Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de enero de 2018

BAIXA O PARO EN ESPAÑA, GALICIA E PONTEVEDRA. SUBE NO SALNÉS











O ano 2017 finalizou co menor número de parados dos últimos oito anos. A media de afiliación á seguridade social aumentou en máis de 600.000 persoas, e é a mellor cifra desde 2005. Estes son os datos de decembro, que acabamos de coñecer.
O mes pasado rematou con 61.500 parados menos en España, o que supón un descenso do 1,77 por cento. Así, a cifra total de parados inscritos nos servizos de emprego é de 3.412.781, como lle diciamos, a cifra máis baixa dos últimos oito anos.
Galicia segue a mesma tendencia. Decembro rematou con 2.262 parados menos. Iso supón un descenso do 1,16 por cento e deixa a cifra total de parados en Galicia en 185.013 persoas. 

Pontevedra pecha o ano con 73.644 demandantes de emprego. Un total de 831 pontevedreses atoparon traballo no último mes de 2017, o de decembro, segundo os datos que publicou este mércores o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Así, a provincia rexistrou un descenso do 1,12% con respecto ao mes de novembro.
Esta tónica á baixa contrasta coa suba no mes de decembro no Salnés. O paro aumentou na nosa comarca en 145 persoas. O Grove e Cambados lideraron as subidas con 80 e 45 parados máis. Baixou o paro en Vilagarcía, Sanxenxo e Ribadumia en 15, 16 e 7 parados menos respectivamente.


Cifras boas que non supoñen, nin moito menos, que se cree emprego coa mesma intensidade. De feito, o mercado laboral galego finalizou o pasado exercicio con 21.713 afiliados máis á Seguridade Social; xa que logo, asináronse 47 contratos por cada novo posto de traballo creado. Case medio cento por cada emprego. 
Esa disparidade entre o número de contratos e o volume total de xente con traballo débese, fundamentalmente, a que os contratos temporais aumentan a un ritmo moito maior que os indefinidos




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.