Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de julio de 2018

CASE 1000 PARADOS MENOS NO SALNÉS




A temporada de verán reduciu as listas do paro en case 90.000 persoas, co que o total de desempregados se sitúa en xuño na cifra máis baixa dende finais de 2008.


A provincia de Pontevedra liderou durante o mes de xuño a baixada do paro en Galicia, con 3.341 demandantes de emprego menos inscritos nas oficinas públicas de emprego, a metade do total de descenso de toda a comunidade. 
En Galicia, segundo os datos publicados polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, o número de persoas apuntadas nas oficinas de emprego en xuño descendeu en 6.631, dos que 3.341 baixaron as estatísticas en Pontevedra, 430 en Ourense, 572 en Lugo e 2.288 na Coruña. 
Ao 30 de xuño o número de persoas desempregadas situábase na provincia en 65.841, un 4,83 por cento menos que un mes antes. Este descenso é maior á media galega, pois na comunidade o descenso foi do 3,75 por cento con respecto ao mes de maio, situando en 170.065 os demandantes de emprego. 
O descenso con respecto a un ano antes foi en Pontevedra do 11,81 por cento, con 8.813 desempregados menos inscritos no antigo  Inem que en xuño de 2017.
Os datos do Salnés podedelos ver no gráfico de arriba.                    

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.