Xa está pechado o percorrido das tres
etapas da Volta a España que atravesarán a provincia de Pontevedra. Na
comparecencia desta mañá non houbo sorpresas e confirmáronse os trazados
que se viñeron anunciando en anteriores datas. En total serán 30 os
concellos pontevedreses que verán pasar o pelotón ciclista. Unha
primeira etapa en liña entre Ponteareas e Sanxenxo, a contrarreloxo
Cambados-Pontevedra e a saída de Vilagarcía con final no Mirador do
Ézaro, que pasará por Caldas, Cuntis, Moraña ou A Estrada.
A Volta fará catro noites en Pontevedra,
unha marea de 2.500 persoas que estarán na provincia eses días. Datos
que destacaba Javier Guillén, Director xeral de Unipublic, a empresa
organizadora do evento, que depositou a súa confianza aquí logo dos bos
resultados obtidos o ano pasado.
Pola súa parte, Rafael Louzán anunciou a
celebración durante os meses de maio e xuño de 12 marchas cicloturistas,
organizadas tamén co apoio de Unipublic, que atravesarán 15 concellos
da provincia e que baixo o lema 'Únete á Volta', pretende sacar 25.000
bicicletas ás estradas pontevedresas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.