Lotería Nacional, o 22 de decembro. En cambio, este ano teñen previsto todos os concellos, acender as luces de Nadal entorno a ponte decembro e A Illa farao o día 9, atrasan o acencido, segundo o alcalde Carlos Iglesias, porque sempre o manteñen despois de Reyes para celebrar o seu patrón, San Xulián. Varios gobernos locais teñen por determinar a data concreta de aceso aínda que en Meaño calculan facelo na primeira quincena de decembro e en Vilanova aínda non hai data aproximada para o encendido.



13 de agosto de 2019

PRESENTADO O XIX FESTIVAL XIRONSA

  • Fátima Abal acompañada pola deputada de Cultura Vitoria Alonso presentaron o XIX Festival Xironsa.
  • O festival terá lugar en Corvillón – Cambados os días 30 e 31 de agosto                                                    
Hoxe tivo lugar a presentación da XIX edición do Festival Xironsa no Salón de Plenos do Concello de Cambados, nesta presentación a alcaldesa Fátima Abal contou coa presenza de Vitoria Alonso deputada de Cultura.
Este ano como anos anteriores contará con varios concertos nos dous días de duración do Festival, ademais do xantar Xironsa, xogos tradicionais, unha feira artesán contarase con distintos postos de comida e a realización dun mural en vivo.
Ao longo dos días transcorrerán varias actuacións con pasarrúas, actuacións na sesión vermú e con concertos pola tarde, sen esquecernos das actuacións nocturnas na que o venres pola noite podemos contar con SES, XABIER DÍAZ & ADUFEIRAS DA SALITRE, LEIRABUXO,SRA DJ, e na noite do sábado actuarán OS RESENTIDOS, XOSÉ LOIS ROMERO & ALIBORIA, XIRONSA, TREBOADA ROCK, SRA. E SR. DJS.
A alcaldesa Fátima Abal agradece aos organizadores e colaboradores a realización deste tipo de eventos, que está claro que son todo un éxito, só basta con comprobar que esta xa é a súa dezanove edición e isto non seria posible sen un gran traballo dos organizadores e a resposta do público e anima a todos e a todas a que gocen destas actuacións, e como novidade este ano contarase con un Punto Morado para  axudar e informar as mulleres da mesma maneira que se contou na Festa do Albariño,  e recomenda prudencia para que sexan uns días inesquecibles e lémbrense pola diversión e o entretemento e non por outros motivos menos agradables.
Fátima Abal deséxalles que o tempo acompañe este evento e que teñan unha gran acollida e unha gran afluencia de público, como foi o caso das anteriores edicións e que este ano se batan todos os récords neste  XIX Festival Xironsa.



8 de agosto de 2019

FEIRA DE OPORTUNIDADES, FEIRA GASTRONÓMICA E FESTAS DE SAN ROQUE E A PASTORA


A Asociación de Comerciantes Cambados Zona Centro celebra un ano máis a Feira de Oportunidades os vindeiros días 15, 16 e 17 de agosto no Paseo da Calzada.
Nesta edición participarán 29 comercios, en gran parte de Cambados, que venderán roupa, calzado, complementos, material deportivo, fogar e mesmo alimentación con descontos para impulsar o comercio local e dar a coñecer os seus productos.
A Feria de Oportunidades de Cambados estará aberta durante os 3 días en horario ininterrumpido de 11:00 da mañá a 23:00 horas da noite.
Este ano a fin de semana con máis festas de Galicia, en Cambados ademáis da Feira de Oportunidades contaremos  cunha carpa para as I Xornadas Gastronómicas con productos do mar de Cambados para colaborar económicamente cos clubes deportivos do municipio, nesta edición co Club de Ximnasia Rítmica Grand Jeté, e amenizar as xornadas de compras.
E como non as festas de San Roque e da Virxe da Pastora.
Aparte dos actos relixiosos estas duas comisións deleitannos con verbenas e concertos.

SAN ROQUE:

XOVES 15
- D' PERLAS
- GRUPO ARENA


VENRES 16
- ORQUESTA ABANICO
- CACHE


A PASTORA:

SÁBADO 17
-SUFRE MAMÓN (Tributo a Hombres G)
-ASÍ SI
-LA BANDA DE MAZINGER

DOMINGO 18
-CHARLESTON BIG BAND