
Comenzarán o día 27 de marzo pola mañán poñendo globos azuis en todos os Edificios Públicos e nas rúas do centro do pobo. Ás 19:00 será o encendido en azul da Naiciña de Asorey. Se o tempo o permite farase a celebración na Praza Asorey acompañando á Naiciña, en caso de mal tempo trasladarase todo o acto ao Salón Peña. Alí leerase un Manifesto "compartido", seguidamente haberá a actuación dos Quinquilláns co espectáculo "Por que é salgada a auga do mar?" Un espectáculo moi visual pensando en todos os asistentes, ademais os Quinquilláns traerán uns globos xigantescos con luz con forma de peixes que farán mais lucido o acto. Para rematar o acto endulzando a boca con chocolate e rosca para todos os asistentes.
O día 1 de abril están programados dous obradoiros consecutivos cos creadores da aplicación para IOS e Android (tablets) de CREAPPCUENTOS. En cada quenda poderán anotarse 10 nenos/as de 6 a 12 anos cun adulto. A primeira quenda será ás 11:00 e a segunda ás 12:00. Con eles aprenderán a facer contos moi chulos co tema A DIVERSIDADE, con imaxes, texto e sons. Esta actividade farase na Biblioteca Municipal de Cambados. Para asistir hai que anotarse na Biblioteca previamente.
"Por Dereito" agradece que por 6º ano o Concello se implica con eles para celebrar O Día da Concienciación do Autismo.
POR DEREITO
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.