![]() |
| Norberto Uzal |
Sen aínda explicar os motivos da demisión do anterior director xeral de Administración Local Norberto Uzal a Xunta ven de nomear substituto a José Alberto Pazos Couñago. Hai que recordar que Norberto Uzal demiteu tralo escándalo da suspensión e cese da secretaria municipal do Concello de Palas de Rei.
Para máis información PICA AQUI.
Así o reflicte o DECRETO 178/2013, do 5 de decembro, publicado hoxe dia 9 de decembro.
| José Alberto Pazos Couñago |
En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de decembro de dous mil trece,
Nomeo director xeral de Administración Local a José Alberto Pazos Couñago.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.