Si algo bo teñen as campañas electorais é comprobar hasta que punto poden chegar a pintar o ridículo algúns partidos políticos á hora de querer gañarse o voto do electorado; como non podía ser doutro xeito Cambados non escapa a esa tendencia e, sen dubida, si hai un partido que destaca neste particular ranking é o Partido Popular encabezado polo vago político por antonomasia o ínclito Luís Aragunde.
Podería enumerar moitas promesas, xestos ou feitos do partido da gaivota, durante as campañas electorais, para respaldar a miña afirmación pero voume quedar, sinxelamente, con dous detalles, dous claros exemplos, un das anteriores eleccións municipais do ano 2015 e outro da actual campaña que amosan, hasta que punto, tratan de parvos os membros do PP aos cambadeses e as cambadesas.
Durante a campaña electoral das municipais do 2015 o PP realizou, como xa ven sendo habitual, o seu mitin central na Sociedade Cultural de Cambados, entidade que, aínda sendo privada, contou, no seu dia, para a súa rehabilitación cunha partida mais que xenerosa da Deputación de Pontevedra presidida daquela polo “honrado” Rafael Louzán; pois ben, entre os políticos invitados naquel acto, estaba a, entonces, ministra de Fomento, Ana Pastor que dixo unha das parvadas mais grandes que se recordan en boca dun personaxe público; en concreto, a política pontevedresa comprometeuse, en dito acto, a traer o AVE para Cambados, obvia dicir que, cando fixo tan absurda promesa, mais de catro pobres “ignorantiños” presentes na Cultural arrancaron en aplausos iso, en si, xa amosa a escasa capacidade de análise e de espírito crítico de algúns dos que votan ao PP; non vou entrar a valorar tan absurda proposta porque non fai falta : un pobo coma Cambados que non ten nin estación, nin apeadeiro, vamos, que por ter non ten nin unha triste vía férrea e chega esta “iluminada” e promete o AVE…… menos mal que esta “mulleriña” non naceu home porque senón tería uns collóns que lle chegarían ao chan.
O outro exemplo corresponde a actual campaña electoral e, aparte de ser outra mostra de onde chega a estupidez, reflexa ás claras o grado superlativo de hipocrisía a que Aragunde nos ten acostumados.
Como todos sabedes fai unhas semanas, Luisiño destapábase cun xesto de aparente xenerosidade, en concreto, saia na prensa para anunciar que agasallaba ás mariscadoras que vixiaban na zona de Castrelo cuns bancos para que se sentaran, pero non pensedes, queridos amigos, que Luisiño, a pesar de gañar mais de 60.000 euros anuais, os pagou do seu peto, a súa xenerosidade non chega a tanto: os bancos estaban “aparcados” nun galpón, e tras darlle unha man de verniz, presentáronse ante a prensa, facendo pura pantomima porque, despois das fotos e as poses ante a prensa, dos bancos non se soubo mais pois os cargaron no mesmo camión que os trouxeron e leváronos de volta; a escusa que deron non podía ser mais patética: os bancos non podían quedar porque, aparentemente, tiñan que xestionar co Concello os permisos pertinentes; esta escusa ridícula amosa que, unha de dúas: ou que son uns mentireiros ou uns verdadeiros incompetentes porque co Concello non teñen que xestionar nada pois os terreos onde pretendían poñelos pertencen a Costas.
Así e todo o mais penoso desta anécdota e que demostra hasta que punto Aragunde e a súa cuadrilla son uns verdadeiros hipócritas é o feito de que queiran quedar ben cun sector como o marisqueiro que realmente impórtalle ben pouco porque, a hora da verdade, o PP o que fixo foi poñerse do lado dos que mais dano fanlle ás mulleres e aos homes que viven do mundo do mar ……….. ¿onde estaba Aragunde e o seu partido cando toda a xente mariñeira e marisqueira manifestáronse en contra da mina do Pino Touro que supoñía un grave risco para a pesca, o marisqueo, a fauna e a flora das nosas rias? ¿Onde estaba Luisiño cando fai uns meses os barcos do cerco manifestáronse en Compostela reclamando unhas cotas xustas? Pero, tranquilos, que non pasa nada, que o que importa é que as mariscadoras teñan uns bancos, e aínda había algún (e algunha) que lle aplaudía semellante xesto mais falso que Xudas.
Estaremos atentos para ver con que parida nos sorprende nos días que queda de campaña electoral o vago PPolítico, unhas eleccións nas que Luisiño xógase moito, en concreto, poder seguir vivindo do conto da política porque iso de traballar xa nos demostrou, sobradamente, que non vai con el.
UN SAUDO A TODOS
RICARDO DOMINGUEZ REY
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.