Cada 2 de abril celébrase o Día Internacional do Autismo, e municipios como Cambados, A Illa ou Vilagarcía sumáronse á efeméride.
Cambados mantén unha estreita colaboración coa asociación BATA.
Os responsables deste colectivo leron un manifesto en compañía da alcaldesa, Fátima Abal, e do edil de Servizos Sociais, Constantino Cordal.
No salón de plenos habilitouse un photocall no que políticos e veciños escenificaron o seu apoio á campaña " Rompendo Barreiras". Este ano, a iluminación azul centralizouse no Concello. O Concello de Cambados ten un convenio de colaboración con BATA que inclúe diferentes actividades, como a participación dun equipo de mozos con espectro autista nas tarefas de limpeza do municipio, unha forma de integración laboral para eles.
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta BATA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BATA. Mostrar todas las entradas
3 de abril de 2018
CAMBADOS EN AZUL. “ROMPAMOS XUNTOS BARREIRAS POLO AUTISMO”
Cada 2 de abril celébrase o Día Internacional do Autismo, e municipios como Cambados, A Illa ou Vilagarcía sumáronse á efeméride.
Cambados mantén unha estreita colaboración coa asociación BATA.
Os responsables deste colectivo leron un manifesto en compañía da alcaldesa, Fátima Abal, e do edil de Servizos Sociais, Constantino Cordal.
No salón de plenos habilitouse un photocall no que políticos e veciños escenificaron o seu apoio á campaña " Rompendo Barreiras". Este ano, a iluminación azul centralizouse no Concello. O Concello de Cambados ten un convenio de colaboración con BATA que inclúe diferentes actividades, como a participación dun equipo de mozos con espectro autista nas tarefas de limpeza do municipio, unha forma de integración laboral para eles.2 de abril de 2017
ACTOS DO DIA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO
Mañán luns 3 de abril, ás 12 do mediodía, todos os veciños e veciñas estamos convidados a achegarnos ata a praza do Concello, onde se dará lectura ao manifesto polo Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo.
O manifesto será lido por un membro da asociación BATA e irá acompañado por outras iniciativas destinadas a dar visibilidade a este colectivo, como a iluminación en azul do Concello e da estatua á Naiciña, a colocación de globos azuis (cor representativa da concienciación sobre o autismo) e a renovación e ampliación do convenio coa asociación BATA.
24 de febrero de 2016
CONCELLO E BATA ASINAN UN NOVO ACORDO DE COLABORACIÓN
Tres persoas con discapacidade psíquica pertencentes á asociación BATA traballarán a partir de marzo acondicionando espazos públicos forestais de Cambados. O Concello e BATA asinaron esta mañá o convenio de colaboración polo que esta brigada despregará os seus servizos durante dez meses.
A iniciativa coa que se pretende seguir avanzado na integración sociolaboral dos usuarios de BATA e continuación da desenrolada en anos anteriores.
Os tres usuarios da Asociación Tratamento do Autismo BATA estarán supervisados por un preparador laboral, traballarán a partir do un de marzo e ata finais de ano para o Concello de Cambados. Constituirán unha brigada que se encargará do mantemento, limpeza e conservación do entorno do Muíño da Seca e o Monte da Pastora. Un paso máis na integración sociolaboral das persoas con algún tipo de discapacidade psíquica. Este non é o primeiro convenio laboral que asina BATA con concellos do Salnés e Ulla Umia para lograr que os seus usuarios se introduzan no mercado laboral. A día de hoxe teñen brigadas en Vilagarcía, Ribadumia e están en negociacións con Valga. O concello cambadés colaborará economicamente, cunha achega de seis mil euros.


