Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de noviembre de 2013

EMPEZA O XUIZO POLA MORTE DO CAMBADÉS JORGE F. SILVOSO





Foi un asasinato ou un homicidio?
Esa é a cuestión que deberán resolver os once membros do xurado popular que dende hoxe seguen a causa aberta contra Francisco A.M, un mozo de Cangas, de 22 anos, acusado de matar a coiteladas o noivo da súa nai, o cambadés Jorge Fernández Silvoso, subtenente da garda civil na reserva.
Hoxe recoñeceu ser o autor do crime aínda que se negou a responder ás preguntas da Fiscalía e da acusación particular, "no quiero declarar nada".
Todas as partes coinciden no relato dos feitos. Francisco, aquel 8 de xaneiro, cando se encontraba na cociña do domicilio da súa nai, en torno ás 16.15 horas, sen plantexamento previo debido ao seu estado mental e sen que mediase discusión previa, de forma súbita cravoulle un coitelo no colo en dúas ocasións ao noivo da súa nai.
O agredido, Jorge Fernández Silvoso, faleceu como consecuencia de shock hemorráxico por sección da arteria carótida, producíndose a morte entre 2 e 10 minutos tras a agresión. Ata aí todas as partes coinciden.
A acusación particular cualifica estes feitos como asasinato ao considerar as agravantes de parentesco e de aleivosía. Igualmente a Fiscalía adiantou que "posiblemente modifique las conclusiones finales" para cambiar a cualificación actual de homicidio pola de asasinato.

Do mesmo modo, non se cuestiona que o acusado padece un "trastorno orgánico da personalidad", o cal lle afecta de forma tal á súa actuación, que "si bien no le impide comprender el alcance de los hechos, no puede actuar conforme a dicha comprensión, de forma que no puede controlar la forma en la que actúa para expresar sus emociones, necesidades e impulsos".
Fonte: Pontevedra Viva


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.