A Plataforma Nunca Máis decidiu convocar para este venres ás 20:00 horas concentracións nas principais cidades galegas para manifestar o malestar e a indignación dos cidadáns contra a sentenza emitida pola Audiencia Provincial da Coruña na que se absolveron aos tres imputados en relación co afundimento do Prestige.
Baixo o lema, 'Non esquecemos. Non á impunidade. Mareas negras Nunca Máis', en Pontevedra a concentración realizarase na Praza da Peregrina mentres que en Vilagarcía se desenvolverá na Praza de Galicia. Tamén no Groverealizarase unha concentración ante o Concello ás 20:00 h.
Dende este colectivo social quérese mostrar o desamparo que provoca a sentenza xudicial para as costas galegas e para os cidadáns que, segundo afirman os representantes de Nunca Máis, serán os que finalmente se fagan cargo dos danos que ocasionou a catástrofe que avaliou a Fiscalía en máis de 4.000 millóns de euros.
Desta forma, esta Plataforma volve saír á rúa. Nunca Máis recuperara a súa actividade na bisbarra de Pontevedra en outubro de 2012 cando se cumprían dez anos da catástrofe do petroleiro.
Outros lugares:
ÁS 20:00h en:
-A Coruña, Obelisco.
-A Coruña, Obelisco.
-Ferrol, Praza de Armas.
-Compostela, Praza do Toural.
-Lugo, Praza da Soidade.
-Ourense, Praza de San Lázaro.
-Vigo, MARCO.
-A Estrada, Praza do Concello
-Foz, diante do Concello
-Ribeira, Praza do Concello
-Cee, Praza 8 de marzo.
-Lalín, Praza da Igrexa
Ás 21:00h en:
-Monforte, Praza de España



No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.