Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de octubre de 2013

BENITO GONZÁLEZ DE NOVO DENUNCIADO, ESTA VEZ EN FACENDA






A Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesquero de Galicia, vén de presentar hoxe día 23 de Outubro de 2013 ante a Fiscalía de Galicia unha presunta fraude fiscal de máis de 3 millóns de euros, e a día de hoxe desaparecidos e no que implica á Secretaría Xeral Técnica de Medio Rural por COLABORACIÓN NECESARIA.

Os responsables das cúpulas da FEGACOPE e Océano Vivo afirman que recaudaron polo menos 2 millóns de euros e que foron distribuídos entre as 63 cofradías de Galicia sen aportar documentos no plenario xudicial, actas, memoria, contabilidad, etc., que apoien esas afirmacións.


Segundo a documentación que se aportou con anterioridade á Consellería de Medio Rural e do Mar, memoria da FEGACOPE só mostra os 330.000 euros que recibe da Consellería para os seus gastos de xestión e a memoria da Fundación Océano Vivo, á súa vez só mostra os 233.000 euros que tamén recibe da Consellería de Medio Rural e do Mar, non estando reflectidos os 2 millóns de euros que afirman distribuír ao sector.

A Secretaría de Medio Rural e do Mar, no mesmo plenario afirmou que tras revisar a documentación aportada polos entes agora denunciados non viu atisbos do diñeiro que se nomea nos escritos e en sé xudicial.

Os denunciantes responsabilizan á Secretaría Xeral Técnica de Medio Rural de colaboración necesaria para poder cometer o delito denunciado, así xa no o 23 de Decembro de 2012, baixo o amparo e á luz da normativa sectorial imposta ás Confrarías de pescadores de Galicia, e que o DECRETO 261/2002, de 30 de xullo, polo que se aproban as normas reguladoras das cofradías de pescadores e as súas federacións e do artigo 27. 29º do Estatuto de autonomía e seguintes de aplicación, a Consellería de Medio Rural e do Mar ten a competencia exclusiva en materia de cofradías de pescadores, polo que solicitaban: a INTERVENCIÓN INMEDIATA da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, a paralización inmediata de pagos ou ingresos con cargo ao diñeiro público por calquera motivo ou resolución pola Consellería de Medio Rural e do Mar en base aos feitos denunciados e que a mesma fixo caso omiso.



O día 5 de Outubro a Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesquero de Galicia, pon os feitos en coñecemento da Consellería de Medio Rural e do Mar co firme rogo de que si non abre expediente, remita a denuncia á Fiscalía, reiterando nun segundo escrito de 17 de Outubro o mesmo e con clara e expresa solicitude de enviar a mesma á Fiscalía tal e como recolle o Art.262 de LEC, e que polo menos teña coñecemento a plataforma fixeron caso omiso os seus responsables, situándose ao lado dos presuntos infractores, o que obrigou a Pladesemapesga a poñer con data de hoxe o feitos en coñecemento da Fiscalía de Galicia co fin de que se depuren responsabilidades si a mesma ve evidencias do presunto delito imputado.



Se queres ver a denuncia preme AQUÍ
Fonte PLADESEMAPESGA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.