Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de marzo de 2012

UN NOVO PARTIDO POLITICO?



NACIONALISMO

Os galeguistas de centro dialogan para alcanzar unha ''confluencia política''

 

Dirixentes de varios partidos de centro galeguista ( APG, Converxencia XXI, PGD, PNG, TEGA) mantiveron un encontro para iniciar "un proceso de diálogo" para "traballar decidida e definitivamente na confluencia política e organizativa" destas organizacións.

Vazquez Padín
Á reunión asistiron Henrique Carvalho, presidente de Alternativa Popular Galega (APG); Carlos Vázquez Padín, secretario xeral de Converxencia XXI (CXXI); Alfredo Bea, secretario xeral do Partido Galeguista Demócrata (PGD); Rosendo Covelo, secretario de organización do PNG-PG; e Guillermo Sánchez Tojo, secretario xeral de Terra Galega (TEGA).


Freddi Bea
Nun comunicado conxunto, estas organizacións explican que "Galicia precisa un compromiso redobrado nestes momentos difíciles" e "esixe un novo impulso nestes momentos de crise, tanto económica como de identidade ".
Por iso, anuncian que inician "un proceso de diálogo que permita traballar decidida e definitivamente na confluencia política e organizativa" dos seus partidos.
 






R. Covelo
 Conclúen que se trata dun "proceso aberto a aqueles cidadáns e organizacións que teñan a Galicia como prioridade e o centro como espazo político de referencia".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.