Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta POLITICA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta POLITICA. Mostrar todas las entradas

1 de noviembre de 2020

UNS COBRAN UNS BOS SALARIOS E IMPIDEN QUE OUTROS COBREN POR TRABALLAR


Un ano máis, no exercicio de transparencia, os deputados do Parlamento de Galicia amosan os seus patrimonios ante a cidadanía. Fano colgando a súa declaración na páxina web da institución. Entre os datos, están os seus soldos, a cota líquida paga no exercicio anterior da declaración da renda, os bens inmobles, o saldo bancario tanto corrente e de aforro, os vehículos, o importe das accións cotizadas, e o que teñen pendente de cancelar en canto a préstamos. Resulta curioso que
mentras ou BNG local non lles deixa cobrar aos concelleiros do Goberno de Cambados polo seu traballo, tendo que pasar alguns problemas para conciliar ou seu traballo e a vida familiar, a líder do BNG en Cambados atesoura unha boa cantidade de cartos no banco grazas ao que cobra da política, na que leva uns cuantos anos. Non queda atrás o outro parlamentario cambadés. J.M. Cores Tourís, con vivendas, garaxes, 3 coches e unha suculenta conta corrente. Pero siguen negando o pan e a sal a quen está moitas horas adicadas ao concello en detrimento da sua vida persoal e laboral. Nestes momentos, de pandemia precisamos que os representantes políticos o sexan a cantidade de horas máis grande posible i esto so é posible cando poidan compaxinar traballo e adicación ao concello e aos cambadeses.

Con esta situación non sería estrano ver movementos en vindeiras datas que transformarían a vida política cambadesa.



15 de marzo de 2020

PP, FEIJÓO E A DROGA


A relación de dirixentes do Partido Popular na Galicia co narcotráfico non é só vox populi, está demostrada en numerosas investigacións xornalísticas e, non tantas, en sentenzas xudiciais.

Aínda tendo en conta que se trata dunha información bastante coñecida, é necesario facer un repaso para non esquecer a gravidade do que sucedeu. Este artigo non achega ningunha información nova, nada que non se publicou antes, simplemente é un resumo histórico a modo de recompilación de información pública. Os anos 70, a UCD e a AP de Fraga En 1977 créase a Xunta de Galicia e a UCD nomea ao Antón Rosón primeiro presidente da futura autonomía. Antón Rosón foi delegado provincial de educación popular da Falanje de Lugo, subjefe provincial de FET e das JONS e participou na creación da Alianza Popular na Galicia, á que volvería anos máis tarde. No 79 a UCD, partido maioritario no país, decidiu substituílo polo Xosé Quiroga, fundador de Alianza Política Ourensá xunto co Vitorino Núñez, que finalizaría por integrarse primeiro en Coalición Galega e máis tarde no Partido Popular. Nesta época, finais dos 70, é cando o famoso contrabandista Vicente Otero « Terito», que nunca chegaría a ser condenado, entra na escena política. «Terito», acabaría recibindo a medalla de ouro e brillantes do Partido Popular despois de ser compromisario do partido. Segundo o xornalista Nacho Carretero, autor do libro «Fariña» sobre o narcotráfico en Galicia, « Terito» era íntimo amigo do propio Manuel Fraga. O narcotraficante Alfredo Bea foi alcalde do Grove en 1975 pola UCD, e nos 80 por un grupo independente que se acabaría integrando na Alianza Popular. O tamén amigo do Manuel Fraga foi condenado diversas veces por narcotráfico.
Aínda que non podemos asegurar que tanto a UCD como a AP foran financiados polo narcotráfico, as vinculacións e mesmo as militancias destes narcotraficantes cos dous partidos van máis aló da evidencia. Os primeiros presidentes, non electos, compartiron partido, a UCD, cun narcotraficante condenado, que chegou a ser alcalde, tamén non electo. Despois pasáronse á Alianza Popular de Manuel Fraga. A relación de ambos os partidos co narcotráfico é incontestable desde os anos 70 ata o de agora, cando « Terito» aínda figura como propietario da sede do Partido Popular de Cambados. Os anos 80 de Albor En 1982 o Xerardo F. Albor gaña as eleccións á presidencia da Xunta con Alianza Popular. Sendo presidente reuniuse en 1984 con narcos fuxidos en Portugal, confirmado por el mesmo en sesión parlamentaria. (páxina 57). En 1983 o Xosé Ramón Barral « Nené socio de «Terito», gaña as eleccións á alcaldía da Ribadumia. Foi alcalde polo Partido Popular ata 2001, cando dimitiu ao ser acusado de delitos fiscais relacionados co contrabando. No 86 o Manuel Díaz «Lixeiro» é elixido alcalde da Guarda por Alianza Popular. Foi tamén condenado por narcotráfico. Nese mesmo ano Mariano Rajoy deixa a presidencia da Deputación de Pontevedra para ocuparse da vicepresidencia da Xunta tras a dimisión de Xosé Luís Barreiro.
Entre os moitos amigos de Manuel Fraga tamén estaba o Pablo Vioque, fundador de Alianza Popular e avogado defensor dos contrabandistas galegos. Este afrontou o seu primeiro xuízo por narcotráfico en 1989. Posteriormente afrontaría dous máis e un por ordenar un asasinar a un fiscal antidroga. Nesta década, diferenciar o narcotráfico de Alianza Popular/Partido Popular é moi difícil. Non se nomean aquí todos os casos que existiron de narcos concelleiros ou militantes do partido, que son moitos. Tantos que chegaron a cargos de importancia, como diversas alcaldías e cabe destacar o caso da Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa, da cal foi secretario no seu momento Pablo Vioque e onde foi asasinado o seu tesoureiro por un axuste de contas co narcoavogado. O mesmo presidente da Xunta Albor admitiu en sé parlamentaria unha reunión cuns narcotraficantes fuxidos da xustiza. Parece evidente como se financiaban esas campañas electorais. Tal e como o narco Manuel Fernández Padín explica anos despois da Operación Nécora, as administracións públicas son parte do negocio. En 89, Manuel Fraga díxolle ao Rajoy aquilo de «Mariano, vaite a Madrid, aprende galego, casa e ten fillos». No 90, o ex ministro franquista gaña as eleccións á presidencia da Xunta, comezando os anos dourados do PP galego. Eran tamén os anos dourados da cocaína e da heroína. E a época dourada de «Sito Miñanco» e de Laureano Oubiña que xa comezaran da man de Manuel Charlín e o propio «Terito», o novo e o vello método. Precisamente hai un episodio no que as maneiras diferentes de facer as cousas finalizaron a tiros discutindo canto debían darlle ao Partido Popular. Sen esquecer que Pablo Vioque seguía sendo o eslavón intermedio, ou máis ben o home do cártel no partido.
Alberto Núñez Feijóo era un mozo de 34 anos en 1995. A vida sorríalle e deparáballe un futuro prometedor. Era xa secretario xeral da consellería de Sanidade e do Sergas e gozaba o momento. Tiña un amigo, Marcial Dorado, que o convidaba a pasar as vacacións na súa casa de Baiona ou no seu iate en Eivissa. Feijóo non se lembra de si o levou tamén a Andorra, só sabe que había neve. O presidente dixo que non o sabía naquel momento, pero o seu amigo Marcial era tamén, sorpresa, un narcotraficante. La Voz de Galicia relaciona o seu nome co contrabando desde 1977, co branqueo de diñeiro desde 1987 e co narcotráfico desde 1989. Feijóo sabía que o seu amigo era un narcotraficante, aínda que minta cando se lle pregunta. O seu amigo era o suficientemente importante para estar nesa discusión que acabou a tiros sobre como financiar ao Partido Popular. Hoxe, Marcial Dourado xa saíu do cárcere. Por un ou por outro carreiro a droga segue chegando á Galicia e o Feijoo é o presidente da Xunta. Hai unha certa propensión a pensar que Mariano Rajoy é un home íntegro, que non aceptou no seu momento a relación do Partido Popular co narcotráfico e que por iso marchou a Madrid. Aínda que pensemos que Oubiña mentía ao dicir que se reuniu con el e que sabía que pasaba. Nun acto de campaña das europeas Rajoy visita Cambados e sóbese ao barco Moropa, ata aquí nada raro. O problema é que este barco xa estaba relacionado co narcotráfico desde 2005. Aínda que este episodio non relacione ao expresidente do goberno co narcotráfico tan claramente como Feijóo, é significativo. As investigacións tardan anos e hoxe sabemos o que ocorreu fai 10. De aí en diante non sabemos nada, o que non significa que non sigan sucedendo. As prácticas foron as que foron e os personaxes seguen sendo os mesmas. Non sabemos se estas prácticas deixaron de ocorrer e ata dentro de 10 anos non saberemos se, como parece que xa fixo no pasado, o Partido Popular do Feijóo está a financiar a súa campaña á Xunta de formas moi afastadas das convencionais.

Pica aquí para ler o Artigo orixinal



Vídeos





6 de octubre de 2019

CADENA PERPETUA, UNHA CONVERSA CON VÍCTOR CAAMAÑO RIVAS




Pasaron 25 anos desde a estrea de Cadena Perpetua e a verdade  que un segue sentindo un escalofrío cando a botan na tele, algún tipo de “forza mística” obriga a deixar o mando a distancia (deixar de facer zapping) para voltala ollar por enésima vez e terminaren  chorando de emoción … debe ser que me estou a facer vello … para o seu Director Frank Darabont ten unha explicación máis sinxela que da senso a feitos de cóma esta adaptación de Stephen King continúe encabezando o número 1 de 250 en IMDB,  que a sitúa coma a peli mellor valorada da Historia - por riba de El Padrino: esa forza é a natureza humana.
Nunha entrevista que concedeu aos medios o seu Director dixo  “que non importa cómo de retranqueira seña unha Cultura, non importa cómo de sarcástica se volte, hai certas cousas ás que a xente se aferra. Hai certa sinceridade a que responden as personas, certa xeneroisidade que seica queren experimentar. Penso que a xente quere crer que hai BONDADE e unha BRÚXULA MORAL no mundo. E creo que é por iso que Cadena Perpetua ten ese efecto nas personas. É o elemento da historia de Stephen King ao que reaccionei, e parece unha idea moi atemporal”.
Esta reflexión é a propósito da entrevista que este “narrador visual” mantivo co Portavoz e Voceiro da Oposición polo BNG de Cambados Víctor Caamaño, porén esa bondade, e ese eixo vertebrador no terreo das ideas, está latente. O verdadeiro diamante en bruto da conversa foi se o BNG ía voltar a formar goberno para dirixir coma fixo o Concello de Cambados (Fátima foi Alcaldesa e delegou en  infinidade de ocasións en Víctor por mor das súas visitas institucionais e actos varios que tiña coma encomenda).
Víctor respostou que iso depende de SC  e o Ps de G-PSOE enteiramente, que non é o tipo que quixeras contratar para dirixir unha peli de superheroes como a que temos desde o 15 de xuño en Cambados, e ese parece ser o grande faro nestes días en xornais, redes sociais, e  televisión ante o anuncio de que polo momento, NON. O seu tipo de ideoloxía quizaves estea lixeiramente en tela de xuízo, o Nacionalismo Galego non pasa polos seus mellores intres desde a escisión en Amio, aínda que no que a il lle atingue ten gasolina dabondo no depósito e lle encantaría facelo de atopar un fogar e atopar financiación, agora ben non vai de nengún xeito “a aguantar a respiración”; esto é Cambados despois de todo, e hai moita xente que nos estamos a poñer de cor azul por ter que aturar a este Goberno en minoría.
E tras este aperitivo, Caamaño, que leva catro lexislaturas ás costas, lanzou a bomba: non cre que hoxe en día, co populismo de Somos Cambados e a deriva absoluta no terreo das ideas do PSOE de Cambados, poda ser unha realidade a día de hoxe. Seica está absolutamente convencido de que non se pode repetir o acontecido co cuatripartito. Non pode nen imaxinar á xente entrometéndose nas súas áreas que estaría disposto a levar de novo. En 2.015 aconteceu algo “máxico”, ao seren capaces catro forzas de acabar co Reinado de 28 anos do PP de Cambados. Ese suceso extraordinario foi posíbel grazas a autonomía que calquera forza política precisa para facer o mellor cometido polos veciños e veciñas de Cambados. Non sabe se hoxe en día hai un espazo neste Goberno para unha fronte coma o BNG, o cual dito de paso é unha puñetera vergonza (esto o digo eu).
Con estas declararacións, Caamaño se suma ás voces que se están a lanzar preocupadas – e que personalmente apoio-  ao comprobaren coma a maquinaria da política aliméntase cada vez máis de cifras, estimacións, e previsións de riscos, en lugar de facelo a partires do talento, a liberdade, a creatividade, e ser quen de de poñer en marcha proxectos con por suposto  boas ideas.
De seguido podedes ler a entrevista completa na que  Víctor Caamaño fala sobre esta cuestión:
Víctor Caamaño Rivas, 57 anos, político Galego de ideoloxía Nacionalista, ex Director do I.E.S Francisco Asorey de Cambados entre os anos 2.004 a 2.008, desde o ano 2007 Concelleiro da Corporación Municipal, voceiro do BNG no Consello Local e no Consello Comarcal. Lugar da entrevista, o Parador de Turismo de Cambados un venres calquera ao solpor. Levaba Víctor unha faciana de paz, conxuntando uns vaqueiros de cor azul e unha camisa escura. O primeiro en me chamar a atención é o trato que lle dispensan os traballadores do establecimento cun sorriso nos beizos, e como se levantan das súas cadeiras varios veciños para o saludar. Un que ao non ser cargo público non vou facilitar o nome, solta unha frase reveladora: “estades condenados Víctor a entendervos”. Víctor aprétalle forte a man, con actitude, iso me gosta: fai pouco tempo lle din a man a un vello Catedrático da Universidade, columnista dun Diario de información xeral, e non sabía se estaba collendo unha man,  ou un pene flácido …
Entrando no terreno sexual, digo político, falamos do papel transversal que ocupou no derradeiro mandato, marcado polos constantes e chapuceiros saltos ao cuestionario; qué política de comunicación era aquela na que algún membro do Goberno saía na prensa e nen a propia Alcaldesa se enteraba do acontecido ata que abría os xornais o día seguinte, canda se falaba de temas CRAVES do debalar municipal, qué clase de lealdade é esa, tendo en conta que hai unha Xunta de Goberno Local onde marcar os tempos:
V.C: son consciente, quizaves non houbo as condicións adecuadas, tratouse o tema porén foi imposible levalo a cabo, dado o ego superlativo dalgún dos seus compoñentes …
Os Plenos pasan a se celebrar cada dous meses en vez de cada un, e tivemos que aturar algún “cónclaves” onda botaba unha parrafada Xurxo Charlín de 25 minutos, e outra José Ramón, chegando a prensa a se exasperar cando eran as doce da noite e ibamos pola metade dos puntos da Orde do Día …
V.C: sí, asemade o papel de moderar e dirixir un Pleno é potestade da Alcaldesa, e levalos é unha arte … nós tentamos ceñirnos ao guión estabelecido, sen entorpecer o seu normal funcionamento, e producto dunha conversa e discusión propia anterior do noso grupo político …o BNG ten coma compromiso irrenunciable facer política, non POPULISMO.
O populismo hoxe en día Víctor é o sino destes tempos, está á orde do día, e eleitoralmente ás outras forzas así lles foi de luxo
V.C. PODE SER CERTO, ASEMADE NON DEIXA DE SER UNHA SOBREACTUACIÓN CONTÍNUA QUE PODE TER E TEN EFECTOS PERXUDICIAIS, chegado o caso de que xa perdín a conta das veces que outros Concelleiros empregaron esa “arma” para se meter en áreas que non lle correspondían, provocando varias graves crises de Goberno  que saíron á luz pública e que tiveron cerna neste aspecto.
Entón Víctor coma interpretas os resultados electorais, a xente parece non ten problema algún en comulgar con ese xeito de facer política ….
V.C: non é iso, esa actuación era premeditada con vistas a crear un “marketing político” que poder desplegar na campaña eleitoral, e o BNG polo que parece non o fixo ben, non fumos quen de transmitir que a política é algo moi serio, non unha fanfarría onda “podo prometer e prometo”, hai un mandato taxativo dos veciños e veciñas e desvirtúase polo tanto, chegado o caso que se “prometen imposibles”.
O POVO É SABIO, como pode se entender por exemplo o mantra que circulou de que o BNG non o fixo ben co Deporte (nese intre Víctor adopta unha postura erguida_ vou subindo a intensidade na entrevista, o que se denominan preguntas incómodas,  porén compre facelas) …
V.C:  nese punto vou ser moi claro (frunce o ceño), nós collemos un auténtico dislate nesa área, onda cada quen collía e facía o que lle daba a gaña  co beneplácito do PP de Cambados … varias chaves, abríanse e pechábanse instalacións, cada quen empregaba o que é de todos ao seu arbitrio e baixo a presión de teño o permiso de … tentamos poñer orde, que os espazos públicos propiedade municipal fixeran berce na colectividade, que calquera pudera alugar ese espazo para o seu desfrute, e que as prevendas e privilexios que gozaban os de antes remataran dunha vez por todas.
Por  qué non hai unha Fundación de Deportes en Cambados coma se suxeríu …
V.C:  eso é caro, precisa un Presidente ou Presidenta, un Secretario ou Secretaria, personal que teñen que ter coma obxectivos un programa a desenrolar, e atopámonos cun páramo económico.
O Deporte Base seica ten que se entrenar as escuras, por qué tantos atrancos, o forte enfado dalgúns clubes, o campo de Burgáns feito un patatal …
V.C: coa Partida Presupuestaria que tiñamos fixemos o indecible, e todo eran atrancos de Xurxo Charlín, a contestación era non hai cartos … os números non sería ético os explicitar, asemade manter un campo de fútbol en condicións supón un esforzo inversor, e a as torretas de iluminación, así coma iso, poñer ao día un xeito obsoleto de entender a política e o deporte.
Nunha conversa que mantiven co Concelleiro de Economía, unha vez saímos do Plan de Axuste Presupuestario puxen énfase en que había que GASTAR invertindo en traballo e servizos, e a resposta é que había que xestionar …
V.C: é tal cual, o mantemento de calquera instalación supón unha inversión contínua en medios materiales e humanos, e todo era previo permiso deste Señor, non tiñamos autonomía de negunha clase, e así pouco se pode facer.
Caso Adolfo Suárez e a Policía Local, disque faltan efectivos …
V.C: non falo de temas que están en vía Xudicial en primeiro termo, i en segundo é posíbel que se precisen máis efectivos, medios nun Corpo conformado por 14 Axentes, onda hai incidencias, traballadores que enferman, que teñen coma non podía ser doutro xeito permisos, vacacións, e que non hai quen cubra estas incidencias, chegado o caso  de que se poden dar situación inverosímiles.
A política de personal, hai unha serie de traballadores que están na espera, nunha especie de limbo legal, “vacatio legis”.
V.C: é certo, e o BNG non vai a aceitar que se funcionarice a nengún traballador sen que houbera pasado un Proceso Selectivo, nese tema vamos ser implacables, os veciños están cansos de ter que observar unha opacidade alarmante nas contratacións, e que sempre traballen os mesmos, todos os veciños e veciñas teñén tantos dereitos coma os demáis.
E quenes van ser os responsables de levar esta tarefa a bó termo …
V.C: a  xefa de Personal do Concello María Parada, xunto aos Funcionarios con Habilitación de Carácter Nacional, Secretario, Interventora, e aqueles que mellor coñecen o que se precisa facer, non contemplamos a petición de Tribunais Independentes de fóra de Cambados…

E ata aquí a primeira parte … por mor de que me pediron sobriedade e deixar os recursos literarios, emplazo para unha segunda entrega o alí explicitado, e xa estou a transmitir petición dunha segunda entrevista a unha sobranceira  política de Cambados.

Un artigo de Óscar Manuel Núñez, o Artista  antes coñecido coma Prince.-

10 de septiembre de 2019

O GOBERNO DE CAMBADOS (I)

Víctor Caamaño Rivas


Hai moitas pantasmas encol a negociación que en teoría continúa esta tarde de martes en Cambados.  Unha, e moi importante, é o fiasco de xullo que deixou feridas moi fondas entre algún dos negociadores, segundo admiten fontes de ámbolos sectores. Os mesmos actores  (BNG, PSOE E SC) repiten de novo para tentar acadar unha saída e non seguer na senda da discordia.
En realidade, no sustrato colectivo dos veciños e veciñas é que están condenandos a entenderse, que uns e outros van de farol, e que no derradeiro minuto o BNG ofrecerá a coalición (é o que ten coma José Ramón Abal en 2.015 a “chave” para paliar unha lexislatura axitada e deixar de dar osíxeno ao Partido Popular despois da súa desfeita eleitoral), ou se continúan os ventos do Nordés …
 O BNG o chama aplicar o principio da realidade. En xullo Víctor Caamaño e Manolo Domínguez foron os que máis forte apostaron por un goberno en coalición, asemade trala investidura de Fátima Abal coma Alcaldesa se soubo que o PSOE firmara un documento en branco para facela posíbel, de aí a lea actual … Xurxo e Tino insistiron unha e outra vez no seu resultado eleitoral obviando que en 2.015 deuse unha situación inversa consonte aos números que acadou o BNG e colleron agás a alcaldía,  todo o que pediron e máis.
Todos sen exceición nas Redes Sociais (os seus “secundarios”, se sobreentende), voltan á carga cun axioma que quedou sen resolveren en xullo. Os de En Marea / Podemos lanzaron argumentos moi similares aos que empregan en público, insisitiron nunha idea: os negociadores do BNG estaban avisados de que se non suscribían un documento que nen sequera leron non habería outra oportunidade.
Pois SÍ, mudaron de parecer despois do fiasco absoluto, esperpento, e a oposición do BNG no derradeiro Pleno (imposible de esquecer, unha Alcaldesa que vota en contra do seu propio soldo, nunca vira algo semellante). Xurxo Charlín e Tino Cordal xa non  insisten na idea unha vez e outra vez que isto non é táctica, non haberá coalición, e os dirixentes Socialistas namentras piden calma.
O BNG trata de facer mella na división que detecta dentro de Somos Cambados, do sector de En Marea e do sector de Podemos. Este último coloca a Manolo Domínguez, negociador do BNG, coma o obstáculo máis forte a superar, o máis férreo. Esta división de SC coméntanse a miúdo no PSOE, tanto que a Portavoz Fátima Abal tratou de “hurgar” na ferida para trasladar información ao BNG que non tería, seica.
A Asamblea de SC (os mandos) ocultou cuestións moi importantes das negociacións as súas Bases, para dar unha visión máis sesgada do acontecido. As negociacións continúan esta tarde por se non se arranxa este punto central: NÓS SOMOS TRES E VÓS SODES DOUS, e continuaren esta teima do principio de proporcionalidade, co que é moi complicado chegar a acordo algún (MADRID é máis do mesmo…).
As mensaxes cruzadas que se lanzan nas Redes Sociais non fai máis que quentar o lume e a fenda entre as formacións de esquerdas. O BNG rexeita o anterior plantexamento, que o exposto é unha estratexia de marketing político para gañar adeptos. En definitiva a falta de entendemento entre os tres partidos de esquerdas que gañaron as eleicións abona as críticas do PARTIDO POPULAR, unha vez CP permanece en estado de trance, sen asumir que non os queren ver formando goberno nen en pintura.
O Portavoz do PP Luís Aragunde define entre os seus fieis a situación de teatro, circo, namentras Cambados é o Relato dun Naúfrago (García Márquez), con media vila onda SE ALQUILA ou SE TRASPASA, rúas sen adecentar desde fai tres anos, onda se pregunta ao Concelleiro de Obras Samuel Lago por parte dos Operarios (disque), hai que actúar en tal sitio ¿ e non sabe nen o “callejero” do povo, os colexios paralizados, servizos de limpeza que non dan a basto e o Montoro de Cambados fala de que “ata que non se aprobe o Presuposto non se pode contratar” (fai dous anos que se pode, figura), cuns datos do PARO que ogallá estea nun erro ou se vai disparar a máis de 1.000 inscritos nas Oficinas do antigo INEM en canto chegue o mes de Outubro (éstes dirán que co PP eran 1.600, xa, en plena crise económica).
Eche o que hai … próximamente entrevista ao Voceiro do BNG Víctor Caamaño;  non a publico polo momento para non poñer paus nas rodas nen polemizar, crispar, ante unha nova rolda de negociacións que comezará e rematará cando deixen o orgullo trala porta da casa, cousa complicada na actual clase política.
Un artigo de Óscar Manuel Núñez.-

Nota de Cores de Cambados:
Os propietarios do blog nin comparten nin suscriben o texto. Somentes publica como ven sendo tradición o sentir dos veciños e queren compartilo a traveso do noso blog.
Porque non suscribe o texto? Pois consideramos o texto máis opinión que información, debido as inexatidudes do mesmo.



25 de julio de 2019

DURÍSIMO COMUNICADO DO PSOE LOCAL CONTRA A OPOSICIÓN


A PINZA PP-BNG VOLVE DEIXAR SEN ADICACIÓN NEN SOLDO ÓS CONCELLEIROS DO GOBERNO DE CAMBADOS

Ambos grupos rexeitaron a proposta de alcaldía e votaron conxuntamente unha moción para asignarlle adicación tan só a alcaldesa



No pleno celebrado onte, o grupo de goberno presentou unha nova proposta na cal se recollían algúns dos aspectos propostos polos grupos políticos da oposición na sesión anterior, como é a redución das horas das adicacións parciais, baixando de 25 a 20 horas semanais, e dos importes de 23800 € a 21200 € brutos anuais, cunha única adicación exclusiva, a da alcaldesa. Consideramos que estas horas están por debaixo do tempo mínimo imprescindible para poder realizar todas as xestións que o cargo require, pero o resto detraerémolo do noso tempo libre, pois non queremos que isto sexa escollo para poder aprobalas.
Todos os voceiros dos grupos que hoxe están na oposición, estiveron no goberno con adicacións exclusivas para poder desenvolver o seu traballo, polo tanto saben que para facer un traballo ben feito fai falta dedicación e tempo. Non é unha cuestión de diñeiro, este goberno é o máis barato de todos os que calquera dos que onte estaban presentes formou parte, mais o primeiro xeito de dignificar un traballo é con un salario digno. 
Apelamos, sen éxito, á coherencia e á responsabilidade dos concelleiros e concelleiras, para que permitisen que este goberno poidese desenvolver as súas funcións en condicións axeitadas, votando favorablemente a proposta, cousa que non sucedeu, pois o grupo popular presentou unha enmenda á nosa proposta para que só a alcaldesa percibise soldo, a cal foi apoiada polos nacionalistas. 
Claramente foi unha maniobra pactada para poder limpar a súa conciencia e aliviar a presión social á que estaban sometidos, especialmente o BNG, cuxos votantes non comprenden a postura dun partido de esquerdas que impida que os membros dun goberno non poidan percibir un salario digno polo seu traballo. A esto hai que engadirlle que unha soa persoa con adicación é insuficiente para xestionar o volume de traballo que existe no noso concello, como así recoñeceron todos os voceiros cando afirmaron que eles lle teñen adicado moitas horas ó desempeño das súas funcións. Cabe destacar que o salario aprobado para a alcaldesa, de 40.000€ brutos anuais, é inferior ó que percibía Aragunde fai 4 anos e inferior ó que percibía Víctor Caamaño fai apenas un mes.
Consideramos, polo tanto, que esto non é oposición, é bloqueo, oposición é facer labor de control e fiscalización do goberno, debater iniciativas e propoñer alternativas; pero para iso teñen que deixarnos gobernar. Por iso apelamos á coherencia (algo por desgraza moi escaso na vida política) dos que tiveron ocasión de formar parte dun goberno cobrando un salario; e á responsabilidade de non deixar o pobo sen un goberno dedicado, porque votando non, non están castigando a estes concelleiros e concelleiras, están castigando ós veciños e veciñas de Cambados a ter un goberno limitado por falta de tempo, que non de ideas nin de capacidade.

Reiterarlle tamén ó BNG que a nosa oferta segue en pé, e que ten as portas abertas para formar parte do goberno mantendo a adicación exclusiva dun concelleiro e xestionando as mesmas áreas de goberno que viña ostentando, pero se por motivos persoais, estratéxicos, ou políticos non desexa entrar, polo menos deixe gobernar ós que sí están, e logo faga toda a labor de oposición que considere.



8 de julio de 2019

REPARTIDAS AS ÁREAS DO GOVERNO BIPARTITO DE CAMBADOS


Despexadas as duas sobre as Áreas que desempeñará cada concelleiro/a do bipartito de Cambados.

Fátima Abal - (PSOE) Persoal, Igualdade e Emprego como ata agora e sumará as áreas de Cultura, Deportes, Educación, Patrimonio, Medio Ambiente e Normalización Lingüística. Ademais da portavocía do governo.

Samuel Lago - (PSOE) Segunda tenencia de alcaldía e as áreas de Obras e Servizos.

Cruz Leiro - (PSOE) Cuarta tenencia de alcaldía e as áreas de Turismo e Enoturismo.

David Mesías - (PSOE)  Xuventude.

Tino Cordal - (Somos) Primeiro tenente de alcalde e repite áreas do mandato anterior, Servizos Sociais e Terceira Idade ás que suma Seguridade Cidadá e Mobilidade.

Xurxo Charlín - (Somos) Terceiro tenente alcalde. Economía, Facenda e Industria e asume Urbanismo.

Carolina Aragunde asume Comercio e Promoción Económica, que antes levaba Xurxo Charlín, xunto a Infancia e Novas Tecnoloxías.

O que non se fixo público foron as liberacións nin os soldos e que se desvelarán a máis tardar no pleno do vindeiro luns as 21:00. Tendo en conta que ao non ter maioría o governo local enfróntase a posibilidade de non cobrar soldos durante estes 4 anos. Neste mesmo pleno quedarán designadas as persoas que representarán ao concello de Cambados na Mancomunidade. Fátima Abal e Luís Aragunde serán dous e falta por dilucidar a terceira que seguramente sexa un membro de Somos Cambados.




28 de junio de 2019

O BNG COMUNICA A SÚA POSTURA TRALA ROTURA DE NEGOCIACONS PARA ACADAR UN TRIPARTITO


O BNG DÁ POR ROTAS AS NEGOCIACIÓNS PARA ENTRAR
NO GOBERNO DE CAMBADOS
Logo do breve amago de reunión desta tarde, o BNG dá por rotas as negociacións para conformar un goberno tripartito na vila de Cambados.
Ante esta situación, o BNG manifesta as seguintes valoracións:
- Percibimos unha total falta de vontade de conformar un goberno a tres, tanto por parte do PSOE como de Somos. O que se pretende é que deamos o visto e prace a un preacordo a dúas bandas, elaborado a unhas horas da investidura e baixo a chantaxe da incerteza no pleno inminente.

- Parécenos sintomático o propio feito da ausencia do número 2 do PSOE por considerar “innegociable” a competencia sobre as obras de mantemento de colexios, instalacións deportivas e casas de cultura, ademais das obras de saneamento, que dende o BNG reclamamos para poder manter unha autonomía sobre as áreas. Cómpre sinalar que estes aspectos en cuestión viñan sendo compartidos con Cambados Pode no pasado mandato, e é precisamente polas friccións asociadas a ese modelo polo que o BNG reclama plena competencia sobre elas para chegar a un acordo no presente período.
- O BNG manifestou sempre a súa disposición a evitar o retorno do PP á alcaldía, e dende o primeiro momento expuxemos o noso apoio a Fátima Abal de cara ao pleno de investidura, sen ningún tipo de condicións previas. A nosa entrada nun eventual goberno tripartito debería, iso si, ser negociada en base a unha serie de acordos programáticos e de goberno, tendo en conta ademais a necesidade de sumar nove votos en pleno como único modo de garantir unha maioría estable.
- Non houbo posibilidade de acordo no reparto de áreas e competencias. Aspectos tales como organización do goberno e liberacións non chegaron sequera a ser tratados, debido ás importantes diferenzas programáticas e competenciais.
- Dende o primeiro momento comprobamos a dificultade de elaborar un programa común, mesmo ata o punto de atopar reticencias en cuestións de tipo simbólico xa aprobadas teoricamente no pacto anterior, como é a separación formal entre Concello e actos relixiosos. Algunhas propostas programáticas de importancia presentadas son inasumibles para a nosa formación.
- Nas próximas horas e días reuniranse os órganos locais, incluíndo a Asemblea Local, quen decidirá finalmente a nosa postura.




O TRIPARTITO TEN COMPLICADO CHEGAR A SER REALIDADE


Hoxe terá lugar a que pode ser a derradeira reunión dos grupos políticos de esquerda para configurar un governo tripartito.
Moito nos tememos que esta reunión non chegará a porto, pois hai posturas demasiado lonxanas a un entendemento común.
A crónica de La Voz de Galicia da pistas pero non chega ao fondo do asunto.
Segundo as informacións chegadas desde as tres forzas políticas o punto morto no que se atopan non auguran un tripartito, polo que parece haberá un governo de coalición en minoría.


https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/cambados/2019/06/28/tripartito-cambados-cuaja/0003_201906A28C3992.htm



23 de junio de 2019

IMAXINADES UN PACTO PSOE-PP, SOMOS-PP OU BNG-PP?


Aínda que pareza mentira na política, sobre todo a nivel local, non está todo dito nin feito.
Por exemplo en Cambados hai varias posiblidades para que o PP volva ao poder.
Imaxinades un pacto BNG-PP ao estilo Catoira ou Mondaríz? Imaxinades un pacto PP-Somos?. Ou PP-PSOE?
Nunca se podería descartar que o PP, no poder 28 anos en Cambados, se resigne a non poder acadar a alcaldía ou cando menos gobernar conxuntamente con algún dos partidos que poden formar ese tripartito que parece tan complicado.
Houbo conversas? Nestes días hai rumores por Cambados, de todo tipo. Ver a Luís Aragunde con Tourís e Tino Cordal por exemplo desperta todo tipo de suspicacias. Ou quen dí Tino Cordal, pode decir Fátima Abal ou Víctor Caamaño.
Como dixemos en política local non está todo escrito, pero que dirían as asembleas locais deses partidos de esquerda de producirse eses contactos?
E que dirían os simpatizantes e votantes desas forzas políticas?
Na actualidade o que antaño se chamaban pactos antinatura son máis fáciles de ver dada a dificultade que hai para acadar unha maioría absoluta ou suficiente para gobernar en solitario con pactos puntuais no segundo dos casos.
Pero, como decíamos antes, estarían as asembleas locais do PSOE, BNG ou SOMOS dispostas a governar co apoio dos populares? Sempre baseando este suposto en que o alcalde ou alcaldesa fose dunha das listas da esquerda. Nin plantexamos que algún deses grupos votara a favor de Aragunde.
Falando onte con algunhas persoas decíanme que darían por feito que tanto uns como outros estarían dispostos a acadar a alcaldía co apoio do PP. Algo que eu negaba rotundamente. Sempre baseando a miña oposición en que as asembleas non apoiarían nunca tales pactos. 

E vos que pensades?





22 de junio de 2019

SIGUEN AS CONVERSAS PARA ACADAR UN TRIPARTITO EN CAMBADOS

Esta tarde os tres grupos de esquerda presentes no pleno de Cambados tiveron a segunda reunión a tres para tentar chegar a un acordo de governo. 
Nesta reunión pouco se avanzou quedando convocados aoutra nova reunión a celebrar na vindeira semana. Esta produciríase como pronto o vindeiro xoves.
Aínda puntos nos que os tres grupos están na mesma sintonía hai outros nas que os puntos de encontro están bastante alonxados.
De seguir así non sería estrano que o novo governo local de Cambados fose un bipartito en minoría.

Non imos desde este blog a ofrecer nin opinións nin suxestións aos grupos. Xa son bastante maiorciños, uns máis ca outros, como para decirlles o camiño que deben seguir. Ideas e ganas non faltan pero polo de agora imos deixar que avancen os acontecementos. Xa haberá tempo de escribir longo e tendido do tema.


19 de junio de 2019

A VER SI AGORA RESULTA QUE O MELLOR VAI SER QUE VOLVA ARAGUNDE



Teño a estraña sensación de que con este artigo mais de un vaime  crucificar  e non, precisamente,  os seguidores ou simpatizantes do Partido Popular onde xa fai moito tempo que me gañei (iso si, por méritos propios) as súas “simpatías”, senón, mais ben,  entre a xente de esquerdas pero si algo sempre tiven   claro é que, dende a primeira vez, alá  polo ano 2012, cando comecei a colaborar   en  “A ti meu Cambados” do sempre recordado Xaquín Charlín “Chon” era que ia dicir o  que penso e sento. Eu, grazas a Deus,  non teño que  caerlle ben a ninguén (nin tampouco o busco) simplemente manifesto o  que a cabeza e o corazón me ditan e sinto dicir que, estes días, estou a levarme unha decepción co PSOE, con  Somos Cambados e co BNG. 

Vaia por diante que considérome amigo tanto de Fátima Abal como de Tino Cordal e de Víctor Caamaño e, por tanto, cando cres que un amigo non está facendo algo  ben podes ser un hipócrita e  calarte ou, pola contra,  expresarlle o teu malestar, i eu optei por esta segunda opción. 
Nunha ocasión, o gran Winston Churchill dixo que “O político convertese  en estadista cando o comeza a pensar nas próximas xeracións e non nas próximas eleccións” xusto o contrario ao que está a pasar estes días en Cambados onde os partidos de esquerdas en vez de pensar nos seus concidadáns e no que é mellor para o pobo,  pensan exclusivamente con mentalidade de partido e con iso non se vai a ningunha parte. 

Fai  algo mais dunha semana tiven unha conversa telefónica dunha hora coa alcaldesa onde lle expresaba  o malestar que varios veciños me fixeron chegar pola  falta de acordo co resto de partidos de esquerdas; eu díxenlle a Fátima que se equivocou ao non reunirse inmediatamente, despois das eleccións, co resto das forzas de esquerdas,  con independencia  dos recursos que presentara Aragunde; os que coñecemos un pouco a Lei Electoral sabiamos que ditos recursos   non prosperarían (como así foi); do mesmo xeito manifesteille á alcaldesa que seguía a equivocarse ao non querer chegar a un pacto de governo antes da votación do sábado como lle pedían dende Somos Cambados; non teño ningunha  dúbida  de que Fátima é unha boa alcaldesa e que, si as cousas seguen o seu curso lóxico,  seguirá a selo pero nesta negociación pecou de pasividade i espero que recupere o tempo perdido e, mais pronto que tarde, acade un acordo satisfactorio para tódalas partes. 

Obviamente e xa que falei   de Somos Cambados toca  adxudicarlle a súa parte de culpa en todo este embrollo; como lle confesei, non fai moito,  a un militante de Somos Cambados non teño a menor dúbida de que, de seguir a súa progresión,  non pasarán moitos anos sen que esta forza política poida chegar   ser a mais votada entre os partidos de esquerdas nunhas eleccións municipais  (mal que lle pese a algún) pero que o que non pode ser è  que queiran poñer o carro antes que os bois. Dende a perspectiva que me da coñecer a Tino  Cordal dende fai mais de 37 anos podo afirmar que ten  todas as características necesarias que se lle poden pedir  a un  político: preparación,  capacidade de liderazgo, amplo  discurso etc.  pero, tamén, unha  excesiva ambición que, ás veces, proxecta no seu partido e que xa se manifestou no pasado cando, por exemplo, pertencía ao BNG.  Somos Cambados está en todo o seu dereito  de reclamar mais cota de poder porque por algo teñen un concelleiro mais pero sen esquecer que o partido mais votado da esquerda foi o PSOE e, dende logo,  o que  non poden  é querer levar todas as concellerías claves.      

Por último tócalle ao BNG quen nestes días destapouse cunhas declaracións pouco afortunadas nas que definía  de “chapuza” e “mercadeo”   as negociacións entre PSOE e Somos Cambados, dándolle munición ao PP quen non tardou en facerse  eco de tales declaracións. Voume morder a lingua e calarme pero xa que o BNG fala de “mercadeo” podería  expoñer eu aquí algunha das exixencias  que, fai catro anos, o partido nacionalista  levou á negociación pero, por respecto, a amigos que teño dentro desa  formación  voume calar. O BNG aínda que non o queira recoñecer esta moi doído non, soamente, polo feito de ter perdido un concelleiro senón, tamén, (i especialmente   entre algúns do seus afiliados) de que foran  superados  nas furnas por  Somos Cambados; tamén estes días Víctor Caamaño, a través da prensa, manifestou as súas dúbidas sobre integrarse nun goberno tripartito ou formar parte da oposición; espero que se impoña a cordura no BNG e forme parte  do goberno porque non teño a menor dúbida de que, de  pasar a oposición, ao carón do Partido Popular, cun PSOE en claro ascenso nacional e autonómico e un SOMOS que non deixa de medrar  no ámbito local, sería o  suicidio político da formación  nacionalista por non dicir que Víctor Caamaño debería continuar co excelente traballo que iniciou como conselleiro fai catro anos.   

Como moitos cambadeses espero e desexo que se acabe impoñendo a sensatez entre as forzas de esquerdas cambadesas e que pensen que ninguén é imprescindible pero si necesario para seguir co cambio progresista  acadado fai catro anos e que supuxo botar fora do Concello de Cambados a un partido con prácticas caciquís e formado por auténticos “trepas” da política como Tourís que  soamente hai que lembrar como entrou en política e que ben lle foi na mesma.  
Por último tamén desexaría que estes vindeiros catro anos os membros da  coalición de goberno na que, insisto, desexaría estiveran  presente as 3 forzas de esquerdas tiveran mais respecto entre elas porque houbo certas practicas miserables  que agora non vou a explicar  e que non son propias de partidos serios  que se supón que reman no mesmo sentido e que non é outro que o mellor para o pobo de Cambados. 

  Un saúdo a todas e a todos.
   RICARDO DOMINGUEZ REY