Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta CAPITULO SERENÍSIMO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CAPITULO SERENÍSIMO. Mostrar todas las entradas

30 de julio de 2020

A FOTO DA VERGONZA


O Capítulo Serenísimo do Albariño daba a coñecer o pasado martes como sería o acto do próximo domingo e as distincións que entregaráía. Sería unha edición especial, marcada polas restricións do covid-19 e, en consecuencia, non habería o tradicional desfile nin un acto de investidura de cabaleiros ao uso. O cincuenta aniversario da orde serviría para homenaxear a todos aqueles que estiveron en primeira liña durante a crise sanitaria, os sanitarios e as forzas de seguridade.
Á presentación acudían tres membros activos do PP. José Manuel Cores Tourís, delegado da Xunta en Pontevedra, Luís Aragunde, ex alcalde i ex deputado provincial e Rosa Oubiña, ex concelleira i ex deputada autonómica xunto a representantes do Capítulo Serenísimo. As imaxes onde aparecían os tres membros do PP e máis parte do Capítulo, pudo verse en todos os xornais.
Como sabedes eses actos foron suspendidos coa desculpa da obriga de cumprir cos protocolos da Xunta e dentro de estes o apartado no que quedaban prohibidas as reunións de máis de 25 persoas. Un comunicado feito polo propio Capítulo onte pola noitiña, explicaba as causas.

Parece mentira que por querer saír na foto os tres representantes do PP, non advertiran do feito ao Capítulo Serenísimo. Ou ían saltarse a norma imposta pola propia Xunta, ou, o que é peor, descoñecen os protocolos?
Parece que todo o que o Concello de Cambados aclarou sobre o tema non vale e Capítulo so se excusa no cumprimento do protocolo. Este protocolo non creou onte precisamente.
O concello, remitíalle a resposta ás peticións do Capítulo. Nesa contestación se incluía a obrigatoriedade de aportar unha serie de documentos, declaración de responsabilidade, seguro de responsabilidade civil, informes ambientais e de seguridade, entre outros, para poder autorizar o evento.
O Concello non ía deixar ao Capítulo nin os operarios que a asociación pediu para montar o escenario e as carpas no patio de armas do palacio de Fefiñáns nin as máis 120 cadeiras solicitadas para o acto do domingo.
Ademais do apoio da Policía Local e de Protección Civil, e unha reserva de prazas de aparcamento.
A Xunta pide aos cidadáns que non se reúnan en grupos de máis de 25 persoas, mentres Feijóo e Vázquez Almuiña están convidados a un acto con máis dun centenar.

CANCELADOS OS ACTOS PREVISTOS POLO CAPÍTULO SERENÍSIMO


Xa o decíamos esta tarde.....

O CAPÍTULO SERENÍSIMO PODE VERSE OBRIGADO A SUSPENDER OS ACTOS PROGRAMADOS

O Capítulo Serenísimo do Albariño anunciaba hai escasa duas horas a cancelación das súas dúas actividades programadas para esta fin de semana con motivo do Albariño de 2020. A asociación enogastronómica explica que decidiu cancelar tanto o irmandamento con outra confraría de Portugal do sábado, como a investidura dos Cabaleiros do domingo para cinguirse ás recentes recomendacións da Xunta de Galicia, que pediu que nas celebracións privadas non haxa máis de 25 persoas.
Supoñemos que a negativa do concello de Cambados influeu bastante máis que o que din desde o Capítulo.

29 de julio de 2020

O CAPÍTULO SERENÍSIMO PODE VERSE OBRIGADO A SUSPENDER OS ACTOS PROGRAMADOS

«O Concello non pode facer excepcións», así decía onte o concelleiro de Sanidade e Seguridade Cidadá de Cambados, Tino Cordal, a propósito das peticións do Capítulo Serenísimo que quere manter o acto de Nomeamento de Damas e Cabaleiros do Albariño como cada primeiro domingo de Agosto dentro dos actos da Festa do Albariño. A pesar de que a festa foi suspendida pola pandemia. O Capítulo, ten previsto organizar o acto, eso sí, con aforo reducido e as medidas de seguridade e sanitarias dictadas tanto pola Xunta como o goberno central e incluso o Concello de Cambados.
O goberno local aparte das boas palabras necesita que o Capítulo Serenísimo se comprometa por escrito a comprilas. Onte martes, o concello, remitiulle a resposta á petición do Capítulo. Nesa contestación se inclúe a obrigatoriedade de aportar unha serie de documentos, declaración de responsabilidade, seguro de responsabilidade civil, informes ambientais e de seguridade, entre outros, para poder autorizar o evento. Explica Tino Cordal, que está por ver como se resolverá a cuestión. O acto non se pode prohibir, pero pódense esixir que se cumpran as normas, normas impostas pola propia Xunta, entre as que se recomenda que non haxa máis de 25 persoas nas reunións. Tino Cordal, xa anunciou que o Concello non deixará ao Capítulo nin os operarios que a asociación pediu para montar o escenario e as carpas no patio de armas do palacio de Fefiñáns nin as máis dun centenar de cadeiras solicitadas para o acto do domingo. "Tamén pediron apoio da Policía Local e de Protección Civil, e unha reserva de prazas de aparcamento, pero non van ter absolutamente nada", aseverou Cordal. "Non sabemos se é que o Capítulo Serenísimo vive nunha realidade paralela ou que. Pero o que está claro é que organizar un acto con máis de 120 persoas nestes momentos é dunha irresponsabilidade absoluta". Feijóo está convidado dado que é o Gran Mestre do Capítulo, e Vázquez Almuiña porque a confraría enogastronómica quere darlle un recoñecemento extensivo a todos os sanitarios galegos. Fátima Abal, lembra que a Xunta pide aos cidadáns que non se reúnan en grupos de máis de 25 persoas, mentres Feijóo e Vázquez Almuiña están convidados a un acto con máis dun centenar. "Eu creo que entraña menos riscos unha reunión familiar de pais, fillos, netos e sobriños que outra na que estás con xente que non coñeces de nada e que vén de todas partes", engade a rexedora de Cambados.

Chama a atención que na presentación dos actos previstos para o sábado e domingo estiveran presentes tres membros do Partido Popular de Cambados, dando respaldo a un acto que a propia Xunta debería prohibir.

Unha ofensa a cidadanía cambadesa e visitante. Parece que o Capítulo quere saltarse as normas mentras o resto de mortais teñen que cumprir os protocolos esixidos.

3 de agosto de 2019

NÚÑEZ FEIJÓO NON ACUDIRÁ MAÑAN A CAMBADOS



Feijóo so asistirá ao desfile do Capítulo Serenísimo.
Enésimo desplante da Xunta ao Concello de Cambados i o que é peor, á Festa do Albariño, a D.O. Rías Baixas ao Capítulo Serenísimo e aos miles de cambadeses e non cambadeses que viven do sector do viño.
Hai anos sendo presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño non sentara nada ben que non acudise á Festa nas filas do PP e cargaron contra o PSOE e o propio Touriño pola ausencia do Presidente da Xunta.
Unha ausencia a de Feijóo anunciada no día de hoxe e que non se entende toda vez que os actos do Capítulo Serénisimo fanse "en privado" por seguridade. Porque non se anunciou antes este desplante?
Tampouco parece moi lóxica esta ausencia tendo en conta que a Festa celébrase este ano baixo a distinción de Festa de Interese Internacional por primeira vez.
Agardamos que saian comunicados desde o PP como os que fixeron hai 13 anos contra Pérez Touriño.




28 de julio de 2019

NOVA BURLA DO CAPÍTULO SERENÍSIMO DO ALBARIÑO A CAMBADOS E AOS PARTIDOS DE ESQUERDA



Unha vez máis o Capítulo Serenísimo do Albariño ríese do Concello de Cambados dos partidos de esquerda e dos cambadeses. Xa son demasiados os desplantes de este grupo para con os cambadeses e cambadesas.
Un ano máis e no 50 aniversario de esta "confraría" non se ten en conta o que moitos cambadeses e visitantes piden, que o acto do nomeamento sexa público para así todo quen quixera velo puidese acercarse ata a Plaza de Fefiñans a presenciar este acto.

Non é que os nomeados coas follas de Prata, Xóvenes Albariñenses Donas e Cabaleiros do Albariño non merezan as distincións outorgadas pero faltan coma sempre persoas e cargos que teñen ben merecidas estas distincións.
https://www.diariodearousa.com/articulo/o-salnes/capitulo-
presenta-nuevas-damas-cabaleiros-introduce-mas-actos
-cincuenta-anos-vida/20190727225535245012.html
Por exemplo, a que fora ata ben pouco concelleira de Turismo, Mila Martínez, que foi a que co seu traballo culminou o proceso para que a nosa Festa do Albariño acadase a distinción de Festa de Interese Internacional, ou a persoa responsable da Secretaría de Estado de Turismo, Isabel María Oliver Sagreras, que concedeu a distinción. Pero claro, non pertencen ao Partido Popular e non é plato de gusto que un ente tan politizado polo PP como o Capítulo Serenísimo introduza entre os seus a alguén doutros partidos. So hai que mirar na foto os membros do C.S. que elixen a estas persoas ou entidas e a que partido pertencen varias de elas. Non son capaces de retirarlle a distinción a Jaume Matas.....


O Capítulo  Serenísimo do Albariño decidiu nomear Damas e Cabaleiros da  LXVII  Festa  do Albariño 2019, para que espallen e promocionen as virtudes do noso viño aló por onde vaian as seguintes persoas:


Dama do Albariño
María José Alonso Fernández, investigadora de la USC.

Cabaleiros do Albariño
Domingo Villar, escritor y bodeguero.
Manuel Villanueva de Castro, director general de Telecinco.
Xan Allegue, presidente de Martín Códax.
Simon Manley, embajador del Reino Unido en España.
José González Vázquez, conselleiro de Medio Rural.                                                                                                                                                                                                                                                                                 No mesmo acto fixéronse públicos os nomes das  Follas de Prata, Albariñenses de Honra e Xóvenes Albariñenses:                                                                                              
Follas de Prata
Joyería Villar, de Cambados.
José Balseiro Guinarte, director xeral de Medio Rural.
Óscar Ibáñez, mestre gaiteiro.
Pablo Estévez, enólogo.
Sandra García Santiago, da Bodega Paco y Lola.
Arturo Grandal Vaqueiro, exalcalde de Salvaterra do Miño.
Isabel Salgado de Andrea, da Bodega Fillaboa.

Albariñenses de Honra
Rodolfo Rodríguez, da Delegación Comercial de Uruguai.
David Palacios, da Confederación Española de Consejos Reguladores Vitivinícolas (CECRV).
Grupo Manso y Amigos, de Cambados.

Xóvenes Albariñenses
Andrea Obenza Fervenza, da bodega Condes de Albarei.
David Otero Rusell, da bodega Pazo de Señoráns.
Natalia Rodríguez, da bodega Señorío de Rubiós.

Noraboa as persoas i entidades distinguidas.






31 de agosto de 2017

UN CAPÍTULO SEN ARGUMENTOS








Non iba a entrar a contestar a este blog, máis que nada porque é darlle publicidade a alguén que descoñezo. Algo normal cando se escribe desde o anonimato. E tamén porque hai dous anos que decidín non prestar atención a este tipo de cousas. 

Ese post dos amigos dos populares carece de argumentos como demostramos deseguido. O único que ten é o de contentar e facer felices por uns intres a os seus amos.



En primeiro lugar decirlle que si tan claro é o título, non sei a que ven a referencia a Cataluña. Tampouco sei a que ven a referencia a familias ricas con descendentes de esquerdas e que non renuncian aos privilexios dos cartos. Ser de esquerdas non está reñido con ter cartos.É algo máis de mente e forma de ser e actuar.

Este blog sempre criticou ao Capítulo Serenísimo por o nomeamento de certos Cabaleiros e por facer actos en "semi-privado".  Por exemplo que Luís Aragunde manteña a capa é algo que non se entende. Si foi nomeado como Copeiro Maior por ser alcalde agora que non ostenta o cargo non debería lecar a capa. Polo menos é algo que desde o Capítulo nos din para decir que Jaume Matas non é Cabaleiro. Oturgouselle a capa ao cargo non a persoa. É algo que a xente da rúa, excepto os radicais de dereitas non entendemos.

De todas as entradas etiquetadas (16)  do Capítulo Serenísimo solo un par delas non son críticas con esta institución. Polo que queda demostrado que xa antes do cuatripartito éramos críticos con eles.
Queda demostrado tamén que a institución vense degradando ela soa.

O acto sería igual de seguido polos medios si fora na praza de Fefiñáns como moitos cambadeses piden, outro argumento sin peso por parte do facherío local.
Que se faga no Patio de Armas non evita que aparezan colectivos que fagan visibles as súas protestas como ocorreu este ano, durante o paseo ata Torrado. Outro argumento tirado ao chan

É un acto partidista, sempre o foi e sempre o será mentras non muden o argumentario de dereitas. Que nomeen  a una persoa de diferente partido ao PP, só é unha cortina de fume. So hai que mirar a lista dos nomeados e nunha balanza o peso caería no lado Popular. So hai que ver os anos que tardou Luciano Amoedo en ser nomeado. Todo elo a pesar de contar con moitos máis méritos que outros.


Os comensales seguen a ser moitos, pero xa a cifra de case 600 do PP redúxose a 303, algo se avanzou nunha das premisas do actual grupo de goberno con respecto ao Xantar.

Ninguén quere que se supriman non o Xantar nin a ceremonia de investidura de Donas e Cabaleiros. Pero a cambio de 20.000 euros pagados polos cambadeses, antes e 10.000 ahora dados polo C.R.D.O. Rías Baixas (que pasou para que a mesma ceremonia valga menos agora que antes?) o acto sexa para que poida asistir que o desesxe, e que haxa menos xente invitada. 
Porque hau algún acto do Capítulo al longo do ano no que se promocionen as diferentes confrarías que asisten á festa?
Si eles non o fan as outras confrarían non o fan tampouco con Cambados e a Festa do Albariño. Esas confrarías están feitas para os membros delas nada máis. Fora do seu entorno non sirven para case nada.

Este é o artigo de Ricardo Dominguez que critican desde "OSeC"

O CAPITULO SERENISIMO DO ALBARIÑO, UNHA PANDA DE “PIJOS” I “ESTIRADOS”







28 de agosto de 2017

O CAPITULO SERENISIMO DO ALBARIÑO, UNHA PANDA DE “PIJOS” I “ESTIRADOS”













Quería comezar hoxe contándovos unha historia que ocorreu, xa fai algúns anos, en Cambados e que tiña de protagonista a unha familia con apelido ilustre e pasado de avoengo; un pasado de nobreza e pazos señoriais, un pasado de clase alta pero que, co paso do tempo e, xa na actualidade,  quedou en  pouco mais que  no susodito apelido ilustre e nun escudo de armas que recordaba aqueles tempos pasados tan  gloriosos.
       A cuestión é que esta familia seguía considerándose de   “clase alta” e non “da plebe”, entendendo por “plebe” a calquera dos nosos veciños, de clase media e que formamos esa bendita masa social cambadesa.  Un dia, a desgraza chegou a esta familia ou, polo menos, eles así o entenderon:  o seu fillo, namorarase dunha rapaza humilde, unha rapaza dunha familia traballadora: de pai mariñeiro e  de nai  mariscadora no sarrido. Non fai falta dicir como caeu na familia tal amorío pero nada comparado coa noticia que lle deron cando, co descorrer do tempo, decidiron casar;  aquilo, queridos amigos, xa foi demasiado para os proxenitores: eles a “creme da creme”  veríanse mesturados, no banquete de vodas, con mariñeiros, labregos e demais “paletada”, ¿que pensarían os seus invitados, chegados  de Compostela ou de Madrid? …. “¡que  vergoña vamos a pasar!”, exclamaba a nai …… pero como di o refraneiro popular: “para un roto  sempre hai un descosido” e, ao final,  atoparon a solución ao seu problema …. ¿queredes saber cal foi?....... pois ben, chegou o  gran dia, soleado e radiante; na igrexa podíase apreciar dous grupos, claramente diferenciados: a un lado, os convidados do noivo, chegados, maiormente de fora e, doutro lado, os convidados da noiva, xente do pobo e parroquias próximas; acabou a cerimonia e, a continuación, o banquete de vodas, un banquete  que, deliberadamente, a nai do noivo encargouse que non se estendera en exceso ….. alegando escusas como  que algúns do convidados, chegados de fora, terían que madrugar ao dia seguinte, un suposto malestar ou, simplemente, o cansazo co que  foi “despachando” un por un aos invitados por parte da noiva; cando toda a “paletada” xa  se fora, pecharon as portas e comezaron a que consideraban que era a verdadeira celebración: o pai do noivo sacou ese whisky gran reserva, limitado para as grandes ocasións e, a nai, díxolle ao servizo que xa podían sacar as  deliciosas “delicatessen”, estratexicamente, agochadas nas neveiras hasta ese momento; sobra dicir que esta nova festa durou hasta altas horas da madrugada.   
Sempre que chega a Festa do Albariño i escoito falar do Capitulo Serenísimo non podo evitar acordarme desta historia porque, ao fin e ao cabo, ben  ser algo moi similar: unha panda de “pijos”  que non queren mesturarse coa “plebe” e deciden facer a festa pola súa banda, algo totalmente lexítimo, todo sexa dito, o problema ben cando  esa festa exclusiva e VIP  queren que lla paguen os demais e iso foi o que veu pasando hasta fai ben pouco; como todos de seguro sabedes mentres o PP gobernaba o Concello de Cambados o Capitulo Serenísimo tiña ao seu “tonto util”:  ¿Qué facían falta 300 invitacións para o Xantar do domingo para dar de comer  a tódolos “estómagos agradecidos” (na maioría dos casos “peperos”) que soamente se acordaban de Cambados  ese dia? Non  había  problema e, ademais, “de propina” 20.000 euros das arcas municipais para gastos, total, o  pagaban os “paletos”, os parvos, en definitiva, os contribuíntes cambadeses; cando chegou o Cuatripartito ao goberno intentou cambiar as cousas e, simplemente, pediulles unha cousa para que seguiran contando co apoio do Concello: que o acto de imposición dos Novos Cabaleiros  en vez de facelo no patio de armas do Pazo de Fefiñans, de reducidas dimensións,  o fixeran na Praza de San Benito para que así todo  Cambados puidera ter a oportunidade, de ver tal acto; xa vedes, queridos amigos, que “tremenda” condición poñía o goberno municipal ao Capitulo: simplemente  que se abriran ao pobo e que dito acto  puidera ser presenciado por todos os cambadeses que, ao fin e ao cabo, eran os que  pagaban. O resto da historia xa a coñecedes todos: o Capitulo Serenísimo, como a familia “snob” da que vos falaba ao comezo tiña a menos “mesturarse”
coa “clase media” e alegaron a escusa “barata” da seguridade, unha escusa que se caia polo seu propio peso pois,     o paseo da comitiva das autoridades  dende o concello ao pazo de Fefiñans e, dende aí, ao Pazo de Torrado facíano sempre a pe; obviamente o  Concello non se pregou as súas exixencias e o Capitulo Serenísimo seguiu montando a festa pola súa banda e, así, aínda fai  pouco  tivemos que  escoitar, na prensa,  a Luís Aragunde valorando entre os  aspectos negativos da Festa do Albariño “la falta de colaboración del Concello con el Capítulo Serenísimo”  ¡¡“falta de colaboración” disque!!, di mais ben, Luisiño, que o actual goberno non  se baixou os pantalóns e puxo o cu  como faciades vos.
    Eu, fai un par de anos, coa chegada ao goberno municipal do Cuatripartito fixen unha petición pública que consideraba de xustiza e que non era outra que se lle concedese o titulo de Cabaleiro do Albariño ao primeiro alcalde cambadés da democracia, Don Xoán Antonio Pillado Silvoso; obviamente, tal petición fíxena cando pensaba (¡inxenuo eu!)   que o Capítulo  Serenísimo era unha institución minimamente seria e respectable ; obviamente, ¿que “carallo” de institución seria e respectable  vai ser cando antes de concederlle a Folla de Prata a todo un referente  no mundo do albariño como é o enólogo Luciano Amoedo (Promotor da creación da D.O. Rias Baixas, socio fundador da Bodega Martín Codax,  Membro  do Comité de Cata da D.O. Rias Baixas etc.) déronlla a un “bulto” sospeitoso como “Fulares” que o único mérito que tiña era asignar os asentos no Xantar do domingo e “lamberlle o cu” a todas as
autoridades peperas que ían  chegando?; repito: ¿que seriedade pode ter unha institución que a dia de hoxe  aínda ten, entre os seus membros, a un delincuente, un “chourizo”, en definitiva, un ladrón como Jaume Matas ou a un pederasta confeso como Sánchez Dragó quen, nunha entrevista, fai uns anos, confesou que nunha visita a Xapón, no ano 1967, deitouse con dúas nenas, dúas “lolitas”  de 13 anos?; ¿con estes “frikis” quere o Capitulo Serenísimo  dar a coñecer o Albariño? ¡¡Si soamente fáltalle o acordeón e a cabuxa para poñerse a pedir cun prato polas festas!!  Aínda que o papel da cabuxa ben o podía facer o secretario do Capítulo,  Pedro Piñeiro o Juan Gil (que me perdoe a cabuxa pola comparación).

     Este par de exemplos son mais que significativos de que pe “coxea” esta institución que, en teoría, está para promover e difundir a cultura do albariño pero que, en realidade, é, soamente, unha reunión de “pijos”, de “estirados” cunha clara inclinación política.  
      Para ir rematando soamente os meus mais sinceros desexos para que, algún dia,  o Capitulo Serenísimo do Albariño sexa unha institución  que, realmente, loite e traballe para o que foi creado: dar a coñecer o albariño e non o que é, hoxe en dia, un club de “señoritos” que se creen o centro do mundo ou, mellor aínda, as pirolas mais “exitosas” cando non se dan conta que, afortunadamente, todos temos pirolas (mais ou menos grandes) das que presumir.
       Por último un consello  para aos que nunca baixades o Domingo do Albariño a ver á comitiva do Capítulo Serenísimo facer o paseo: tedes que baixar a velos, paga a pena: con eses “aires” que asemellan uns pavos  reais a punto de despregar as colas para cortexar ás femias, aínda que, nalgún caso, como Aragunde, mais que un pavo asemella un capón cebado a punto de ser sacrificado para a cea de Nadal.   
UN SAUDO A TODOS
RICARDO DOMINGUEZ REY





6 de agosto de 2017

O ALBARIÑO XA TEN NOVAS DONAS E CABALEIROS


















O presidente do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, garantiu hoxe o compromiso para que o sector vitivinícola galego siga incrementando as vendas, a facturación e as exportacións, recordando que no tocante ao albariño tres de cada 10 vendas xa se fan ao estranxeiro.
Durante os actos do Capítulo Serenísimo co motivo da LXV edición da Festa do Viño Albariño, Feijóo destacou, ademais, a importancia desta celebración para que o albariño sexa un referente nas Rías Baixas, en Galicia, en España e no mundo. E animou ás novas damas e cabaleiros a acompañar ao sector na promoción “do viño galego máis internacional”.
Nesta liña, salientou que ao novo cabaleiro José Ramón Torres Pintos non hai que ensinarlle que é o albariño. “Mímao desde o principio, como fan todos os viticultores que recollen a uva”, dixo, destacando tamén o traballo de Dolores Calvo Méndez, presidenta dunha das principais cooperativas desta denominación “e que sabe ben a importancia de unir esforzos polo ben común”.
No tocante a Horacio Gómez Araujo, o presidente da Xunta resaltou que comparte cos anteriores o saber facer das bodegas das Rías Baixas, “e coñece ben que un dos camiños nos que hai que perseverar é o da internacionalización”.
Feijóo concluíu resaltando a traxectoria artística da nova dama Beatriz Serén e do novo cabaleiro José Coronado, a quen lles recordou os compromisos adquiridos na defensa do albariño, “porque engrosar o Capítulo Serenísimo –aseverou- é un deber que te acompaña de por vida”.
Tamén recibiron a súa pequena homenaxe os deportistas María Pérez e Manuel Fontán




















5 de agosto de 2017

IRMANDAMENTO ENTRE RÍAS BAIXAS E VIÑOS PORTUGUÉS E MURCIANO. PUBLICIDADE GRATUÍTA









Nava Castro, asistiu hoxe, acompañada doutras autoridades foráneas, ao acto de irmandamento do Capítulo Serenísimo do Albariño que tivo lugar esta mañá no Pazo de Fefiñáns en Cambados.

No acto, irmandáronse o branco albariño co da Cofraría de Arinto de Bucelas, en Portugal, mentres o tinto Rías Baixas o fixo co viño Monastrell de Jumilla, en Murcia. O acto consistiu no recheo e selado dunha botella que contén a metade do viño albariño Rías Baixas e a outra metade de cada un dos viños irmandados hoxe, co obxectivo de seguir a promover e defende os produtos de calidade destas rexións vinícolas. 


Chama a atención que o viño das Rías Baixas que se misturou cos outros fora de marca e non coma en anos anteriores un viño sen marca pero coa etiqueta xenérica de Rias Baixas. E como non era un viño da adega do Presidente do C.R. Rías Baixas. 





3 de agosto de 2017

JOSÉ CORONADO, CABALEIRO DO ALBARIÑO. LUCIANO AMOEDO POR FIN RECOÑECIDO












O Capítulo Serenísimo do Albariño ven de dar os nomes dos Cabaleiros e Donas do Albariño que o domingo recibirán a sua distinción. O título de Cabaleiro recaerá no coñecido actor José Coroado. O actor madrileño atópase no Salnés rodando a serie "Vivir sen permiso", onde ten un papel protagonista. Desde o domingo será embaixador dun dos caldos máis prestixiosos do mundo.  Dores Calvo, presidenta de Condes de Albarei, e a actriz Beatriz Serén serán investidas Donas e o adegueiro Horacio Gómez, ex presidente do Celta de Vigo e o viticultor José Ramón Torres Pintos serán tamén nomeados Cabaleiros.

Outras persoas que serán recoñecidas no acto son Paula Fandiño, de Mar de Frades, Luciano Amoedo, de Martín Códax, os Danzantes de Covas, Os Carballeiras, a Orde da Vieira, que cumpre 50 anos, e o Cluster Agroalimentario de Galicia.

Luciano Amoedo era unha das persoas que desde hai anos merecía ter algún tipo de recoñecemento por parte do Capítulo. Amoedo é un dos principais valedores do albariño e da D.O. Promotor da creación da D.O. Rías Baixas e socio fundador da adega Martín Códax. Ademais, pertenece ao Comité de Cata da D.O. Rías Baixas desde o seu inicio en 1988 e hoxe en día forma parte do Comité de Apelación.



Follas de Prata-  
Nuno Guedes
Julián Chivite 
Lorena Varela 
Juan Carlos Vázquez
Pepe Cadavedo
Luciano Amoedo 
Mar Ambroa 
Antonio Blanco 
Silvia Vaqueiro

Albariñenses de Honra- 
Danzantes de Cobas 
Os Carballeiras, 
Orde dá Vieira 
Clúster Agroalimentario de Galicia

Xóvenes Albariñenses- 
Jorge Alba 
Paula Fandiño 
Rubén Simón







7 de agosto de 2016

FEIJÓO DESTACA QUE O ALBARIÑO É UN "EMBAIXADOR DO NOSO". UN GALEGO INTERNACIONAL
















O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou, durante o transcurso dos actos conmemorativos da LXIV Edición da Festa do Viño Albariño, que o albariño é un gran “embaixador do noso” e afirmou que se trata dun “galego internacional” que non teme compararse con outros viños.

Con esas verbas Feijóo cualificou a este caldo como un produto con valor engadido que acopia tradición, esforzo e unha visión do mundo característica, persoal pero intransferible. Tamén se referiu ao valor social do viño en Galicia, expresado en múltiples representacións da nosa cultura e á “cultura engadida” como un concepto que debería popularizarse.
Ademais, proseguiu destacando que as damas e cabaleiros do Capítulo Serenísimo, do que ostenta a presidencia honorífica, son gardas privilexiados, e, a este respecto, recalcou que este ano se suman cinco novos membros: Ángeles Vázquez, conselleira do Medio Rural; Javier Etchevarría de la Meula, presidente de Abanca; Florentino Cacheda, un dos referentes internacionais do téxtil galego; Antonio Méndez Rodríguez, xerente da adega Señorío de Rubiós e o viticultor e bodegueiro Natalio Figueroa Castro.
Do mesmo xeito, o mandatario galego dedicou parte da súa intervención a salientar o labor dos galardoados nas categorías de Follas de Prata: Xose Ramón Abal Varela, Amalia Enriquez Mariño, Antón Fonseca, Cayetano Otero, Javier Perez Castro e Manuel Galiñanes Fernández. Así como a destreza dos Albariñenses de Honra, a Cooperativa Eidosela de Arbo, e Viña Moraima de Barro e a continuidade da tradición protagonizada polos Xóvenes Albariñenses; Ivan Gómez Veiga, da bodega Tollodouro de O Rosal; Susana Pérez López da bodega Pazo San Mauro de O Condado; e Nuria de la Torre, da Cooperativa Vitivinícola de O Salnés.
Feijóo volveu incidir en que a Festa do Albariño “xa forma parte das grandes tradicións de Galicia” e conta cun gran poder de atracción de visitantes desde hai décadas. 
 









3 de agosto de 2016

NOMBRAMENTOS CONTROVERTIDOS POR PARTE DO CAPÍTULO SERENÍSIMO





Foto de Martina Míser para La Voz de Galicia


Está claro que a despolitización da Festa do Albariño é imposible namentras o Capítulo Serenísimo non mude a sua actitude.

Darlle a José Ramón Abal unha Folla de Prata non sería extrano si lle-la concederan por ser o primeiro edil de España en ostentar o cargo de Concelleiro de Enoloxía. Pero non, resulta que esta distinción é concedida como químico e adegueiro, facetas as que non se adica, posto que non exerce de químico e a adega é da sua familia, en todo caso quen debería recibir a distinción sería o seu pai.
Polo que claramente apréciase unha labor de bombardeo por parte do Capítulo contra o Cuatripartito.
O peor é que Abal no seu afán de protagonismo acepta tal distinción.

Volve chamar a atención que un dos enólogos pioneiros no mundo do albariño queda sin distinción. Luciano Amoedo volve a ser relegado por outro enólogo, con méritos igualmente enormes, náis novo e con unha traxectoria brilante, pero máis corta. O enólogo premiado desta vez conta con moitos premios da Festa e noutros concursos, polo que , como decimos méritos non lle faltan.

Outro nomeamento que chama a atención é o de Manuel Galiñanes, colaborador e organizador de eventos da Festa do Albariño durante os gobernos do Partido Popular en Cambados.
Algo polo que recibía un bo soldo e que non facía el solo, porque non sería capaz de facelo.
Como sabedes o Capítulo Serenísimo otorga distincións sin criterios fixos, sobre todo no que respeta a DDonas e Cabaleiros. Otorga capas a quen non coñece o viño e da follas de Plata a adegueiros, enólogos e xente relacionada co mundo do noso viño.

Por outro lado e como decíamos onte si as distincións se dan, no caso de cargos políticos ao cargo e non a persoa, que fan dous exalcaldes, un deles sin vinculación co albariño, aínda no Capítulo.

Algún dia un membro do Capítulo tíñase que poñer a dar explicacións e compartir con todos os estatutos para dunha vez comprender esta confraría que moi pouca xente coñece.



2 de agosto de 2016

O CAPÍTULO SERENÍSIMO DEMOSTRA QUE NON DI A VERDADE





Como vedes Rosa Quintana xa ten a capa 2ª pola esquerda





O Capítulo Serenísimo ven de demostrar que minte cando di que o título de Cabaleiro ou Dama concédeselle a un cargo e non a persoa. 
Ven esto a desculpa que dan para non retirar o título de Cabaleiro a Jaume Matas despois de ser condenado por corrupción.
Si fora real esta circunstancia non ten razón de ser que lle otorguen esta distinción a actual Conselleira de Medio Rural Angeles Vázquez Mejuto, posto que a anterior conselleira, Rosa Quintana, ten xa a distinción como Conselleira de Mar e Medio Rural e como tal asisteu o ano pasado.

Dos nomeamentos de este ano xa falaremos.......






16 de julio de 2016

O ANTICUADO, OSCURANTISTA E CAPRICHOSO CAPÍTULO SERENÍSIMO







Cando se lle reclama ao Capítulo Serenísimo do Albariño que se lle retire o nomeamento de Cabaleiro ao delincuente Jaume Matas, esta "Orde" fundada no século pasado pero que máis parece do Medievo argumenta que ese título concedéreselle ao cargo, nese momento era ministro, e non a persoa. 
Entón si é ao cargo os alcaldes que foron de Cambados e xa non o son porque ostentan o título? Entenderíamos que seguisen ostentando ese título si tiveran unha relación directa co viño, adegueiros, enólogos etc. Pero creo que so un ten algo que ver cunha adega dos 4 ex-alcaldes (todos do PP),  que posúen o título de Cabaleiro, porque hai outro, Xoán Antonio Pillado que non ostenta esa distinción. Os motivos desto último son varios, pero non imos a profundizar no tema, aínda que é de xusticia que se lle otorgue XA!!!.

A dia de hoxe esta institución obsoleta, que non inútil, non ten unha páxina web onde poder consultar nada sobre eles que fan durante o ano si é que fan algunha actividade ou algunha viaxe, esas sí que as fan. Si está no mesmo carro que o goberno e oposición para acadar o distinción para a Festa como de interese Internacional e sendo un piar importante debería modernizarse e ir superando os retos que a sociedade da información lle pon. Cando cáseque todas as institucións camiñan cara a transparencia eles van cara atrás coma os cangrexos e van para atrás, máis oscurantistas.

E agora tamén con esixencias sin conceder nada a cambio. VER