Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta AUTISMO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AUTISMO. Mostrar todas las entradas

22 de octubre de 2019

COMIDA SOLIDARIA A PROL DE "FAMILIAS AZÚIS"


Familias Azuis organiza o próximo día 1 de decembro 2019 unha COMIDA SOLIDARIA, ás 14 h nas Adegas Condes de Albarei, Cambados. ➡️Entradas: Adultos 25€ e neno/ as 15€. Dispoñibles nos seguintes establecementos ✔️CAMBADOS: Estanco Coronas e La Casita de Hansel e Gretel. ✔️PONTEAREAS: Lucía Estudo Floral e Cafetería Asúcar. Tamén podes escribir ao correo da asociación: Familiasazuis@gmail.com ou chamar ao 671 496 458. Actuacións e actividades para os máis pequenos "Take It Easy", Mago Marco e "Novalandia". Se non podes asistir e queres colaborar, podes facelo na conta da asociación. CaixaBank ES7421004281352200221981

Familias Azuis, é unha asociación sen ánimo de lucro, que ten como finalidade procurar o benestar das persoas con TEA (trastorno do espectro autista), exercendo a súa representación e promovendo o desenvolvimiento de servizos e actividades de calquera tipo que contribúan á súa consecución. Nace despois de que un grupo de familias con fillos/ as afectados de TEA participasen nun programa que desenvolveu a Federación Autismo Galicia, cuxo nomee era, “ Coidamos Tea”, foi así como o 2 de abril do ano 2017, coincidindo coa data sinalada no calendario como “Día Mundial de Concienciación do Autismo", preséntase oficialmente na localidade de Ponteareas.




2 de julio de 2019

O CONCELLO DE CAMBADOS COLABORA CO PROGRAMA TEA-PUNTAS DA ASOCIACIÓN FAMILIAS AZUIS, PARA AS PERSOAS CON TRASTORNO DE ESPECTRO AUTISTA.


  • Realizanse en Cambados varias actividades para todos e todas as afectadas por T. E.A.
  • Todos os martes de xullo en horario de 10:30 a 12:00 horas todos os nenos e nenas con T.E.A que o desexen teñen unha cita para xogar ao fútbol no Campo Municipal de Cambados e os martes 2-9-16 de xullo de 18 h a 19 h gozasen dos xogos de Lego. 

A alcaldesa Fátima Abal en compañía de varios membros da asociación Familias Azuis, presentaban onte as actividades que esta asociación en colaboración co concello de Cambados vai promover para conseguir que os afectados por T.E.A poidan ter unhas xornadas de convivencia con outros afectados, e ao mesmo tempo que se reúnen poidan realizar xogos conxuntamente por exemplo os Legos e por suposto tamén se pensou no deporte, escollendo para esta ocasión o fútbol, ao ser un deporte máis recoñecido polos nenos xa que se practica en todos os centros escolares.
Estas actividades son totalmente gratuítas, e son para nenos con idades comprendidas entre os 6 e 15 anos. Fátima Abal sente especialmente sensibilizada con este tema e agradece á presidenta da Asociación e ás familias que a acompañaban que contasen con Cambados para realizar estas actividades e lograr con estas iniciativas que todas aquelas persoas que teñan afectados por T.E.A poidan ter a oportunidade de relacionarse con outros familiares e nenos na sua mesma situación e poder intercambiar vivencias e opinións para mellorar a relación diaria e poder avanzar no entendemento e no razoamento de todos e todas as afectadas por T.E.A.



1 de abril de 2019

ACTOS DE MAÑÁN DIA INTERNACIONAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

http://pensandoenimaxes.blogspot.com
Mañán martes, 2 de Abril celébrase o "Día Internacional para a Concienciación sobre o Autismo", este ano se leerá o manifesto institucional na praza do concello ás 12:00 h, iluminarase en azul a fachada do concello e ademais dáselle a oportunidade a todas as familias de persoas con TEA de crear un manifesto propio para lelo no outro acto que terá lugar tamén mañán, a iluminación en azul da estatua de "A Naiciña" na praza Asorey ás 21:00 h. Se queres arroupar ás familias e ás persoas con TEA que estarán alí, non faltes, son unha gran comunidade e a túa presenza é importante.




3 de abril de 2018

CAMBADOS EN AZUL. “ROMPAMOS XUNTOS BARREIRAS POLO AUTISMO”




Cada 2 de abril celébrase o Día Internacional do Autismo, e municipios como Cambados, A Illa ou Vilagarcía sumáronse á efeméride. Cambados mantén unha estreita colaboración coa asociación BATA. Os responsables deste colectivo leron un manifesto en compañía da alcaldesa, Fátima Abal, e do edil de Servizos Sociais, Constantino Cordal. No salón de plenos habilitouse un photocall no que políticos e veciños escenificaron o seu apoio á campaña " Rompendo Barreiras". Este ano, a iluminación azul centralizouse no Concello. O Concello de Cambados ten un convenio de colaboración con BATA que inclúe diferentes actividades, como a participación dun equipo de mozos con espectro autista nas tarefas de limpeza do municipio, unha forma de integración laboral para eles.





2 de abril de 2018

MANIFESTO DO MOVEMENTO ASOCIATIVO DO AUTISMO EN EUROPA E ESPAÑA NO DÍA CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO



En marzo de 2017 cumplíronse dez anos dende a firma da Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidades (CDPD) e o seu Protocolo Facultativo. Sin embargo, a pesar de que foi ratificada pola Unión Europea e case todos os Estados Membros, a sua aplicación é insuficiente en moitas áreas.
Con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo (2 de abril), o movemento asociativo do Autismo en Europa e España chaman aos responsables políticos da Unión Europea a adquirir un compromiso firme na eliminación das moitas barreiras que ainda impiden ás persoas con Trastornos do Espectro do Autismo (TEA) a desfrutar dos seus plenos dereitos.
A campaña de sensibilización deste ano céntrase especialmente na accesibilidade, levando o título “Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible”.
O autismo afecta a unha de cada cen persoas, o que significa que en Europa hai actualmente arredor de cinco millóns de persoas con Trastornos do Espectro do Autismo, 450 mil en España. A pesar de que a concienciación sobre que é o autismo está crecendo, moitas persoas con TEA e as suas familias consideran que non se remata de comprender.
É crucial que, tanto os responsables políticos de toda Europa así como a sociedade no seu conxunto, logremos unha mellor comprensión do autismo e actuemos na eliminación das barreiras que impiden a plena inclusión e participación das persoas con autismo.
Para fomentar unha sociedade accesible e inclusiva para todos, o movemento asociativo do autismo insta aos responsables políticos a:
1. Adoptar unha Lei Europea de Accesibilidade firme e eficaz na que se aborden as necesidades das persoas con Trastornos do Espectro do Autismo.
En consonancia coas obrigas establecidas pola Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade (CDPD), o 2 de decembro de 2015 a Comisión Europea fixo pública unha proposta sobre unha Lei Europea de Accesibilidade. Unha vez que se aprobe dita proposta, esta debe dirixirnos cara criterios comúns en accesibilidade que abarquen determinados produtos e servizos en toda a Unión Europea, facéndoos accesibles para os cidadáns da UE con discapacidade.
O movemento asociativo do autismo en Europa fai un chamamento aos responsables políticos da Unión Europea e aos Estados Membros para que garantan que se adopte unha Lei de Accesibilidade forte e eficaz, seguindo as recomendacións do movemento de persoas con discapacidade. Esto resulta esencial para conseguir un impacto real nas vidas de millóns de persoas con discapacidade en toda a Unión Europea. A Lei debería incluír un amplo conxunto de requirimentos en accesibilidade, así como a abordaxe da gama de necesidades cognitivas e sensoriais das persoas con TEA.
2. Traballar xunto ao movemento asociativo do autismo para identificar e eliminar as barreiras específicas ás que se enfrontan as persoas con TEA.
Con esta campaña pretendemos destacar as barreiras específicas ás que fan fronte as persoas con autismo. Para poder responder ás súas necesidades en canto a accesibilidade, es esencial consultar e cooperar coas persoas con autismo e coas súas familias, obtendo así un axeitado entendemento das súas experiencias e fomentando solucións innovadoras.
Por exemplo, para promover o acceso ao mercado de traballo, pódense facer axustes para adaptar procedementos de contratación e estruturas de traballo inaccesibles, permitindo que as persoas con TEA se incorporen ao mundo laboral e, á súa vez, permitan a quenes contratan beneficiarse das súas habilidades e talentos.
Instamos aos responsables políticos, aos profesionais, aos líderes empresariais e á sociedade en xeral a que consulten e colaboren coas persoas con TEA e coas súas entidades representativas para crear unha sociedade máis acolledora en todos os ámbitos da vida, asegurando o cumprimento da Convención de Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidades.


29 de marzo de 2018

CAMBADOS ILUMINARASE DE AZUL PARA CONCIENCIAR SOBRE O AUTISMO




Este ano como en anteriores ocasións o luns 2 de abril celébrase o día de conciencia do autismo. Por este motivo, Cambados realizará unha serie de actividades para sensibilizar á sociedade sobre este trastorno.
No Concello ao redor das 12.00 horas, está prevista a lectura dun manifesto solidario e tamén levaráse a cabo un photocall no que os asistentes romperán carteis nos que se le "Rompamos  xuntos  as  barreiras", lema da campaña do Día Mundial do Autismo deste ano.
Ademais, o  Concello será iluminado con luces azuis, a cor que simboliza o apoio ao autismo. O obxectivo desta campaña é que a sociedade sexa máis accesible para as persoas con TEA, que cada día teñen que enfrontarse a numerosas barreiras para ser aceptados por toda a comunidade.

Con esta campaña o movemento asociativo de familiares de persoas con Trastorno do Espectro do Autismo ( TEA) de toda Europa, quere chamar a atención sobre as barreiras ás que se enfrontan este colectivo. Porque só desde a comprensión e o coñecemento pódese conseguir unha mellor adaptación ás necesidades do colectivo, que lles permita a súa plena inclusión e participación en todos os ámbitos da sociedade, así como o exercicio efectivo dos seus dereitos. Esas barreiras varían en función de cada individuo e das súas necesidades específicas, porque cada persoa con autismo é única. Por todo iso instan desde TEA os responsables políticos, aos profesionais, aos líderes empresariais e á sociedade en xeral a que se unan á campaña e rompan barreiras polo autismo, mostrando o seu apoio ás persoas con TEA con este xesto simbólico, pero cheo de contido para as persoas con autismo e as súas familias.


2 de abril de 2017

ACTOS DO DIA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO











Mañán luns 3 de abril, ás 12 do mediodía, todos os veciños e veciñas estamos convidados a achegarnos ata a praza do Concello, onde se dará lectura ao manifesto polo Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo.

O manifesto será lido por un membro da asociación BATA e irá acompañado por outras iniciativas destinadas a dar visibilidade a este colectivo, como a iluminación en azul do Concello e da estatua á Naiciña, a colocación de globos azuis (cor representativa da concienciación sobre o autismo) e a renovación e ampliación do convenio coa asociación BATA.








2 DE ABRIL. DIA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO










A Confederación Autismo España e a Confederación Española de Autismo (FESPAU), en coordinación con Autismo Europa, promoven unha campaña de concienciación para dar a coñecer este trastorno á sociedade e atraer a atención sobre as necesidades e a realidade das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias.

"Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible" é o tema elixido este ano 2017 para celebrar o 2 de abril o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

As persoas con autismo enfróntanse a numerosas barreiras á hora de gozar dos seus dereitos fundamentais e de formar parte plenamente da comunidade.

As barreiras ás que se enfrontan varían en función de cada individuo e das súas necesidades específicas. Para o movemento asociativo do autismo é moi importante que a sociedade entenda cales son as barreiras ás que se enfrontan as persoas con TEA porque iso permitirá unha mellor adaptación ás súas necesidades e reforzará a inclusión destas persoas en todos os ámbitos da sociedade.

O 2 de abril conmemórase o Día Mundial e Nacional de Concienciación sobre o Autismo. Por iso, miles de asociacións e institucións únense para loitar pola inclusión e os dereitos das persoas con autismo.

Estas son algunhas claves que axudan a entender o trastorno:

- Estímase que en España existen preto de 450.000 persoas con autismo.

- É o trastorno psicolóxico predominante entre os menores.

- Nos últimos anos, o número de casos de autismo foi en aumento. Aínda que non se sabe con exactitude cal é a causa, crese que pode estar relacionado coa forma na que se detecta o trastorno.

- Entre os afectados, existen persoas cunha gran diversidade intelectual. Algúns teñen unha discapacidade intelectual significativa e outros completaron os estudos superiores, falan varios idiomas e posúen varios masters.

- Entre un 70 e 90% de persoas co espectro autista están desempregadas, a pesar de ter unha gran formación. Isto é debido a que nos procesos de selección prímase as competencias sociais.








28 de marzo de 2016

PROGRAMACIÓN DE CAMBADOS PARA O DIA DO LIBRO INFANTIL E DIA DO AUTISMO










A Biblioteca Municipal Luís Rei está a preparar unha ampla programación para celebrar de maneira conxunta o Día do Libro Infantil e o Día do Autismo.
Como vén sendo habitual nos últimos anos, na organización destas actividades colabórase con asociacións como Por Dereito e Bata, ás que se lles remitiu convite xunto coa Anpa Os Mecos, para participar nunhas sesións de animación á lectura baseadas na creatividade e sobre todo na inclusión, tentando dar visibilidade a través dos contos a persoas que traballan a reo pola integración.
Os actos iniciaranse o venres 1 de abril coa colocación pola vila de centos de globos azuis e coa iluminación na mesma cor do monumento da Naiciña de Asorey uníndonos ao movemento mundial Light it up blue! promovido pola comunidade Autism Speaks co que monumentos destacados de todo o mundo tínxense de azul apoiando a inclusión de persoas autismo.
Pola tarde ás 18.00 h. Na Biblioteca Luís Rei haberá lectura de manifesto a prol da lectura infantil feita por rapaces e rapazas socios da biblioteca, que é o mesmo que se lerán en todas as bibliotecas adheridas á OEPLI (Organización Española Para El Libro Infantil y Juvenil) e Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).  A  continuación, Barafunda e o seu espectáculo “Pepiña Maruxiña quere voar!”. Narra a historia de superación dunha xoaniña que a través da súa constancia e tenacidade, consegue esas ás que precisa para poder voar.
Do luns 4 ao venres 8  de abril estendemos dita celebración tamén ás axencias de lectura e cada día ás 18.00 horas contaremos con Pablísimo e o seu espectáculo “Mans”, un orixinal espectáculo onde as mans non pararán de falar: o 4 estará na Biblioteca Municipal, o 5 na Casa da Cultura de Castrelo, o 6 na Casa da Cultura de Corvillón, o 7 na Casa de Cultura de Vilariño e o 8 rematará o seu periplo no Centro Gumersindo Márquez de Oubiña.
Todas estas actividades son de balde, ata completar aforamento grazas ao Programa da Xunta de Galicia Ler Conta Moito. Dende a Concellería de Cultura Víctor Caamaño anima a todos os veciños a sumarse a estas iniciativas.







15 de marzo de 2016

"POR DEREITO" CONVOCA O CONCURSO PARA DECORAR TODO EN COR AZUL






Como todos los anos por estas datas a Asociación "Por Dereito" anima a todos a que participemos na inciativa de volver todo de cor azul.

Facemos un pequeno esforzo e pensamos en azul á hora de preparar a nova decoración do escaparate do noso negocio??

Con iso faredes que o mes de abril polo menos a xente fale do autismo, pregunte, infórmese... Para conseguir o respecto, a inclusión e a tolerancia debemos primeiro darlle ao autismo toda a visibilidade posible e formar aos cidadáns.

Niso estamos... este ano axuntamos forzas, somos tres asociacións baixo un mesmo paraugas na comarca do Salnés: Asociación BATA, Asociación Por Dereito e o APA Mecos. A lista de actividades é grande e variada, iremos informando, pero por favor animádevos a participar neste concurso AZUL.









2 de abril de 2015

DIA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO







Hoxe celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo: unha xornada para facer fincapé na necesidade de mellorar a calidade de vida das persoas que o padecen para que teñan unha vida plena. E un día no que elas e as súas familias esixen políticas de inclusión e contra a discriminación.

O Instituto Carlos III está ultimando un rexistro de persoas diagnosticadas de Trastorno do Espectro Autista en España; as cifras que se coñecen na UE apuntan que hai un caso por cada 150 nacementos, pero estudos que se están facendo en América falan xa de 1 por cada 68. A ONU calcula que hai 70 millóns de persoas con autismo en todo o mundo.

Nunha xornada coma esta, os diagnosticados e familiares mandan unha dobre mensaxe a toda a sociedade, piden máis información e máis comprensión. E insisten na importancia do diagnóstico precoz.





25 de marzo de 2015

CAMBADOS E A CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO





Pola conincidencia de datas, o dia 2 de abril Día Internacional de Concienciación del Autismo, coincide co Xoves Santo, adiántanse os actos que organiza "Por Dereito" os actos para concienciar sobre o autismo e darlle visibilidade.


Comenzarán o día 27 de marzo pola mañán poñendo globos azuis en todos os Edificios Públicos e nas rúas do centro do pobo. Ás 19:00 será o encendido en  azul da Naiciña de Asorey. Se o tempo o permite farase a celebración na Praza Asorey acompañando á Naiciña, en caso de mal tempo trasladarase todo o acto ao Salón Peña. Alí leerase un Manifesto "compartido", seguidamente haberá a actuación dos Quinquilláns co espectáculo "Por que é salgada a auga do mar?" Un espectáculo moi visual pensando en todos os asistentes, ademais os Quinquilláns traerán uns globos xigantescos con luz con forma de peixes que farán mais lucido o acto. Para rematar o acto endulzando a boca con chocolate e rosca para todos os asistentes.

O día 1 de abril están programados dous obradoiros consecutivos cos creadores da aplicación para IOS e Android (tablets) de CREAPPCUENTOS. En cada quenda poderán anotarse 10 nenos/as de 6 a 12 anos cun adulto. A primeira quenda será ás 11:00 e a segunda ás 12:00. Con eles aprenderán a facer contos moi chulos co tema A DIVERSIDADE, con imaxes, texto e sons. Esta actividade farase na Biblioteca Municipal de Cambados. Para asistir hai que anotarse na Biblioteca previamente.


"Por Dereito" agradece que por 6º ano o Concello se implica con eles para celebrar O Día da Concienciación do Autismo.


POR DEREITO



14 de agosto de 2014

POR DEREITO RECIBE EN SANTIAGO A UN PEREGRINO MOI ESPECIAL




Foto> POR DEREITO
Onte chegaba á praza do Obradoiro Luis, o pai de Lukas, un neno con autismo de Málaga. Xunto con dous amigos iniciou en bicicleta o Camiño en Roncesvalles o 3 de agosto para facer visible este trastorno.
Ali estaban para recibilo membros da asociacion POR DEREITO.
Sofren a dureza do Camiño de Santiago como todos os peregrinos, pero Luís e os seus dous amigos non son un máis. Levaron de albergue a albergue o manifesto polo autismo.
El tamén é mestre e loita porque se implante a figura do "voluntario sombra". Queren que se invista en investigación para saber o porqué do aumento de casos en rapaces.
"Pódenos tocar a calquera. Ata que non che toca non sabes o verdadeiro problema. Póñenche moitos impedimentos, están sempre... aínda que non cho digan pero coa voz pequena afástante un pouco e é unha desgraza, os rapaces non teñen culpa disto", di.
Foto>TVG

Quixo aproveitar a popularidade do Camiño para contribuír á concienciación da xente, e na ruta xa foi atopando persoas que se sumaron á súa causa. A iniciativa faise no marco de "Hasta luego Lukas, recorriendo millas" para facer visible o autismo a través de retos deportivos.


2 de abril de 2014

"E TI, QUE SABES DO AUTISMO?"




"E ti, que sabes do autismo?" é a campaña coa que a Confederación Autismo España quere sensibilizar durante este ano sobre este trastorno do desenvolvemento, que afecta a un de cada 150 nenos nados e que se dá máis en homes que en mulleres.

O xornalista David Canteiro, o músico Luís Cobos e a actriz Nadia de Santiago son os tres famosos que poñen rostro a esta campaña, posta en marcha con motivo da celebración este hoxe do Día Mundial de Concienciación do Autismo.
Hai tantos tipos de autismo como persoas afectadas, razón pola que os responsables do movemento asociacionista insisten na importancia de que se fale de Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), sinalou o director gerente de Autismo Madrid, Christian Loste.

Estímase que en España pode haber 35.000 persoas afectadas
Aínda que non existe un censo a nivel estatal nin autonómico, estímase que en España pode haber unhas 350.000 persoas afectadas, aínda que existe unha gran maioría sen diagnosticar, explicou o presidente de Autismo España, Antonio da Igrexa.

No entanto, estas cifras poderían ser máis elevadas despois de que as últimas investigacións en Estados Unidos sinalen que pode afectar a un de cada 88 nacementos, un "dato preocupante", subliñou Da Igrexa.

Nenos que xoguen de forma reiterativa co mesmo juguete, non miren aos pais, rexeiten o contacto físico, tarden en falar ou non sigan coa mirada un obxecto cando se lles sinala, son algunhas dos sinais que poden dar a voz de alarma.

Malia que este trastorno non se cura, o diagnóstico cedo e unha atención especializada son "vitais".

Un neno pode ser diagnosticado entre os 18-20 meses
O presidente de Autismo España subliñou que un neno pode ser diagnosticado entre os 18 e 20 meses e o feito de que desde ese momento reciba unha intervención especializada pode marcar "unha diferenza brutal" na súa vida e nas súas capacidades.
A este respecto, Loste precisou que aínda que estes nenos non falan, dalgún xeito "o autismo si che fala", porque cando un bebé de 16 meses non cumpre as pautas do desenvolvemento cognitivo estandarizadas, "o autismo estache dicindo que é posible que estea aí".
Aos poucos estase logrando a integración destas persoas, especialmente nalgúns ámbitos como o educativo, malia que fai 30 anos era impensable escolarizar a un neno con autismo.

Con todo, aínda quedan outras áreas nas que a integración case parece "un luxo", como é a laboral.

De feito, estímase que entre o 75 e o 90% das persoas adultas con TEA non teñen emprego en Europa, uns datos que poden ser extrapolados a España. Por iso, o lema da campaña mundial este ano é "Autismo e traballo, xuntos é posible".

A evolución do autista dependerá do seu nivel intelectual
A evolución no tratamento dos trastornos do espectro autista, aqueles que limitan a capacidade de desenvolvemento do individuo, dependerá do nivel intelectual dos afectados e, xa que logo, da súa resposta ante as terapias.

O 25 % dos casos de autismo presenta un bo nivel intelectual fronte ao 75 % con atraso mental, explicou  o xefe da Unidade de Psiquiatría de Nenos e Adolescentes do Hospital Ramón e Cajal de Madrid, Javier San Sebastián.

"No caso dos que presentan atraso mental, o 75% dos autismos clásicos, o pronóstico é moito peor", apuntou o especialista.

Así, facer psicopedagogía cun mozo que presente atraso mental e dificultade na linguaxe é máis complicado que si existise desenvolvemento da linguaxe, algo que mellora o pronóstico, segundo o doutor. Incide na necesidade de "facer unha implantación da linguaxe; ensinarlle a falar e motivarlle para iso".

Os trastornos do espectro autista teñen unha base biolóxica e orgánica, polo que non están orixinados nin pola contorna, nin o estilo educativo, e, segundo afirmou Javier San Sebastián, "prodúcese a raíz dun desajuste no que a xenética ten moito que ver a nivel cerebral".

O máis rechamante é a ausencia de linguaxe na época na que se debe iniciar. "É un indicio importante, pero non é suficiente", aclarou o doutor.

Tamén hai que ter en conta para o diagnóstico o feito de que "sexan rapaces moi ríxidos, que non toleren ben os cambios, que non teñan amigos, nin lles interese telos. Tampouco intercambian afectos nin no colexio, nin na súa propia familia. Pero si teñen rutinas, adóitalles interesar unha cousa concreta como, por exemplo, os trens ou a vida dun personaxe".