Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de diciembre de 2018

TORNEO INTERNACIONAL GALICIA-O SALNÉS DE BALONMÁN ESTA FIN DE SEMANA


O Torneo Internacional Deputación de Pontevedra Galicia-O Salnés das categorías xuvenil, infantil  e cadete (masculina e feminina).disputarase do 7 ao 9 de decembro coa participación das seleccións de Galicia e Asturias e de varios clubs de Holanda e Argelia. En total participarán 18 equipos de seis categorías, que xogarán nos municipios de Cambados, Sanxenxo, Vilanova de Arousa, Meaño e O Grove. 

Este torneo ten como obxectivo deportivo prioritario realizar unha posta a punto das seleccións galegas cara ao Campionato de España de Seleccións Territoriais que se celebrará a comezos do ano 2019 en Valladolid. Ademais, permitirá ás seleccións unhas xornadas de convivencia, que sempre son moi positivas para facer equipo.

O Torneo Internacional Galica - O Salnés é un clásico na ponte da Constitución. Este ano celebramos xa a sétima edición dun torneo que comezou co obxectivo de ser unha boa preparación para o Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se celebra a comezos de ano, pero que significa para a zona do Salnés un reclamo turístico para a hostelería, xa que xunto as rapaces son moitos os pais e nais que aproveitan estes días festivos para acompañar aos seus fill@s e facer tamén turismo en Galicia. Este torneo non sería posible sen a colaboración de todas as institucións: Deputación Provincial de Pontevedra, Xunta de Galicia, Mancomunidade do Salnés e os concellos implicados.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.