Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta INEM. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta INEM. Mostrar todas las entradas

2 de septiembre de 2020

SUBE O PARO EN GALICIA E BAIXA NO SALNÉS

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en 1.640 desempregados en agosto en Galicia en relación con xullo, ata situar o total en 176.951 persoas. O incremento intermensual, deste xeito, foi do 0,94% na comunidade galega, por encima do 0,79% experimentado pola media do conxunto estatal. En comparación co mesmo mes de 2019, en Galicia o desemprego aumenta en 23.131 persoas, o que representa un ascenso do 15,04%, segundo os datos que publica este mércores o Ministerio de Traballo e Economía Social. Por provincias, os desempregados na da Coruña creceron en 1.019 en agosto, fronte a 428 máis en Pontevedra (que establece a cifra total do paro en 67.421 persoas), 135 en Ourense e 58 en Lugo. Mentres, por sectores de actividade, ascendeu o paro en todos menos en agricultura (-4) e na construción (-138). A industria anotouse 417 parados máis, os servizos 633 e o colectivo sen emprego anterior, 732.
A Seguridade Social gañou en agosto en Galicia unha media de 7.126 afiliados respecto ao mes de xullo, o que representa un incremento do 0,71%, por encima da media española (+0,04%), o que situou o total de ocupados en 1.012.794, segundo os datos que publica o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións. Con todo, en comparación co mesmo mes de 2019, os cotizantes da comunidade galega son 24.106 menos, o que significa un descenso do 2,32%. O número de persoas incluídas en expediente de regulación de emprego temporal ( ERTE) ao peche do mes de agosto en Galicia era de 27.052, deles 22.150 de forza maior e 4.902 non.

O SALNÉS



O Salnés creou emprego no mes de agosto mentres que o paro aumentou no resto das  comarcas da provincia e no cómputo xeral de Galicia, segundo os datos publicados pola Xunta.

En concreto, no Salnés atoparon traballo 117 persoas, a maior parte procedentes de Vilagarcía (-86), O Grove (-17),  Ribadumia (-17), a Illa (12) e Cambados (-9)
Sen embargo, en Sanxenxo perderon os seus empregos tres persoas e Meis, Meaño e Vilanova con 7, 6, e 4 persoas respectivamente.

2 de junio de 2020

BAIXA O PARO NO SALNÉS E TAMÉN EN GALICIA

Galicia é unha das sete comunidades que rexistraron descensos do paro no mes de maio. En total hai 547 persoas menos nas listaxes de demandantes de emprego, e iso implica unha variación do 0,3 por cento con respecto ao mes anterior.
En total, nestes momentos hai en Galicia 191.082 desempregados rexistrados, o cal supón un incremento de 30.277 con respecto ao mesmo mes do ano anterior, unha suba do 18,83 por cento.
En canto ao número de afiliados á Seguridade Social, nestes momentos hai 979.374 persoas traballando, e iso supón un incremento de 1.603 con respecto ao mes anterior, un 0,16 por cento máis. En canto á variación interanual o mercado de traballo de Galicia destruiu 42.032 empregos, unha caída do 4,13 por cento con respecto ao mesmo mes do ano anterior.

Polo que respecta a O Salnés, decir que en pequena cantidade pero tamén baixa o paro. En concreto entre os nove concellos da comarca baixa en 64 persoas. Todos os concellos agás Meaño, Meis e Ribadumia ven como o número de parados baixa. O Grove con 26 e Sanxenxo con 32 parados menos son os municipios onde máis baixa. Pola contra en Ribadumia hai 9 parados máis.




2 de abril de 2020

A CRISE DO COVID-19 DISPARA O PARO CON CIFRAS HISTÓRICAS

O efecto da paralización da actividade económica polo coronavirus déixase ver nos datos do paro. En marzo, o número de desempregados sobe en Galicia en 8.252 persoas, case un 5% con respecto ao mes anterior. En total hai 174.481 parados na Comunidade. A cifra non recolle os traballadores das empresa que se acolleron a un Expediente Temporal de Emprego ( ERTE) que seguen contabilizando como afiliados á Seguridade Social. Ata onte, segundo os datos da Consellería de Economía, eran 151.141 empregados máis.

Por actividades, os maiores descensos desde que comezou a crise do coronavirus experimentáronse na construción (17,08 %), hostalaría (14,27 %), actividades administrativas e servizos auxiliares (8,91 %), educación (5,24 %) e transporte e almacenamento (4,76 %); mentres que destaca o incremento nas actividades sanitarias, con 7.085 afiliados máis.
Por tipo de contrato, destaca o descenso da ocupación temporal (17,30 % menos) respecto a a indefinida (01,92 % menos).
O Ministerio detalla que os datos de afiliados seguen incluíndo os traballadores afectados por un expediente de regulación temporal de emprego ( ERTE) polo COVID-19, un total de 258.645 persoas, dado que seguen cotizando á Seguridade Social.

Por comunidades autónomas, os maiores descensos rexistráronse en Andalucía (6,64 %) Canarias (6,24 %), Murcia (5,07 %) e a Comunidade Valenciana (5,75 %).
No paro, segundo os datos facilitados polo Ministerio de Traballo, ocorre o mesmo: os primeiros 12 días do mes o número de desempregados rexistrados incrementouse só en 2.857 persoas para terminar o mes con esa subida mensual histórica de 302.265 novos demandantes.

Os datos na comarca do Salnés están reflectidos na gráfica seguinte:


16 de marzo de 2020

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA DEMANDANTES DE EMPREGO OU PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO


A Consellería de Economía, Emprego e Industria informa de que, tal e como se acordou polo Centro de Coordinación Operativa (Cecop) de Galicia, a rede de oficinas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia pecha desde hoxe as súas portas ao público para ofrecer aos cidadáns atención tanto telefónica como telemática para a realización dos trámites urxentes, debido ás medidas adoptadas pola evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19.
Así, en coordinación co Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), adóptanse as seguintes medidas:
-Non será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril.
-Se é necesaria a realización de trámites urxentes na demanda, poderán facerse a través da oficina virtual ou vía telefónica, chamando á correspondente oficina de emprego u ao 012.
- Quedan suspendidas as citas presenciais de orientación laboral.
-No que se refire ás oficinas de prestacións do SEPE, poden consultarse as medidas adoptadas en: https://www.sepe.es, entre as que destacan que non se terán en conta os prazos actualmente establecidos para solicitar a prestación ou subsidio. É dicir, o dereito á prestación ou subsidio queda plenamente asegurado sen ter que cumprir o prazo habitual para solicitalos. Ademais, habilitaranse canles para a recuperación da demanda daquelas persoas inscritas con anterioridade ou para facilitar, no seu caso, a inscrición inicial. E non se esixirá a acreditación da busca activa de emprego (BAE) na solicitude do subsidio extraordinario ou renda activa de inserción.
Este acordo do Cecop conleva unicamente o peche ao público das oficinas do Servizo de Emprego Público de Galicia pero non a clausura do seu servizo aos usuarios que se seguirá ofrecendo polas vías telemática e telefónica co obxectivo de manter a actividade e cumprir, á súa vez, coas recomendacións das autoridades sanitarias. Esta información irase actualizando no portal: https://emprego.xunta.gal


3 de marzo de 2020

O PARO BAIXA NO MES DE FEBREIRO


A Seguridade Social gañou 85.735 afiliados no mes de febreiro, ata os 19,25 millóns de ocupados, no maior incremento para este mes desde 2015.

Segundo os datos facilitados este martes polos ministerios de Traballo e Seguridade Social, no último ano creáronse 361.757 empregos, cun ritmo de crecemento anual do 1,92 %, no primeiro repunte desta taxa desde abril de 2019.
En canto ao paro, baixou en 7.806 persoas no mes, o mellor comportamento para febreiro desde 2017, o que deixa o total de parados en 3,2 millóns.


Por sétimo ano consecutivo redúcese o paro en Galicia nun mes de febreiro e faino nas catro provincias galegas -Pontevedra liderou a caída (-6,09%), seguida de Ourense (-4,66%), A Coruña (-2,82%) e Lugo (-2,59%)- e nas sete grandes cidades; así como en todos os sectores económicos -destacou a baixada na agricultura e a pesca (-6,93%), seguida da construción
(-6,23%), industria (-6,13%) e servizos (-3,33%)- e nos colectivos prioritarios para a Xunta: descendeu nun -6,90% entre os menores de 30 anos; nun -4,73% nos parados de longa duración; e nun -4,50% nas mulleres.
En canto ás afiliacións, Galicia suma doce meses consecutivos por riba do millón de cotizantes á Seguridade Social. Na comparativa internanual, as afiliacións medran un 1,51%, o que supón 15.043 afiliados máis, unha media de 41 ao día. Con respecto á contratación, aumentou nun 5,25% superando o ritmo estatal en preto de catro puntos e sobe tanto a indefinida como a tempo completo.

No que respecta á evolución mensual, o desemprego se reduce nun 0,91%, en 1526 persoas, a maior ritmo que o conxunto do Estado; mentres que soben tamén as afiliacións nun 0,58% fronte ao 0,45% da media estatal. Neste último mes a Comunidade sumou 5.848 cotizantes á Seguridade Social.
As listas de desemprego na provincia de Pontevedra reducíronse en 652 persoas durante o mes de febreiro, segundo os datos que publicou este martes o Ministerio de Traballo e Economía Social.
Este descenso sitúa actualmente á provincia pontevedresa cun total de 65.051 desempregados, un 1% menos que en xaneiro.


12 de noviembre de 2019

LISTA DE PRESELECCIONADOS TRALAS ENTREVISTAS PARA OS OBRADOIROS DE EMPREGO


O pasado venres dia 8 de novembro tiña lugar nas oficinas do S.E.P.E. de Cambados as entrevistas para seleccionar aos alumnos do Obradoiro de Emprego “RUTA MARÍTIMA CAMIÑO DE SANTIAGO II” nas especialidades de  XARDINERÍA e CARPINTERÍA.
Unha vez feitas as entrevistas foron pre-seleccionados 26 aspirantes no módulo de Xardinería e 20 no módulo de carpintería.
Neste enlace podes acceder a lista e saber si eres un dos aspirantes pre-seleccionados.


http://transparenciacambados.gal/wp-content/uploads/2019/11/20191111_5.4-PUNTUACI%C3%93NS-ENTREVISTAS-ALUMNOS.pdf



7 de noviembre de 2019

LISTA ASPIRANTES A ALUMNOS DO OBRADOIRO “RUTA MARÍTIMA CAMIÑO DE SANTIAGO II”


Mañán dia 8 de novembro  nas oficinas do S.E.P.E. de Cambados terán lugar as entrevistas para seleccionar aos alumnos do Obradoiro de Emprego “RUTA MARÍTIMA CAMIÑO DE SANTIAGO II” nas especialidades de  XARDINERÍA e CARPINTERÍA.

Os aspirantes e as horas as que se teñen que presentar son as seguintes:
Ás 09:30 H
Abel Chaves, Juan Carlos
Amoedo Carbia, Jose Antonio
Bríñez Camperos, Dayori Andreina
Castro Blanco, Arantxa
Abal Bemposta, Santiago
Barros Cores, Martin
Buceta Piñeiro, Jose
Cardoso De Sousa, Marcos Yohan

Ás 10:00 H
Castro Guiance, José Ramón
Chantada García, José
Cordero Casal, Eva
Dominguez Figueiras, Estela
Casaldarnos Panadero, M.Raquel
Conde Sánchez, María Del Mar
Domínguez Graña, Consuelo María
El Kemakh Mohammed

ÁS 10:30 H
Fernandez Vallés, Viviana
Froján Chaves, Basilio
Garcia Parada Eva Maria
González Vázquez, Ana Maria
Fariña González Cristofer
Garcia Meis, Aitor
Gómez Núñez, Celestino
Gonz.Constantino, Antonio

ÁS 11:00 H
Lopez Romero, Eva Lorena
Molares Posada, Jose Angel
Noya Fernandez, Mary Cruz
Núñez Sineiro, Jose Benito
Lois Costa, Jose Cesáreo
Meis Gonz. Vicente
Orol Sineiro, Nicolás
Paz Márquez, Juan Julio

ÁS 11:30 H
Oboukhova Olga
Piñeiro Aragunde, Maria Luisa
Piñeiro Vidal, Francisco Javier
Quintans FariÑA,Alexandre
Rey Iglesias. Kevin
Ruel Pombo, José Luis
Somoza Núñez, Ramiro
Useros Fernández, Roberto

ÁS 12:00 H
Rey Rey, Eva
Rodriguez, Eva María
Roma Bermúdez, Nieves
Romero Múñiz María

ÁS 12:30 H
Sánchez Chantada, Diego
Zamora Barreno, Rosse Mery

Sorte a tod@s!!!


4 de diciembre de 2018

O PARO BAIXA EN ESPAÑA, SUBEN EN GALICIA E NO SALNÉS


O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en novembro en Galicia en 625 persoas respecto ao mes anterior, un 0,37%, mentres no conxunto de España rexistrou unha leve baixada. En concreto, no conxunto estatal o paro baixou en novembro en 1.836 desempregados respecto ao mes anterior (-0,06%), rompendo así a tendencia dos últimos dous anos, cando se rexistraron subidas do desemprego en 24.841 persoas (2016) e en 7.255 desempregados (2017). Con este lixeiro descenso, o volume total de parados alcanzou a finais de novembro en España a cifra de 3.252.867 desempregados, manténdose nos seus niveis máis baixos do últimos nove anos, informou este martes o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Polo que respecta a nosa comarca tres concellos lastraron ao Salnés a cifras negativas. Sanxenxo, Meaño e O Grove con 126, 26 e 96 parados máis fixeron que os datos dos restantes concellos non foran bos. A cifra de parados a nivel comarcal ascendeu a 135 persoas máis inscritas no SEPE, Servicio Público de Empleo.







5 de noviembre de 2018

O FIN DA TEMPADA ALTA FAI AUMENTAR O PARO A TODOS OS NIVEIS




O número de parados rexistrado nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego Estatal (SEPE) alcanzou os 3.254.703, tras aumentar en outubro en 52.195 persoas respecto ao mes anterior, de forma que se mantén en niveis de 2008.

O número inscritos no servizo de emprego público subiu en 2.451 persoas durante o mes de outubro en Pontevedra.
Esta cifra supón un aumento do paro no 3,81% no último mes, ata facer un total de 66.712 desempregados na provincia.
O desemprego aumenta na comunidade galega por encima da media española O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en outubro en Galicia en 3.424 persoas respecto ao mes anterior, un 2,06% máis. Deste xeito, o paro creceu en Galicia por encima da media española, que rexistrou un avance do 1,6%, a súa segunda menor alza neste mes desde o exercicio 2008 ata un total de 3.254.703 desempregados.

Polo que respecta a nosa comarca o paro subeu en máis de 900 persoas.
Con este repunte, habitual tras o fin da tempada estival, o volume total de parados alcanzou a finais de outubro a cifra de 7923 desempregados na comarca, como se aprecia no cadro inferior.






23 de octubre de 2018

LANZADEIRAS DE EMPREGO 2018. AQUÍ TES TODA A INFORMACIÓN PARA PARTICIPAR




A Consellería de Economía, Emprego e Industria, xunto coa Fundación Santa María la Real e a Fundación Telefónica, co cofinanciamento do Fondo Social Europeo, pon en marcha unha nova edición das lanzadeiras de emprego, que se levarán a cabo nas localidades de:
A Coruña
Santiago de Compostela
Ferrol
Lugo
Pontevedra

En que consiste este programa?

Cada lanzadeira servirá para ADESTRAR a un equipo de 20 persoas desempregadas para realizar unha NOVA PROCURA DE TRABALLO , acorde ao mercado laboral actual.Xa non estarás só/a na procura de traballo. Contarás coa axuda dun/ha técnico/a durante os 5 meses que dura o programa. Contigo estarán tamén outras persoas desempregadas, que vos axudaredes mutuamente a buscar traballo.

Que actividades farás na lanzadeira?

➔ Aprenderás a actualizar o teu currículo e adestrarás procesos de selección reais, con simulacións de entrevistas de traballo.
➔ Coñecerás novas técnicas de comunicación e marca persoal, para saber presentarte mellor a un posto de traballo.
➔ Reforzarás a procura de emprego na internet, en portais de emprego e redes sociais, con obradoiros para manexalas correctamente.
➔ Todos xuntos faredes un rastrexo de empresas da contorna e visitarédelas para darvos a coñecer como profesionais.

Características das lanzadeiras

A participación é VOLUNTARIA e as actuacións son TOTALMENTE GRATUÍTAS, polo que TAMPOUCO darán lugar a COMPENSACIÓNS ECONÓMICAS

Que resultados teñen as lanzadeiras de emprego?

Con este esquema funcionaron xa máis de 450 lanzadeiras por todo o país con máis de 10.000 participantes, dos cales máis do 50% conseguiron un emprego por conta propia ou allea.

Anímaste a participar?

Tés ata o 31 de outubro de 2018 para inscribirte na web de lanzadeiras, onde atoparás toda a información: http://lanzaderasdeempleo.es/formulario-de-inscripcion.

Tamén podes informarte, solicitar e entregar impresos de inscrición a través:
- das oficinas de emprego:

A CORUÑA
Oficina de Emprego de A Coruña- Centro (Calle Orillamar, 78) Tfno.: 881 960 589 Horario: de 9 a 14 horas
FERROL
Oficina de Emprego de Ferrol- Centro (Plaza Camilo José Cela s/n) Tfno.: 981 337 302 Horario: de 9 a 14 horas
LUGO
Oficina de Emprego de Lugo- Sur (Calle Campos Novos, 9) Tfno.: 982 828 687/982 828 685 Horario: de 9 a 14 horas
PONTEVEDRA
Oficina de Emprego de Pontevedra- Concello (Calle Eduardo Pondal, 64) Tfno.: 886 159 323 Horario: de 9 a 14 horas
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Oficina de Emprego de Santiago- Centro (Calle Ramón Piñeiro, 7-9 ) Tfno.: 881 866 380 Horario: de 9 a 14 horas


- dos axentes de emprego e desenvolvemento local

Máis información?
Facebook: LanzaderasDeEmpleo
Twitter: @Lanzaderas_EES
Tel.: 91 522 12 62



2 de octubre de 2018

O PARO SUBE TRALO REMATE DA ÉPOCA ESTIVAL



O número de desempregados rexistrados nos servizos públicos de emprego en setembro subiu en Galicia en 1.896 persoas (1,15%), ata deixar unha cifra total de 166.320 inscritos.


Datos España
O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego Estatal (SEPE) alcanzou os 3.202.509 persoas tras aumentar en setembro en 20.441 persoas respecto ao mes anterior, a cifra máis baixa contabilizada no mes de octubro desde 2014.

En canto a nivel provincial o número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego da provincia de Pontevedra subiu en setembro en 260 persoas en relación co mes anterior.

Polo que respecta a nosa comarca, o paro subeu en 291 persoas, subindo en todos os concellos agás Cambados, Vilagarcía e Vilanova con 3, 107 e 17 parados menos respectivamente. Destaca a subida de Sanxenxo con 194 parados máis e o Grove con 139, amosando que son as duas vilas con maior infraestructura turística.




4 de septiembre de 2018

BAIXA O PARO NA COMARCA A PESARES DA SUBA NACIONAL E AUTONÓMICA



O paro sobe no mes de agosto en 47.047 persoas. Trátase dun incremento do 1 e medio por cento con respecto ao mes de xullo.
En total en España a cifra de parados sitouse ao peche de agosto en máis de tres millóns cento oitenta mil persoas
En Galicia, o número de desempregados aumentou en 1.012 persoas, un incremento do 0,62% respecto ao mes de xullo, quedando o total en 164.424 parados na nosa comunidade.

Na provincia de Pontevedra o número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego Estatal (SEPE) aumentou en agosto en 1.045 persoas ata sumar un total de 64.001 desempregados.

Na comarca do Salnés o paro baixou con números dispares nos concello como se pode apreciar no gráfico superior.


2 de agosto de 2018

O SECTOR SERVIZOS ARRASTRA A BAIXADA DO PARO


O Paro descendeu en xullo en 27.141 persoas. Unha baixada do 0,86% que deixa o número total de parados en España en 3.135.025.

A nosa comunidade rexistrou tamén un descenso do paro. Xullo rematou con 6.653 persoas menos rexistradas nos servizos de emprego. O descenso é dun 3,91 por cento e o número total de parados queda en 163.412.
Galicia é a comunidade autónoma na que máis descendeu o número de persoas rexistradas nas oficinas dos servizos públicos de emprego, sendo Pontevedra a provincia que encabeza a lista a nivel autonómico.

Os datos provinciais arroxan un descenso do paro en 2.885 persoas con respecto ao mes anterior, impulsado principalmente polas contratacións estivais no sector servizos, xa que é no sector no que descende con maior forza (1.953 persoas). Desta forma Pontevedra conta na actualidade con case 63.000 desempregados.

Polo que respecta á O Salnés, o paro baixou en 863 persoas. Destaca Vilagarcía con 283 parad@s menos, séguenlle as dúas poboacións máis "playeras", Sanxenxo e o Grove 162 e 123 parad@s menos. Cambados con 98 e Vilanova con 51 son as seguintes. Meis, Ribadumia, Meaño e a Illa tamén viron reducida a cifra de inscritos no antigo INEM con 15, 32, 51 e 54. O total comarcal queda en 7.647 parad@s.





3 de julio de 2018

CASE 1000 PARADOS MENOS NO SALNÉS




A temporada de verán reduciu as listas do paro en case 90.000 persoas, co que o total de desempregados se sitúa en xuño na cifra máis baixa dende finais de 2008.


A provincia de Pontevedra liderou durante o mes de xuño a baixada do paro en Galicia, con 3.341 demandantes de emprego menos inscritos nas oficinas públicas de emprego, a metade do total de descenso de toda a comunidade. 
En Galicia, segundo os datos publicados polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, o número de persoas apuntadas nas oficinas de emprego en xuño descendeu en 6.631, dos que 3.341 baixaron as estatísticas en Pontevedra, 430 en Ourense, 572 en Lugo e 2.288 na Coruña. 
Ao 30 de xuño o número de persoas desempregadas situábase na provincia en 65.841, un 4,83 por cento menos que un mes antes. Este descenso é maior á media galega, pois na comunidade o descenso foi do 3,75 por cento con respecto ao mes de maio, situando en 170.065 os demandantes de emprego. 
O descenso con respecto a un ano antes foi en Pontevedra do 11,81 por cento, con 8.813 desempregados menos inscritos no antigo  Inem que en xuño de 2017.
Os datos do Salnés podedelos ver no gráfico de arriba.                    

4 de junio de 2018

BOAS CIFRAS PARA A COMARCO DO SALNÉS NA BAIXADA XERAL DO PARO



As estatísticas do número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) confirman que se mantén a tendencia xeral á redución de desempregados durante o mes de maio e revelan que na provincia de Pontevedra reduciuse a cifra en 2.808 persoas menos. 
Pontevedra é a galega na que a porcentaxe de descenso do desemprego é maior, un 3,90% menos, seguida do 3,65% de Lugo e moi superior ao 2,56 da Coruña e o 1,42 de Ourense.
Na comarca do Salnés baixou o paro en todos os concellos, para un total de 445 parados menos nas listas do SEPE.




4 de mayo de 2018

OS SERVIZOS E OS CONTRATOS TEMPORAIS MOTORES DA CAÍDA DO PARO EN GALICIA




O paro rexistrado nas oficinas de emprego en Galicia descendeu en abril en 2.812 persoas, un 1,52 por cento, ata os 182.291 desempregados.

Segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, respecto de abril de 2017, o mes pasado rexistrou 237.168 desempregados menos.

O Ministerio de Emprego publicou os datos de abril de afiliación á Seguridade Social e de paro rexistrado nos servizos públicos de emprego. O paro rexistrado reduciuse en 86.683 persoas en abril e sitúase nos 3.335.868 desempregados. O emprego aumentou en 176.373 persoas, ata os 18.678.461. En marzo incorporáronse 161.752 cotizantes ao sistema e 48.559 saíron do desemprego.


Polo que respecta á comarca do Salnés o paro baixou en todos os concellos agás en Vilanova de Arousa, que aumentou en 23 persoas. Pola contra Vilagarcía, Cambados e Sanxenxo foron os municipios onde máis baixou o paro con 90, 41 e 40 desempregados menos respectivamente. No total do Salnés 230 persoas deixaron as listas do SEPE, antiguo INEM.

Por provincias, a maior diminución de marzo a abril deuse en Pontevedra (-1.620 desempregados, o que representa unha caída do 2,2%). Seguíronlle A Coruña (con 952 parados menos, -1,3%) e Ourense (239 menos, -1,32%).
A diminución concentrouse no sector servizos, que se anotou un recorte de 1.479 persoas en paro en toda Galicia. Especialmente notouse esta baixada en Pontevedra, con 1.130 desempregados menos.

Na construción, o descenso do paro foi de 808 persoas, a industria contabiliza este mes 592 desempregados menos e son 56 menos na agricultura.


Por outro lado, a oficina de estatística europea, Eurostat, sinalou que España reduciu o desemprego en 443.000 persoas no último ano, ata rexistrar 3.655.000 parados o pasado mes de marzo, co que se sitúa á cabeza en paro en Europa. Segundo estes datos, a taxa de paro española reduciuse en 1,9 puntos porcentuais no último ano, ata situarse no 16,1% o pasado mes de marzo. Desta maneira, é a máis elevada de toda a Unión Europea, a falta do dato actualizado de Grecia, cuxa taxa de paro situouse no 20,6% en xaneiro. No lado oposto, a República Checa (2,2%), Malta (3,3%) e Alemaña (3,4%) rexistraron as taxas de paro máis baixas da contorna comunitaria.





3 de abril de 2018

EN MARZO, VOLVE A BAIXAR O PARO



O número de parados rexistrados nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) diminuíu en marzo en 47.697 persoas respecto ao mes anterior, o que situou a cifra total de desempregados en 3.422.551.

Cos datos publicados hoxe polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, no último ano o paro recortouse en 279.766 persoas, cun ritmo de redución interanual do 7,56 %.


O número de persoas demandantes de emprego reduciuse durante o mes de marzo en Pontevedra, do mesmo xeito que na media de España e Galicia, animada polo emprego estacional do sector servizos durante a Semana Santa. En todo o territorio a redución foi superior ao 1% e na provincia pontevedresa chegou ás 1.348 persoas, un 1,80% menos. 
As estatísticas facilitadas este martes polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social mostran que a provincia terminou o mes cun total de 73.610 persoas paradas rexistradas nas oficinas do servizo público de emprego.


Polo que atinxe a Comarca do Salnés o paro diminuiu en 333 persoas destacando os municipios turísticos de Sanxenxo (-127) e o Grove (-139) nesta baixada. O concello de Vilanova foi o único que rexistrou unha suba de 9 persoas dous concellos Ribadumia e a Illa non se moveron e o resto obtivo unha baixada menor. En Cambados -18, Meaño -30, Meis -23 e Vilagarcía -5 foron as persoas que deixaron este pasado mes de marzo pasado as listas do paro.



2 de marzo de 2018

BAIXADA DO PARO A TODOS OS NIVEIS





O paro caeu este mes, e rexistra as cifras máis baixas desde hai nove anos. Segundo os datos que acaba de publicar o ministerio de Emprego do mes de febreiro.
En Galicia, tamén diminuiu o número de parados rexistrados nos Servizo de Emprego. Febreiro remata na nosa comunidade con 1.679 desempregados menos ca o mes anterior. O descenso aquí é dun 0,88% e deixa o número total de parados en 188.207.
Polo que respecta a provincia de Pontevedra o paro baixou en 800 persoas durante o último mes, un 1,05%, o que sitúa o número total de demandantes de emprego en 74.958 persoas.

O número de contratos rexistrados no mes de febreiro foi de 1.546.402, o que representa unha subida do 6,46% sobre o mesmo mes de 2017. Deles, so 174.287 foron indefinidos.

No salnés o paro tivo un comportamento desigual, baixou en 4 concellos, Cambados, Meaño, Meis e Sanxenxo ( 25, 12, 2 e 50 menos) e subeu nos outros 5, deixando o dato en positivo cunha baixada de 30 persoas nas listas do SEPE a nivel comarcal.





2 de febrero de 2018

VOLVE SUBIR O PARO A TODOS OS NIVÉIS











A pesar das boas cifras económicas que Consello tras Consello transmite a Xunta de Galicia, o certo é que o paro segue aumentando en Galicia. Así, o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en xaneiro en Galicia en 4.873 persoas respecto ao mes anterior (+2,63%), por encima da media estatal (+1,9%).

Na provincia de Pontevedra o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem)subiu en xaneiro en 1.814 desempregados respecto ao mes anterior (+2,46 %), arrastrado principalmente polo sector servizos, que acusou o fin da campaña do Nadal, segundo informou este venres o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Polo que respecta a nosa comarca o Salnés veu como o paro aumentaba en 187 persoas, destacando Cambados, Vilagarcía e Sanxenxo con 41, 57 e 46 novos parados.
Con estos datos hai na comarca do Salnés 9.661 parados, 187 máis que o mes anterior.

En España, o paro situouse en xaneiro en 3.476.528 persoas, con 63.747 desempregados máis, un 1,87 por cento.
O dato da taxa interanual é positivo, con 283.703 desempregados menos, un 7,54 por cento.