Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de marzo de 2015

CAMBADOS SI PAGA "TRAIDORES"





DA SERIE: “ESTOMAGOS AGRADECIDOS Ó  PP CAMBADES”
BENITO LEIRO: DE INSIGNE “PLUMILLA” A PATÉTICO E HIPÓCRITA VOCEIRO DO ALCALDE ARAGUNDE
POR RICARDO DOMINGUEZ REY


Hai un personaxe do que fai moito tempo que quería falar e que tamén forma parte do grupo de parasitos que viven a conta de tódolos cambadeses, sen que saibamos moi ben cal é a súa labor,   este  non é outro que o actual xefe de prensa do concello, o ínclito Benito Leiro.     
Debo aclarar que aquí non vou criticar o pasado “glorioso” como periodista do sr. Leiro nin o seu estilo a hora de escribir (Deus me libre de tal cousa) nin, tampouco,  a súa faceta persoal; seguramente Benito Leiro será unha belísima persoa, un excelente pai e un amigo dos seus amigos, iso por descontado. Eu aquí o que  amosarei é a inutilidade do cargo que ocupa, un cargo que lle custa mais de 35.000 euros anuais ás arcas cambadesas e que é totalmente prescindible; do mesmo modo, e como sinalo no título, amosarei ata que punto unha persoa pode chegar a ser  hipócrita  á hora de acomadarse na poltrona pública,  á vista do que dixo e pensaba no pasado e de como acabou actuando posteriormente.
¿Como chegou Benito Leiro a xefe de prensa (ou, si preferides o termo,  asesor de comunicación) do concello de Cambados?  Fagamos un pouco de historia: unha vez que Tourís accedeu ó cargo de alcalde de Cambados, pola inhabilitación de Santiago  Tirado, buscou, dende un principio, distanciarse, no  estilo, do seu antecesor; unha maña, lendo a prensa enterouse  de que o concello de Vilagarcía de Arousa contratara os servizos do entonces periodista  de “La Voz de Galicia”  Manuel Villaronga como asesor de comunicación i, entón, Tourís como sempre se caracterizou por ser  unha persoa mediocre que ten que compararse cos demais pensou: “¿acaso vou ser eu menos que o alcalde de Vilagarcía?”  decidindo, por tanto,   contratar a Benito Leiro, que o coñecía, entre outras cousas, de coincidir na súa etapa de estudante de bacharelato e que non facía moito  que  gañara o premio “Julio Camba” de xornalismo. Nese momento, o xornalista vilanovés, non se atopaba traballando para ningún medio en concreto, despois de que o  “Faro de Vigo” decidise prescindir dos seus servizos. Xa teño comentado en mais dunha ocasión a importancia que lle daba o acomplexado de Tourís a todo o que de el se escribía:  unha das primeiras cousas que facía,  cando chegaba pola maña ao seu despacho municipal, era revisar todo o que de el ou do concello se publicaba na prensa dese dia e, para tal efecto, un funcionario municipal dedicábase, dende primeira hora, a ler todos os xornais e fotocopiar todas as referencias que aparecesen por mínimas que fosen; o resto da historia é coñecida por todos: cando Tourís deixou o cargo de alcalde, tras ser nomeado delegado provincial da Xunta, Benito Leiro “pasou a mans” de  Luís Aragunde; mais adiante intentaremos aclarar  cal é a labor que aparenta levar a cabo o sr. Leiro no concello e a que se dedica realmente pero agora deixádeme que vos faga unha pregunta con malicia ¿queredes saber cal é a opinión da política e dos políticos que ten  o sr. Leiro?; dado que  o asesor de prensa do concello foi contratado por un cargo político e, ante o mesmo ten que responder, pois é o seu superior, cabria esperar que tería unha opinión positiva da política; pois ben, queridos amigos,  prestade atención ao que Benito Leiro pensaba da política e dos políticos no ano 1995, lelo, por favor, porque a cousa “ten miga”:
Se queres dedicarte á política renuncia á túa conciencia. Négate a ti mesmo e abraza con fervor a fe dogmática do teu partido. Dilúete como un moco no magma do rabaño adocenado. Non penses  por libre, deixa que outros pensen por ti. Obedece as consignas como un credo indiscutible. Móstrate sumiso ós caprichos do teu lider. Recorda que todo llo debes a el. (...) Aprende a mentir procurando que non se note. Esquece a coherencia.(...) apúntate sempre ó carro do triunfador. (...)  Faite con tódolos subsidios, subvencións, favores e prebendas que che veñan a man.( ...)”  
(Faro de Vigo, 1995)
Pois si,  amigos, isto é o que opinaba o asesor de comunicación do concello de Cambados  dos políticos, por tanto, non deixa de resultar, cando menos, curioso que acabara traballando para alguén que describe tan despectivamente; supoño que a explicación será que cando hai que comer tódolos días, ás veces, temos que esquecernos da nosa ideoloxía e do que dixemos no pasado   ¿verdade Benitiño?.  Despois de ler o que acabamos de ler sobre todo a parte onde di “Aprende a mentir procurando que non se note. Esquece a coherencia.” penso que, o adxectivo co que o definín ao comezo de “hipócrita,  venlle que ni pintado; por certo, Benitiño, unha pregunta retórica ¿ti na túa relación con Aragunde tamén “móstraste sumiso aos  seus caprichos”? non fai falta que me contestes xa me imaxino a resposta.
Tamén chamoume a atención a parte onde di “se queres dedicarte a política( ...) Faite con tódolos subsidios, subvencións, favores e prebendas que che veñan a man” con tales pensamentos   non debería  estrañarnos que acabase traballando para Tourís.


Pero si pensabades que isto fora unha reflexión illada do sr. Leiro, unha idea que nada tiña que ver coa súa ideoloxía, filosofía  ou crenzas,  prestade atención ao que propoñía esta “eminencia”, en outubro de 1997 para frear electoralmente   a Manuel Fraga, daquela presidente da Xunta:
“(...) Aquí haria falta un Partido Radical que planteara opciones novedosas y sugerentes. Un grupo político que nos rescate del hastío, que nos sorprenda con alternativas sugerentes como la despenalización de las drogas, o la normalización del puterio, o bien la rebaja de salarios a los cargos politicos. Ya sé que parece una locura, sobre todo esto último, pero luego que no se vengan quejando si todo sigue igual y el Efecto F de Fraga vuelve a imponerse porque los votantes prefieren lo malo conocido que lo bueno prometido (...)”
Aínda que non o creades isto que veño de reproducir dicíao o actual asesor dun alcalde do PP, e dígoo dicíao porque suponse que xa non pensará igual ¿ou si?; igual xa pensa como un político e aplica o axioma que comentabamos anteriormente, en concreto, o de “Aprende a mentir procurando que non se note”; por certo, Benitiño, gústame moito cando dis o de  “alternativas sugerentes como (...)  la rebaja de salarios a los cargos políticos”. O que me leva a facerche a segunda pregunta retórica do dia:  ¿apreciado vilanovés, segues pensando que é unha alternativa suxerinte a rebaixa de salarios a cargos políticos ou como ti tamén agora es un cargo político e chupas da teta da administración pública quizais xa non pensas igual? Encantaríame saber a  túa  resposta aínda que está claro  cal é a mesma...... ¡¡ai Benitiño, Benitiño!!  ¡que malas son as hemerotecas ti mellor que ninguén  deberías  de sabelo!; por certo, como lle digan a Aragunde que chamaches a Fraga “malo conocido” tenche un mes seguido sacándolle brillo a insigne estatua do ministro franquista.
Por certo, Benito, ¿que queres dicir cando falas de “la normalización del puterio”? eu non é que saiba moito de casas de putas (moi preto de onde estas ti hai auténticos profesionais do tema) pero senón o sabes a prostitución  en España non é unha unha actividade ilegal; e incluso algún cambades “ilustre” pode facerche unha ruta turística polos da recta da Goulla.
           Por poñer un exemplo mais do que dicía  Benito Leiro, cando era un espírito libre, rebelde  i exercía de  azote dos políticos e que, de seguro, pouco o nada terá que ver co que pensa actualmente (ou polo menos manifesta publicamente) ......  ¿queredes saber que opinaba sobre o asunto de que a Praza de Fefiñans, (probablemente un dos conxuntos histórico- artísticos mais importantes de Galicia)  siga aberta ao tráfico rodado? Lede con moita atención:
“(...) Para estos trotamundos de la guia roja, (unha guía turística británica) la cambadesa Fefiñans place es un peligro para los peatones. Y no les falta razón porque cualquier conductor foráneo que entre en el empedrado deberá adivinar por donde prosigue la carretera y los peatones tampoco saben por donde pueden pasar a salvo de los cars, puesto que no existe señalización alguna. Es lógico que un visitante perspicaz se dé cuenta de esta confusa situación e incluso sugiera peatonalizar la plaza (solución que muchos apoyamos hace tiempo)”.
Alégrome de que o asesor de comunicación   defendese   a postura que vimos reclamando moitos cambadeses de pechar a Praza de Fefiñans ao tráfico rodado  aínda que me da a sensación que, como no resto  dos comentarios que vimos de ver, no momento que Benito Leiro  se “politizou” ,  como bo vasallo “adoptou a postura do seu líder”  e de seguro que agora é un acérrimo defensor do que diga e faga Aragunde neste tema.  Podería seguir poñendo exemplos de “onde dixen  digo digo Diego” de Benito Leiro pero tampouco quero aburrirvos.
Chegados a este punto moitos estaredes preguntándovos a que se dedica o xefe de prensa e a resposta é ben sinxela: basicamente a tocarse os “cataplines”........ que o concello de Cambados teña un xefe de prensa  é algo tan absurdo como  si montasen na nosa vila unha estación de tren si que haxa sequera unha vía férrea e a forma de comprobalo e ben sinxela: coller o xornal durante, por exemplo, os dous últimos meses,   e mirar as noticias na que se fale de Cambados e do seu concello ¿cantas requiriron da xestión dun xefe de prensa?; en todo ano as xestións dun asesor de comunicación nun concello  como o noso, contaríanse cos dedos dunha man e  aínda así sobrarían dedos, practicamente a Festa do Albariño, ao mellor,  algunha exposición e  pouco mais; o resto das noticias  que xorden do concello, poderían despacharse, tranquilamente, cunha simple  nota de prensa que ata un incompetente como Aragunde podería redactar; dende logo hai poucas persoas que traballen no concello que teñan un “choio” tan acomodado como o de Leiro (quizais Fulares); como xa temos comentado en algunha ocasión,  ao que se dedica, no moito tempo libre do que dispón o “gabinete de comunicación” é a ler todo o que publicamos os blogs críticos da vila e, tamén, a espiar os perfiles  das redes sociais para saber quen é crítico co goberno municipal, que os apoian etc.   Si de verdade, Benito Leiro, non estivera “burocratizado” e  quixera xustificar o seu soldo  de   asesor de comunicación, podería comezar por enxeñarlle a  Luís Aragunde a expresarse e  a parecer minimamente intelixente cando fala ante os medios; lembro unha entrevista, fai aproximadamente un ano e medio, do alcalde no programa “Pleno Aberto” da televisión local  “Canal Rias Baixas” onde Aragunde lembrábame moito a ese mal estudante que o dia anterior ao exame “sopranlle”  as preguntas e,  no mesmo, contéstaas de carretilla:  o presentador do programa aínda non acabara de facerlle a pregunta e Aragunde xa estaba contestando non soamente a esa pregunta senón tamén a seguinte, houbo un momento no que ao entrevistador soamente faltoulle dicir: “espere polo menos a que lle faga a pregunta senón vanse  dar conta que as coñecía de antemán”, en resumen, simplemente  patético.
Aínda que sendo xustos, tamén hai que destacar  unha labor que leva a cabo o asesor de comunicación e que non é outra que dar a cara cando a Aragunde dálle risa ou, simplemente, dálle vergoña:  fai algo mais de medio ano, cando se proclamou a coroación como rei de Felipe IV , dende o concello, algunha “mente brillante” tivo a ocorrencia de solicitar a Casa Real de que no concello, en vez de colgar a foto oficial do novo rei, se colgara unha foto na que saia coa capa de cabaleiro e unha copa de viño na man; non vos vou a contar o “recochineo” que se montou, simplemente, a modo de resumo dicirvos que  un xornal de tirada nacional, na súa edición dixital, colgou a nova con sarcasmo i este titular: “¿Puedo poner a Felipe VI bebiendo albariño”? ridículo é a palabra que se me veu a cabeza; pois ben, ¿queredes saber quen saíu nos medios para defender tan absurda proposta? Efectivamente ¡¡o noso flamante asesor de comunicación!!”; a pesar do esperpéntico da situación deixádeme que me poña serio e pregunte ¿realmente o concello de Cambados non ten problemas moito mais importantes para acudir a Casa Real que con esta “parida”? sen comentarios.  (seguro que aínda sae algún parvo dicindo que iso foi positivo para promocionar o albariño).
Hai tempo que  vimos denunciando o gasto que supón para as arcas municipais, os cargos  asignados “a dedo” no concello como o que hoxe nos ocupou; cargos que supoñen un custe para o concello superior aos 200.000 euros anuais; despois pasa o que pasa que o concello non ten un peso e hai que desangrar, por exemplo, aos hostaleiros, esperemos que estes, entre outros, nas próximas eleccións municipais abran os ollos e pensen ben a quen van votar.                
             UN SAUDO A TODOS
    RICARDO DOMINGUEZ REY      
NOTA PARA BENITO LEIRO: Querido Benito como sei que leras isto déixame que che diga que si queres rebaterme calquera cousa das que aquí digo, non te prives e o fagas, ben a través da opción dos comentarios deste blog, ou no meu perfil de Facebook que eu estarei encantado de debater contigo; si prefires facelo en privado podes chamarme temos suficientes amigos en común que che poden facilitar o meu teléfono; eu pode que non teña o teu curriculum nin sexa un licenciado en ciencias da información (supoño que como “bo asesor de comunicación” ti o es ¿ou quizais non?) pero eu, dende logo, todo o que escribo o defendo e non me teño que  retractar  para comer ...ao mellor ti non podes dicir o mesmo.   




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.