Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de octubre de 2019

O CAMBADÉS PACO GALIÑANES PREMIADO POLO DESEÑO DUNHA VIVENDA EN CAMBADOS



Catorce obras da provincia foron recoñecidas polos Premios Gran de Area de Aportación á Arquitectura 2019. Entre os gañadores  figura unha vivenda en Cambados, e ven de ser revelado polo Colexio de Arquitectos de Galicia.
Estas distincións supoñen un recoñecemento ao labor conxunto de arquitectos, promotores, aparelladores, construtores e demais colaboradores que interveñen no proceso de xestación e construción dunha obra de arquitectura de calidade desenvolta nas demarcacións de Pontevedra, Vigo e Ourense.
O xurado elixiu os gañadores entre os 75 proxectos presentados este ano, 40 propostas executadas na demarcación da delegación de Vigo, 24 na de Pontevedra e 11 na de Ourense.
Francisco Galiñanes Chaves é o responsable da construción dunha vivenda unifamiliar en Cortiñas de Abaixo (Cambados), recoñecida por conquistar unha relación perfecta entre interior e exterior, cun uso moi acertado dos patios, dos materiais e da luz, protagonistas e artífices da serenidade e contundencia desta vivenda.

Este non é o primeiro nin será o último premio que acada o cambadés. Xa en marzo foi un dos tres candidatos aos premios que adxudica o Colexio Oficial de Arquitectos (COAG)
acto de entrega de diplomas celebrarase en Pontevedra no mes de novembro para os arquitectos, promotores, construtores e aparelladores das obras distinguidas. Este acto complementarase coa organización dun ciclo de conferencias.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.