O Concello de Cambados forma parte da rede de entidades locais que comparten un obxectivo común reducir as emisión de gases de efecto invernadoiro para o 2030 así como aumentar a resilencia do seu territorio fronte aos perigos derivados do cambio climático.Para isto, o Concello propón unha serie de medidas e estratexias a implementar co fin de alcanzar obxectivos concretos tales como contratación pública de produtos e servizos aplicando criterios de baixa pegada de carbono, eficiencia enerxética e impulso das enerxías renovables, mellorar a rede de abastecemento de auga, construcción de redes para separar augas pluviais e fecais, saneamento incentivos fiscais no IVTM para vehículos eficientes e non contaminantes, recollida separada dos biorresiduos para compostaxe ou servizo de loita contra a pobreza enerxética en familias vulnerables levado a cabo polos servizos sociais entre outras medidas de mitigación.
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta ECOLOXÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ECOLOXÍA. Mostrar todas las entradas
1 de diciembre de 2020
PACTO DAS ALCALDÍAS (PACES)
O Concello de Cambados forma parte da rede de entidades locais que comparten un obxectivo común reducir as emisión de gases de efecto invernadoiro para o 2030 así como aumentar a resilencia do seu territorio fronte aos perigos derivados do cambio climático.Para isto, o Concello propón unha serie de medidas e estratexias a implementar co fin de alcanzar obxectivos concretos tales como contratación pública de produtos e servizos aplicando criterios de baixa pegada de carbono, eficiencia enerxética e impulso das enerxías renovables, mellorar a rede de abastecemento de auga, construcción de redes para separar augas pluviais e fecais, saneamento incentivos fiscais no IVTM para vehículos eficientes e non contaminantes, recollida separada dos biorresiduos para compostaxe ou servizo de loita contra a pobreza enerxética en familias vulnerables levado a cabo polos servizos sociais entre outras medidas de mitigación.
20 de noviembre de 2020
ASTILLEROS "ACHA" DE CAMBADOS CONSTRÚE UN BARCO ELÉCTRICO
Percorridos marítimos e fluviais pola natureza, sen ruídos desagradables que rompan a maxia e causando un mínimo dano á contorna. Isto é o que ofrece Xouva 4.90, un barco de paseo, con capacidade para oito persoas, deseñado polo enxeñeiro galego José Ballester que xa constitúe todo un exemplo de transporte ao servizo do turismo máis ecolóxico. Do mesmo xeito que quen construíu o Titanic, o impulsor de Xouva define á súa creación como “ insumerxible” aínda que, neste caso e segundo as súas palabras, é certo e está probado. “Aínda que se asolaguen todas as cámaras, o barco segue flotando”, explica Ballester, que resta importancia a esa característica para recalcar que, o realmente relevante do vehículo, é o que o impulsa. “Hai moitos barcos deste tamaño que son insumerxibles, pero non moitos que sexan eléctricos. No mercado español, Xouva é o único”, apunta o enxeñeiro, que comezou esta aventura empresarial no ano 2018. Polo momento, Ballester vendeu xa tres barcos, todos saídos de Astilleros Acha, de Cambados. Dous deles realizan roteiros de ecoturismo por Galicia e un está dispoñible para que o aluguen particulares na illa canaria de Lanzarote. A primeira Xouva que funcionou como recurso turístico é a que, desde o municipio coruñés de Sada, realiza percorridos guiados polo río Mandeo e por outros leitos e costas da comarca. “Realiza roteiros polo Mandeo, ata Betanzos. É unha zona protexida e reserva da biosfera. Tamén fai roteiros por Ares, Pontedeume… chegando mesmo ata o parque natural das Fragas do Eume”, informa o creador de Xouva. O segundo dos barcos tivo como destino a provincia de Ourense, onde completa percorridos polas paraxes próximas a Castrelo de Miño, Arnoia e Ribadavia. “Está vinculado aos balnearios de Caldaria e á Denominación de Orixe Ribeiro. Completa a oferta de Ourense en turismo termal e enoturismo”, expón Ballester. Máis lonxe foi a parar a terceira Xouva que xa está operativa. As praias da illa de Lanzarote son o seu campo de actividade, que presenta diferenzas coa das súas irmás que quedaron en Galicia. “Alúgase sen patrón, para dar unha volta pola costa. Quen a aluga toman o sol, báñanse no mar… Concorda máis co que se entende por lecer náutico”, comenta o emprendedor galego. Compromiso coa ecoloxía e a inclusión “Para min, o máis importante do barco é o feito de que sexa eléctrico, porque é o que fai que a pegada da actividade turística que realiza sexa practicamente nula. Ademais, a contaminación non é só pola emisión de partículas da combustión, senón tamén polo ruído. Dáse por sentado que un barco fai ruído e, por iso, unha das maiores sorpresas de quen vai na Xouva é o silencio”. Con esta frase remarca o fundador de Xouva o importante que é para el a sustentabilidade e o respecto ao medio ambiente. A ausencia de ruído, ademais de evitar perturbacións para a fauna, fai que a experiencia a bordo sexa máis gratificante. “É moito máis confortable, porque os tripulantes están máis metidos na natureza”, destaca Ballester.
Xouva é tamén unha embarcación adecuada para persoas con mobilidade reducida, o que, como conta o seu creador, concrétase no seu propio deseño. “Quero ofrecer un turismo eco, pero tamén inclusivo. Son dous valores que en terra son xa practicamente obrigatorios. A popa é plana e aberta, a diferenza dos barcos que teñen forma de bañeira. Isto é bo, non só para os usuarios de cadeiras de rodas, senón tamén para nenos, para maiores e para moitas outras persoas con mobilidade limitada”, relata.
Aínda que quere ir “con calma”, Ballester planea que, nun futuro non moi afastado, o seu Xouva estea presente noutros lugares de España e mesmo de Europa. “Primeiro, sairemos ao resto de España, que ten moitas zonas onde o barco pode funcionar. Logo xa sairemos a Europa, que é un mercado que xa existe”, avanza.
11 de septiembre de 2020
VECIÑOS DE VILARIÑO EN PÉ DE GUERRA
Veciños de Covas de Lobos na parroquia de Vilariño no concello de Cambados están fartos dos cheiros diarios que, segundo as suas sospeitaa, algunha empresa conserveira da zona está depositando e enterrando a escasos 50 mts do rio Umia. Son varios centos de toneladas de cuncha de mexilón os que levan tirados nesta propiedade.
Entre tres a catro camións depositan diariamente desde comezoa do mes de agosto mais o nos días que levamos de Septembro.
Estes cheiros fan imposible a vida sana do rural. Estes veciños pregúntanse como as autoridades consinten semlljante depósito de residuos., Tampouco saben a empresa conserveira ou a encargada de desfacerse da cuncha teñen algún permiso. O único que saben é que os cheiro e nauseabundo. A finca na que que se deposita a cuncha está a escasos metros da EDAR de Ribadumia.
Porque o Seprona non paraliza e investiga este despropósito e comprobe e investigue a legalidade deste verquido.
Onde está o SEPRONA?
Onde está Augas de Galicia?
As imaxes foron tomadas esta mesma mañán por un dos veciños denunciantes destes feitos.
31 de agosto de 2020
AVISTAMENTO DE ORCAS NAS RÍAS BAIXAS
O avistamento de orcas en augas de Galicia levou a Salvamento Marítimo a lanzar un aviso para que as embarcacións non se aproximaran a elas. O radioaviso foi publicado onte a última hora, informa da presenza dun grupo destes enormes cetáceos nas inmediacións das Rías Baixas.
"Avistamento de grupos de orcas en augas das Rías Baixas. Solicítase a todas
as embarcacións que en caso de avistamento non tenten
aproximarse, dean amplo resgardo e informen á estación costeira máis
próxima ou a Salvamento Marítimo Finisterre".
Vídeo
"Avistamento de grupos de orcas en augas das Rías Baixas. Solicítase a todas
as embarcacións que en caso de avistamento non tenten
aproximarse, dean amplo resgardo e informen á estación costeira máis
próxima ou a Salvamento Marítimo Finisterre".Vídeo
25 de agosto de 2020
REPOSTAS AS LÁMPADAS ARRANCADAS NO PASEO DO MUÍÑO DA SECA

A nova iluminación da senda peonil do muíño da Seca, en Cambados, durou unha semana escasa ata que os vándalos fixeron das súas. Os cinco focos que desapareceran xa foron repostos.
Na senda peonil do muíño da Seca, unha semana despois de que se colocaran unhas lámpadas solares, xa se botaron en falta cinco. Algunha levárona co poste e todo.
Son moitos os veciños que pasean ou fan deporte por aquí e os residentes en Corvillón utilizan este paseo para achegarse ao centro urbano. Non se entende este estrago en algo que é bo para todos.
Os participantes no obradoiro de emprego que fixeron a obra xa repuxeron os farois que faltaban. Colocáronos de xeito que sexa máis difícil quitalos.
O Concello leva meses tramitando os permisos con Patrimonio para dotar de luz de forma ecolóxica e sinxela o paseo da Seca, unha demanda da veciñanza e que parece que alguen non quere que se faga. Na man de todos está coidalo ben común
Desde o Concello anuncian que a Policía Local vai aumentar a vixilancia e piden a colaboración da veciñanza para impedir estes actos vandálicos.
19 de agosto de 2020
CAMBADOS CAMBIARÁ O MODELO DE MOBILIDADE EN TODO O CONCELLO
Cambados debe cambiar o seu modelo de mobilidade ou polo menos darlle un envorco de importancia ao que rexe nestes momentos. Por iso o goberno municipal ha encargado a elaboración dun plan que documente os principais problemas que ten o termo municipal centro pero tamén os principais núcleos rurais. Diso vaise encargar a empresa Terravanza, un gabinete de estudos especializado na planificación territorial que deberá ter terminado o seu traballo en febreiro do próximo ano.
Mañá manterán a primeira reunión as dúas partes, a concellería que se encarga do tema e técnicos da empresa para empezar a matizar ideas e conceptos. No caso do concello parece que teñen moi claro e considera que hai que protexer as áreas urbanas e núcleos rurais máis sensibles da presenza do automóbil, promover os desprazamentos mediante modos non motorizados, racionalizar o uso do coche privado, fomentar o estacionamento nos lugares acondicionados e máis adecuados e lograr unha distribución urbana das mercadorías máis eficaz e que interfira menos no uso do espazo público.
A partir de aí a empresa fará o estudo para propoñer cambios que supoñan cambios para conseguir o máis cómodo e seguro posible por Cambados, reducindo os niveis de contaminación acústica á vez que reducir de forma importante emisións de co2 á atmosfera.
5 de agosto de 2020
TRABALLOS DE LIMPEZA NO RÍO UMIA, EN RIBADUMIA, CAMBADOS E VILANOVA DE AROUSA
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de iniciar os traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Umia, nos Concellos de Cambados, Ribadumia e Vilanova de Arousa.
Estas tarefas estanse a desenvolver no citado río ao seu paso polas parroquias de Baión, en Vilanova de Arousa; de Oubiña, en Cambados; ou en Ribadumia.
As actuacións céntranse na retirada de árbores, pólas e madeira morta na canle, na roza selectiva da maleza e na eliminación de canas.
As obras enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-sur.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.
30 de junio de 2020
UN ACCIENTE CON DOUS FINAIS FELICES
O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados está de parabéns, o gato accidentado o pasado xoves na Via Rapida VG-4.3 saiu da operación en bo estado e xa ten un fogar definitivo para recuperarse!!!
O gato chámase Sinistro e adoptouno a moza que tivo o accidente de trafico.
Lembremos que o suceso prodúxose na Vía Rápida Vg4.3 que une Cambados con Vilanova no concello de Vilanova de Arousa.
A condutora, unha moza veciña de Cambados, sorprendentemente, resultara ilesa e saíra polo seu propio pé do coche tras volcar e saltarse a varanda e quedar coas rodas cara arriba.
Segundo a propia condutora, saíuse da vía despues dunha manobra que fixo co fin de evitar a un gato que se cruzou na calzada.
Si no primeiro momento o accidente tivo un final felíz no que non se lamentaron danos personais agora o animal terá un fogar ao lado dapersoa a quen estivo a punto de causar un gran dano.
Lembremos que o suceso prodúxose na Vía Rápida Vg4.3 que une Cambados con Vilanova no concello de Vilanova de Arousa.
A condutora, unha moza veciña de Cambados, sorprendentemente, resultara ilesa e saíra polo seu propio pé do coche tras volcar e saltarse a varanda e quedar coas rodas cara arriba.
Segundo a propia condutora, saíuse da vía despues dunha manobra que fixo co fin de evitar a un gato que se cruzou na calzada.
Si no primeiro momento o accidente tivo un final felíz no que non se lamentaron danos personais agora o animal terá un fogar ao lado dapersoa a quen estivo a punto de causar un gran dano.
2 de abril de 2020
ALGO BO DENTRO DA EXCEPCIONAL PANDEMIA DO COVID-19
A situación de emerxencia sanitaria ocasionada pola COVID-19, elevada a pandemia internacional pola Organización Mundial da Saúde (OMS) o pasado 11 de marzo, provocou unha crise sen precedentes na historia recente española e europea, con amplas repercusións na mobilidade e na actividade económica.
Froito da declaración do estado de alarma por Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, prorrogado de momento ata o 12 de abril por Real Decreto 476/2020, do 27 de marzo, adoptáronse unha serie de medidas de limitación da liberdade de circulación das persoas que derivaron nunha redución drástica e xeneralizada do transporte e, en menor medida, da actividade industrial e a xeración de electricidade, fontes principais da emisión dos contaminantes á atmosfera.
Desde o sábado 14 de marzo, data da declaración do estado de alarma, o tráfico interurbano e no acceso ás principais cidades diminuíu en torno ao 90 %, mentres as saídas de produtos petrolíferos desde as instalacións do Grupo CLH ao mercado español han descendido un 83 % no caso da gasolina, un 61 % o gasóleo A e un 85 % os carburantes de aviación. A demanda eléctrica ha caído un 20 %, tomando como referencia a situación previa ás medidas de restrición.
Nas grandes cidades, a redución do tráfico alcanzou porcentaxes moi importantes, da orde do 75 % no interior da M-30 de Madrid e do 77 % na zona de baixas emisións Roldas de Barcelona. Aínda que tamén se está observando unha forte caída no uso do transporte público urbano, que supera o 90 % nas proximidades ferroviarias e nos autobuses urbanos.
Tendo en conta que o tráfico motorizado é o principal factor que inflúe na calidade do aire urbano, é evidente que un descenso tan marcado da circulación e das súas emisións á atmosfera está a incidir nunha mellora moi significativa da calidade do aire que respiramos, aínda que se deba a circunstancias tan excepcionais como as derivadas da crise sanitaria e o estado de alarma.
Así o están poñendo de manifesto algunhas institucións e centros de investigación, e especialmente numerosos medios de comunicación estatais e locais, a partir da comparativa de imaxes de satélite e medicións de estacións de vixilancia da calidade do aire, utilizando series de datos en ocasións moi dispares, para períodos moi curtos e pouco homoxéneos, dada a aínda escasa perspectiva que temos.
Segundo os estudos do equipo de Julio Díaz e Cristina Linares, do Departamento de Epidemiología e Bioestadística do Instituto de Saúde Carlos III, a mortalidade atribuíble pola exposición a curto prazo ás partículas, o dióxido de nitróxeno (NON2) e o ozono, por causas naturais, respiratorias e circulatorias, ascendería en conxunto en España a unha media de 10.000 mortes anuais. Pequenas reducións nos niveis destes contaminantes poden ser determinantes para salvar vidas, no curto prazo.
Neste contexto, unha vez transcorridos os primeiros 15 días do estado de alarma e as limitacións asociadas para a circulación das persoas, o presente informe pretende cuantificar e analizar, sequera provisionalmente, o efecto da crise da COVID-19 sobre a calidade do aire nas principais cidades do Estado español, poñendo de manifesto que a redución do tráfico motorizado e os cambios nas pautas de mobilidade son a mellor ferramenta para rebaixar a contaminación, aínda tendo en conta a excepcionalidade da situación extrema que estamos a vivir.
GALICIA
A contaminación urbana en Galicia caeu un 58% na segunda quincena de marzo Apúntao a organización Ecoloxistas en Acción no seu informe «Efectos da crise do Covid-19 sobre a calidade do aire urbano en Galicia», elaborado a partir de medicións oficiais en 24 cidades españolas, entre elas A Coruña e Vigo. O estudo conclúe que a redución drástica do tráfico está a traducirse nunha mellora sen precedentes da calidade do aire nas cidades. As medidas provocadas polo estado de alarma «provocaron entre os días 14 e 31 de marzo o esborralle do dióxido de nitróxeno». «Na Coruña a diminución foi do 56% mentres que en Vigo chegou ao 60%».
![]() |
| Pica aquí para ver o Estudo completo |
GALICIA
A contaminación urbana en Galicia caeu un 58% na segunda quincena de marzo Apúntao a organización Ecoloxistas en Acción no seu informe «Efectos da crise do Covid-19 sobre a calidade do aire urbano en Galicia», elaborado a partir de medicións oficiais en 24 cidades españolas, entre elas A Coruña e Vigo. O estudo conclúe que a redución drástica do tráfico está a traducirse nunha mellora sen precedentes da calidade do aire nas cidades. As medidas provocadas polo estado de alarma «provocaron entre os días 14 e 31 de marzo o esborralle do dióxido de nitróxeno». «Na Coruña a diminución foi do 56% mentres que en Vigo chegou ao 60%».
27 de marzo de 2020
ESTE SÁBADO TOCA CAMBIO DE HORA
Este sábado toca cambiar a hora. Na madrugada do 28 (sábado) ao 29 de marzo (domingo) de 2020, ás 02:00 serán as 03:00. Desta forma, entraremos no horario de verán. Este ano, o cambio de hora chega nun momento excepcional na sociedade, xa que ante a pandemia do COVID-19, a ciudadania atópase confinada. Na UE, unha directiva de 2001 estableceu que o último domingo de marzo e outubro, é dicir dúas veces ao ano, levaría a cabo o cambio de horario, aínda que Europa estuda agora acabar con esta medida. Os países europeos teñen de prazo ata abril de 2020 para decidir se quedarán co horario de verán ou co de inverno. Se optan pola primeira opción, o último cambio de hora terá lugar en marzo de 2021, mentres que o reloxo cambiarase por última vez en outubro de 2021 naqueles países que decidan permanecer no horario de inverno.
9 de marzo de 2020
CAMBADOS E SANXENXO PARTICIPAN EN "ÚNETE AO RETO"
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda presentou esta mañá en Lalín a campaña Únete ao reto, impulsada en colaboración con Ecoembes co fin de fomentar a reciclaxe de envases lixeiros nun total de 15 concellos galegos pola vía da concienciación social e mediante a programación ao longo de tres meses de diversas accións de impacto na rúa.
Trátase da segunda edición desta iniciativa, que ten como obxectivo conseguir e incentivar aos concellos participantes para que melloren polo menos nun 10% a porcentaxe das achegas que fixeron ao contedor amarelo (envases de plástico, latas e bricks) durante o mesmo período do ano anterior. No acto de lanzamento da campaña, a conselleira Ángeles Vázquez explicou que aqueles municipios que o logren, recibirán como recompensa 2.000 euros, cantidade que poderán destinar a unha causa social da súa elección.
A iniciativa comezará a desenvolverse este mesmo mércores e prolongarase ata o vindeiro 11 de xuño nos 15 concellos participantes. Concretamente, Únete ao reto chegará nesta segunda edición aos municipios de Ourense, Ferrol, Arteixo, Carballo, Ribeira, Ponteareas, Lalín, O Porriño, Boiro, Teo, A Estrada, Sanxenxo, Tui, Viveiro e Cambados, que suman en total unha poboación de preto de 450.000 habitantes.
Para cumprir co obxectivo de incrementar nun 10% as súas actuais cifras de recollida de envases, están programadas unha serie de actuacións a pé de rúa coas que se buscará comprometer á cidadanía e animala a implicarse e participar activamente na mellora das taxas de reciclaxe de envases lixeiros nos seus respectivos concellos.
A idea é apostar por accións innovadoras e rechamantes entre as que figuran, como explicou Ángeles Vázquez, a instalación temporal de contedores xigantes en lugares públicos e visibles, a mobilización de patrullas de promotores ou a realización de impresións con auga e pintura de leite no pavimento de graffitis ecolóxicos, unha técnica que permite que a pintura desapareza ao cabo dunhas semanas.
De forma paralela a todas estas actividades, a mensaxe tamén se reforzará cunha campaña de comunicación pensada sobre todo para redes sociais coa intención de chegar ao público máis novo, e co reparto de merchandising.
Trátase dunha iniciativa dinámica que contará con actividades comúns pero que non necesariamente se van desenvolver de forma simultánea nin continuada nos 15 concellos. De feito, os 16 monitores que se encargarán de informar á xente e dinamizar as accións de rúa programadas estarán un mínimo de 20 días e un máximo de 39 en cada un dos municipios nos que se vai centrar a campaña. A misión destes dinamizadores de rúa será informar á cidadanía do reto e da importancia da reciclaxe, así como tamén ao comercio e aos hostaleiros locais.
Trátase dunha iniciativa dinámica que contará con actividades comúns pero que non necesariamente se van desenvolver de forma simultánea nin continuada nos 15 concellos. De feito, os 16 monitores que se encargarán de informar á xente e dinamizar as accións de rúa programadas estarán un mínimo de 20 días e un máximo de 39 en cada un dos municipios nos que se vai centrar a campaña. A misión destes dinamizadores de rúa será informar á cidadanía do reto e da importancia da reciclaxe, así como tamén ao comercio e aos hostaleiros locais.
Ademais, porase en marcha paralelamente e a nivel nacional a campaña Pensa cos pulmóns en medios autonómicos e locais. O obxectivo é concienciar sobre os beneficios que aporta a reciclaxe sobre a calidade do aire e o coidado do medio ambiente, repercutindo por tanto na protección da nosa propia saúde e animando á cidadanía a pensar de maneira sostible
Resultados da campaña anterior
Durante a pasada edición de Únete ao reto, que se levou a cabo no ano 2018, 10 dos 15 concellos galegos participantes cumpriron o seu obxectivo e incrementaron en máis dun 10% as taxas de reciclaxe no contedor amarelo.
Tras o éxito daquela experiencia piloto, a conselleira de Medio Ambiente engadiu que se os 15 concellos participantes nesta nova edición (algúns dos cales como Ribeira, Boiro, Ferrol, Ourense e Viveiro xa se implicaran tamén no primeiro reto) logran superar a barreira do 10% que se fixa como obxectivo mínimo, poderanse recoller uns 140.000 quilos de envases, latas e bricks adicionais ao longo dos tres meses que durará a campaña.
7 de marzo de 2020
AVES PETRÓLEADAS E GALLETAS DE FUEL NAS RÍAS GALEGAS
A asociación Ecoloxistas en Acción denunciou este venres a aparición de "aves petróleadas e galletas de fuel" na costa galega no que parece unha vertedura da sentina dalgún buque mercante. Nos últimos días apareceron varias aves con feridas e mesmo mortas, envolvidas nunha substancia escura e oleosa, o que suscitou alarma entre organizacións protectoras do medio ambiente. Segundo Ecoloxistas en Acción, os primeiros indicios atopáronse na praia da Lanzada, e posteriormente detectáronse aves con síntomas de estar en contacto con algún derivado do petróleo en zonas que van da ría de Vigo ata a comarca da Costa da Morte. A citada organización considera que a vertedura contaminante podería provir dalgún " sentinazo" ou baleirado de sentinas dalgún buque mercante en tránsito polas rías. Advirte de que ese tipo de "práctica ilegal repítese con asiduidade" e denuncia que "o Goberno galego mira para outro lado nun irresponsable deixamento de funcións". Ecoloxistas en Acción teme que algunhas verteduras poden conter metais pesados e bacterias susceptibles de " desestibilizar o ecosistema e de producir un dano irreparable á biodiversidade das rías" galegas. Varias asociacións ecoloxistas han organizado este #fin# de semana convocatorias para inspeccionar praias, recoller aves afectadas pola contaminación e avaliar o impacto ambiental.
12 de febrero de 2020
A CARPA INFORMATIVA DO PLAN REVITALIZA ESTIVO HOXE EN CAMBADOS
A carpa do Revitaliza instalouse esta mañá na contorna da Praza de Abastos do concello de Cambados. A Concellería de Medio Ambiente de Cambados e a Deputación organizou esta mañá un acto informativo sobre a compostaxe individual
O persoal da Deputación de Pontevedra repartiu á veciñanza material informativo sobre os beneficios da compostaxe e plantas aromáticas para que os comproben na casa

As mestras e mestres composteiros explicaron o funcionamento dos composteiros individuais e dos centros de compostaxe comunitaria (CCC).
O crecente interese pola compostaxe reflectiuse no número de cidadáns que se achegaron para recibir a información así coma na repartición de composteiros individuais facilitados pola Deputación de Pontevedra, xa esgotados nestas datas e que provocaron unha listaxe de agarda de medio cento de familias.
En canto ás estructuras comunitarias, o Concello dispón de dous centros en funcionamento e hai previsión para instarlar outros catro máis repartidos en diferentes zonas da vila.
Asimesmo, segundo sinala a Concelleira de Medio Ambiente, Cruz Leiro, "dentro desta iniciativa séguese a desenvolver o préstamo de trituradoras eléctricas para que os veciños e veciñas con composteiros poidan desfacer os seus restos de poda e nutrir así o seu composteiro individual, ao tempo que se reducen as queimas e os aportes de vexetais ós contedores verdes'.
https://revitaliza.depo.gal
31 de enero de 2020
O REFUGIO DE CAMBADOS LOGRA UNHA SENTENZA EXEMPLAR E SALVAR TRES CANS
Multa de 5 euros diarios durante 30 días, en virtude do artigo 337 do Código penal, e 1.174 euros a abonarlle á Asociación Protectora de Animais de Cambados polos gastos veterinarios xerados para salvar a vida de tres cans que foron atopados en estado esfameado. A sección da Garda Civil do SEPRONA presentou a denuncia contra o propietario e o Refuxio presentouse como acusación particular, para pelexar por que a condena se correspondese co dano ocasionado aos animais. Grazas á denuncia dun particular e a colaboración entre SEPRONA e animalistas, tres cachorros de cruzamento de Stanford salvaron a vida. Segundo a presidenta do Refuxio de Cambados, Olga Costa, tal como chegaron os cans o pasado mes de xullo, se non chegan a recollelos, un deles falecería, xa que o seu estado de desnutrición era moi avanzado. Ao día seguinte íase para os lados, non se tiña en pé, tiña convulsións e tivo que ser ingresado no veterinario. Os tres cans, Dalia, Erika e Benjamín, non só seguen con vida senón que todos foron adoptados xa. O último, leste mesmo luns.
Entrevista a Olga Costa
30 de enero de 2020
PERIGROSA PRAGA DE PROCESIONARIA NO MUÍÑO DA SECA
Segundo informan desde o Refugio de Animales de Cambados parece que hai procesionaria na zona do Muíño da Seca. Polo que hai que extramar as precaucións sobre todo con nenos e mascotas.
Coa subida xeneralizada das temperaturas, a oruga procesionaria prolifera en campos e parques, supoñendo un auténtico perigo para os nenos e os animais de compañía. Os expertos recomendan evitar o contacto con estes insectos custe o que custe, pois poden facer enfermar de gravidade a quen as toque. Perigosa para os nenos Expertos veterinarios e empresas de control de pragas coincidiron ademais en advertir sobre o risco "serio" que poden supoñer estas larvas para as persoas e animais. A inhalación dos finos pelos da oruga, onde oculta o seu veleno, pode producir desde urticarias ata reaccións alérxicas, especialmente nos nenos xa que eles son os máis vulnerables. A oruga adoita presentarse sempre en forma de procesión (ligadas unhas a outras) e situarse preto dos piñeiros onde instalan os " bolsones" nos que se desenvolve a larva e son precisamente esas procesións o que resulta moi rechamante para os pequenos, que tenden a tocalas para entender o que son. En canto aos bolsones, son tamén moi visibles pola súa cor branca e porque poden alcanzar dimensións de ao redor de 20 centímetros. Mortal para os cans Os problemas das orugas non se limitan á urticaria nas persoas pois, cans e gatos son especialmente vulnerables. Ás veces cómenas e tráganse todo o tóxico que contén o insecto, co que chegan a sufrir unha necrosis na garganta e na lingua.
En moitos casos os animais poden falecer polo contacto con estas orugas, polo que hai que tentar darse conta a tempo para evitar o rozamento das mascotas con estes insectos. Se os pelillos das orugas entran en contacto coas mucosas ou cos ollos dos animais, os síntomas adoitan ser picores, urticarias e sensación de quemazón e se a tocan adoitan comezar a babear e a rascarse a zona da boca. Ademais, nalgunhas ocasións a pel dánase e produce bochas. Ante este risco, o principal consello é acudir canto antes á clínica veterinaria e, se non é posible, lavar a zona con auga para diluír o tóxico. A calor favorece a colonización O incremento das temperaturas medias están a favorecer que as orugas procesionarias colonicen zonas cada vez máis altas de España, unha situación que tamén afecta a outros países da contorna, segundo técnicos do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente ( Magrama). Segundo estas fontes, o avance da oruga procesionaria no últimos corenta anos viuse favorecido grazas ao quecemento, xa que se trata dun insecto que foxe dos niveis elevados de humidade. De feito, as larvas aparecen durante o primeiro cuadrimestre do ano, entre xaneiro e abril, a medida que as temperaturas medias empezan a subir tras o inverno. Predominan despois do inverno, xusto cando empezan a subir as temperaturas, aínda que sempre depende da zona de España xa que en comunidades autónomas como Andalucía adoitan aparecer en xaneiro mentres que no caso de Madrid as primeiras presentáronse a finais de febreiro.
E agora xa a finais de xaneiro en Galicia.
28 de enero de 2020
ATALAIA MINING NON REABRIRÁ A MINA DE TOURO POR SER INSOSTIBLE PARA O MEDIO AMBIENTE
Vitoria para o movemento veciñal e ecoloxista que leva anos loitando contra o proxecto presentado por Cobre San Rafael. Está por ver que fai agora filial de Atalaia Minning, que xa advertira hai uns semanas que levaba gastados máis de 7,5 millóns no plan. A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, informou de que este martes asinouse unha declaración de impacto ambiental ( DIA) negativa, tras haber dous informes "desfavorables" e "insalvables" de Patrimonio Natural e de Augas de Galicia. Así, detallou que os informes técnicos recollen a afectación do proxecto mineiro na "calidade das augas" dos municipios do Pino e Touro, á vez que "se hai un desastre" non se garante a protección dunha zona de especial conservación ( ZEC). Agora, esta declaración ambiental negativa é trasladada á Consellería de Industria para que se poña fin ao proxecto. Con todo, Ángeles Vázquez explicou que a vía que queda á mineira, "como todo promotor", é a de "recorrer ao contencioso". REXEITAMENTO SOCIAL O proxecto para a reapertura da mina de Touro atopouse con forte rexeitamento social desde os seus comezos, coa posta en marcha dunha activa plataforma veciñal, unido a múltiples mobilizacións na comarca. A preguntas da prensa sobre se estas protestas influíron na negativa do Goberno galego, a conselleira deixou claro que "en absoluto", porque "o que prima é única e exclusivamente os informes dos técnicos". "En ningún caso pesa ningunha manifestación, só faltaba, porque se non estariamos todos vendidos", agregou. Hai uns anos a Xunta tamén denegou outro polémico macroproyecto mineiro ao descuberto, o de Corcoesto, no municipio de Cabana de Bergantiños (A Coruña), aínda que naquel caso foi por razóns financeiras e técnicas. PROXECTO Atalaia Mining (que cotiza en bolsa en Londres e cuxos socios de referencia son un grupo chinés e outro con sede en Suíza) e Explotacións Galegas (propietaria do terreo, que extrae áridos e á que a Xunta abriu varios expedientes) son as compañías promotoras de Cobre San Rafael, que impulsa a explotación dunhas 700 hectáreas de superficie. En maio de 2017 presentouse ante a Consellería de Industria o proxecto, mentres en outubro de 2018 comezou o procedemento ambiental, que agora conclúe cunha valoración negativa. Na exposición pública a Xunta recibiu unhas 1.200 alegacións. Recentemente, a compañía Cobre San Rafael cifrou en 7,5 millóns de euros o investimento realizado ata o termo de 2019 para a reapertura, con anos nos que se realizaron centenares de prospeccións. O obxectivo era investir uns 200 millóns en 15 anos, coa creación duns 400 empregos directos, segundo estimacións da empresa. En cambio, colectivos ecoloxistas informaron nos últimos meses de que Augas de Galicia abrira un expediente sancionador por unha "vertedura non autorizada susceptible de alterar a calidade da auga" ao arroio Brandelos, afluente do río Ulla. Ademais, denuncias foron trasladadas ao xulgado sobre as filtracións de auga da antiga explotación mineira que funcionou na localidade coruñesa ata finais da década dos 80 e na que se asentaba, en parte, o proxecto de Atalaia Mining.
10 de enero de 2020
PRESENTADA UNHA NOVA EDICIÓN DE “ VOANDO NAS RÍAS BAIXAS”
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto á deputada de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica, Iria Lamas, e do coordinador de SEO Birdlife en Pontevedra, Gustavo Ferreiro, presentou este venres a terceira edición de “ Voando nas Rías Baixas”, un programa que a través de cinco roteiros guiados permitirá ao público coñecer de forma gratuíta a riqueza ornitolóxica da provincia de Pontevedra. Carmela Silva destacou que “o respecto ás aves e á contorna onde se desenvolven é unha aposta moi firme deste goberno, e moito máis nesta provincia, onde temos uns espazos marabillosos”. Doutra banda, apuntou que estas actividades “son un elemento de atracción deste turismo de natureza sustentable e respectuoso co medio ambiente que queremos promover”. Gustavo Ferreiro, de feito, destacou a aposta do goberno de Carmen Silva polo medio ambiente e a programación deste proxecto “que permite que a xente se sensibilice coa natureza, así como coñecer a través das aves territorios que temos preto cun altísimo valor ecolóxico, á vez que se conciencia coa súa conservación”. O primeiro roteiro terá lugar o 26 de xaneiro para observar aves acuáticas e mariñas da enseada de San Simón, zona protexida pola Rede Natura 2000. O prazo para inscribirse comeza o luns 13 e acaba o día 22.
A segunda celebrarase o día 16 de febreiro e será polo Complexo Intermareal Umia-O Grove, reserva ornitolóxica máis grande de España. Os interesados poderán anotarse desde o día 3 ao 12 de febreiro.
En canto á seguinte excursión, será o 8 de marzo polo Estuario do Río Miño e a Foz dá Ramallosa onde hai unha gran variedade de aves palustres. Para esta, o prazo para participar ábrese o 24 de febreiro ata o 4 de marzo.
O cuarto roteiro desenvolverase o 31 de maio nas Brañas de Xestoso onde se atopan aves rapaces e, para poder velas, é necesario inscribirse entre o 18 e o 27 de maio.
Por último, o quinto roteiro farase na Serra do Suído o 21 de xuño onde se poderán observar grandes aves rapaces. O prazo para rexistrarse estará aberto desde o 8 ao 17 de xuño.
26 de diciembre de 2019
CAMBADOS A PUNTO DE METER OUTRA ÁRBORE NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se inicia a información pública da solicitude para ampliar o Catálogo galego de árbores senlleiras coa incorporación dun exemplar de freixo de folla estreita (Fraxinus angustifolia) no Concello de Cambados.
O exemplar de freixo está situado nas proximidades ao Pazo de Fefiñáns en Cambados e as súas principais dimensións son 21,1 metros de altura total e 3,5 metros de perímetro normal. Os promotores desta inclusión non achegan á Consellería fotos deste exemplar.
Deste xeito, ábrese a partir de mañá un período de 20 días hábiles durante o cal os interesados poderán presentar a documentación, observacións ou alegacións que estimen oportunas con relación á catalogación destes elementos no Catálogo galego de árbores senlleiras.
O obxectivo de promover a inclusión dun exemplar ou formación arbórea dentro do Catálogo galego de árbores senlleiras é garantir a súa protección e conservación, ao entender que pola súa propia singularidade, merecen ser preservados e inventariados.
A información dos expedientes estará dispoñible para a súa consulta nas dependencias da Dirección Xeral de Patrimonio Natural en San Lázaro (Santiago de Compostela) e na Xefatura Territorial de Medio Ambiente en Pontevedra, e tamén poderá examinarse de forma dixital a través da páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
O Catálogo galego de árbores senlleiras
O Catálogo galego de árbores senlleiras é un rexistro público de carácter administrativo dependente da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, no cal se inclúen todas aquelas árbores e formacións merecentes de protección en atención ás características excepcionais que as fagan merecentes dunha protección especial.
Trátase dunha ferramenta aberta e en constante actualización, podendo propoñer a inclusión de elementos novos os seus propietarios, as administracións públicas, os centros de investigación ou asociacións e aquelas entidades privadas ou públicas que teñan entre os seus fins estatutarios a protección da natureza. De feito, desde a aprobación do seu regulamento no ano 2007, este catálogo foi obxecto xa de diversas revisións.
Trátase dunha ferramenta aberta e en constante actualización, podendo propoñer a inclusión de elementos novos os seus propietarios, as administracións públicas, os centros de investigación ou asociacións e aquelas entidades privadas ou públicas que teñan entre os seus fins estatutarios a protección da natureza. De feito, desde a aprobación do seu regulamento no ano 2007, este catálogo foi obxecto xa de diversas revisións.
10 de diciembre de 2019
A FROTA DE CAMBADOS RECOLLE 1500 QUILOS DE LIXO NOS FONDOS MARIÑOS
A segunda campaña de retirada de lixo mariño na ría de Arousa no marco do proxecto europeo CleanAtlantic, desenvolvida do 2 ao 5 de decembro pola frota de rastro de vieira da confraría de Cambados, saldouse coa recollida de 1.500 quilos de residuos de distinto tipo. A maioría deles, máis do 75%, correspóndese con utensilios ou elementos elaborados con plástico.
Esta acción, organizada polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar no marco do proxecto CleanAtlantic, que coordina o organismo dependente da Consellería do Mar, participaron un total de 27 embarcacións cambadesas durante o desenvolvemento da súa actividade profesional na zona denominada O Canal, na parte interna da ría de Arousa, nunha área comprendida entre Cambados, a Illa de Arousa e O Grove.
Dos 1.504,25 quilos de residuos recollidos nesa área, arredor dun 77% correspondíase con restos de materiais plásticos, concretamente 1.159,77 quilos. O resto eran elementos de goma (6%), metais (4%), produtos orgánicos como madeira procesada ou papel (2,6%), unha pequena porcentaxe de vidro (0,25%) e mesturas de materiais diversos (9,9%).
Os resultados obtidos nesta campaña coinciden en canto ao tipo de residuos recollidos coa acción anterior desenvolvida na ría de Arousa polo proxecto CleanAtlantic. Entre os días 4 e 7 de novembro a frota de bou de vara da confraría de Cambados participou na retirada de lixo nunha zona situada entre Vilanova, a Illa de Arousa e a banda norte da ría de Arousa e recolleu arredor de 3.000 quilos de residuos en só catro días de actividade.
Toda a información extraída destas accións permite coñecer con maior detalle as mellores condicións operativas para a recollida de residuos, a súa orixe e as cantidades, así como os impactos no medio, co que se obteñen datos para deseñar medidas orientadas á redución do lixo que chega ao mar e a súa xestión.
O proxecto europeo CleanAtlantic está financiado polo Programa Espazo Atlántico e ten como obxectivo mellorar as capacidades para previr, monitorizar e reducir o lixo mariño a través da cooperación rexional. O consorcio desta iniciativa está integrado por 19 organizacións de cinco países (España, Francia, Portugal, Irlanda e Reino Unido) e a participación galega está formada polo Cetmar, o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e investigadores dos centros galegos do Instituto Español de Oceanografía (IEO).
2 de diciembre de 2019
A FROTA DE CAMBADOS INICIA TRES XORNADAS DE RECOLLIDA DE LIXO MARIÑO NO MARCO DO PROXECTO CLEANATLANTIC
A frota de rastro de vieira da confraría de Cambados iniciou hoxe tres días de campaña de retirada de lixo mariño na ría de Arousa. Esta acción, organizada polo Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), dependente da Consellería do Mar, enmárcase no proxecto europeo CleanAtlantic para mellorar as capacidades de previr, monitorizar e reducir o lixo mariño a través da cooperación rexional. Neste proxecto tamén participa o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) e a súa directora, Covadonga Salgado, supervisou no porto de Tragove a posta en marcha de todo o dispositivo.
A campaña de recuperación de lixo mariño na ría de Arousa realízase coa colaboración da confraría de Cambados e consiste na localización e retirada de lixo do fondo mariño e de artes de pesca por parte da frota de rastro de vieira durante o desenvolvemento da súa actividade diaria. Os residuos que os profesionais do mar van recuperando deposítanse en sacos específicos colocados a bordo das embarcacións e un barco bateeiro actúa como plataforma intermedia no que depositar eses sacos para que non obstaculicen a actividade de extracción dos tripulantes.
Os sacos con residuos retirados do mar son pesados, caracterizados e levados a terra para a súa correcta xestión e estudo no marco do proxecto CleanAtlantic, que inclúe accións piloto para estudar as condicións operativas e loxísticas máis adecuadas para a retirada do lixo mariño coa colaboración do sector pesqueiro e para coñecer as capacidades dos diferentes aparellos nestas actuacións de limpeza.
Os sacos con residuos retirados do mar son pesados, caracterizados e levados a terra para a súa correcta xestión e estudo no marco do proxecto CleanAtlantic, que inclúe accións piloto para estudar as condicións operativas e loxísticas máis adecuadas para a retirada do lixo mariño coa colaboración do sector pesqueiro e para coñecer as capacidades dos diferentes aparellos nestas actuacións de limpeza.
De feito, a información obtida nestas accións permite coñecer con maior detalle as mellores condicións operativas para a recollida de residuos, a súa orixe e as cantidades, así como os impactos no medio, o que aporta información fundamental para deseñar posteriormente medidas orientadas á redución do lixo que chega ao mar e a súa xestión.
A Consellería do Mar avanza deste xeito na colaboración co sector pesqueiro para o estudo e recollida do lixo mariño e mostrando ao mesmo tempo a implicación do sector pesqueiro galego na protección e conservación do mares. De feito, a acción iniciada hoxe en Cambados súmase á realizada por esta mesma confraría a comezos de novembro e na que a frota de bou de vara retirou preto de 3.000 quilos de residuos mariños na zona interna da ría de Arousa.
O proxecto CleanAtlantic
Esta iniciativa europea na que se enmarcan as campañas de recollida de lixo no mar comezou en setembro de 2017 e finalizará en agosto de 2020. O grupo de traballo está integrado por 19 organizacións de cinco países (España, Francia, Portugal, Irlanda e Reino Unido) e conta coa participación de entidades galegas como o Cetmar, o Intecmar, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e investigadores dos centros galegos do Instituto Español de Oceanografía (IEO).
A nova na TVG























