Unha colisión entre tres vehículos na VG 4.3, en Cambados, rematou con cinco persoas trasladadas ao Hospital do Salnés na mañá de hoxe. Como consecuencia, un dos coches rematou envorcado e dous dos ocupantes afectados tiveron que ser liberados polos bombeiros ao rematar atrapados no interior de distintos turismos.
De feito, os axentes da Garda Civil de Tráfico confirmaron ao 112 Galicia que foi necesario efectuar o corte na circulación nese punto da vía para facilitar as labores dos equipos de intervención que acudiron ao lugar do sinistro.
O accidente rexistrouse pouco antes das nove horas desta mañá, tal e como indicaron as persoas que contactaron co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia para dar conta dunha colisión múltiple na parroquia cambadesa de Corvillón con varios feridos.
Decontado, os xestores do 112 pasaron aviso aos profesionais do Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ribadumia e de Vilagarcía de Arousa e tamén aos membros de Protección Civil de Cambados.
Unha vez no lugar dos feitos, os equipos de emerxencia confirmaron ao persoal do 112 Galicia que, finalmente, un total de cinco persoas resultaron feridas e dous ocupantes de distintos vehículos foron liberados coa axuda do material de excarceración.
O vehículo envorcado Hyundai ía conducido por S. C. L. (48 anos) de Vilagarcia con dor cervical, torácico e lumbar. Foi excarcerada polo Servizo Municipal de Emerxencias de Cambados. A condutora do Megane E.C.A.(37 anos), con dor torácica, e cervical foi excarcerada por Bombeiros do Salnés. O condutor, ocupante e a menor do taxi J. M.D.D., N. F.M., G. L.S. de 6 anos, todos de O Grove, derivados por precaución ao Hospital. Todos os feridos ao Hospital do Salnés.
Ata o lugar tamén se desprazaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, xuntamente co persoal do servizo de mantemento da vía para restablecer as condicións de seguridade na estrada ata a retirada dos vehículos sinistrados.
Unha vez limpa a calzada, os equipos de emerxencia que acudiron ao lugar do sinistro informaron ao 112 Galicia que, unha vez que foran recuperadas as condicións de seguridade na VG 4.3, a circulación na estrada quedou restablecida. A limpeza de vía foi feita polo Servizo de Emerxencias Cambados e mantemento de estradas.




No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.