O tripulante dunha embarcación sufriu pequenas lesións malia envorcar a embarcación que manexaba contra unha batea na Illa de Arousa.
Ocorreu pasada a medianoite, tal e como indicou unha persoa particular que chamou ao 112 Galicia para pedir asistencia médica para o tripulante ferido.
As lesións parecían de escasa importancia, sinalou, e a embarcación foi recollida coa axuda doutros particulares. Así, malia contactar o 112 Galicia con Salvamento Marítimo, descartouse a necesidade de enviar medios de rescate debido a que a lancha xa fora remolcada e o ferido xa estaba a ser atendido polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. O home presentaba cortes profundos no queixo e na gorxa, segundo a información facilitada polos servizos de Emerxencias, e foi trasladado ao Hospital do Salnés.
Cómpre sinalar que o accidente produciuse no Peirao do Campo e alí acudiron tamén os axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil de Cambados.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.