A
CIG xuntou a unhas tres mil persoas, e segundo recorda o sindicato foi
unha das máis numerosas das que teñen celebrado na comarca. E UXT e
Comisións Obreiras, pola súa banda, conseguiron mobilizar a unhas seis
mil.
Foron
por separado, a CIG saíu da Casa do Mar para rematar na praza de
Galicia, e UXT e Comisións iniciou e finalizou o seu percorrido na praza
de Ravella. Os sindicatos son escépticos ante a reacción que terá o
Goberno central, pero inda así esperan que pare a reforma laboral.
Segundo
calcula a CIG, con esta reforma, nas zonas de Salnés, Caldas e Umia, o
paro podería aumentarse en mil persoas máis neste ano. Sindicatos, como a
CIG, manifestáronse dispostos a convocar novas xornadas de folga xeral
no caso de que o Goberno Central siga adiante coa reforma.
Segundo os sindicatos o seguimento da folga xeral no Salnés foi practicamente do noventa por cento. Maioritariamente na capital da comarca e non tanto noutras poboacións coma Cambados, O Grove e Sanxenxo onde a folga tivo maior seguimento nos polígonos industriais i en medianas empresas. Na industria o paro poderia chegar a máis do noventa por cento.
O mesmo pasou no comercio e na hostalería. En Vilagarcía, nesta xornada tódolos establecementos da cidade secundaron a folga.
A
cidadanía, en xeral, considera que esta folga é necesaria pero non ven
claro que vaia a servir de moito, á hora de que o Goberno Central recúe e
retire o decreto da reforma laboral.
Na ensinanza o paro chegou o setenta e cinco por cento segundo CIG Ensino. Tanto en Primaria coma en Secundaria tanto mestres coma alumnos secundaron a xornada de folga nun alto porcentaxe.
Tamén houbo momento para o recordo na manifestación de onte convocada pola CIG. Así o responsable comarcal da CIG Xoán Xosé Bouzas lembrou no seu manifesto ao traballador morto e a os seus compañeiros feridos no incendio da nave de Comercial VILANOVA en Barro.