O Capítulo Serenísimo do Albariño ven de dar os nomes dos Cabaleiros e Donas do Albariño que o domingo recibirán a sua distinción. O título de Cabaleiro recaerá no coñecido actor José Coroado. O actor madrileño atópase no Salnés rodando a serie "Vivir sen permiso", onde ten un papel protagonista. Desde o domingo será embaixador dun dos caldos máis prestixiosos do mundo. Dores Calvo, presidenta de Condes de Albarei, e a actriz Beatriz Serén serán investidas Donas e o adegueiro Horacio Gómez, ex presidente do Celta de Vigo e o viticultor José Ramón Torres Pintos serán tamén nomeados Cabaleiros.

Luciano Amoedo era unha das persoas que desde hai anos merecía ter algún tipo de recoñecemento por parte do Capítulo. Amoedo é un dos principais valedores do albariño e da D.O. Promotor da creación da D.O. Rías Baixas e socio fundador da adega Martín Códax. Ademais, pertenece ao Comité de Cata da D.O. Rías Baixas desde o seu inicio en 1988 e hoxe en día forma parte do Comité de Apelación.
Follas de Prata-
Nuno Guedes
Julián Chivite
Lorena Varela
Juan Carlos Vázquez
Pepe Cadavedo
Luciano Amoedo
Mar Ambroa
Antonio Blanco
Silvia Vaqueiro
Albariñenses de Honra-
Danzantes de Cobas
Os Carballeiras,
Orde dá Vieira
Clúster Agroalimentario de Galicia
Xóvenes Albariñenses-
Jorge Alba
Paula Fandiño
Rubén Simón
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.