Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de septiembre de 2017

BAIXA O PARO NA COMARCA E EN GALICIA E SUBE EN ESPAÑA













O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego Estatal (SEPE) baixou en agosto en 829 persoas en relación co mes anterior na provincia de Pontevedra.
Así, a cifra total de parados rexistrados na provincia sitúase en 70.821 persoas. Este dato supón un descenso de 6.237 desempeados menos respecto ao ano anterior (-8,09%).
Un dato moi significativo é que do total de persoas desempregadas na provincia 40.846 son mulleres e 29.975 homes.
O número de persoas en paro inscritas no SEPE baixou en agosto en 746 persoas en Galicia, con respecto ao mes de xullo. Supón un -0,41%. Deste xeito, a total de desempregados en Galicia queda en 181.125.
No conxunto de España o paro aumentou en 46.400 persoas. A cifra total de xente sen emprego queda en 3.382.324.

Na nosa comarca baixou en todos os concellos con números dispares, agás en Meaño que aumentou o paro en 5 persoas. En total 434 persoas máis acadaron un emprego no mes de agosto.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.