Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de marzo de 2012

Ruta Real do Pai Sarmiento

                         CAMIÑO XACOBEO PONTEVEDRA- SALNES


O camiño, coñecido como Ruta Real do Pai Sarmiento, era o antigo enlace entre a cidade do Lérez coa comarca do Salnés.
O vindeiro sábado 31 de marzo estrearase o segundo e último tramo do camiño Xacobeo que une a cidade de Pontevedra coa comarca do Salnés. O primeiro, desde a cidade do Lérez ata Meis, abríase o pasado dez de marzo cunha expedición na que participaron algúns dos impulsores desta iniciativa: Asociación de Amigos do Camiño Portugués, Deputación de Pontevedra, Mancomunidade do Salnés e a Asociación Cultural de Campañó.

 
Este segundo tramo do camiño partirá do Mosteiro de Armenteira para culminar, despois de catro horas de andaina e 23,6 quilómetros de distancia, na estación marítima de Vilanova. Con esta iniciativa, os seus promotores pretenden rescatar o camiño que unía Pontevedra e o Salnés antes da construción da Ponte da Barca, a coñecida como Ruta Real do Pai Sarmiento, que se remonta ó ano 1745.
Esta variante do camiño Xacobeo portugués constitúe a unión entre as rutas terrestres e marítima de peregrinaxe, polo que os seus impulsores pretenden que sirvan tamén para poñer en valor a paisaxe e monumentos que se levantan ó seu paso. 

Aqueles que desexen participar na ruta deberán estar o sábado 31 de marzo ás oito e media da mañá no Mosteiro de Armenteira. De alí partirá a expedición para percorrer a Ruta da Pedra e da Auga, os Muíños de Barrantes, o sendeiro de Ribadumia, Pontearnelas ou a Ruta Valleinclaniana para rematar na rada vilanovesa, onde aqueles que queiran poderán embarcar no catamarán para participar dun xantar a bordo. 


                                                                
A Ruta do Viño Rías Baixas presenta o seu Pasaporte Especial Semana Santa 
                                                                                                           Trátase da última iniciativa posta en marcha por este organismo co obxectivo de promocionalo atractivo da Ruta.
Pasaporte Especial Semana Santa. Este é o nome da nova iniciativa que ven de pór en marcha a Ruta do Viño Rías Baixas de cara a promocionalos atractivos da mesma durante esta época do ano e conseguir así gran afluencia de visitantes. Deste xeito, todos aqueles que dispoñan dunha destas credenciais poderán gozar de 55 propostas diferentes que ofrecen os 39 establecementos participantes do Salnés, Ribeira do Ulla e O Rosal. 


Entre as propostas que se ofrecen inclúense prezos especiais en restauración, visitas gratuítas a adegas, obsequios de regalo e grandes descontos. O único que terá que facer o visitante é descargalo pasaporte na páxina web da ruta ou adquirilo en cada destino e contactar previamente con eles. Unha vez alí cada entidade será a encargada de selar a nosa credencial.
E para coñecela Ruta antes de visitala e de maneira sinxela, este organismo ven de por en marcha unha Guía Móbil. Trátase dunha aplicación móbil a través da cal se pode acceder a toda a información sobre establecementos, patrimonio ou recursos 
gastronómicos das Rías Baixas. 


Poderáse obter o Pasaporte nas oficinas de turismo, nos establecemento participantes e descargandoo da web: http://www.rutadelvinoriasbaixas.com/sites/default/files/archivos/2012/03/pasaporte_semana_santa.pdf
E a guía móbil en:
http://www.rutadelvinoriasbaixas.com/apps.html

1 comentario:

Enoturismo Galicia dijo...

Poderáse obter o Pasaporte nas oficinas de turismo, nos establecemento participantes e descargandoo da web: http://www.rutadelvinoriasbaixas.com/sites/default/files/archivos/2012/03/pasaporte_semana_santa.pdf
E a guía móbil en:
http://www.rutadelvinoriasbaixas.com/apps.html

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.