Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de febrero de 2014

NOVA PROTESTA DOS EMIGRANTES RETORNADOS





A Plat. de Emigrantes Retornados reclama a modificación da Lei 35/2006 sobre o imposto das persoas físicas para evitar as inxustas diferenzas entre un ou varios pagadores e o cese da presión sobre o emigrantes coa aplicación de sancións e intereses..

Os colectivos de emigrantes retornados galegos convocan concentracións simultáneas diante das delegacións de facenda este venres 14 de febreiro, no caso do Salnés, será na delegación de Vilagarcía de Arousa, ás 11:00.

Modificación da lexislación tributaria para evitar a inxustiz
a de trato entre un ou varios pagadores.

Dende o Colectivo queren facer fincapé na reivindicación para a modificación da lei 35/2006, que vimos facendo dende un principio, da derrogación da fatídica lei dos dous pagadores, que non só afecta aos emigrantes retornados, senón que tamén o fai a persoas en activo que por calquera circunstancia teña dous pagadores durante o período tributario, por exemplo unha persoa que quedase en situación de desemprego e ese ano cobrase mais 11.200€ brutos terá que facer a declaración da Renda de forma obrigatoria mentres que unha persoa que só teña un pagador se non ingresa mais de 22.000€ non terá obriga de declarar, feito este que queren por enriba da mesa para que todas aquelas persoas que pensen que isto non se axusta ao espírito de progresividade dos impostos do que fala a Constitución española e que ademais pensen que non é xusto, nos acompañen este venres en Vilagarcía de Arousa.

Paralización das sancións e intereses de demora
Por outra banda os colectivos seguen esixindo a paralización de sancións e intereses aplicados pola axencia tributaria, en liña con varias sentenzas xudiciais. Dende a plataforma do Salnés denunciamos que a administración de facenda obríganos a acudir á vía xudicial cos gastos que isto supón para as persoas afectadas que en moitos casos reciben pequenas pensións e ademais, tendo en conta o contexto económico, soportan o mantemento de cargas familiares.



Demandan:
· Revogación dos expedientes xa iniciados instruídos pola Axencia Estatal Tributaria e que lle notificaron nos últimos meses a persoas beneficiarias de pensións no extranxeiro, e devolución do xa pagado.
· Non ao cobro abusivo de intereses de demora por parte da Axencia Tributaria.
· A modificación lexislativa que fixe un mesmo réxime do IRPF, con independencia de se estas proceden dun Estado ou de varios Estados.
· Que a Axencia Tributaria inicie unha campaña de información a todas as persoas afectadas das súas obrigas tributarias futuras.

Ademáis os afectados, con expediente iniciado ou xa pagado, farán entrega no rexistro dun escrito dirixido ao consello para a defensa do contribuinte para que quede constancia da súa queixa.

Dende a Plataforma de Emigrantes Retornados do Salnés chaman a asistir a concentración deste venres a tódalas afectadas e afectados por esta inxusta decisión, xa que nin a propia Axencia Tributaria lle meteu a pensión aos emigrantes retornados na declaración do IRPF, por poñer un exemplo. E ademáis de inmoral a imposición de sancións a un colectivo perceptor das pensións máis baixas despois de traballar toda unha vida no estranxeiro.

Ademáis queren aproveitar para agradecer, por adiantado, a todos os compañeiros do colectivo e a aqueles que queiran acompañalos, a participación na concentración do día catorce diante da oficina da Axencia Tributaria de Vilagarcía de Arousa as once da mañan e animalos a seguir loitando.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.