Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta ALFONSO RUEDA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ALFONSO RUEDA. Mostrar todas las entradas

30 de marzo de 2018

CARMELA SILVA ARREMETE DURAMENTE CONTRA FEIJÓO E RUEDA



Convida a Feijóo a "abandonar toda esperanza" de gobernar na Deputación Pontevedra tras as eleccións municipais de 2019 A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mostrouse "asombrada" polo uso "partidista" que, segundo di, fai o Goberno autonómico do diñeiro público. "Non chega nin un euro para os concellos gobernados por PSOE, BNG ou En Marea", denunciou. Nunha entrevista concedida este venres á Cadea Ser, Silva criticou a repartición de fondos "clientelar" que "subvenciona" os municipios onde goberna o PP. "Eles non entenden que gobernan para todos os galegos", esgrimiu. Así, a presidenta da Deputación de Pontevedra acusa o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, e ao vicepresidente, Alfonso Rueda, de "falta de lealdade" co organismo provincial, algo que, para Silva, é o seu "modo habitual" de gobernar. MUNICIPAIS DE 2019 Noutra orde de cousas, coa vista posta nos comicios municipais de 2019, a socialista tamén admitiu estar "convencida" de que o PSdeG poderá manter o goberno da Deputación. Neste sentido, Silva dixo "saber" que lle espera un ano "de confrontación total" cos demais partidos. "Pero estou afeita enfrontarme a este tipo de situacións, a esa política de destrución do PP", engadiu. "Sinto moito dicirlle ao señor Feijóo que abandone toda esperanza de recuperar a Deputación de Pontevedra porque o PP non volverá gobernar en moito tempo", expresou, para logo insistir no "desgaste moi importante" dos populares tanto en España como en Galicia, onde o presidente e o seu Executivo, ao seu modo de ver, "demostran unha gran incapacidade para responder os retos do século XXI". Así, Silva recoñeceu que as municipais serán "determinante" para a dirección do PSdeG, que estará "á altura". Ademais, destacou que "a nivel local, os alcaldes socialistas están moi consolidados na provincia de Pontevedra", onde, segundo asegurou, "volverán gobernar".




15 de noviembre de 2016

ALFONSO RUEDA ACUSADO DE ORGANIZAR O "ESCRACHE" NA DEPUTACIÓN










"O PP na Deputación de Pontevedra é unha oposición adicada ás verbenas porque lles gusta moito o chotis"

O deputado responsable de réxime interno da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font, acusou hoxe á oposición do PP na institución provincial de estar "centrada en organizar verbenas porque lles gusta moito o chotis", tras o escrache sufrido esta mañá nas dependencias do Pazo Provincial.
López Font asegurou que detrás desta invasión dun grupo de alcaldes, alcaldesas e deputados e deputadas do PP provincial se atopa o señor Rueda, "verdadeiro ideólogo dun escrache en toda regra, dunha acción intimidatoria e abusiva, que está a converter ó Partido Popular e ó propio Rueda nun antisistema e escrachista, algo que non se pode tolerar na democracia".
Amais, o deputado responsable de réxime interno da institución provincial engadiu que "resulta lamentable que a oposición da Deputación de Pontevedra, algo tan necesario, imprescindible e fundamental na democracia, sexa protagonizada por un partido político que non se preocupa nada pola cidadanía, por atender as súas demandas e ás súas necesidades, senón que se dedica a invadir literalmente, sen ningún tipo de permiso nin autorización, o Pazo Provincial".
López Font sinalou que "este escrache en toda regra, é un verdadeiro ataque á democracia que ven a amosar, unha vez máis, a forma de facer política á que nos ten acostumados o PP e o señor Rueda, o brazo armado de Feijóo na provincia, que se está a converter nun antisistema e escrachista".
Font concluíu subliñando que "todos os argumentos do PP ante esta chantaxe de verbena, ante esta política de presión, perden credibilidade e forza e non merecen nin resposta, porque a acción que levaron a cabo hoxe tomando literalmente o Pazo Provincial é verdadeiramente indigna".




28 de agosto de 2014

POR SI ALGUÉN DUBIDABA QUEN É FEIJÓO





Algún chegou a ser presidente da Xunta despois de decir burradas coma esta e que estes dias estoupáronlle na cara.
A continuación unha nova recollida de "La Voz de Galicia" do 26 de febreiro do 2007.

"O presidente do PP galego, Alberto Núñez Feijoo, provocou onte unha forte polémica ao dicir que os casos de violencia doméstica aumentaron en Galicia desde que PSOE e BNG están á fronte do Goberno galego.
Ao responder a unha pregunta sobre o último caso, que custou a vida a unha moza boliviana en O Porriño, Núñez Feijoo dixo que «nos dous últimos dous anos, os datos de agresións, e ata mortes, como consecuencia da violencia de xénero, o único que fan é incrementarse».

O dirixente popular recordou que o Goberno bipartito «dicía que había grandes propostas» para reducir a violencia doméstica. «Supoño que neste caso o Goberno terá que asumir que a súa política en relación a estes asuntos está fallando estrepitosamente», sentenciou Feijoo".  AQUÍ TODO O ARTIGO


Visto o acontecido estes dias en particular i en todo o 2014, as verbas pronunciadas  polo amigo dos narcos, vóltanse contra el. Incluso Alfonso Rueda vicepresidente da Xunta declarou que nestes casos non hai que botar as culpas a ningún governo.







7 de marzo de 2014

COLAPSO NOS XULGADOS DE CAMBADOS




Os funcionarios dos Xulgados de Cambados por medio do seu enlace sindical fan constar a súa máis enérxica protesta pola decisión da Delegación de Xustiza de Pontevedra , dependente a Conselleria da Presidencia da Xunta de Galicia de denegar tanto un reforzo para o xulgado Nº 1 de Cambados, onde a súa oficina civil atópase ao borde do colapso, como negar que algún dos funcionarios do edificio do xulgado se lle conceda unha prolongación da xornada. 
Non entenden os funcionarios todo esto sobre todo cando polo conselleiro en cuestión se lle dan a unha entidade privada como é unha adega do Salnés mais de 600.000 euros dos nosos cartos, sobretodo cando se acaban de cambiar, innecesariamente faxes e fotocopiadoras en todos o edificio dos xulgados en plena época de crise (cando as outras funcionaban perfectamente). 

E sobre todo cando unha prolongación de xornada de calquera dos funcionarios dos xulgados suporíalle a Xunta un desenvolso mensual ridículo de 250 € pero conlevaria que oficina civil do xulgado número un que por diversas circunstancias alleas ao xulgado (trocos continuos de personal, longas xornadas se funcionario e agora actual funcionaria de baixo por embarazo) está bastante atrasada, estaría o día no prazo de tres meses.

 Non entenden os funcionarios como para algunhas cousas hai cartos e para outras non. De todos os xeitos nunha reunión celebrada onte no xulgado Nº 1 de Cambados a última hora entre funcionarios acordaron que ante un posible colapso da oficinal civil todos quedarían un tempo a maiores do seu horario habitual para tratar de evitar o colapso e sustituir así a ineficaz e inútil labor da Conselleria de Presidencia. 

24 de febrero de 2014

SEGUEN A VIVIR DAS SUBVENCIÓNS




O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou a bodega ‘Pazo de Señoráns’ para coñecer o proxecto de ampliación que están a levar a cabo ao abeiro dunha subvención da Consellería do Medio Rural e do Mar para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais.

Esta orde de axudas, cofinanciadas polo Feader, permitiu aportar o ano pasado case 3,6 millóns de euros a 50 empresas da provincia de Pontevedra, dos cales 1,6 foron a empresas do sector vinícola. A bodega de Meis recibiu máis de medio millón de euros que lle permitirá ampliar as súas instalacións ata o 2015 e triplicar así a súa capacidade de produción.
O vicepresidente Alfonso Rueda destacou que se trata dun importante investimento nun sector que para a Xunta é prioritario, xa que o Goberno autonómico aposta decididamente polos nosos produtos agrarios e forestais, convencido de que son “unha das nosas maiores riquezas e unha das fortalezas da economía galega”.
 
Por eses motivos, a Xunta está a impulsar a produción, transformación e comercialización dos produtos agrarios, ao tratarse dun sector clave tanto para fixar poboación no rural, como para xerar emprego. Ademais, é un sector con moito futuro, polo que é fundamental estar ben situados e modernizados de cara a saída da crise, onde o sector agrario será un piar importante xunto a outros como o sector servizos, o turismo ou a innovación.
Pazo de Señoráns é propiedade da que durante moitos anos foi presidenta do Consello Regulador Rias Baixas, Marisol Bueno, e unha das cabezas pensantes para retirarlle a Cambados a capitalidade do Consello en beneficio de Pontevedra.


9 de diciembre de 2013

NORBERTO UZAL XA TEN SUBSTITUTO SEN ACLARAR A SUA DEMISIÓN


 Norberto Uzal

Sen aínda explicar os motivos da demisión do anterior director xeral de Administración Local Norberto Uzal a Xunta ven de nomear substituto a José Alberto Pazos Couñago. Hai que recordar que Norberto Uzal demiteu tralo escándalo da suspensión e cese da secretaria municipal do Concello de Palas de Rei.
Para máis información  PICA AQUI.

Así o reflicte o DECRETO 178/2013, do 5 de decembro, publicado hoxe dia 9 de decembro.


José Alberto Pazos Couñago
En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de decembro de dous mil trece,
Nomeo director xeral de Administración Local a José Alberto Pazos Couñago.