FC PORTO DRAGON FORCE EN CAMBADOS
Os vindeiros dias 2,3, e 4 de abril vaise celebrar nas instalacións do Pombal un campus de futbol dirixido tan só para os rapaces da base do Juventud de Cambados. Organizado polo clube local e o FC Porto.
Este Campus surxe trala reunión que os pais dos rapaces da base e membros do clube luso mantiveron o pasado dia 10 do presente mes.
O Campus será en horario de mañá e tarde.
Durante eses tres dias os rapces e máis os seus pais coñecerán máis a fondo o traballo que realizan os monitores portugueses na sua escola "DRAGON FORCE".
O clube luso conta con varias escolas repartidas polo veciño país e no seu afán de crecer puxeron o ollo na capital do albariño co interés de poder medrar eles e os clubes que queiran integrarse na dinámica de "DRAGON FORCE"
Para máis información sobre este posible acordo remítovos a anteriores artigos publicados nete mesmo blog.
ACORDO CAMBADOS-PORTO SEGUE NO AIRE e REUNION DOS PAIS DA BASE DO J. CAMBADOS

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.