Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de diciembre de 2012

BALONMAN CADETE DE ELITE NO SALNES







O salón de plenos do concello de Cambados acolleu a presentación do I Torneo de Seleccións Territoriais Cadetes. Un campionato no que participarán oito conxuntos, sete españois e un portugués, e que disporá de tres sedes: Meaño,Sanxenxo e Cambados, nos pavillóns do Coirón, Baltar e O Pombal.


Do 28 ó 30 do presente mes de decembro dispútase o I Campionato Cadete Comunidad de Galicia. Celébrase como substituto do Campionato de España de 2013, que foi aprazado polo Consello Superior de Deportes.
Pavillón do Pombal

Un campionato no que particpan oito seleccións territoriais, sete españolas e a portuguesa, de Oporto, tanto en categoría masculina como femenina. Estarán, Galicia, Extremadura, Cantabria, Castela e León, Madrid, Asturias e Euskadi. Os anfitrións debeutarán contra os extremeños o día 28 ás 16:30: eles xogarán en Cambados e elas en Meaño. As finais están programadas para o día 30, a femenina en Coirón ás 11:00 e a masculina ás 12:30 no Pombal.
Con este torneo, os alcaldes dos municipios protagonistas, pretenden incentivar o interese dos rapaces polo deporte e polo balonmán. Tamén terá a súa repercusión positiva a nivel económico, xa que moverá a máis dun milleiro de persoas pola comarca durante ese días, 300 deles, xogadores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.