Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de marzo de 2020

O PARO BAIXA NO MES DE FEBREIRO


A Seguridade Social gañou 85.735 afiliados no mes de febreiro, ata os 19,25 millóns de ocupados, no maior incremento para este mes desde 2015.

Segundo os datos facilitados este martes polos ministerios de Traballo e Seguridade Social, no último ano creáronse 361.757 empregos, cun ritmo de crecemento anual do 1,92 %, no primeiro repunte desta taxa desde abril de 2019.
En canto ao paro, baixou en 7.806 persoas no mes, o mellor comportamento para febreiro desde 2017, o que deixa o total de parados en 3,2 millóns.


Por sétimo ano consecutivo redúcese o paro en Galicia nun mes de febreiro e faino nas catro provincias galegas -Pontevedra liderou a caída (-6,09%), seguida de Ourense (-4,66%), A Coruña (-2,82%) e Lugo (-2,59%)- e nas sete grandes cidades; así como en todos os sectores económicos -destacou a baixada na agricultura e a pesca (-6,93%), seguida da construción
(-6,23%), industria (-6,13%) e servizos (-3,33%)- e nos colectivos prioritarios para a Xunta: descendeu nun -6,90% entre os menores de 30 anos; nun -4,73% nos parados de longa duración; e nun -4,50% nas mulleres.
En canto ás afiliacións, Galicia suma doce meses consecutivos por riba do millón de cotizantes á Seguridade Social. Na comparativa internanual, as afiliacións medran un 1,51%, o que supón 15.043 afiliados máis, unha media de 41 ao día. Con respecto á contratación, aumentou nun 5,25% superando o ritmo estatal en preto de catro puntos e sobe tanto a indefinida como a tempo completo.

No que respecta á evolución mensual, o desemprego se reduce nun 0,91%, en 1526 persoas, a maior ritmo que o conxunto do Estado; mentres que soben tamén as afiliacións nun 0,58% fronte ao 0,45% da media estatal. Neste último mes a Comunidade sumou 5.848 cotizantes á Seguridade Social.
As listas de desemprego na provincia de Pontevedra reducíronse en 652 persoas durante o mes de febreiro, segundo os datos que publicou este martes o Ministerio de Traballo e Economía Social.
Este descenso sitúa actualmente á provincia pontevedresa cun total de 65.051 desempregados, un 1% menos que en xaneiro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.