Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
16 de julio de 2016
O ANTICUADO, OSCURANTISTA E CAPRICHOSO CAPÍTULO SERENÍSIMO
Cando se lle reclama ao Capítulo Serenísimo do Albariño que se lle retire o nomeamento de Cabaleiro ao delincuente Jaume Matas, esta "Orde" fundada no século pasado pero que máis parece do Medievo argumenta que ese título concedéreselle ao cargo, nese momento era ministro, e non a persoa.
Entón si é ao cargo os alcaldes que foron de Cambados e xa non o son porque ostentan o título? Entenderíamos que seguisen ostentando ese título si tiveran unha relación directa co viño, adegueiros, enólogos etc. Pero creo que so un ten algo que ver cunha adega dos 4 ex-alcaldes (todos do PP), que posúen o título de Cabaleiro, porque hai outro, Xoán Antonio Pillado que non ostenta esa distinción. Os motivos desto último son varios, pero non imos a profundizar no tema, aínda que é de xusticia que se lle otorgue XA!!!.
A dia de hoxe esta institución obsoleta, que non inútil, non ten unha páxina web onde poder consultar nada sobre eles que fan durante o ano si é que fan algunha actividade ou algunha viaxe, esas sí que as fan. Si está no mesmo carro que o goberno e oposición para acadar o distinción para a Festa como de interese Internacional e sendo un piar importante debería modernizarse e ir superando os retos que a sociedade da información lle pon. Cando cáseque todas as institucións camiñan cara a transparencia eles van cara atrás coma os cangrexos e van para atrás, máis oscurantistas.
E agora tamén con esixencias sin conceder nada a cambio. VER
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.