Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de marzo de 2012

SEGUIMENTO DA FOLGA (sindicatos e Xunta)

                                                   VALORACIONS DESIGUAIS


Os sindicatos UXT e CCOO de Galicia cifraron nun 90% "de media" o seguimento da folga xeral ás 9.00 horas de onte, mentres a Confederación Intersindical Galega (CIG) fala de paralización " total" da industria e dos servizos na Comunidade autónoma.
A quenda de noite, segundo informaron UXT e CCOO nun comunicado conxunto, transcorreu "con normalidade e case sen incidentes destacables, excepto os derivados de actuacións policiais".

O seguimento da folga, segundo ambos os sindicatos, situouse en cerca do 90% nas principais vilas e cidades galegas, así como nas grandes empresas industriais e de servizos.
Á vista destes datos, CCOO e UXT destacan que se superan os resultados de participación das folgas anteriores"


Na mesma liña, a CIG valora o seguimento da folga xeral á primeira hora da mañá "ao constatarse a paralización total da actividade industrial, do transporte público e dos servizos de recollida de lixos nas principais cidades galegas". A CIG indica que as empresas máis importantes de Galicia apenas rexistran actividade, e citan o caso de Citroën en Vigo; Zara Loxística, Repsol e Alcoa na Coruña; Alcoa en Lugo; Dalfor e Adolfo Domínguez en Ourense; Navantia en Ferrol; Grupo Televés, Papeleira de Brandia e Castrosúa en Santiago, e Celulosas en Pontevedra.

Da mesma forma destaca que os portos e as lonxas de peixe tampouco teñen actividade, do mesmo xeito que os aeroportos e o servizo de trens.


VALORACIÓN DA XUNTA
A Xunta de Galicia cifrou nun 35% o seguimento da folga na Administración autonómica e os seus organismos dependentes, segundo informa nun comunicado a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza con datos ás 10.00 horas. Así mesmo, engade que os servizos mínimos están a cumprirse "na súa totalidade" e destaca a ausencia de incidentes.

En concreto, sinala que a porcentaxe media de participación nas distintas consellerías da Xunta e nos seus centros dependentes elevouse ao 34,93%, "sendo do 34,44% no ámbito da Administración xeral e do 36,44% nos organismos dependentes das distintas consellerías", indica.
No caso da sanidade, asegura que a folga foi secundada nos centros asistenciais do Sergas por un 26,02%, cun seguimento desigual a nivel provincial. Así, o fixa no 24,80% na provincia da Coruña; no 17, 96% en Lugo; no 23,07% en Ourense e no 31,80 na provincia de Pontevedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.