A plataforma cidadá Nunca Máis volverá á rúa este domingo 1 de decembro. Tras coñecerse a sentenza do Prestige o colectivo xa se concentrou en varias localidades galegas o 15 de novembro. Pasadas dúas semanas, e coincidindo co 11 aniversario da gran manifestación da plataforma en Santiago de Compostela, volven convocar aos galegos a unha protesta en oito poboacións, entre elas, Pontevedra. A manifestación sairá ás 12.00 horas da Peregrina.
O portavoz de Nunca Máis en Pontevedra, Xosé Manuel Abraldes, fixo un chamamento aos pontevedreses a que se sumen esta manifestación
convocada nun momento no que "a voz de Nunca Máis é preciso que estea aí" e no que a plataforma cidadá é "o único berro de Xustiza non medio de tanta Inxustiza", como reza o cartel que convoca a protesta.
A data non foi elixida ao azar, senón en recordo daquel 1 de decembro de 2002 no que se produciu a multitudinaria protesta que desenvocaría na marea cidadá de rexeitamento ao Prestige e á marea branca de voluntarios limpando a costa galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.