Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de marzo de 2017

SUBVENCIÓNS PARA EMIGRANTES RETORNADOS












O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a resolución pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados, que teñen por finalidade axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do seu regreso á Comunidade Autónoma de Galicia, en caso de familias con dificultades para esta acción.
Segundo establecen as mesmas bases da convocatoria, “estas axudas fundaméntanse en feitos de urxente atención, teñen carácter simplemente paliativo e destínanse a facer fronte a aquelas causas sobrevidas derivadas do retorno que, polas súas circunstancias, requiren dunha atención perentoria na obtención de recursos polos afectados, de tal xeito que alcancen a complementar ou aliviar a carencia de recursos”.
As persoas que queiran acollerse a esta liña de axudas deben ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de tres anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data do seu retorno a España. Igualmente, cómpre que non teña transcorrido máis dun ano entre a data do seu retorno a España e a da publicación desta resolución. Esíxese tamén que estea empadroado e teña residencia nun concello galego, careza de rendas ou ingresos suficientes, e tampouco posúa bens mobles ou inmobles cuxo valor supere o límite establecido na convocatoria. As solicitudes poden presentarse ata o 31 de agosto.

Tres liñas fomentan o retorno


Se ben para a iniciativa publicada hoxe no DOG destínanse 200.000 euros, o montante global do orzamento destinado este ano pola Secretaría Xeral da Emigración para fomento do retorno, ascende a 850.000 euros, pois existen outras dúas liñas co obxectivo de axudar ao regreso dos galegos no estranxeiro: as ‘Bolsas Excelencia Mocidade Exterior’, cun orzamento para este ano de 500.000 euros, e as ‘Axudas ao Retorno Emprendedor’, con 150.000. De feito, todo o aumento das contas da Secretaría Xeral para este ano 2017 emprégase integramente nesta materia.
Póñense en marcha neste 2017 as bolsas específicas para captar á mocidade galega residente no estranxeiro mellor formada, e fomentar o seu retorno á Galicia territorial. As “Bolsas Excelencia Mocidade Exterior” queren atraer cada ano a galegos que viven fóra para que rematen aquí a súa formación, traballen en Galicia e fixen definitivamente a súa residencia no territorio galego.
Ademais, mantense o fomento do retorno emprendedor a través das axudas de autoemprego e creación de empresas por parte de persoas emigrantes retornadas, dotado con 150.000 euros, e cuxo prazo de presentación de solicitudes está aberto. Nos tres anos anteriores, esta medida impulsou a posta en marcha de máis de medio centenar de negocios. As subvencións, cunha contía máxima que pode chegar a 8.000 euros por proxecto, complementan -sen excluílas- as axudas doutros departamentos autonómicos, e doutras administracións, para autónomos e emprendedores. O seu obxectivo é aproveitar os coñecementos e experiencia dos galegos no Exterior, facilitando o seu retorno á terra natal, axudando a fixar poboación activa que xera emprego na súa volta á terra.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.