Si me puxese a enumerar tódolos motivos porque non é bo que volva a gobernar a dereita en Cambados este relato, probablemente, seria mais longo que o Quixote; así e con todo hoxe vou centrarme nun deses moitos motivos e , como introdución ao mesmo , quería destacar como, mentres gobernou o PP, si a algo se asemellou o consistorio cambades foi a unha oficina de colocación, iso si, unicamente para familiares, amigos e coñecidos.
De todos eses cargos, algúns totalmente inútiles e prescindibles, voume quedar con dous, que son o paradigma da alegría con que gastaban os cartos das arcas municipais, primeiro Tourís e, posteriormente, o noso vago político, Luís Aragunde.
Ditos cargos son o de xefe de prensa, na persoa de Benito Leiro e o de “asesor –asistente” do alcalde , que ocupaba Manuel Galiñanes “Mane”.
Do cargo de xefe de prensa, Benito Leiro, xa falei, longo e tendido, neste mesmo blog nun artigo, con data 4 de marzo do 2015, titulado DA SERIE “ESTOMAGOS AGRADECIDOS Ó PP CAMBADES” BENITO LEIRO: DE INSIGNE “PLUMILLA” A PATÉTICO E HIPÓCRITA VOCEIRO DO ALCALDE ARAGUNDE onde, entre outras cousas, sinalaba a inutilidade absoluta que supoñía que o concello de Cambados tivera en nómina un asesor de comunicación, vamos, que daba o mesmo que tivera contratado a un domador de elefantes porque o servizo seria o mesmo.
Lembro que daquela tiven unha conversa moi interesante con certa xornalista local que me defendía a necesidade de dito posto; obviamente a opinión de dita xornalista non era de todo obxectiva pois únelle unha relación persoal con Benito Leiro pero o tempo acaboume dando a razón e, para iso, baséome en dous motivos fundamentais: o primeiro é que, nestes catro anos de Cuatripartito, no que non existiu asesor de comunicación, o fluxo de información non decreceu en absoluto e, a prensa local, puido informar perfectamente de todo o referente ao Concello de Cambados; incluso a xornalista, anteriormente mencionada, escribindo sobre o consistorio ten realizado, nestes derradeiros catros anos, algunhas das súas mellores crónicas. Obviamente alguén podería dicirme con toda a razón do mundo (e con isto paso ao segundo motivo) que Aragunde é mais cortiño que Víctor Caamaño, Fátima Abal, Tino Cordal ou Xurxo Trigo e, por tanto, necesitaba de alguén que lle axudara no tema da comunicación; obviamente este razoamento cae polo seu propio peso, pois nestes catros anos que Aragunde exerceu tarefas de oposición, non contou con xefe de prensa e a súa presenza nos medios de comunicación foi, practicamente, a mesma que cando era alcalde e cando lle interesaba ben que sabia expoñer a mensaxe que quería dar . Por todo o anteriormente exposto coido que quedou ben as claras que o cargo de asesor de comunicación foi un gasto inútil, un mais dos moitos que provocou a “brillante” xestión do PP cambadés.
Pero si o cargo de asesor de comunicación foi un gasto inútil e totalmente prescindible o cargo de asesor – asistente que ostentaba Manuel Galiñanes non se quedaba atrás; a que se dedicaba Mané Galiñanes, mais hala de acompañar ao alcalde aos concertos, colocar os asentos no Xantar do Albariño ou pasearse por Cambados coa axenda na man e lucindo uns mais que elegantes fulares, é un dos grandes enigmas da historia, a altura de onde se atopa o continente perdido da Atlántida ou si existen ou non os extraterrestres; por certo hai unha anécdota que non me resisto a contar e que é tan real como a vida mesma. Resulta que cando o sr. Galiñanes comezou a “traballar” para Aragunde (iso si a costa das arcas municipais ) alguén moi do PP dixo unha frase solemne que era o sentir de moitos do partido conservador: “¿que carallo fai ese tipo aquí si era do Bloque de toda a vida?”, supoño que ese carácter camaleónico é unha virtude que algúns saben utilizar á perfección en beneficio propio, vistos os resultados .
Para finalizar quero destacar que estes dous postos, con datos na man, tiveron un cargo total para as arcas cambadesas superior aos 720.000 euros (para os que pensedes aínda coma min na antiga moeda do imperio: mais de 120 millóns de pesetas).
Todo o anteriormente exposto ven a deixar claro unha cousa: que o Partido Popular de Tourís e o seu “mozo de los recados” Aragunde consideraban que o concello de Cambados era o seu “cortijo” particular; espero que mais de un cando o próximo domingo vaia votar pense si esta é a forma de gobernar que queren para todos os cambadeses e cambadesas.
Un saúdo a todas e a todos
RICARDO DOMINGUEZ REY
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.