Engadiría a conselleira que a costa está xa plenamente recuperada, e como exemplo, explicou que dende xaneiro deste ano ó pasado 12 de novemro, capturáronse na nosa comunidade 142.000 toneladas de peixe e marisco, un 20% máis que no ano da catástrofe do Prestige. Este argumento valeulle a Quintana o cualificativo de ‘indigna’ por parte do deputado de AGE, que dou a entender que coas súas palabras, a conselleira parecía dicir que o naufraxio do petroleiro fora bo ‘para as capturas nas nosas rías’. Tamén desde o PSOE José Ramón Val lamentou que só se tivera xulgado a tres persoas neste procedemento, e non ‘ós verdadeiros culpables’, e acusou á Xunta de recorrer a sentencia ‘a última hora’ pola presión cidadá e nun intento de ‘lavar a cara’. O vicepresidente Alfonso Rueda tomou entón a palabra para replicar que o goberno galego reclama porque non está de acordo con que non haxa responsable ningún dos danos medioambientais, e lamentou que a oposición insistira en facer un xuízo político paralelo da catástrofe.
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta PRESTIGE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PRESTIGE. Mostrar todas las entradas
18 de diciembre de 2014
PLADESEMAPESCA INFORMA DA POSIBILIDADE DE COBRAR AXUDAS "PERDIDAS" POLO CASO PRESTIGE
Prégase a todos os responsables e confrarías de Galicia, así como ás autoridades fagan chegar este documento a todos os interesados...
Ante o avanzado dos procesos xudiciais para coñecer onde foi parar o diñeiro recadado en nome dos damnificados do Prestige, é necesario encontrar os destinatarios para que no seu día se fose o caso, a responsabilidade civil e a recuperación do diñeiro vaia directamente aos prexudicados, para iso é necesario realizar un censo dos beneficiarios.
Pladesemapesga pon en marcha esa iniciativa para presentala ao Xulgado, responsable de nomear os destinatarios do diñeiro que se puidese recuperar.
A Plataforma en defensa do sector Marítimo Pesqueiro de Galicia, pon a disposición de todos os interesados, os medios e o documento para o efecto para xestionar os destinatarios.
DOCUMENTO
14 de octubre de 2014
DENUNCIAN IRREGULARIDADES NA XESTIÓN DE FONDO DE "PRESTIGE"
|
Nun comunicado, pregúntase tamén "a que espera o Tribunal de Contas para abrir un expediente informativo que depure as responsabilidades a que houbese lugar". Tamén avanza que exercerá os seus "dereitos legais" para que se investiguen de oficio "estas e outras ilegalidades que, de seguro, irán aparecendo".
En concreto, Arco Iris asegura que tivo acceso "a un documento oficial incluído na tramitación que o Tribunal Supremo segue trala sentenza do 'Prestige'", un fallo da Audiencia Provincial da Coruña que absolveu ao capitán do buque, Apostolos Mangouras; ao xefe de máquinas, Nikolaos Argyropoulos, e ao exdirector xeral da Mariña Mercante, José Luís López-Sors, do delito ambiental.
Respecto diso, afirma que o informe pericial realizado pola firma Advance "pon ao descuberto un rechamante desfase entre as cantidades reclamadas polo Estado e as efectivamente facturadas e comprobadas polos auditores".
CANTIDADES RECLAMADAS
Así, indica que o importe reclamado polo Estado, segundo o informe dos peritos xudiciais, foi de 214,9 millóns, mentres que o admitido polos peritos é "de 107,3 millóns de euros", precisa. En relación ao importe reclamado polo Estado ao Fondo Internacional de Compensación de Danos por Hidrocarburos(Fidac), sitúao en 214 millóns, mentres que o admitido por este organismo foi de 60 millóns, apunta Arco Iris no seu comunicado.
"O informe de Advance pon en evidencia que o Prestige foi a mecha que acendeu os motores dunha enorme máquina de defraudar fondos públicos e que causou un tremendo buraco nas finanzas do Estado", argumenta.
En particular, asegura que "chama a atención a gran cantidade de apuntes a conta de Sasemar, 7.147.794,22 de euros sen xustificar, en concepto de gastos de viaxe e dietas de persoal", afirma.
Imaces e información: ARCO IRIS
2 de diciembre de 2013
GALICIA VOLTOU GRITAR "NUNCA MÁIS" 11 ANOS DESPOIS
| Onte |
| Fai 11 anos |
Convocadas pola plataforma Nunca Máis, que naceu naqueles días para canalizar a rabia do pobo galego ante unha das maiores catástrofes medioambientales da historia da navegación, oito cidades --Santiago, A Coruña, Pontevedra, Ourense, Lugo, Vigo, Ferrol e Foz-- foron escenario este 1 de decembro de protestas cidadás "contra o chapapote, o esquecemento, a impunidade e a inxustiza".
Na emigración, os galegos concentráronse tamén en Barcelona, Madrid, Londres, Lle Croisic --epicentro da catástrofe do 'Erika' en 1999-- e Praga.
Numerosos representantes de varias organizacións políticas da oposición, sindicalistas e personalidades da cultura acudiron ás diferentes manifestacións, que concluíron coa lectura dun manifesto no que as principais reclamaciones da plataforma se estructuran en torno a seis puntos.
29 de noviembre de 2013
ROSA QUINTANA DEFENDE CON UÑAS E DENTES O INDEFENDIBLE
Engadiría a conselleira que a costa está xa plenamente recuperada, e como exemplo, explicou que dende xaneiro deste ano ó pasado 12 de novemro, capturáronse na nosa comunidade 142.000 toneladas de peixe e marisco, un 20% máis que no ano da catástrofe do Prestige. Este argumento valeulle a Quintana o cualificativo de ‘indigna’ por parte do deputado de AGE, que dou a entender que coas súas palabras, a conselleira parecía dicir que o naufraxio do petroleiro fora bo ‘para as capturas nas nosas rías’. Tamén desde o PSOE José Ramón Val lamentou que só se tivera xulgado a tres persoas neste procedemento, e non ‘ós verdadeiros culpables’, e acusou á Xunta de recorrer a sentencia ‘a última hora’ pola presión cidadá e nun intento de ‘lavar a cara’. O vicepresidente Alfonso Rueda tomou entón a palabra para replicar que o goberno galego reclama porque non está de acordo con que non haxa responsable ningún dos danos medioambientais, e lamentou que a oposición insistira en facer un xuízo político paralelo da catástrofe.
28 de noviembre de 2013
MANIFESTACIÓN DE "NUNCA MÁIS" ESTE DOMINGO 1 DE DECEMBRO
A plataforma cidadá Nunca Máis volverá á rúa este domingo 1 de decembro. Tras coñecerse a sentenza do Prestige o colectivo xa se concentrou en varias localidades galegas o 15 de novembro. Pasadas dúas semanas, e coincidindo co 11 aniversario da gran manifestación da plataforma en Santiago de Compostela, volven convocar aos galegos a unha protesta en oito poboacións, entre elas, Pontevedra. A manifestación sairá ás 12.00 horas da Peregrina.
O portavoz de Nunca Máis en Pontevedra, Xosé Manuel Abraldes, fixo un chamamento aos pontevedreses a que se sumen esta manifestación
convocada nun momento no que "a voz de Nunca Máis é preciso que estea aí" e no que a plataforma cidadá é "o único berro de Xustiza non medio de tanta Inxustiza", como reza o cartel que convoca a protesta.
A data non foi elixida ao azar, senón en recordo daquel 1 de decembro de 2002 no que se produciu a multitudinaria protesta que desenvocaría na marea cidadá de rexeitamento ao Prestige e á marea branca de voluntarios limpando a costa galega.
22 de noviembre de 2013
NOTA DE PRENSA DO B.N.G. SOBRE A SENTENZA DO PRESTIGE
Sobre a necesidade de evitar a impunidade da marea negra do Prestige, recorrendo ao Tribunal Supremo, e sobre a transferencia de competencias marítimas á Xunta de Galiza
Exposición de motivos
O sinistro do buque petroleiro ‘Prestige’ nas costas da Galiza o 13 de novembro de 2002 mostrou, daquela, o problema da seguranza do tráfico marítimo que circula polo corredor de Fisterra e ameaza as costas galegas. Por desgraza hoxe, coa sentenza ditada pola Audiencia Provincial da Coruña, no caso de que o Tribunal Supremo non corrixa o seu fallo, quedarían impunes os autores da marea negra como os seus responsables políticos.
A pesar de que o litoral de Galiza está a ser o máis afectado do mundo pola contaminación derivada de accidentes marítimos destas características, pois nos últimos 43 anos houbo catro buques que provocaron importantes verteduras de hidrocarburos ao mar (Polycommander, Urquiola, Aegean Sea, Prestige), aos que se lle deben sumar outros sinistros en que tamén houbo unha importante contaminación mariña polas verteduras de produtos altamente contaminantes (Erkowitz, Cason), a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña permite, despois de 11 anos, a pervivencia desta situación de risco e a impunidade manifesta dos responsables.
Con todo, aínda, se está a tempo de corrixir esta situación, tendo en conta que contra a esta sentenza da Audiencia Provincial da Coruña cabe interpoñer un recurso de casación perante o Tribunal Supremo. E dado que existen as razóns e os supostos de feito e de Dereito para recorrer, o Ministerio Fiscal e a Xunta de Galiza, personadas xunto con outras entidades como acusación, deberían presentar no Tribunal Supremo o correspondente recurso de casación contra a sentenza citada.
Esta sentenza deixa sen prexulgar a acción civil, de modo que a tutela por parte dos tribunais desta xurisdición está por decidir, malia que as indemnizacións por danos están limitadas polos convenios internacionais asinados polo Estado español, especialmente o relativo á responsabilidade civil por danos causados por hidrocarburos. Deste xeito, na práctica, a maior parte do dano debería ser asumido por quen sufriu o dano ou os pagos. A non modificación deste sistema de responsabilidade civil supón que siga recaendo sobre as vítimas o pago do dano provocado por hidrocarburos, a pesar de constituír un risco do que só se benefician as empresas petroleiras e cuxa materialización non só sufrimos senón que tamén pagamos. Por iso, cómpre tamén a denuncia de tales convenios internacionais e apostar por unha nova lexislación asentada no principio de responsabilidade solidaria e ilimitada tanto dos causantes do dano como os seus beneficiarios. Alén de ser máis xusto, suporía igualmente aumentar a seguridade e a prevención de sinistros como o do Prestige.
O desastre do Prestige evidencia igualmente como o Estado continúa controlando os dispositivos de transporte de mercadorías perigosas por mar nas costas galegas, impedindo que Galiza poida facelo en porto e en tránsito mais tamén que os medios de salvamento e prevención de catástrofes ambientais despregados nas nosas costas non son suficientes e adecuados para encarar situacións de risco ou combater a ameaza da contaminación. Cómpre transferir as competencias en tráfico marítimo e prevención de accidentes no mar á Xunta de Galiza para protexer os intereses dos galegos e galegas vinculadas directamente á actividade pesqueira no mar, que constitúe unha fonte de riqueza de moitas comarcas costeiras de Galiza.
Por todo iso, solicítase do Pleno da Corporación Municipal do concello de Cambados a adopción do seguinte:
ACORDO
1º.- Amosar a noso desconcerto porque a peor catástrofe ambiental de Galiza se pecha, polo de agora, sen culpables e sen responsabilidades. Mais tamén a nosa decepción porque, de haber outra catástrofe no futuro, os piratas, os incompetentes e os irresponsables poderían quedar impunes de novo.
2º.- Solicitámoslle ao Ministerio Fiscal e á Xunta de Galiza que presenten diante do Tribunal Supremo un recurso de casación contra a sentenza do Prestige, fallada pola Audiencia Provincial da Coruña, dado que existen as razóns e os supostos de feito e de Dereito para recorrer.
3º.- Solicitámoslle ao Goberno do Estado que promova as medidas necesarias para denunciar os convenios internacionais asinados polo Estado español en materia de indemnización por este tipo de danos, especialmente o relativo á responsabilidade civil por danos causados por hidrocarburos, e que aposte aquí por unha nova lexislación asentada no principio de responsabilidade solidaria e ilimitada tanto dos causantes do dano como dos seus beneficiarios.
4º.- Instamos á Xunta de Galiza a que demande do Estado español a transferencia das competencias para o control e inspección dos barcos que recalan nos portos galegos e dos que transitan polo dispositivo de separación de Fisterra, para poder aplicar unha política preventiva no transporte marítimo de mercadorías perigosas, ademais da competencia inherente ao salvamento marítimo e á loita contra a contaminación mariña nas costas de Galiza.
5º.- Apoiamos as mobilizacións en contra da impunidade dos responsábeis da marea negra do Prestige e en demanda da transferencia de competencias á Galiza nesta materia.
6º.- Acordamos enviarlles este acordo ao presidente da Xunta de Galiza, ao presidente do Goberno do Estado, aos grupos do Parlamento galego e ao Ministerio Fiscal.
16 de noviembre de 2013
"NUNCA MÁIS" VOLTOUSE A SENTIR POLAS RUAS DE GALICIA
O berro 'Nunca máis' volve estar nas gargantas de miles de galegos que senten indignados pola sentenza emitida hai dous días e que non sinala culpables. Moita indignación enarborada á beira das bandeiras azuis e negras do chapapote, que volven ondear.
'Non esquecemos. Non á impunidade. Mareas negras Nunca Máis' é a lema que preside estas concentracións de "repudio" da sentenza que se desenvolveron desde o oito da tarde.
Nas manifestacións, algúns dos presentes portaron carteis nos que se podía ler 'Culpables' sobre os rostros de dirixentes do Partido Popular durante a catástrofe como José María Aznar, Mariano Rajoy ou Francisco Álvarez-Cascos.
En todas elas, leuse o mesmo manifesto no que se avisou de que Nunca Máis "volverá ás rúas" e a mobilizarse para mostrar a súa indignación co fin de pedir que se faga Xustiza" e haxa culpables polo desastre ambiental que deixou centos de quilómetros das costas galegas cheas de chapapote.
En todas elas, leuse o mesmo manifesto no que se avisou de que Nunca Máis "volverá ás rúas" e a mobilizarse para mostrar a súa indignación co fin de pedir que se faga Xustiza" e haxa culpables polo desastre ambiental que deixou centos de quilómetros das costas galegas cheas de chapapote.
Neste manifesto, denúnciase que "Galicia non permanecerá calada nunca máis", á vez que se critica que esta terra "segue á deriva sen institucións que a defendan".
Tras facer mención aos miles de voluntario que recolleron o chapapote "coas súas propias mans", o texto deixa patente a "furia" por que se deixen impunes aos responsables do maior delito ambiental" na historia de Galicia.
15 de noviembre de 2013
CONCENTRACIÓNS CONTRA A IMPUNIDADE NO CASO "PRESTIGE"
A Plataforma Nunca Máis decidiu convocar para este venres ás 20:00 horas concentracións nas principais cidades galegas para manifestar o malestar e a indignación dos cidadáns contra a sentenza emitida pola Audiencia Provincial da Coruña na que se absolveron aos tres imputados en relación co afundimento do Prestige.
Baixo o lema, 'Non esquecemos. Non á impunidade. Mareas negras Nunca Máis', en Pontevedra a concentración realizarase na Praza da Peregrina mentres que en Vilagarcía se desenvolverá na Praza de Galicia. Tamén no Groverealizarase unha concentración ante o Concello ás 20:00 h.
Dende este colectivo social quérese mostrar o desamparo que provoca a sentenza xudicial para as costas galegas e para os cidadáns que, segundo afirman os representantes de Nunca Máis, serán os que finalmente se fagan cargo dos danos que ocasionou a catástrofe que avaliou a Fiscalía en máis de 4.000 millóns de euros.
Desta forma, esta Plataforma volve saír á rúa. Nunca Máis recuperara a súa actividade na bisbarra de Pontevedra en outubro de 2012 cando se cumprían dez anos da catástrofe do petroleiro.
Outros lugares:
ÁS 20:00h en:
-A Coruña, Obelisco.
-A Coruña, Obelisco.
-Ferrol, Praza de Armas.
-Compostela, Praza do Toural.
-Lugo, Praza da Soidade.
-Ourense, Praza de San Lázaro.
-Vigo, MARCO.
-A Estrada, Praza do Concello
-Foz, diante do Concello
-Ribeira, Praza do Concello
-Cee, Praza 8 de marzo.
-Lalín, Praza da Igrexa
Ás 21:00h en:
-Monforte, Praza de España
13 de noviembre de 2013
A SENTENZA DO "PRESTIGE" DA NOXO, ALGÚN PATRÓN MAIOR DA MOITO NOXO
As primeiras impresións dalgúns mandamases das confrarías da nosa provincia son pouco menos que noxentas. Así o patrón maior de Portonovo e presidente das confrarías de Pontevedra dixo na Cadena SER "non buscábamos condenas". Entón que buscaban?, de haber condenas habería culpables. Ou so buscaban cartos?.
Despois de oir esto que ganas lle quedan aos milleiros de voluntarios que axudaron na catástrofe?. Con que cara van a pedir axuda estes e outros impresentables se volvese a ocurrir, Deus nos libre, outro "Prestige"?
Non lle chega co que presuntamente lle achacan que aínda quere máis?
#Prestige O avogado de Nunca Máis, sorprendido co resultado da sentenza. O presidente das confrarías pregúntase sobre as indemnizacións.
A sentenza recoñece "inxentes danos e prexuízos", pero conclúe que non hai responsables civís, de modo que os afectados non cobrarán. Entre quen reclamaban indemnizacións figuran as cofradías de Bueu, Cambados, Carril, Lourizán, Raxó, Sanxenxo, Vilanova, Vilaxoán, Santa María do Porto de Marín, San Roque de Portonovo e San Telmo de Pontevedra; os concellos de O Grove e A Illa de Arousa; cooperativas como Ría de Arousa e San Miguel de Marín; e entidades como Mexillón de Galicia, Amegrove ou Grovenses de Mejillones S.A.
23 de octubre de 2013
BENITO GONZÁLEZ DE NOVO DENUNCIADO, ESTA VEZ EN FACENDA
Os responsables das cúpulas da FEGACOPE e Océano Vivo afirman que recaudaron polo menos 2 millóns de euros e que foron distribuídos entre as 63 cofradías de Galicia sen aportar documentos no plenario xudicial, actas, memoria, contabilidad, etc., que apoien esas afirmacións.
Segundo a documentación que se aportou con anterioridade á Consellería de Medio Rural e do Mar, memoria da FEGACOPE só mostra os 330.000 euros que recibe da Consellería para os seus gastos de xestión e a memoria da Fundación Océano Vivo, á súa vez só mostra os 233.000 euros que tamén recibe da Consellería de Medio Rural e do Mar, non estando reflectidos os 2 millóns de euros que afirman distribuír ao sector.
A Secretaría de Medio Rural e do Mar, no mesmo plenario afirmou que tras revisar a documentación aportada polos entes agora denunciados non viu atisbos do diñeiro que se nomea nos escritos e en sé xudicial.
Os denunciantes responsabilizan á Secretaría Xeral Técnica de Medio Rural de colaboración necesaria para poder cometer o delito denunciado, así xa no o 23 de Decembro de 2012, baixo o amparo e á luz da normativa sectorial imposta ás Confrarías de pescadores de Galicia, e que o DECRETO 261/2002, de 30 de xullo, polo que se aproban as normas reguladoras das cofradías de pescadores e as súas federacións e do artigo 27. 29º do Estatuto de autonomía e seguintes de aplicación, a Consellería de Medio Rural e do Mar ten a competencia exclusiva en materia de cofradías de pescadores, polo que solicitaban: a INTERVENCIÓN INMEDIATA da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, a paralización inmediata de pagos ou ingresos con cargo ao diñeiro público por calquera motivo ou resolución pola Consellería de Medio Rural e do Mar en base aos feitos denunciados e que a mesma fixo caso omiso.
O día 5 de Outubro a Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesquero de Galicia, pon os feitos en coñecemento da Consellería de Medio Rural e do Mar co firme rogo de que si non abre expediente, remita a denuncia á Fiscalía, reiterando nun segundo escrito de 17 de Outubro o mesmo e con clara e expresa solicitude de enviar a mesma á Fiscalía tal e como recolle o Art.262 de LEC, e que polo menos teña coñecemento a plataforma fixeron caso omiso os seus responsables, situándose ao lado dos presuntos infractores, o que obrigou a Pladesemapesga a poñer con data de hoxe o feitos en coñecemento da Fiscalía de Galicia co fin de que se depuren responsabilidades si a mesma ve evidencias do presunto delito imputado.
Se queres ver a denuncia preme AQUÍ
Fonte PLADESEMAPESGA
3 de octubre de 2013
RECOLLIDA DE FIRMAS EN FAVOR D INTERVENCIÓN DA CONFRARÍA DE CAMBADOS E FEGACOPE
Pladesemapesga vai solicitar a intervención da Confraría de Cambados.
Medio Rural e do Mar, rexeita unha denuncia de Pladesemapesga para intervir a Fegacope e a Confraría de Cambados malia as evidencias de presunta corrupción polo seu máximo responsable inmerso en varios procedementos xudiciais entre outras irregularidades co silencio administrativo.
O 23 de Decembro de 2012 nun escrito de denuncia presentado ante a Xunta de Galicia, Secretaría Xeral Técnica de Medio Rural e do Mar, Pladesemapesga solicita a intervención inmediata da Fegacope e a Confraría de Cambados e a paralización inmediata de pagos ou ingresos con cargo ao diñeiro público ao amparo do DECRETO 261/2002, de 30 de xullo, a cuxa tutela están supeditadas as mesmas, por presunta malversación e presunta corrupción nas mesmas baixo varios procedementos xudiciais xa denunciados e ante a apatía de Medio Rural e do Mar a cuxa resolución ou aplicación negouse de raíz.
Carta na que se solicita. PICA AQUÍ
Xa son varias as denuncias e procesos xudiciais que forman parte da vida cotiá á sombra do Sr Benito González Sineiro, Patrón Maior de Cambados e Presidente da Fegacope, pero á vez tamén membro destacado da Excomisión de afectados pola marea negra do Prestige, Fundación Océano Vivo cuxo destino dos donativos entregados con destino a os damnificados son descoñecidos i en investigación nun xulgado de Carballo, A Coruña, e onde a Consellería de Medio Rural e do Mar, tamén protexe baixo o mutismo total e absoluto tan elocuente de ocultación ou malversación do público.
O decreto recolle que os pósitos galegos han de estar baixo a tutela directa da Consellería e a Secretaría Xeral como responsable da súa xestión administrativa e económica, pero á vista dos acontecementos e da suma de denuncias, a Xunta de Galicia, abusando do silencio administrativo prefire manter arroupado e protexidos aos denunciados en contra de todo o sector marítimo pesquero de Galicia e das denuncias que entran polo rexistro non dando curso ás mesmas, polo menos que sexa de coñecemento público.
MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ
25 de septiembre de 2013
ALGO CHEIRA MAL NO CASO PRESTIGE E NON É PRECISAMENTE A CHAPAPOTE
Nunha carta á que tivo acceso NAUCHERGLOBAL.com, José Luís López Sors director xeral de Mariña Mercante e principal testemuña do Governo na causa do Prestige, solcita amparo e protección ante o abandono que di sentir do Governo do Partido Popular unha vez cumplidas as peticións como testemuña e imputado na causa do Prestige, sumándose así ao Sr Barcenas...
Parece ser que os sumisos e obedientes ao PP na etapa de José María Aznar estanse revolcando nas súas pretensións contra o governo de Mariano rajoy, deixando ao descuberto o diñeiro dilapidado desde o Ministerio de Fomento, malia estar imputado polo propio governo do Estado.
Reproducimos a información polo seu alto grado de interese para Galicia e as súas costas e a "descarada petición de diñeiro público do Sr Lopez Sors". Onde o máis grave se evidencia na súa petición como chivo espiatorio a o servizo do Governo do PP, pedindo máis diñeiro para a súa estancia como imputado en hoteis de luxo na Coruña.
Para ler a carta.... PICA AQUÍ
Nova recollida de
14 de marzo de 2013
SEGUNDO UN PERITO O PRESTIGE TIÑA QUE SER REMOLCADO A PORTO
O perito holandés Klass Reigniger, proposto pola propietaria do 'Prestige', Mare Shipping, e a defensa do capitán, Apostolos Mangouras, comparou a actuación das autoridades españolas na xestión desta catástrofe coa dunha "avestruz que mete a cabeza na area e espera que aconteza o menos malo posible".
No xuízo polo sinistro marítimo, Reigniger defendeu que a "solución" era levar o barco "a un porto refuxio", en alusión á enseada de Corcubión, e acusou de "incomprensible" a decisión de afastalo. Así, díxo que o levar rumbo noroeste era "pedir a berros a creación de problemas maiores".
"Se se quería afastar, polo menos, levalo rumbo sueste", sentenciou este perito, con 43 anos de experiencia en salvamento marítimo e que traballou para Smit Tak, actual Smit Salvage, a empresa de rescate que contratou a armadora.
ARRANQUE DA MÁQUINA
Na súa declaración, Reigniger admitiu que o buque estaba "ferido" o mesmo día do accidente --o 13 de novembro de 2002-- e argumentou que debeu levarse, por iso, a porto refuxio.
Tamén cuestionou a decisión de acender a máquina do 'Prestige' o día 14, que adoptou o inspector marítimo Serafín Díaz Regueiro, a primeira persoa que mandaron as autoridades españolas ao buque.
En concreto, dixo que tomar esta medida, sen realizar unha inspección previa, "vai en contra dos principios fundamentais de salvamento". "Sen unha inspección nunca se arranca unha máquina", remarcou este perito holandés ao advertir que isto pode ocasionar "un dano estrutural grave".
ESCORA DO BUQUE
Sobre a decisión do capitán do 'Prestige' de corrixir a escora de 25 graos que tiña o barco co lastrado de tanques con auga, admitiu que, de estar alí, non aconsellaría ao capitán "facelo".
"Pero coa escora que había, hai que elixir", remarcou este perito, para quen Apostolos Mangouras merece "un grande aplauso" por tomar unha decisión "sen ter un coñecemento completo da situación".
Este perito manifestou que, a pesar dos seus 43 anos de experiencia, nunca estivo nun buque cunha escora así e apuntou que se as persoas presentes no xuízo permanecesen nun barco así "faríanse augas menores nos seus pantalóns", citou como exemplo.
O mesmo argumento da súa experiencia utilizou para afirmar que, durante a súa vida profesional, non se atopou unha xestión "tan caótica" como a do 'Prestige'.
13 de marzo de 2013
AS AXUDAS E DONACIÓNS POLO PRESTIGE CHEGAN A AUDIENCIA NACIONAL
|
Pladesemapesga "Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesquero de Galicia" e Avogados Contra a Corrupción instan aos maxistrados da Audiencia Nacional D. Pablo Ruz e D. Javier Gómez Bermúdez a investigar a desaparición das axudas e donativos do Prestige no marco da trama Gúrtel, Bárcenas e o financiamento irregular do PP. A investigación das contas bancarias utilizadas para recoller os fondos públicos e privados destinados a paliar os efectos e conservación da costa marítima galega tralo hundimiento do buque Prestige no ano 2002 permitirán coñecer cal foi o destino real dos máis de 80 millóns de euros doados por institucións, empresas e particulares e si estes fondos forman parte do financiamento irregular do Partido Popular tal e como foi denunciada por ESQUERDA UNIDA, ASOCIACION "XUSTIZA E SOCIEDADE", ASOCIACION LIBRE DE AVOGADOS, ASOCIACION ECOLOXISTAS EN ACCION, FEDERACION "Los VERDES, ELS VERDS, BERDEAK, OS VERDES".
As numerosas denuncias presentadas por D. Miguel Angel Delgado teñen como orixe unha moi seria e minuciosa investigación xornalística levada a cabo nos últimos 10 anos polo Presidente da Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesquero de Galicia e cuxa comprobación e impulso xudicial correspóndelle agora aos Maxistrados da Audiencia Nacional.
Javier Fernández Letrado responsable da firma www.abogadoscontralacorrupcion.com considera que a desidia mostrada ata a data pola Fiscalía Especial contra a Corrupción nesta investigación converterase en efectiva colaboración si prodúcese o efectivo impulso solicitado aos Maxistrados da Audiencia Nacional D.Pablo Ruz e D.Javier Gómez Bermúdez para que os procesos penais actualmente en proceso de instrución permitan esclarecer os feitos denunciados e establecer as responsabilidades correspondentes aos delitos imputados na nosa denuncia. |




