Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta BALONMAN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BALONMAN. Mostrar todas las entradas
5 de diciembre de 2018
TORNEO INTERNACIONAL GALICIA-O SALNÉS DE BALONMÁN ESTA FIN DE SEMANA
O Torneo Internacional Deputación de Pontevedra Galicia-O Salnés das categorías xuvenil, infantil e cadete (masculina e feminina).disputarase do 7 ao 9 de decembro coa participación das seleccións de Galicia e Asturias e de varios clubs de Holanda e Argelia. En total participarán 18 equipos de seis categorías, que xogarán nos municipios de Cambados, Sanxenxo, Vilanova de Arousa, Meaño e O Grove.
Este torneo ten como obxectivo deportivo prioritario realizar unha posta a punto das seleccións galegas cara ao Campionato de España de Seleccións Territoriais que se celebrará a comezos do ano 2019 en Valladolid. Ademais, permitirá ás seleccións unhas xornadas de convivencia, que sempre son moi positivas para facer equipo.
O Torneo Internacional Galica - O Salnés é un clásico na ponte da Constitución. Este ano celebramos xa a sétima edición dun torneo que comezou co obxectivo de ser unha boa preparación para o Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se celebra a comezos de ano, pero que significa para a zona do Salnés un reclamo turístico para a hostelería, xa que xunto as rapaces son moitos os pais e nais que aproveitan estes días festivos para acompañar aos seus fill@s e facer tamén turismo en Galicia. Este torneo non sería posible sen a colaboración de todas as institucións: Deputación Provincial de Pontevedra, Xunta de Galicia, Mancomunidade do Salnés e os concellos implicados.
1 de noviembre de 2018
CONCENTRACIÓN EN CAMBADOS DAS SELECCIÓNS GALEGAS CADETES MASCULINA E FEMININA E INFANTIL FEMININA
Continúa a preparación das seleccións galegas de Balonmano para o Campionato de España de Seleccións Territoriais. Esta fin de semana (3 e 4 de novembro) celebrarase unha concentración en Cambados para as preseleccións galegas cadete masculina e feminina e a infantil feminina.
6 de diciembre de 2017
MODIFICACIÓNS NOS HORARIOS DO TORNEO DE BALONMÁN DO SALNÉS
Calendario definitivo do Torneo de O Salnés
Nos documentos adxuntos tedes o calendario definitivo do Torneo do Salnés, que se disputará do 7 ao 9 de decembro. Consultade os horarios, que hai algunha modificación con respecto aos primeiros.
5 de diciembre de 2017
O TORNEO GALICIA-SALNÉS 2017 CELEBRARASE DO 7 AO 9 DE DECEMBRO
A sexta edición do Torneo Galicia-Salnés 2017 celebrarase do 7 ao 9 de decembro nas localidades de Cambados, Meaño, O Grove e Sanxenxo. O obxectivo prioritario deste torneo é a preparación do Campionato de España de selección territoriais, que este ano terá lugar en Pontevedra e Vigo a comezos do mes de xaneiro (2-7).
O torneo deste ano contará con varios partidos amigables preparatorios con clubs galegos, mentres que o título disputarase a un só partido contra a selección de Asturias en todas as categorías (infantil, cadete e xuvenil, tanto masculina coma feminina).
No dossier tedes toda a información sobre o torneo así coma o calendario e os pavillóns nos que se disputarán os diferentes partidos.
2 de diciembre de 2016
CAMBADOS, MEAÑO E O GROVE ACOLLEN O MELLOR BALONMAN BASE
Esta fin de semana (do 3 ao 5 de decembro) celebrarase a quinta edición do Torneo Internacional Deputación de Pontevedra Galicia - O Salnés, coa participación de todas as nosas seleccións galegas infantil, cadete e xuvenil. Será o mellor test cara ao Campionato de España de Seleccións Territoriais que se celebrará a comezos de xaneiro de 2017 en Cataluña.
Un total de 22 equipos das categorías xuvenil, cadete e infantil danse cita nun evento que serve de preparación para as seleccións galegas para os próximos Campionatos de España.
Ademais das seleccións autonómicas de Galicia e Asturias, participarán nesta ocasión equipos de Portugal, Holanda, Grecia e Suecia.
Na categoría xuvenil masculina mediranse con Galicia e Asturias o AC Braga (Portugal) e Houten HA (Holanda), mentres na feminina farano a propio AC Braga e o IF Hellton Club (Suecia).
En categoría cadete os equipos convidados son o Hellas e AC Braga na categoría masculina e o HV Zeeburg Amsterdam (Holanda) e Targos Evo (Holanda) na feminina.
Por último na competición infantil participarán, ademais de Asturias e Galicia, o AC Braga en categoría masculina e o Forshaga Handball (Suecia) na feminina.
A deputada de Deportes, Chelo Besada, e o deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios, presentaron hoxe no Pazo Provincial o "V Torneo Internacional Deputación de Pontevedra Galicia-Salnés 2016" de balonmán, que se desenvolverá nos concellos de Meaño, O Grove e Cambados entre o 3 e o 6 de decembro. No evento participarán medio milleiro de nenas e nenos de equipos de Galicia pero tamén de países como Suecia, Dinamarca e Portugal, nas categorías xuvenil, cadete e infantil.
Chelo Besada estivo acompañada da presentación pola alcaldesa de Meaño, Lourdes Ucha; o alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos e o concelleiro de Deportes de Cambados, Víctor Manuel Caamaño. A deputada salientou o feito de que "o balonmán é un deporte que se está a popularizar na provincia de Pontevedra, e na comarca do Salnés contamos xa con equipos federados en Meaño e O Grove".
Ademais, a responsable de Deportes lembrou que mediante o programa "DEPOrte Escolas" da Deputación, "2.700 nenas e nenos están aprendendo a xogar a balonmán en 27 concellos". Segundo explicou, "para a Deputación o deporte é algo máis que grandes probas que percorren a xeografía, queremos que siga a ser un eixo vertebrador da provincia".
A alcaldesa de Meaño, Lourdes Ucha, puxo de relevo o feito de que participan no torneo arredor de 500 xogadoras e xogadores e case "1.000 pais e nais", o que implica unha gran "repercusión para o turismo".
O alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos, coincidiu en que eventos deportivos de carácter internacional coma este permiten "dar a coñecer a paisaxe, o contorno", e converten o deporte nunha "vía de promoción turística".
Mentres, o concelleiro de Deportes de Cambados, Víctor Manuel Caamaño, indicou que o balonmán é un "deporte interesante desde o punto de vista da igualdade, porque ofrece as mesmas condicións para nenas e nenos",
Pola súa parte, o xerente da Mancomunidade do Salnés, Ramón García, asegurou que o deporte é un importante "sistema de transmisión de valores" en ámbitos coma a saúde ou o lecer, mentres que eventos coma este torneo supoñen "un escaparate moi importante" para atraer turismo internacional para a que xa é "a comarca máis turística de Galicia".
E finalmente, o vicepresidente da Federación Galega de Balonmán, Francisco Javier Álvarez, lembrou que ademais do torneo haberá actividades paralelas, como un curso para a "formación de árbitros de balonmán", e que os encontros que se xoguen servirán de "preparación" para a participación dos equipos galegos nos vindeiros campionatos de España sub-17.
4 de diciembre de 2015
PARTIDOS PARA MAÑÁN NO POMBAL DO CAMPEONATO INTERNACIONAL DA DEPUTACIÓN
Partidos día 5 no Pombal
17:00 horas.- Seleción Cántabra-Seleción Galega (Cadete Femenino)
19:00 horas.- S. Asturiana-S.Kelona Italia (Xuvenil Masculina)
1 de diciembre de 2015
CAMBADOS ACOLLE O IV TORNEO INTERNACIONAL DE BALONMÁN DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
440 deportistas europeos competirán no torneo nas categorías infantil, cadete e xuvenil feminina e masculina
Os concellos de Cambados, Meaño e O Grove acollerán, entre o 5 e o 7 de decembro, o IV Torneo Internacional de Balonmán Deputación de Pontevedra, no que participarán equipos de España así como representantes de Holanda, Italia e Dinamarca.
O IV Torneo Internacional de Balonmán Deputación de Pontevedra, que se presentará mañá, ás 12:00 horas, no Pazo provincial, reunirá xogadores das categorías infantil, cadete e xuvenil feminina e masculina. En concreto, desprazaranse ata a provincia de Pontevedra máis de 440 deportistas que representarán as seleccións de Galicia, Asturias e Cantabria (España), de Zuiz e Utrecht (Holanda), de Aaurhus (Dinamarca) e de Kellona Palermo (Italia).
A proba disputarase en dúas fases para cada unha das categorías, nas instalacións dos pavillóns do Pombal e IES Cabanillas (Cambados), Coirón (Dena, Meaño), Monte da Vila 1 e Monte da Vila 2 (O Grove).5 de diciembre de 2014
III TORNEO DE BALONMÁN NO SALNÉS
Na súa intervención Begoña Estévez subliñou o éxito da anterior edición, que tivo lugar tamén no Salnés e que animou a Federación Galega a repetir experiencia nos concellos de Meaño, Sanxenxo e Cambados.
O torneo comezou disputándose só na categoría cadete en 2012; en 2013 sumou a infantil e nesta edición incluirase tamén a xuvenil.
Na categoría xuvenil masculina (deportistas nados en 1997 e 1998) participarán as seleccións de Portugal, Asturias e Galicia, e na feminina Asturias, Cantabria e Galicia. Na categoría infantil masculina (2011 e 2002) competirán Galicia e os equipos portugueses de Aguas Santas e Santo Tirso, mentres que na feminina o farán Galicia e os equipos Alpendorada e Cale, tamén de Portugal.
Finalmente en cadete masculino enfrontaranse Asturias, Cantabria e Galicia, e na categoría feminina disputarán o torneo a selección galega, outra da rexión holandesa de Zuid e Asturias.
2 de diciembre de 2013
II TORNEO INT. DEPUTACIÓN PONTEVEDRA DE BALONMÁN
O II Torneo Internacional Deputación de Pontevedra "O Salnés", nas categorías cadete e infantil (masculina e feminina), disputarase o 6, 7 e 8 de decembro nos concellos de Cambados, Meaño, Sanxenxo e Ribadumia. Participarán 18 seleccións, das catro categorías, e viaxarán a Galicia máis de 500 persoas entre deportistas, técnicos, delegados e acompañantes. Esta competición servirá como preparación das seleccións territoriais, que disputarán do 2 ó 7 de xaneiro, en Asturias, o Campionato de España.
Así se anunciou esta mañá nunha rolda de prensa na Deputación, na que a deputada Begoña Estévez salientou o auxe que o balonmán está a ter nos últimos tempos, de forma especial na comarca do Salnés, onde se crearon dúas novas escolas desta modalidade deportiva, unha en Cambados e outra en Sanxenxo, que se suman ás que xa existían en Meaño e O Grove.
Con estas son 148 as escolas deportivas de balonmán que a Deputación, en colaboración coa Federación Galega deste deporte, ten en marcha, repartidas por toda a provincia, nas que se forman máis de 2600 nenos e nenas.
Estévez destacou o papel que estas escolas teñen á hora de achegarlles o deporte ós máis cativos, sobre todo nos concellos máis pequenos, onde a oferta da institución provincial permite que os rapaces entren en contacto con deportes que doutra forma, probablemente, non terían a ocasión de coñecer nin practicar.
A deputada fixo fincapé na relevancia do torneo internacional que vai ter lugar esta fin de semana, que nesta segunda edición non só se disputará na categoría cadete senón na infantil.
Nesta categoría (deportistas nacidos nos anos 2000 e 2001), tanto masculina coma feminina, participarán as seleccións de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León. En cadete, ademais das catro seleccións xa nomeadas, haberá participación internacional; na categoría masculina competirá a selección sub16 portuguesa, mentres que na feminina viaxará a Galicia unha selección da rexión holandesa de Brabant.
Será o segundo ano consecutivo que se organice esta actividade nos concellos de Cambados, Meaño e Sanxenxo. No Nadal pasado disputouse o primeiro torneo do Salnés de cadete; tanto a organización coma os concellos quedaron moi satisfeitos coa iniciativa e decidiron repetir este ano, ampliando as categorías e convertendo o torneo en internacional.
21 de diciembre de 2012
BALONMAN CADETE DE ELITE NO SALNES
O salón de plenos do concello de Cambados acolleu a presentación do I Torneo de Seleccións Territoriais Cadetes. Un campionato no que participarán oito conxuntos, sete españois e un portugués, e que disporá de tres sedes: Meaño,Sanxenxo e Cambados, nos pavillóns do Coirón, Baltar e O Pombal.
Do 28 ó 30 do presente mes de decembro dispútase o I Campionato Cadete Comunidad de Galicia. Celébrase como substituto do Campionato de España de 2013, que foi aprazado polo Consello Superior de Deportes.
| Pavillón do Pombal |
Un campionato no que particpan oito seleccións territoriais, sete españolas e a portuguesa, de Oporto, tanto en categoría masculina como femenina. Estarán, Galicia, Extremadura, Cantabria, Castela e León, Madrid, Asturias e Euskadi. Os anfitrións debeutarán contra os extremeños o día 28 ás 16:30: eles xogarán en Cambados e elas en Meaño. As finais están programadas para o día 30, a femenina en Coirón ás 11:00 e a masculina ás 12:30 no Pombal.
Con este torneo, os alcaldes dos municipios protagonistas, pretenden incentivar o interese dos rapaces polo deporte e polo balonmán. Tamén terá a súa repercusión positiva a nivel económico, xa que moverá a máis dun milleiro de persoas pola comarca durante ese días, 300 deles, xogadores.




