Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta ECONOMIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ECONOMIA. Mostrar todas las entradas

18 de noviembre de 2020

LIÑA DE AXUDAS DA XUNTA PARA TRABALLADORES AUTÓNOMOS


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a primeira das liñas de apoios do Plan de rescate para as persoas traballadoras autónomas e microempresas, axudas de concorrencia non competitiva que se atenderán por orde de entrada, dende o momento en que o solicitante achegue a documentación completa. Os beneficiarios recibirán nun pagamento único un apoio de 1.200 euros, que pode incrementarse ata os 2.000 euros nos sectores ou actividades económicas especialmente paralizadas.

Son principalmente as relacionadas co ocio nocturno; actividades que se desenvolvan en atraccións de feiras, sen un establecemento aberto ao público, e que pertenzan ás CNAES que se detallan no DOG; taxistas; transporte marítimo de pasaxeiros; transporte de pasaxeiros por vías navegables interiores; provisión de comidas preparadas para eventos; actividades de exhibición cinematográfica; axencias de viaxes; operadores turísticos; outros servizos de reservas e actividades relacionadas cos mesmos; organización de convencións e feiras de mostras; artes escénicas; actividades auxiliares ás artes escénicas; xestión de salas de espectáculos; actividades dos parques de atraccións e os parques temáticos; e outras actividades recreativas e de entretemento.

Así mesmo, o próximo venres está previsto convocar a nova liña dotada con 10 millóns de euros para facilitar préstamos directos aos autónomos, microempresas e pemes que teñen máis problemas de liquidez e máis dificultades no acceso ao crédito privado durante a covid-19.

Arias avanzou a súa intención de continuar mantendo xuntanzas con representantes dos distintos sectores económicos da provincia, nas que dar conta dos programas que convoca o Goberno galego para axudar ao tecido produtivo a superar a situación derivada da pandemia.


9 de noviembre de 2020

FEIJÓO, NIN FAI NIN DESFAI


Feijoo poidendo dende hoxe levantar o Estado de Alarma non o fixo. pero é que nin tan siquiera cambia o horario do "toque de queda" e así axudar a hostelería dos concellos sen restricións.

Nin fai cambios nin cambia o modelo.

Utilizando a súa regra de tres, isto é demoledor para a economía galega.

O toque de queda mantense polo momento sen cambios en Galicia e seguirá aplicándose entre as 23.00 e as 6.00 horas. Se hai modificacións, tanto neste aspecto como no resto de restricións en vigor actualmente na comunidade, será nas próximas semanas, pero non nesta que acaba de arrincar. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmouno e contradixo, deste xeito, ao seu conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que dixo nunha entrevista fai oito días que o Goberno galego levantaría as restricións nocturnas á mobilidade xeneralizadas a partir de hoxe, 9 de novembro, desde cando as competencias neste punto recaen nas comunidades autónomas. O xefe do Executivo galego, moi crítico con que o Goberno central recorrese de novo ao estado de alarma e a denominar toque de queda ás restricións nocturnas, prolonga sen data de fin definida a medida. Aludiu a que non hai nin 72 horas que comezaron a aplicarse os peches perimetrais e o peche da hostalería en 60 municipios galegos, incluídas as sete principais cidades. "É pronto para aventurar boas noticias" e o balance da situación farase cada sete días, manifestou. Si admitiu que, no caso de Ourense, "as cousas van mellor que hai unha semana".


8 de noviembre de 2020

MAÑÁ ABRE A CAMPAÑA DA CENTOLA E DO BOI NAS PROVINCIAS DA CORUÑA E PONTEVEDRA


A Consellería do Mar abre mañá a campaña extractiva da centola e do boi nas provincias da Coruña e Pontevedra. Nas áreas que van da Guarda ata cabo Corrubedo (na provincia de Pontevedra) e de cabo Corrubedo ata cabo Estaca de Bares (na provincia da Coruña), a frota que se dedica á extracción destas especies pode calar os aparellos a partir da próxima madrugada e levar as especies á lonxa mañá luns.

A campaña destes crustáceos nestas dúas provincias prolongarase ata o inicio da veda do ano 2021, que se fixará a través do correspondente plan de xestión. No caso da costa que vai de cabo Estaca de Bares ata o río Eo -incluíndo a ría do Barqueiro-, na provincia de Lugo, a campaña iniciarase o 30 de novembro.

A cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 quilos por barco e día, á que se lle engadirán 35 quilos ao día por cada tripulante enrolado e a bordo. Poderán participar na campaña todas as embarcacións de artes menores e con porto base nesta comunidade así como aquelas que, tendo porto base noutras comunidades autónomas, teñan permisos especiais de pesca para faenar nestas augas.


1 de noviembre de 2020

UNS COBRAN UNS BOS SALARIOS E IMPIDEN QUE OUTROS COBREN POR TRABALLAR


Un ano máis, no exercicio de transparencia, os deputados do Parlamento de Galicia amosan os seus patrimonios ante a cidadanía. Fano colgando a súa declaración na páxina web da institución. Entre os datos, están os seus soldos, a cota líquida paga no exercicio anterior da declaración da renda, os bens inmobles, o saldo bancario tanto corrente e de aforro, os vehículos, o importe das accións cotizadas, e o que teñen pendente de cancelar en canto a préstamos. Resulta curioso que
mentras ou BNG local non lles deixa cobrar aos concelleiros do Goberno de Cambados polo seu traballo, tendo que pasar alguns problemas para conciliar ou seu traballo e a vida familiar, a líder do BNG en Cambados atesoura unha boa cantidade de cartos no banco grazas ao que cobra da política, na que leva uns cuantos anos. Non queda atrás o outro parlamentario cambadés. J.M. Cores Tourís, con vivendas, garaxes, 3 coches e unha suculenta conta corrente. Pero siguen negando o pan e a sal a quen está moitas horas adicadas ao concello en detrimento da sua vida persoal e laboral. Nestes momentos, de pandemia precisamos que os representantes políticos o sexan a cantidade de horas máis grande posible i esto so é posible cando poidan compaxinar traballo e adicación ao concello e aos cambadeses.

Con esta situación non sería estrano ver movementos en vindeiras datas que transformarían a vida política cambadesa.



22 de octubre de 2020

CAMBADOS HABILITA A BIBLIOTECA LUIS REI PARA A PRESENTACION DAS AXUDAS AO ENSINO E ASESORAMENTO AS ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO



– Incrementase a 31.300 euros as axudas a ensino e transporte escolar para este ano, e mantéñense en 120.000 euros as axudas a entidades sen lucro, o prazo de presentación das axudas finaliza o vindeiro 5 de novembro.

– Cambados habilita a Biblioteca Luís Rei mediante o servizo de cita previa para presentar no Rexistro do Concello as axudas ao ensino e transporte escolar e asesorar as axudas ás entidades sen fins de lucro.

O Concello de Cambados vai habilitar durante os vindeiros 15 días na Biblioteca Luís Rei o servicio de Rexistro Municipal para a presentación das axudas ao ensino e transporte escolar e asesorar as axudas ás entidades sen fins de lucro, e desta maneira evitar aglomeracións no Rexistro do Concello de Cambados como medida de prevención ante o Covid-19.

O ano pasado máis de un cento de veciños foron beneficiarios das axudas ao ensino e transporte escolar do Concello de Cambados, o que provocaba certa acumulación de xente no Rexistro municipal para presentar a solicitude destas axudas, xa que coincidía co resto de veciños que viñan realizar outro tipo de tramites administrativos. Para que non se volva a repetir esta situación, e máis estando nunha situación de pandemia onde non son aconsellables as concentracións de persoas, o goberno municipal decidiu habilitar como Rexistro de entrada do Concello de Cambados a Biblioteca Luís Rei mediante cita previa, para que aqueles veciños que o desexen poidan presentar as axudas de estudio e transporte escolar sen ter que facer colas e de forma moito máis segura. Desta forma a veciñanza que queiran realizar a presentación da solicitude ou asesorarse nas mesmas, conforme as bases das axudas que están publicadas no portal de transparencia, dende maña poden solicitar cita previa no teléfono da Biblioteca Luís Rei, no 986 52 00 08. Neste número tamén se vai realizar a cita previa para o servizo de asesoramento a aquelas entidades sen animo de lucro que están interesadas en presentarse na convocatoria de Axudas do Concello de Cambados deste ano.

Este servizo e compatible coa presentación telemática a través da Sede Electrónica do Concello de Cambados, pero para o que é preciso dispoñer de Certificado Dixital, e do que moitas familias carecen. Por tal motivo, o Goberno municipal decidiu habilitar unha nova vía de presentación das axudas para ensino e transporte escolar destinadas a poboación con carencias económicas, co obxecto de paliar os gastos que supón a escolarización pública, ensinanzas artísticas e a formación universitaria en familias con menos recursos económicos do Concello de Cambados.

As axudas ao ensino e transporte escolar deste ano presentan varias novidades, así por unha banda, incrementase o montante total das axudas a 31.300 euros (importe que cuadriplica as axudas ao ensino de fai 5 anos). A este incremento no importe total das axudas, sumase tamén o incremento no importe das axudas a cada estúdiante. Así as axudas ao Ensino Primario e Secundario, Bacharelato, FP, Universidade e Ensinanzas Artísticas Superiores e Conservatorios increméntanse este ano a 150 euros/alumno/a, chegando as de alumnado con Necesidades Educativas Especiais aos 200 euros. Tamén se incrementaron as axudas para transporte, así os estudantes que cursen estudios fora de Cambados percibiran unha axuda de 150 euros e no caso de estar a máis de 30 quilómetros o centro educativo, a axuda ao transporte vai ser de 200 euros.

Ademais ás bases das axudas ao ensino e o transporte escolar de este ano van a chegar a máis familias de Cambados, xa que outra das novidades é que se incrementan os limites de renta per capita, así este ano as familias que teñan ingresos inferiores a 7.000 euros por membro da unidade familiar poden acceder as mesmas.

Por ultimo as axudas para o ensino deste ano van a servir, ademais de financiar os gastos que se viñan subvencionando de material escolar e deportivo dos estudantes en pasados cursos, como novidade nesta convocatoria para a adquisición de material de prevención da Covid-19 (mascarillas, xel, etc…) e de tablets ou PCs para realizar as tarefas escolares na casa.

O prazo para a presentación das axudas é dende maña 22 de outubro ata o vindeiro 5 de novembro, polo que o Goberno municipal, preocupado pola situación de crise sanitaria que estamos a vivir, está a facer tódolos esforzos posibles para incrementar e facilitar a presentación das axudas a veciñanza e entidades sen fins de lucro do noso municipio. Froito desta implicación e marcado carácter social do Goberno municipal de Cambados, incrementáronse as axudas ao estudio e transporte escolar neste ano que van chegar a un maior número de familias de Cambados, ademais de manter o noso compromiso social coas entidades sen fins de lucro nesta situación de pandemia. 

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS 2020/2021

SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA O ANO 2020

13 de octubre de 2020

A XUNTA PUBLICA QUE DOMINGOS E FESTIVOS AS GRANDES SUPERFICIES PODERÁN ABRIR NO 2021

Os concellos poden solicitar ata o 15 de novembro a modificación de ata dúas destas datas para adaptalas ás súas características

A Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) os domingos e festivos nos que os establecementos comerciais que non gozan de liberdade horaria, entre os que se atopan as grandes superficies, poderán abrir ao longo do vindeiro ano 2021.

Logo da consulta previa ás principais organizacións do sector, ao Consello Galego de Consumidores e Usuarios e ao Consello Galego de Cámaras, os días de apertura, que tal e como marca a normativa son dez cada ano, repártense do seguinte xeito: os dous primeiros domingos do ano (3 e 10 de xaneiro); o Xoves Santo (1 de abril); o domingo 31 de outubro, véspera do día de Todos os Santos; os domingos 28 de novembro e 5 de decembro; o 8 de decembro, día da Inmaculada Concepción; e os domingos 12, 19 e 26 de decembro.

Calquera concello que o estime oportuno poderá solicitar ata o próximo 15 de novembro a modificación de ata dúas datas para o seu termo municipal para adaptalo aos festivos locais ou atendendo a calquera outra circunstancia motivada.

Cómpre sinalar que estes domingos e festivos non son de aplicación para o pequeno comercio, xa que, con carácter xeral, poden decidir libremente o seu horario e días de apertura os establecementos de ata 300 metros cadrados, coa excepción dos que non teñan a consideración de pequena e mediana empresa. 


20 de agosto de 2020

O CAMBADÉS JOAQUÍN DOMÍNGUEZ PATENTA O USO DE CUNCHAS DE VIEIRA COMO REVESTIMENTO DE PAREDES


O cambadés Joaquín Domínguez foi protagonista na radio do xornal dixital Pontevedra Viva. Alí presentou o seu proxecto de revestimento de paredes con cuncha de vieira. Aquí vos deixamos a entrevista e a reportaxe.
As cunchas de vieira poden ser reutilizadas unha vez que o sector da alimentación e conserva os tira. Desa opción de reutilización falamos en PontevedraViva Radio: o revestimento de paredes; algo que en Galicia desde hai anos e de forma rudimentaria xa se facía. Con todo, como idea empresarial, ata o de agora ninguén o fixo e por iso o cambadés Joaquín Domínguez, rexistrou a marca Shell Pannel e adquiriu a patente.
Explica no Cara a cara que é o "revestimento máis ecolóxico que se pode atopar. O proceso non leva químicos, nin o industrial, xa que se fará de forma artesanal; os residuos que saian van ser compostados e ademais o material para a súa embalaxe tamén vai reutilizar redes de pesca". É dicir, fala dunha iniciativa ecosostenbile.
Ademais os deseños dos paneis teñen colocación sinxela; o material é impermeable, ignífugo, repele o musgo, non require mantemento nin tratamento con produtos químicos e esteticamente permite múltiples deseños. Agarda poder estár na fase de produción para o próximo 2021.
Joaquín foi un dos emprendedores que participou no último coworking ofrecido pola Deputación, e que lle supuxo "gañar seguridade e afianzoume no meu proxecto para seguir adiante". Puntos de vistas realistas, cos proles e posibles contras por diante. 
Información recollida de Pontevedra Viva e PontevedraVivaRadio 

18 de agosto de 2020

HOSTELEIROS DE PONTEVEDRA LAMENTAN QUE SE CRIMINALICE O OCIO NOCTURNO

A Asociación de Hostaleiros Empresarios de Pontevedra ( Hoempo) fixo público un comunicado no que expresa o seu “profundo descontento” polo peche da hostalería nocturna, pola redución de horarios do resto da hostalería “e polas formas de facelo efectivo”, engaden. Desde o colectivo insístese en que nos últimos tempos está a “criminalizarse” ao lecer nocturno polas actitudes “irresponsables” de determinadas persoas, “persoas identificables e facilmente sancionables”, inciden. Pero lamentan que, pola contra, “foi máis fácil cargar contra unhas empresas que en marzo foron as primeiras en decidir pechar as portas antes do anuncio do confinamento obrigatorio, que despois foron as últimas en poder retomar actividade, e sobre as que se cebaron normativas radicais e sumamente detractoras da rendibilidade dos negocios”. Para os empresarios é “inxusto e irrazonable” que agora se obrigue ao peche total a locais que poden ter terraza “e que á beira unha cafetería está aberta” ou que se permita a celebración de concertos ou eventos deportivos “que si condensan público e persoal de asistencia”. Insisten desde Hoempo en que “os hostaleiros da noite servimos copas, pero tamén facemos de policías nos nosos locais, controlamos e facemos cumprir as normas aos nosos clientes” e que, fronte a iso, cos peches “van proliferar as festas privadas e botellóns en pisos, casas… sen ningún tipo de control nin medidas de prevención que si que van carrexar un serio problema sanitario e social”. Os empresarios piden máis diálogo porque, aseguran, o peche “fíxose unilateralmente, sen arroxar luz sobre o futuro inmediato das empresas” e “sen ter indicios reais de que a hostalería nocturna estea a ser un foco transmisor”, aseveran. Compostela.- En termos parecidos exprésase a Asociación de bares, pubs e discotecas de Compostela, que advirte da situación de “inseguridade xurídica” que está a sufrir un sector “que en todo momento asumiu con responsabilidade e profesionalidade todas as medidas sanitarias que nos impuxeron, e que son as máis estritas e restritivas”. Os empresarios composteláns inciden en que os seus establecementos “son espazos seguros”, feito que argumentan cos datos sanitarios da área de Santiago desde a apertura do lecer nocturno polo que non descartan emprender accións legais. O colectivo advirte de que a imposición do peche sine die “supón para o sector un dano dificilmente reversible que supoñerá o peche definitivo de moitos establecementos e as consecuentes perdas de emprego”.


15 de agosto de 2020

A HOSTALERÍA DE ESPAÑA E GALICIA RECLAMA OUTRAS MEDIDAS FRONTE ÁS NOVAS RESTRICIÓNS DE LECER NOCTURNO

HOSTELERÍA DE ESPAÑA considera que o sector non pode asumir máis medidas restritivas sen ningún tipo de apoio.

Ante as medidas anunciadas onte polo ministro de Sanidade, Salvador Illa, que afectan especialmente á hostalería, desde Hostelería de España consideramos que non se pode responsabilizar a un sector e centrar todas as actuacións sobre o mesmo, sen contemplar en ningún momento medidas compensatorias, para un sector que supón o 6,2% do PIB, e que dá emprego a 1,7 millóns de persoas. A caída da demanda que sofre a hostalería supón que a día de hoxe un 20% dos negocios hostaleiros non puidesen abrir aínda, e estímase que de aquí a final de ano uns 65.000 establecementos hostaleiros pechen definitivamente, supoñendo unha perda de empregos, entre directos e indirectos, de entre 900.000 e 1,1 millóns. Situación que pode empeorar se seguen regulando na liña do anunciado hoxe, sen contar co sector e sen ofrecer solucións de apoio á demanda e que garantan a viabilidade dos negocios. Desde Hostelería de España cremos que ante os alarmantes rebrotes debe actuarse con contundencia, e a seguridade de todos debe primar nas decisións, pero incidimos unha vez máis, na sensación de improvisación e falta de coordinación e claridade por parte do Goberno, o que impide aos empresarios poder establecer un plan de actuación e unha correcta organización, co consecuente impacto adicional na súa actividade. Para José Luis Yzuel, presidente de Hostalería de España: “o sector non pode seguir asumindo accións restritivas da súa actividade sen medidas de carácter compensatorio, tanto sobre as empresas como o emprego. Nestes momentos, a limitación de recursos non pode ser escusa debido a que as CCAA dispoñen de fondos de aplicación ao reforzo do sistema e as medidas sanitarias. Están a aplicarse medidas cuxo contexto é 100% sanitario e, por iso, tanto desde o goberno central como desde as CCAA deberíase contemplar, cada vez que se produzan medidas restritivas á actividade económica, destinar parte deses fondos a complementos de recursos que preserven o emprego. Á súa vez a Asociación Hostalaría Compostela tamén se mostra preocupada polas últimas medidas anunciadas como o peche de discotecas, salas de baile e bares de copas en toda España, así como a obrigación de pechar todos os locais como máximo á 1 da madrugada. “Lamentamos que non se nos informase previamente das causas da toma desta decisión”, sinalan desde a súa Xunta Directiva. Así mesmo, considera que este tipo de medidas non poden prolongarse no tempo sen unha alternativa de lecer nocturno para a poboación e advirte que esta situación pode levar a optar por outro tipo de encontros en espazos privados onde non hai ningún tipo de control, como os que se estaban levando a cabo no interior dos bares de copas e discotecas (control de aforo, distancia de seguridade, uso da máscara…). Estes peches súmanse á prohibición de fumar nas terrazas se non se pode manter unha distancia de 2 metros, unha norma que dificulta máis aínda o traballo nos establecementos pois ata o de agora podíase colocar mesas a 1,5 metros.; isto unido á obrigación de usar a máscara a excepción do momento de consumo, está a crear moita confusión entre a clientela, que cada vez máis decide quedar na casa por medo a ser multada.


14 de agosto de 2020

TODAS AS NOVAS RESTRICIÓNS PARA LOITAR CONTRA O CORONAVIRUS

O lecer nocturno pechará en Galicia a partir da madrugada de domingo a luns.

Unha vez rematada a reunión do Consello Interterritorial de Saúde, o ministro de Sanidade, Salvador Illa anunciou en rolda de prensa unha serie de medidas de aplicación estatal para parar o incremento dos contaxios de coronavirus. Por unha banda, a xa anunciada de prohibir o consumo de tabaco na vía pública sempre que non se poida respectar a distancia de seguridade de 1,5 metros. Isto inclúe outros espazos ao aire libre, como terrazas, e outros dispositivos para inhalar tabaco como cachimbas ou pipas de auga.
No documento onde se recollen estas medidas tamén se fixou o peche de todas as discotecas, salas de baile e bares de copas con e sen actuacións en directo.
Tamén se inclúen algunhas medidas para a hostalería, restauración, terrazas e bares/restaurantes de praia. Esixirase unha distancia metro e medio de distancia entre mesas, con 10 persoas como máximo por grupo. Esta tamén será esta a distancia necesaria nas barras. Ademais, a mesa ou agrupación de mesas que se utilicen para os grupos deberán ser acordes ao número de persoas para respectar a distancia mínima interpersoal.
Os locais de restauración tamén ven limitado o seu horario de abertura. Así a súa hora de peche será a 1 da madrugada e non poderá admitirse a novos clientes desde as 12. Tamén as comunidades e o ministerio aprobaron reforzar os controis para evitar o consumo de alcol en vía pública que non estea autorizado, é dicir os botellóns. Serán as comunidades autónomas e concellos quen aplicará as sancións correspondentes. Nos centros sociosanitarios, farase PCR a todos os novos ingresos 72 horas antes da súa entrada. Igualmente, realizarase esta proba aos empregados que regresen de permisos e vacacións, así como aos novos traballadores. Á súa vez, as visitas aos residentes estarán limitadas a unha soa persoa e unha hora máximo ao día, a non ser que se atope en situación grave e se tema pola súa vida. As residencias terán que garantir que as visitas aos anciáns realícense de forma graduada ao longo do día para evitar que coincidan varios visitantes. As saídas dos residentes en centros sociosanitarios tamén serán moi limitadas. Respecto a eventos multitudinarios, Sanidade fixou que se deberá realizar unha avaliación do risco por parte da comunidade autónoma seguindo o documento que acordou a Comisión de Saúde Pública do Consello Interterritorial sobre estas actividades. Así, e tendo en conta esta avaliación, todos os eventos terán que ter autorización da autonomía onde se celebren para poder realizarse. Outra medida de Sanidade son os cribados con PCR en grupos específicos. Segundo fixaron, en caso de brote estes cribados levarán a cabo en poboacións de risco e potencialmente expostas, como residentes en centros sociosanitarios, barrios con transmisión comunitaria, centros educativos, bloques de vivendas afectadas ou colectivos vulnerables, por exemplo. Por outra banda, emitíronse tres recomendacións. As dúas primeiras dirixidas aos cidadáns: limitar os encontros sociais fose dos seus compañeiros de convivencia e que os encontros sociais limítense a un máximo de 10 persoas. A outra ás comunidades autónomas, ínstase a realizar periodicamente PCR aos traballadores de centros sociosanitarios que estean en contacto directo con residentes.


31 de julio de 2020

PRESENTADA A FEIRA DE OPORTUNIDADES 2020 DE CAMBADOS

Zona Centro organiza unha nova edición da Feira de Oportunidades na que se vai a controlar o cumprimento dás normas de seguridade derivadas da crisi sanitaria que estamos a vivir e que tanto afectou o comercio local.
Celebrarase do 14 ao 16 de agosto no paseo da Calzada. Nesta ocasión o recinto estará cercado e terá unha única entrada e saída, e contará con persoal que faga cumplir as normas de seguridade.
Nesta edición participan 27 expositores, dos cales vinte serán de empresas locais, neles poderás atopar todo tipo de artigos, na súa maioría dá industria téxtil. A feira funcionará de xeito continuado de 11 a 23 horas.

22 de julio de 2020

CAMBADOS, ENTRE AS LOCALIDADES ESPAÑOLAS MELLOR VALORADAS PARA VIAXAR EN AGOSTO

Cambados é a única localidade galega que figura na listaxe dos dez destinos españois mellor valorados polos usuarios nacionais dun coñecido portal de alugueiros vacacionais.

O prezo, a dispoñibilidade en temporada alta e, sobre todo, os comentarios positivos dos viaxeiros son os criterios con que Cambados sobresae como lugar de vacacións para as familias. Este verán en que priorizamos, en xeral, as viaxes de proximidade, esta vila histórica, mariñeira e rodeada de cepas de albariño convence moitas persoas de todos os puntos da Península para pasar o seu merecido tempo de descanso.


Os dez destinos que Airbnb indentificou como os pobos máis auténticos para o novo turismo responden a criterios de proximidade e prima os aloxamentos rurais, familiares, con piscina e aptos para mascotas. Acompañan a Cambados nas lista poboacións das Illas Canarias, Astorga (León), Olot (Xirona), Requena (Valencia) ou Béjar (Salamanca), entre outros. TURISMO DE PROXIMIDADE. Desde o inicio da pandemia, a porcentaxe de reservas en España que se fixeron nun radio de 300 km desde o domicilio habitual (o traxecto medio de ida e volta que se pode conseguir cun depósito cheo) pasou de representar un 17% en febreiro a case o 50% en maio. De feito, os españois protagonizaron en maio o 76% das procuras en Airbnb cun destino a España, cando en febreiro os destinos nacionais meses representaban menos do 40%.


7 de julio de 2020

OFERTAS DE EMPREGO EN CAMBADOS E OUTROS PUNTOS PRÓXIMOS

Mercadona segue tirando do emprego e faio publicando a través do seu portal específico ofertas de traballo continuas e especialmente dirixidas á actual campaña de verán. A insignia valenciana busca, sobre todo, persoal para atender os seus supermercados por toda España pero tamén outros perfís máis técnicos. En concreto, entre os primeiros demanda postos de frutero, peixeiro, panadeiro, carniceiro, reponedor, charcutero ou limpeza así como caixeiros, entre outros. A compañía concede valor a aquelas persoas que destaquen polo seu "dinamismo e talento" e que se axusten ás necesidades que require a empresa. Así mesmo, require candidatos "altamente comprometidos" que compartan a "paixón pola excelencia" e ofrezan a máxima "satisfacción aos seus clientes". Ofrece unha retribución mensual bruta de 1.338 euros brutos para unha xornada completa. Para este tipo de postos, as vacantes a tempo completo atópanse en Tarancón (Conca), Santa Coloma de Farners (Xirona), Jaca e Sabiñánigo (Huesca), Vinaroz (Castelló), Benicarló e Peñíscola (Castelló), Manresa (Barcelona), Vielha e Mijaran ( Lérida), Cambados (Pontevedra), Parres (Asturias), Cubelles (Barcelona), La Bañeza e Astorga (León), Cabra (Córdoba) ou L'Escala (Xirona). Así mesmo, require persoal de supermercado a tempo parcial na Ribeira e Boiro (A Coruña), Parres (Asturias), Marín (Pontevedra) ou Cambados. Outros perfís solicitados pola insignia son os de mozo de almacén (Vitoria), responsable de aprovisionamento e loxística (Valencia), encargado de arranque de almacen ( Abrera, Barcelona), ou técnico auxiliar de mantemento (Tres Cantos, Madrid e Vitoria). Todas as ofertas de traballo de Mercadona podes atopalas aquí.


16 de junio de 2020

GRÁNDOLA PECHA TRAS 34 ANOS DE ARTESANÍA

Tras trinta e catro anos ao pé do canón Gardenia e a súa tenda Grándola Artesanato pecha as suas portas.Teño que confesar que aínda que o anuncio foi feito no día de onte eu coñecía partes das intencións días pasados exáctamente desde o pasado xoves nunha conversa Gardenia expúxome os seus plans que se confirmaron ao día seguinte. So queda desexarlle moita sorte na sua nova andadura.
O seguinte texto é co que se despideu dos veciños e clientes que durantes estes anos pasaron pola tenda.


"Boa tarde.
Levo días e días tratando de achar a maneira de comunicar que tenho que fechar. Nom som capaz de soportar esta situación económica e nom tenho idade para arrisgar nesta incertidume. Sinto muitissimo pois 34 anos da minha vida están na historia da minha tenda. Tanto me dou e tamem me quitou. Tomar esta decisión foi duro e con muita dor. O pequeno comercio xa estaba ferido pola crise do 2008,esta xunto a venta online é ferida de morte. Mais a vida sempre está fluindo e buscando vida. Paso de ser tendeira a atender e de vender a procurar dar acougo cada día . Paso a minha nova vida profesional de auxiliar de xeriatria a domicilio..
Agradezo muito o respeto que parece-me que tem a tenda"



1 de junio de 2020

CAMBADOS BONIFICA O LIXO E AS TERRAZAS A AUTONOMOS E EMPRESAS


O Goberno Municipal esta a manter reunións de coordinación periódicas para a xestión da posta en marcha do Plan de Reactivación Económica do Concello de Cambados cos distintos sectores económicos e produtivos de Cambados. Dende o goberno municipal queremos agradecer a participación dos representantes destes sectores tan importantes para a nosa economía neste tipo de xuntanzas onde se están a coordinar as distintas accións que o goberno local esta a levar a cabo para a reactivación económica do Concello.
Así, froito destas reunións, o Concello de Cambados o pasado 27 de abril remitiu a ORAL o Decreto de Alcaldía que establece a Bonificación Fiscal no imposto de terrazas dos 53 locais de hostalería de Cambados dende que se procedeu o seu peche e ata que poidan volver a abrir de xeito normal unha vez finalice o estado de alarma.
En canto o imposto do lixo, só se lles vai cobrar o mínimo esixible por lei por ter o local pechado, que ascende a 29 euros o trimestre, en lugar dos 150 euros trimestrais que se lle cobra ós comercios ou dos 200 ou 300 euros que se lle cobra os bares e cafetarías en función do seu tamaño, bonificación que xa foi concedida de oficio a un total de 483 locais de hostalaría e comercio minorista de Cambados na relación que foi remitida dende o departamento de Recadación municipal no día de onte a ORAL.
En canto aos veciños e veciñas de Cambados, somos o Concello da provincia de Pontevedra xestionado pola ORAL que maior numero de bonificacións fiscais ten. Segundo os datos da oficina de recadación (ORAL), gozaron das bonificacións fiscais 2.184 persoas. O feito de ser pensionista e cobrar menos do salario mínimo, estar no réxime da RISGA, pertencer a familia numerosa ou participar do banco de alimentos dos servizos sociais abre a porta para acollerse a estas axudas. Pero son potestativas, é dicir, é o interesado o que debe solicitalas e desde o goberno local invitan aos veciños a facelo, aínda que iso vaia en detrimento das arcas locais.
Para aqueles establecementos comerciais e minoristas que tiveran que pechar o seu negocio no tempo que dure o estado de alarma e non foran incluídos nesta relación de bonificacións que foi remitida a ORAL, o Concello de Cambados vai a establecer un modelo de solicitude que simplifique a tramitación e a vez sexa máis áxil, xa que dende o Goberno municipal queremos que aqueles negocios afectados pola pandemia do COVID-19 se beneficien canto antes das bonificacións fiscais que establece o Concello de Cambados. Este goberno debe felicitarse porque nunca antes houbo un esforzo maior nas políticas sociais, que favorecen a igualdade social, nin un goberno que contemplase tantas bonificacións e beneficios fiscais, cun carácter social de cara a reactivación económica do municipio e a creación de emprego.
Máis facilidades no aprazamento de Impostos
O novo calendario fiscal 2020, o cal substitúe o aprobado a principios de ano, introduce, entre outras novidades, a posibilidade dun fraccionamento de impostos que nalgúns casos chega ata seis mensualidades. O novo período voluntario de pagamento inclúe a opción de realizar un pagamento fraccionado do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) e do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) os días 5 de cada mes. Finalmente, o período voluntario do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) irá de setembro a decembro.
No que se refire ás taxas municipais, que se liquidan en catro trimestres, o Concello de Cambados xa suspendeu o período de pagamento voluntario do primeiro trimestre, que tería que comezar o 6 de febreiro. Este permanecerá suspendido mentres estea en vigor o estado de alarma, pero estímase que o período rematará ao longo do mes de xuño. Dende o Concello de Cambados e os representantes dos distintos sectores económicos pedímoslle prudencia e veciñanza de Cambados nesta Fase de Desescalada e que se sigan as recomendacións que se están a facer en materia sanitaria, así como que os Comercios e negocios de hostalaría cumpran coas normas de seguridade e prevención para tratar de conter a pandemia da Covid-19.

29 de mayo de 2020

CLAVES, REQUISITOS E PRAZOS PARA PEDIR O INGRESO MÍNIMO VITAL


O ingreso mínimo vital que aprobou este venres o Goberno, poderase solicitar a partir do próximo 15 de xuño, aínda que, para as solicitudes presentadas nos tres primeiros meses, concederase con efectos retroactivos ao 1 de xuño. Ademais, durante o primeiro mes de vixencia da prestación, actuarase de oficio para que se abone a uns 100.000 fogares que cumpren os requisitos, sen que sexa necesario que a soliciten. A medida terá un custo anual aproximado duns 3.000 millóns de euros. A prestación pretende chegar a 850.000 fogares, un 16% deles monoparentais (nun 90% encabezados por unha muller), nos que viven 2,3 millóns de persoas, un 30% delas menores, tal e como explicaron este venres os ministros responsables da medida, o ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, e o vicepresidente segundo do Goberno e ministro de Dereitos Sociais e Axenda 2030, Pablo Iglesias. APROBADO ESTE VENRES Durante a rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros Extraordinario no que se aprobou esta medida, Escrivá explicou que con este ingreso mínimo vital prevén reducir nun 80% a pobreza extrema, unha situación que actualmente afecta a 600.000 fogares e 1,6 millóns de persoas. Ademais, precisou que esta redución podería chegar "ao 90% nos fogares monoparentais e noutro tipo de fogares con fillos". O ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións apuntou que nos primeiros 15 días de xuño, poderán recoñecer a "un grupo moi importante de fogares" que recibirán de oficio o ingreso mínimo vital. O ingreso mínimo vital parte de 14 tipoloxías de fogares (en función do número de membros e de se son monoparentais) e establece un nivel de renda garantizable diferente para cada tipo de fogar. O nivel mínimo, que corresponde aos fogares unipersoais, é de 5.538 euros ao ano, o equivalente a unha pensión non contributiva. A partir desta contía establécese un coeficiente adicional por cada membro do fogar e un beneficio para os fogares monoparentais.
RENDA MEDIA GARANTIDA DE 10.070 EUROS ANUAIS A prestación está deseñada de forma que completa as rendas preexistentes (entre outras, as salariais), ata o limiar garantido para cada tipo de fogar. Se non se conta con rendas, aseguraríase a totalidade do limiar garantido; pero se se dispón delas, cubriríase a diferenza entre o limiar garantido e a renda xa existente. Desta forma, a renda media garantida é de 10.070 euros ao ano por fogar, mentres que o importe da prestación será duns 4.400 euros anuais. O Goberno estima que custará 3.000 millóns de euros ao ano. En cada fogar haberá un titular que solicitará a prestación. Se o fogar está formado por unha soa persoa o titular deberá ter entre 23 e 65 anos e levar polo menos tres anos constituído como fogar. Se o fogar ten dous ou máis membros, de maneira xeral a idade do titular estará entre 23 e 65 anos salvo nos casos en que se conte con menores a cargo. Estes fogares deberán levar constituídos polo menos un ano. Para todos os tipos de fogar requirirase polo menos un ano ininterrompido de residencia legal e efectiva en España, excepto nas situacións de violencia de xénero, trata de seres humanos e explotación sexual. Para que lle sexa recoñecida a prestación, o fogar debe ter uns ingresos totais inferiores á renda garantida para o seu tipo de unidade de convivencia. Ademais, para certificar que o Ingreso Mínimo Vital chegue aos fogares máis vulnerables, esixirase un patrimonio (descontando a vivenda habitual) inferior a tres veces a renda garantida anual para un fogar unipersoal, cunha escala de incrementos por número de membros no fogar. TELÉFONO 900 DE INFORMACIÓN E SIMULADOR A solicitude será multicanle de forma que se poderá presentar a través da sede electrónica da Seguridade Social ou enviando a documentación por correo ordinario. Ademais, permitirase o acceso a través dos concellos unha vez asínense os convenios previstos e nos Centros de Atención e Información da Seguridade Social cando retomen a atención ao público. Para facilitar información aos posibles beneficiarios, poñerase en marcha un teléfono 900 e un simulador na páxina web da Seguridade Social, onde tamén se poderán consultar dúbidas a través do asistente virtual. Ademais, os beneficiarios contarán con incentivos á contratación e tamén se creará un 'selo social' para as empresas que lles ofrezan formación e emprego. "Aquelas empresas que axuden a estes colectivos e permítanlles unha maior integración no mercado de traballo ou lles fagan descontos en compras, se cumpren determinadas condicións, van ter un selo social cun reconomcimiento ao labor que están a facer", explicou Escrivá. Así mesmo, fomentarase a participación no mercado laboral con incentivos, de forma que cando o titular da prestación non teña emprego e atópeo, parte do seu salario estará exento transitoriamente no cálculo da prestación. No caso de que estea ocupado, cando o seu salario increméntese, a contía da prestación reducirase nunha cantidade inferior. No caso de que o titular non estea ocupado, esixirase a inscrición como demandante de emprego para o acceso á prestación.
PARA POBREZA SOBREVINDA POLO
COVID-19 Para o recoñecemento da prestación teranse en conta os ingresos do ano inmediatamente anterior, aínda que para atender as situacións de vulnerabilidade xeradas pola pandemia de COVID-19, tamén se poderá recoñecer para solicitudes cursadas durante 2020 @teniendo en cuenta a situación de ingresos deste ano. "Se un fogar dáse conta de que está a ter unha caída de ingresos moi intensa, pode facer unha declaración responsable, preséntanos os seus ingresos do ano 2020 e se esa caída supera o 50% da renda que tivo en 2019 e se ten un patrimonio particularmente pequeno, recibirá o ingreso mínimo vital", precisou o ministro de Inclusión. O resultado do Ingreso Mínimo Vital e das distintas estratexias e políticas de inclusión será avaliado anualmente pola Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal ( AIReF), mediante a emisión da correspondente opinión. O Ingreso Mínimo Vital chegará a 850.000 fogares que se atopan entre o 17% máis pobre da poboación, cunha renda dispoñible media que non chega aos 310 euros mensuais. Preguntados por se cren que se pode quedar corta a axuda, Escrivá asegurou que neste caso tiveron acceso "cun nivel de detalle extraordianrio" á renda de todos os españois e puidérono "contrastar co seu patrimonio".



26 de mayo de 2020

O CONCELLO DE CAMBADOS SUMA ESPAZO PARA PEATONS E REFORMULA O MERCADO PARA ACTIVAR O COMERCIO

Os ambulantes vanse instalar dende este mércores en novas zonas do Paseo Marítimo e na Rúa Nova para que poidan montar a totalidade dos postos cumprindo as restricións sanitarias en canto ao distanciamento dos mesmos.

Reactivar Cambados dende o punto de vista económico e social é o obxectivo do plan de reactivación económica do Concello de Cambados na que participa o goberno municipal e representantes dos distintos sectores económicos do Concello de Cambados.
A primeira acción que se acometeu é unha humanización en espazos públicos, para acondicionar estes á actividade comercial e persoal da cidadanía, facilitando a circulación de persoas e garantindo que se podan cumprir as medidas de distanciamento social. Esta humanización localízase no Paseo Marítimo e na Avenida de Galicia unha das zonas de Cambados de gran afluencia comercial e de fluxo de persoas.
Seguirase traballando no Comercio e na Hostalaría de Cambados, reforzando e intensificando as medidas que se estaban xa tomando, aumentando o valor do Casco Histórico e dinamizando o mesmo. Estanse a aplicar unhas normas e uns protocolos sanitarios adaptados a cada sector, que garantirán que todos aqueles establecementos de Cambados, cumpran coas normas sanitarias establecidas polo COVID-19.
E outra das partes deste plan de reactivación será a reorganización do mercado en Cambados. O Mercado Ambulante, hai anos estaba distribuído polo Paseo Marítimo e na Rúa Nova, e non concentradas nun só punto. O Concello de Cambados reactivará o Mercado cun novo formato, que busca dinamizar a actividade comercial, redistribuíndoa no Paso Marítimo e na Rúa Nova, para que desta maneira se poida cumprir o distanciamento entre os postos esixidos pola lexislación vixente, e poidan montar a totalidade dos postos ambulantes ao aumentar a superficie do mercado, motivo polo que se vai ampliar a zona do mercado mentres duren as restricións sanitarias, así o Concello de Cambados xa lle remitiu un oficio coa planimetría do Mercado Ambulante a Portos de Galicia e a Consellería de Sanidade a pasada semana para poder realizar a súa apertura.




Por tal motivo vaise restrinxir o trafico os Mércores e Sábado, na Rúa Nova como nas zonas de estacionamento na parte posterior da praza de abastos como no parking do paseo marítimo na Alameda de San Tome, xa que estes espazos van ser ocupados polos ambulantes para poder instalar a totalidade dos postos. Dende o Concello de Cambados pedimos comprensión a aqueles veciños que se vexan afectados e que poidan sufrir algún tipo de molestias por este cambio temporal no mercado ambulante, motivo polo que dende o pasado Sábado xa se instalou sinalización por parte da Policía Local avisando da próxima apertura do mercado e das limitacións de estacionamento. Ademais indicar que o plan de trafico elaborado pola Policía Local para a instalación do mercado na Rúa Nova vai garantir o acceso aos veciños das distintas rúas aos seus garaxes como dos vehículos de emerxencias en todo momento. Os ambulantes que queiran coñecer de antemán a súa nova ubicación pódense poñer en contacto co Concello de Cambados para que se lle informe persoalmente.   








25 de mayo de 2020

A XUNTA E O PP DE CAMBADOS NAVEGAN EN DIRECIÓNS CONTRARIAS


O PP de Cambados solicitaba a principios de abril a supresión da cobranza de taxas e impostos municipais aos pequenas e medianas empresas. « Haberá que estudar ou tema e axustarse ou cinto, pero algo hai que facer. Cambados xa estaba sufrindo non comercio e hostalería un baixón tremendo e isto vai rematar con moitos negocios», segundo indicou o portavoz popular, Luís Aragunde. Actualmente xa está suspendido a cobranza de tributos ata o 30 de abril, pero os populares van máis aló e piden que se manteña esta medida ata que se recupere a situación económica.
Esté un fragmento dunha nova publicada por La Voz de Galicia o día 7 de abril.

Pois ben, agora a Xunta anuncia a "bombo e platillo" que as terrazas ao aire libre en zona portuaria quedarán exentas do pago das taxas correspondentes ao período entre o 14 de marzo e o 11 de maio.

así o publica a web da xunta hoxe. "Os propietarios dos negocios de hostalería con terraza ao aire libre en espazos portuarios quedarán exentos do pago das taxas correspondentes ao período entre o 14 de marzo e o 11 de maio, toda vez que non se ten producido o feito impoñible debido ás restricións de actividade motivadas pola crise sanitaria da covid-19. Esta medida vén de ser aprobada por resolución da presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, e trasladada ao consello de administración do ente público na súa última reunión".

Unha vez máis a Xunta sacúdese o po e son os concellos os que teñen que axudar aos autónomosi eles cunhas medidas de escaso apoio a recuperación económica dun dos sectores máis perxudicado pola pandemia do COVID-19
Mentras en Cambados din unha cousa en Santiago fan outra.