Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de marzo de 2012

A FOLGA NA NOSA COMARCA



Resposta masiva da cidadanía nas manifestacións convocadas polos sindicatos en Vilagarcía nesta xornada de Folga Xeral.

A CIG xuntou a unhas tres mil persoas, e segundo recorda o sindicato foi unha das máis numerosas das que teñen celebrado na comarca. E UXT e Comisións Obreiras, pola súa banda, conseguiron mobilizar a unhas seis mil. 

Foron por separado, a CIG saíu da Casa do Mar para rematar na praza de Galicia, e UXT e Comisións iniciou e finalizou o seu percorrido na praza de Ravella. Os sindicatos son escépticos ante a reacción que terá o Goberno central, pero inda así esperan que pare a reforma laboral.
Segundo calcula a CIG, con esta reforma, nas zonas de Salnés, Caldas e Umia, o paro podería aumentarse en mil persoas máis neste ano. Sindicatos, como a CIG, manifestáronse dispostos a convocar novas xornadas de folga xeral no caso de que o Goberno Central siga adiante coa reforma.


Segundo os sindicatos o seguimento da folga xeral no Salnés foi practicamente do noventa  por cento. Maioritariamente na capital da comarca e non tanto noutras poboacións coma Cambados, O Grove e Sanxenxo onde a folga tivo maior seguimento nos polígonos industriais i en medianas empresas.  Na industria  o paro poderia chegar a máis do noventa por cento.




Os piquetes, informativos, quixeron deixar claro os sindicatos, a penas tiveron traballo e xa, desde a mañá cedo comprobaron que as industrias da comarca estaban pechadas.
O mesmo pasou no comercio e na hostalería. En Vilagarcía, nesta xornada tódolos establecementos da cidade secundaron a folga. 
A cidadanía, en xeral, considera que esta folga é necesaria pero non ven claro que vaia a servir de moito, á hora de que o Goberno Central recúe e retire o decreto da reforma laboral.




Na ensinanza o paro chegou o setenta e cinco por cento segundo CIG Ensino. Tanto en Primaria coma en Secundaria tanto mestres coma alumnos secundaron a xornada de folga nun alto porcentaxe.

Tamén houbo momento para o recordo na manifestación de onte convocada pola CIG. Así o responsable comarcal da CIG Xoán Xosé Bouzas lembrou no seu manifesto ao traballador morto e a os seus compañeiros feridos no incendio da nave de Comercial VILANOVA en Barro.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.