A continuación unha nova recollida de "La Voz de Galicia" do 26 de febreiro do 2007.
"O presidente do PP galego, Alberto Núñez Feijoo, provocou onte unha forte polémica ao dicir que os casos de violencia doméstica aumentaron en Galicia desde que PSOE e BNG están á fronte do Goberno galego.
Ao responder a unha pregunta sobre o último caso, que custou a vida a unha moza boliviana en O Porriño, Núñez Feijoo dixo que «nos dous últimos dous anos, os datos de agresións, e ata mortes, como consecuencia da violencia de xénero, o único que fan é incrementarse».
O dirixente popular recordou que o Goberno bipartito «dicía que había grandes propostas» para reducir a violencia doméstica. «Supoño que neste caso o Goberno terá que asumir que a súa política en relación a estes asuntos está fallando estrepitosamente», sentenciou Feijoo". AQUÍ TODO O ARTIGO
Visto o acontecido estes dias en particular i en todo o 2014, as verbas pronunciadas polo amigo dos narcos, vóltanse contra el. Incluso Alfonso Rueda vicepresidente da Xunta declarou que nestes casos non hai que botar as culpas a ningún governo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.