Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de septiembre de 2019

AUMENTA O PARO A TODOS OS NIVÉIS



Agosto non é un bo mes para o mercado laboral, xa que habitualmente finalizan moitos contratos co remate da temporada turística. O paro reduciuse en 116.200 persoas con respecto a agosto de 2018, pero aumentou significativamente con respecto a xullo, o maior incremento dende 2010.

En Galicia rexistráronse 2.900 parados, un 1,9% máis que en xullo, o que deixa un total de 153.820 desempregados.

Tamén aquí a lectura é positiva en termos interanuais: o paro baixou un 6,45 por cento con respecto a agosto do ano pasado.

Na comarca do Salnés a lista de desempregados incrementouse en 76 persoas. Cambados é o municipio onde máis emprego se destrúe. Quedaron sen traballo 47 persoas. Séguelle Sanxenxo, onde se contabilizan 35 desempregados maís. En Vilagarcía, mentres, tivéronse que inscribir no paro 25 persoas.

Na comarca do Salnés só se rexistan datos positivos nos concellos da Illa, Ribadumia e O Grove.

Poboación    Agosto        Xullo        Dif 

Cambados      808             761          47 
O Grove          435             458         -23
A Illa               211             215         -4
Meaño             221             218          3 

Meis                248             243           5
Ribadumia      232             246        -14

Sanxenxo       626             591          35
Vilagarcía     2.901          2.876         25

Vilanova         591             589            2






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.