«O Concello non pode facer excepcións», así decía onte o concelleiro de Sanidade e Seguridade Cidadá de Cambados, Tino Cordal, a propósito das peticións do Capítulo Serenísimo que quere manter o acto de Nomeamento de Damas e Cabaleiros do Albariño como cada primeiro domingo de Agosto dentro dos actos da Festa do Albariño. A pesar de que a festa foi suspendida pola pandemia. O Capítulo, ten previsto organizar o acto, eso sí, con aforo reducido e as medidas de seguridade e sanitarias dictadas tanto pola Xunta como o goberno central e incluso o Concello de Cambados.
O goberno local aparte das boas palabras necesita que o Capítulo Serenísimo se comprometa por escrito a comprilas. Onte martes, o concello, remitiulle a resposta á petición do Capítulo. Nesa contestación se inclúe a obrigatoriedade de aportar unha serie de documentos, declaración de responsabilidade, seguro de responsabilidade civil, informes ambientais e de seguridade, entre outros, para poder autorizar o evento. Explica Tino Cordal, que está por ver como se resolverá a cuestión. O acto non se pode prohibir, pero pódense esixir que se cumpran as normas, normas impostas pola propia Xunta, entre as que se recomenda que non haxa máis de 25 persoas nas reunións.
Tino Cordal, xa anunciou que o Concello non deixará ao Capítulo nin os operarios que a asociación pediu para montar o escenario e as carpas no patio de armas do palacio de Fefiñáns nin as máis dun centenar de cadeiras solicitadas para o acto do domingo. "Tamén pediron apoio da Policía Local e de Protección Civil, e unha reserva de prazas de aparcamento, pero non van ter absolutamente nada", aseverou Cordal.
"Non sabemos se é que o Capítulo Serenísimo vive nunha realidade paralela ou que. Pero o que está claro é que organizar un acto con máis de 120 persoas nestes momentos é dunha irresponsabilidade absoluta".
Feijóo está convidado dado que é o Gran Mestre do Capítulo, e Vázquez Almuiña porque a confraría enogastronómica quere darlle un recoñecemento extensivo a todos os sanitarios galegos.
Fátima Abal, lembra que a Xunta pide aos cidadáns que non se reúnan en grupos de máis de 25 persoas, mentres Feijóo e Vázquez Almuiña están convidados a un acto con máis dun centenar. "Eu creo que entraña menos riscos unha reunión familiar de pais, fillos, netos e sobriños que outra na que estás con xente que non coñeces de nada e que vén de todas partes", engade a rexedora de Cambados.
Chama a atención que na presentación dos actos previstos para o sábado e domingo estiveran presentes tres membros do Partido Popular de Cambados, dando respaldo a un acto que a propia Xunta debería prohibir.
Unha ofensa a cidadanía cambadesa e visitante. Parece que o Capítulo quere saltarse as normas mentras o resto de mortais teñen que cumprir os protocolos esixidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.