Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de febrero de 2014

SEGUEN A VIVIR DAS SUBVENCIÓNS




O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou a bodega ‘Pazo de Señoráns’ para coñecer o proxecto de ampliación que están a levar a cabo ao abeiro dunha subvención da Consellería do Medio Rural e do Mar para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais.

Esta orde de axudas, cofinanciadas polo Feader, permitiu aportar o ano pasado case 3,6 millóns de euros a 50 empresas da provincia de Pontevedra, dos cales 1,6 foron a empresas do sector vinícola. A bodega de Meis recibiu máis de medio millón de euros que lle permitirá ampliar as súas instalacións ata o 2015 e triplicar así a súa capacidade de produción.
O vicepresidente Alfonso Rueda destacou que se trata dun importante investimento nun sector que para a Xunta é prioritario, xa que o Goberno autonómico aposta decididamente polos nosos produtos agrarios e forestais, convencido de que son “unha das nosas maiores riquezas e unha das fortalezas da economía galega”.
 
Por eses motivos, a Xunta está a impulsar a produción, transformación e comercialización dos produtos agrarios, ao tratarse dun sector clave tanto para fixar poboación no rural, como para xerar emprego. Ademais, é un sector con moito futuro, polo que é fundamental estar ben situados e modernizados de cara a saída da crise, onde o sector agrario será un piar importante xunto a outros como o sector servizos, o turismo ou a innovación.
Pazo de Señoráns é propiedade da que durante moitos anos foi presidenta do Consello Regulador Rias Baixas, Marisol Bueno, e unha das cabezas pensantes para retirarlle a Cambados a capitalidade do Consello en beneficio de Pontevedra.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.