Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de agosto de 2016

FEIJÓO DESTACA QUE O ALBARIÑO É UN "EMBAIXADOR DO NOSO". UN GALEGO INTERNACIONAL
















O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou, durante o transcurso dos actos conmemorativos da LXIV Edición da Festa do Viño Albariño, que o albariño é un gran “embaixador do noso” e afirmou que se trata dun “galego internacional” que non teme compararse con outros viños.

Con esas verbas Feijóo cualificou a este caldo como un produto con valor engadido que acopia tradición, esforzo e unha visión do mundo característica, persoal pero intransferible. Tamén se referiu ao valor social do viño en Galicia, expresado en múltiples representacións da nosa cultura e á “cultura engadida” como un concepto que debería popularizarse.
Ademais, proseguiu destacando que as damas e cabaleiros do Capítulo Serenísimo, do que ostenta a presidencia honorífica, son gardas privilexiados, e, a este respecto, recalcou que este ano se suman cinco novos membros: Ángeles Vázquez, conselleira do Medio Rural; Javier Etchevarría de la Meula, presidente de Abanca; Florentino Cacheda, un dos referentes internacionais do téxtil galego; Antonio Méndez Rodríguez, xerente da adega Señorío de Rubiós e o viticultor e bodegueiro Natalio Figueroa Castro.
Do mesmo xeito, o mandatario galego dedicou parte da súa intervención a salientar o labor dos galardoados nas categorías de Follas de Prata: Xose Ramón Abal Varela, Amalia Enriquez Mariño, Antón Fonseca, Cayetano Otero, Javier Perez Castro e Manuel Galiñanes Fernández. Así como a destreza dos Albariñenses de Honra, a Cooperativa Eidosela de Arbo, e Viña Moraima de Barro e a continuidade da tradición protagonizada polos Xóvenes Albariñenses; Ivan Gómez Veiga, da bodega Tollodouro de O Rosal; Susana Pérez López da bodega Pazo San Mauro de O Condado; e Nuria de la Torre, da Cooperativa Vitivinícola de O Salnés.
Feijóo volveu incidir en que a Festa do Albariño “xa forma parte das grandes tradicións de Galicia” e conta cun gran poder de atracción de visitantes desde hai décadas. 
 









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.